1 / 32

RÉXIME ESPECIAL DE TRABALLADORES AUTÓNOMOS Jesús Blanco Conde, Director Provincial TGSS en Ourense

Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense. RÉXIME ESPECIAL DE TRABALLADORES AUTÓNOMOS Jesús Blanco Conde, Director Provincial TGSS en Ourense Xuño de 2011.

umay
Download Presentation

RÉXIME ESPECIAL DE TRABALLADORES AUTÓNOMOS Jesús Blanco Conde, Director Provincial TGSS en Ourense

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense RÉXIME ESPECIAL DE TRABALLADORES AUTÓNOMOS Jesús Blanco Conde, Director Provincial TGSS en Ourense Xuño de 2011

  2. Os seguros sociais tiñan inicialmente como beneficiarios ós traballadores industriais, ata un certo nivel de renda. Logo ampliouse ós dos servicios, ós da agricultura, ós do mar. Máis tarde a outras persoas activas non suxeitas a contrato de traballo. • A Seguridade Social como sistema ten como obxectivo a protección da poboación no seu conxunto e os sistemas positivos procuran a súa aproximación a esa idea. • Distintos Réximes: Xeral, RETA, Fogar, Mar, Funcionarios, Agrario, Escolar. • Lei de Accidentes de Traballo de 30 de xaneiro de 1900. • Lei de Bases da Seguridade Social de 28 de Decembro de 1963. •  Textos articulados de 21 de abril de 1966. ANTECEDENTES

  3. Aspiración decote sentida e propugnada por este colectivo profesional. • Esta tendencia que groma agora na realidade social xa se albiscaba nos antecedentes lexislativos baixo o imperativo de que na regulación dos réximenes especiais tenderáse á máxima homoxeneidade co xeral. Neste senso o Pacto de Toledo non só recomenda avanzar na devandita equiparación senón tamén que postula que remate o camiño emprendido verbo da simplificación de réximenes e que o sistema se polarice en dous: o xeral para traballadores por conta allea e o de autónomos para traballadores por conta propia; ambos coa mesma protección ou cobertura. EQUIPARACIÓN CO RÉXIME XERAL

  4. Incorporación das continxencias profesionais (Real Decreto 1273/2003 de 10 de Outubro) VENTAXAS: • A Incapacidade Temporal xerase desde o día seguinte ó da baixa. A contía é desde dito día do 75%. • A Incapacidade Permanente calcúlase sobre unha base reguladora equivalente a base de cotización na data do feito causante. • A prestación de morte e supervivencia calcúlase sobre a devandita base reguladora. • As prestacións son automáticas. Non se require carencia. • Non aplicación de recargo por falta de medidas de seguridade. INCONVENIENTES: • Que se incrementa a cotización, segundo a actividade, dende un 0,90 ata un 7,15% (para o comercio polo miúdo, por exemplo, 1,65%). EQUIPARACIÓN CO RÉXIME XERAL

  5. INCAPACIDADE PERMANENTE: • Variación da base reguladora da prestación en función do número de anos cotizados, continxencia determinante e feito causante no presente mes de xuño, dun traballador de 55 anos de idade, que cotizou sempre pola base mínima: COMPARATIVA

  6. MORTE E SUPERVIVENCIA: • Variación da base reguladora das prestacións de morte e supervivencia, dun traballador de 40 anos de idade, que acredita 15 cotizados pola base mínima: LESIÓNS PERMANENTES NON INVALIDANTES • Exclusivamente protexidas nos casos de cobertura de AT e EP. INCAPACIDADE TEMPORAL • Importe dun proceso medio de 15 días e base mínima de cotización: COMPARATIVA

  7. A equiparación co réxime xeral xerou outras disposicións que xa corrixiron distintas distorsiós do sistema. Mantemento de bases (Orde de 03-06-1984) • Permite a aquel traballador maior de 50 años que, procedente doutro réxime no que viñera cotizando durante cinco anos por unha base superior á prevista para esa idade no RETA (1.682,70), cando causa alta neste, manter a equivalente o promedio das anteriores, co incremento regulamentario, isto é, unha porcentaxe comprendida entre o aumento da base mínima e máxima. EQUIPARACIÓN CO RÉXIME XERAL

