140 likes | 300 Views
Presentación do curso 2015/2016 do CEE Príncipe Felipe
E N D
CEE PRINCIPE FELIPE CURSO 2015-2016
OBXECTIVOS • Formación integral • Valores de disciplina e orde (ambiente tranquilo) • Cooperación e axuda mutua. • Rapaces felices e o máis autónomos posibles, para enfrontarse ao día a día. • Establezan relaciones afectivas positivas. • Formación Laboral e Tránsito
OFERTA EDUCATIVA • Formación Básica (Educación Infantil e Primaria) • Programa formativo de FP Básica: Xardinaría e Viveirismo. • Excepcionalmente: cursos doutras entidades públicas (p.e. Pisando forte do Concello de Pontevedra).
RECURSOS HUMANOS • 11 mestres y medio de Pedagoxía Terapéutica. • 2 mestres de Audición e Linguaxe • 2 mestres de Educación Física (1 compartido) • 1 mestre de música compartido • 1 profesor técnico de FP • 1 orientador/a • 1 mestre de relixión compartido • 4 coidadoras • 1 conserxe.
RECURSOS MATERIALES • Variados recursos materiais • Coidado e respecto polo material. • Libros e material didáctico. Xestión de becas. • Aproveitamento dos recursos dixitais.
NORMAS DO CENTRO • O horario do centro é de 9:15 a 14:15. • O centro abrirá as portas ás 9:10. Na entrada estarán os mestres de garda e as coidadoras. • A familia deberá avisar das ausencias imprevistas. • Deberá xustificarse á entrada fóra do horario habitual (ata ás 12:15, agás usuarios comedor). • Abandoar o centro en horario escolar coa persoa autorizada. • Non está permitido o uso de móbiles e outros aparatos multimedia durante a xornada escolar. • Deber da familia de que os seus fillos/as asistan nas debidas condicións de hixiene e aseo corporal. • Regularidade nas horas de descanso. • Merendas saudables.
NORMAS DO CENTRO • Equipación específica os días de Educación Física. • Vestimenta: Non se permitirá o uso de gorros, viseiras e puchos dentro das dependencias escolares onde se desenvolvan actividades lectivas (aulas, biblioteca, informática, obradoiros…). A única excepcionalidade é por causa médica xustificada. Correxirase nos alumnos/as aquelas modas que agredan visualmente ao resto da comunidade educativa, como por exemplo verse os calzóns • Traer vestimenta adecuada (comedor e excursións) • Reposición de mudas e roupas. • Non traer obxectospersoais susceptibles de crear conflitos. • Administración de medicacións. Actuacións accidentes • Axendaviaxeira/revisar mochilas. • As faltas de asistencia (Protocolo consellería). As imprevistas avisar a primeira hora da mañá. • Transporte e comedor (a continuación). • Comunicación incidente día. Calquer problema, transmítanolo.
NORMAS DO CENTRO. Situacións Contrarias á convivencia escolar. Primeiros días, lembramos as normas do centro e da aula. Procuramos crear un ambiente educativo tranquilo e ordenado. Condutas leves e gravemente perxudiciais.(Lei 4/2011) Procedimiento de medidas correctoras (amonestación, social, reposición do dano causado, privación actividades, saídas…) Rexistro de incidencias (inspección) Comunicación á familia.
SERVIZO TRANSPORTE ESCOLAR • Ensinar aos seus fillos a respectar as normas de uso e seguridade nos vehículos. • Procurar ser puntuais para non interferir no horario habitual. • Transmitir calquer incidencia reseñable ao monitor/a do bus e ao taxista. • Servizo público e gratuito. Becas de Transporte.
SERVIZO COMEDOR • Convenio entre a Deputación e a Consellería de Educación. • Gratuito. 33 becas entre alumnos e monitores. • É responsabilidade do centro. • Saída do centro ao comedor (coidadoras, mestres de acompañamento e ben equipados nos días de mal tempo). • Hábitos alimenticios e responsabilidade na comida. • O mal comportamento reiterativo e moi grave do servizo do comedor pode acarrear situación de privación da beca. • Traslado dos menús ás familias. • Avisar cando o alumno se incorpora fóra do horario habitual para contabilizar a súa dieta ese día.
SAÍDAS COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES • O centro ten autonomía para decidir qué saídas realizar e a que alumnos/as vai dirixida. • As excursións fóra do horario lectivo, implica que a familia faise responsable da súa recollida no centro.
OBRAS E MELLORAS • Conservación do edificio polaDeputación. • Obras e melloras previstas: • Cuberta Patio • Aseo Adaptado • Proxecto “Xardín”
CONSIDERACIÓNS FINAIS • Comunicación fluida e bidireccional • Apoio mutuo no proceso educativo • www.edu.xunta.es/centros/ceeprincipefelipe/ MOI IMPORTANTE XUNTOS NA MESMA DIRECCIÓN