  8. Incapacidade Permanente Total Cualificada (Real Decreto 463/2003 de 25 de abril) • A partir do 1 de xaneiro de 2003, estes pensionistas teñen dereito o incremento do 20% se contan con 55 años, non exercen outra actividade nin son titulares do establecemento ou explotación industrial. Prestación económica I.T. (Real Decreto 1273/2003 de 10 de outubro) • Faculta para cobra-la prestación económica I.T. dende o mesmo día que no réxime xeral, isto dende o 4º día a partir da baixa (60% ata o día 20 e 75% en diante). Velaquí unha discriminación positiva neste réxime pois nos de conta allea ata o día 15 corre esta prestación a cargo do empresario mentres aquí corre con ela a Seguridade Social. EQUIPARACIÓN CO RÉXIME XERAL

  9. Mutualidades alternativas • Engadir por último, que a bondade do réxime, remárcana, por exemplo, as recentes incorporaciós de colectivos coma os Notarios. • Non obstante contar con Mutualidades alternativas afiliación de Avogados, Médicos e Enxeneiros. FORTALEZA DO SISTEMA

  10. ANO 2011 • Base mínima 850,20€. Para maiores de 50 anos 916,50€ • Base máxima 3.230,10€. Para maiores de 48 anos 1.682,70€. Elección de bases • Antes de 1 de maio con efectos primeiro de xullo. • Antes do 1 de novembro con efectos de primeiro de xaneiro. AS BASES DE COTIZACIÓN

  11. A idade • Inferior a 48 años pode elixir entre a mínima (850,20) e a máxima (3.230,10). • Con 48 (antes 50) anos ou mais o límite de elección sitúase en 1.682,70€, agás que viñesen cotizando en 2010 por unha base igual ou superior a 1.665,90€. • Os que tivesen a 1 de xaneiro 48 ou 49 anos poden elixir ata a base máxima antes do 30 de xuño de 2011. • Esta última facultade tena tamén o cónxuxe supértite da mesma idade que tivese que darse de alta para continuar a actividade. • Non obstante, os maiores de 50 años, se contan durante cinco anos con cotización noutros réximes poderán: • a.-Se a última base acreditada e igual ou inferior a 1.665,90€ cotizar por unha comprendida entre 850,20 e 1.682,70€. • b.-Se fose superior a 1.665,90 entre 850,20 ou o importe daquela incrementado con 1%. AS BASES DE COTIZACIÓN

  12. Cambio de encadramento • Os que causaran alta de oficio no RETA como consecuencia de baixa nun réxime por conta allea poden manter a base pola que viñese cotizando. Venta ambulante • Posibilidade de elección como mínima a do RETA (850,20€) ou a do réxime xeral (748,20€) Venta a domicilio • Posibilidade de elección como mínima a do RETA ou o 55% da mesma (467,70€). AS BASES DE COTIZACIÓN

  13. Autónomos empregadores de 50 traballadores  • A base de cotización mínima será igual ó menos a mínima do Grupo I do Réxime Xeral, 1.045,20€. Pluriactividade • Os autónomos que simultaneen o seu traballo con outro por conta allea, se entrámbolos dous réximes acadan unha cotización, por continxencias comúns, superior a unha determinada contía (en 2010 a 10.860€) terán dereito a devolución do 50% do exceso, sen que poida superar o tope do 50% cotizado no RETA. A petición haberá de formularse durante o primeiro cuatrimestre de cada ano. AS BASES DE COTIZACIÓN

  14. Por continxencias comúns. • 29,80%. Se está acollido a protección por cese, 29,30%, pois bonifícase un 0,50. • 26,50%. Se non cobre prestación de IT. • Por continxencias profesionais. • É de aplicación a tarifa primas establecida pola Disposición Adicional Cuarta da Lei 26/2006, de 28 de decembro (desde 0,90% a 7,15%). • Por cese na actividade (2,2%). Exoneración de cotización • Prolongamento da actividade con 65 anos e 35 anos cotizados . Só cotizarán por IT o 3,30%. Manterán a cotización por continxencias profesionais. TIPOS DE COTIZACIÓN

  15. COMPARATIVA Cotización dun mecánico-oficial 2ª e dunTraballador autónomo (Empresario) • Salario segundo Convenio Colectivo Talleres de Reparación (BOP do 4 de xuño de 2010): • Salario base: 832,73 • Antigüidade: 99,92 (2 quinquenios) • C.Incentivos: 205,55 • P.pagasExtraor: 189,70 (2 pagas de 1.138,20) • Total Base Cotización: 1.327,90 TIPOS DE COTIZACIÓN ¡¡ FAINO POR TI !!

  16. INCENTIVOS PARA O PROLONGAMENTO VOLUNTARIO DA VIDA LABORAL • A) Mellora da pensión de xubilación • Nos casos en que se acceda á pensión cunha idade superior a que lle resulte de aplicación, recoñecerase ó interesado unha porcentaxe adicional por cada ano completo transcorrido entre a data que cumpriu aquela idade e a da xubilación, consistente en:

  17. INCENTIVOS PARA O PROLONGAMENTO VOLUNTARIO DA VIDA LABORAL • B) Exoneración da obriga de cotizar, agás por IT • Para aqueles que teñan xerado o 100% da BR da pensión de xubilación: • Actualmente: • Con 65 anos de idade e 35 anos cotizados. • Na Reforma: • 65 anos e 38 anos e 6 meses cotizados. • Ou 67 anos e 37 de cotización.

  18. SITUACIÓN DE AFILIADOS NO RETA 30-04-2011 (*) Mulleres 10.379 Homes 15.990

  19. DATOS PORCENTUAIS

  20. Real Decreto1273/2003, de 10 de outubro. É obrigatoria • Para os traballadores autónomos economicamente dependentes. • Os traballadores autónomos en actividades cun elevado risco de sinistralidade (por determinar). É voluntaria • Para o resto de traballadores, incluídos os agrarios. • A opción deberá facerse ben coa alta inicial, ben antes de primeiro de outubro para surtir efectos en xaneiro do ano seguinte • Vinculada a protección de IT. • Debe cubrirse coa mesma Mutua de IT. • Se se renuncia a IT (no suposto de que non sexa obrigatoria por cobertura noutro réxime) conleva a renuncia de protección por continxencias profesionais. A renuncia déstas non implica a de IT. A COBERTURA DAS CONTINXENCIAS PROFESIONAIS

  21. Lei 32/2010, de 5 de agosto. É o cumprimento do mandato contido na Disposición Adicional Cuarta do Estatuto do Traballador Autónomo, que aprobou a Lei 20/2007, de 11 de xullo. Non ten parangón no dereito comparado. Diferente terminoloxía e configuración • A ausencia de empresario ou o feito de confluír na mesma persoa a condición de empresario e traballador é sen dubida a razón básica para configurar separadamente esta prestación da de desemprego. Configuración que determina que mentres nos empregados por conta allea a cobertura do desemprego é obrigatoria, a protección por cese no RETA é voluntaria, agás para os economicamente dependentes. A PROTECCIÓN POR CESE NA ACTIVIDADE

  22. Situación protexida • A daqueles traballadores autónomos que, podendo e querendo exercer unha actividade económica ou profesional, estando incluídos nos niveis de protección da presente Lei, tivesen cesado na actividade polas causas previstas. Persoas protexidas • Aqueles traballadores por conta propia do RETA, incluída a sección de Traballadores Agrarios, e do Mar que teñan a súa vez cuberta a protección por continxencias profesionais (AATT/EEPP). A PROTECCIÓN POR CESE NA ACTIVIDADE

  23. Requisitos • Estar afiliado, en alta e ter cubertas as continxencias profesionais. • Ter cotizado un período mínimo de 12 meses ininterrumpidos, antes do cese. • Estar en situación legal de cese de actividade, suscribir o compromiso de actividade, e acreditar activa dipoñibilidade para reincorporarse o mercado de traballo. • Non ter cumprida a idade ordinaria de xubilación, salvo que non teña acreditado ó período de cotización requirido. • Estar ó corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social. • O traballador autónomo con traballadores ó seu cargo, deberá cumplir co regulado na lexislación laboral. Resultaría paradóxico que puider pechar o seu negocio e non puidese despedir ós traballadores polas mesmas causas. A PROTECCIÓN POR CESE NA ACTIVIDADE

  24. Autónomos que cesen no exercicio da súa actividade por: • Motivos económicos, técnicos, productivos ou organizativos: • Perdas durante un ano superiores o 30% dos ingresos ou superiores ó 20% en dous anos. • Execucións xudiciais por débedas, que comporten ó menos ó 40% dos ingresos do exercicio anterior. • A declaración xudicial de concurso que impida continuar coa actividade. • Forza maior. • Perdida da licenza administrativa. • Por violencia de xénero da traballadora autónoma. • Divorcio ou acordo de separación matrimonial. ●Proba: Declaración xurada, documentación contable, administrativa ou xudicial. ●Correspondencia en parte destas causas coas previstas para expedientes de regulación de emprego (ERE) previstos no Real Decreto 43/1996, de 19 de xaneiro. Xa que logo esta situación casa ben coas causas económicas, técnicas, organizativos ou de produción que xustifican a extinción ou suspensión dos contratos de traballo. SITUACIÓN LEGAL DE CESE NA ACTIVIDADE

  25. Autónomos económicamente dependentes • Sen prexuízo do previsto nos puntos anteriores, estarán na situación legal de cese nos seguintes supostos: • Por terminación da duración do contrato, obra ou servizo determinado. • Por incumprimento contractual grave do cliente. • Por recisión contractual do cliente sen causa xustificada. • Por morte, incapacidade ou xubilación do cliente. Estas causas correspóndense en gran medida coas previstas para a situación de desemprego nos réximes de conta allea. SITUACIÓN LEGAL DE CESE NA ACTIVIDADE

  26. Comprende: • Prestación económica por cese na actividade. • O abono da cotización á Seguridade Social do traballador autónomo por continxencias comúns o réxime correspondente. • Medidas de formación, orientación profesional e promoción da actividade emprendedora dos traballadores beneficiarios do novo sistema. ACCIÓN PROTECTORA

  27. DURACIÓN DA PRESTACIÓN • O dereito a esta prestación poderá solicitarse hasta o último día do mes seguinte ó cese xerándose a partir do primeiro do mes seguinte. Noutro caso perderanse os días transcorridos. • Estará en función dos períodos de cotización efectuados dentro dos corenta e oito meses anteriores a situación legal de cese da actividade. • Poderase volver solicitar un novo recoñecemento, sempre que concorran os requisitos legais e tiveran transcorrido doce meses dende a extinción do dereito anterior.

  28. Base reguladora • A base reguladora da prestación económica por cese de actividade será o promedio das bases polas que se tivera cotizado durante os doce meses continuados e inmediatamente anteriores a situación legal de cese. Importe • Determinarase aplicando á base reguladora o 70%. • Contía máxima: • 175% do IPREM (Indicador Público de Rendas de efectos múltiples). • 200% con un fillo a cargo. • 225% con dous ou mais. • Contía mínima: • 80% do IPREM sen fillos. • 107% do IPREM con fillos a cargo. • IPREM 2011: 532,51 €/mes BASE REGULADORA E CONTÍA DA PRESTACIÓN

  29. Corresponde as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social a xestión das funcións e servizos derivados da prestación económica por cese de actividade dos traballadores autónomos. • O Servizo Público de emprego Estatal para aqueles traballadores que teñan concertada a protección de AATT/EEPP co INSS. • O ISM para aqueles traballadores que as teñan con esta Entidade Xestora. • A recadación correspóndelle a Tesourería Xeral conxuntamente coas cotas da Seguridade Social. • Lembrar que a Orde TN/490/2011, de 9 de marzo (BOE do 11) concede un prazo especial para a cobertura das continxencias profesionais e por cese de actividade que remata o 30 de xuño. Efecto 1 de xullo. XESTIÓN

  30. Gracias pola súa atención Jesús Blanco Conde

More Related