TÉCNICAS DE ESTUDO IES “Mª Casares” Depto. de Orientación - PowerPoint PPT Presentation

arden-talley
slide1 n.
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
TÉCNICAS DE ESTUDO IES “Mª Casares” Depto. de Orientación PowerPoint Presentation
Download Presentation
TÉCNICAS DE ESTUDO IES “Mª Casares” Depto. de Orientación

play fullscreen
1 / 17
Download Presentation
TÉCNICAS DE ESTUDO IES “Mª Casares” Depto. de Orientación
97 Views
Download Presentation

TÉCNICAS DE ESTUDO IES “Mª Casares” Depto. de Orientación

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript

  1. TÉCNICAS DE ESTUDO IES “Mª Casares” Depto. de Orientación

  2. TÉCNICAS DE ESTUDIO ¿Que son?.- estratexias a utilizar para mellorar o rendemento nos procesos de ensinanza- aprendizaxe. ¿Como se adquiren?.- coñecéndoas e utilizándoas ata convertelas nun hábito, nun costume de uso normal e corrente na nosa forma de abordar as aprendizaxes. ¿Que supoñen?.- Abordar o estudio dunha forma: racional sistemática organizada. Exactamente igual que en calquera traballo ou actividade que desexemos facer correctamente.

  3. FACTORES PREVIOS AO ESTUDIO Motivación.- Aquilo que nos impulsa a facer algo. . Interna: necesidades, esperanzas ou desexos (pertencer a un grupo, axudar a outros, adquirir prestixio,...) . Externa: Obter unha boa nota, evitar un castigo, conseguir algo que nos prometeron,...) Propoñerse unha meta e mantela, é algo fundamental para dirixir e manter o esforzo. Concentración.- Supón dirixir a atención cara a un fin determinado, dunha maneira total, evitando a entrada na mente doutros asuntos que non sexan o fin proposto. É facil cando se fai algo que nos interesa. É difícil cando se fai algo que non gusta. DIFICÚLTANA: - os ruídos, teléfono, interrupcións,... - unha postura incómoda, ou demasiado cómoda,... - unha alimentación deficiente - falta ou exceso de exercicio físico - descoidar a saúde - déficit de sono,...

  4. Lugar de estudio.- . utiliza sempre o mesmo (crea asociación) . mesa e silla adecuadas . sen ruídos . boa iluminación (pola esquerda, salvo nos zurdos) . adecuada ventilación e temperatura . postura correcta Tempo de estudio.- . Sinala un tempo diario para o estudio e cúmpreo . Fai un plan de traballo según as horas de clase, materias e horas semanais de cada asignatura. . En función diso, distribúe o tempo de traballo (realista e flexible, pero cumpríndoo a diario). . Fai sesións de estudio (por ex. 1 hora) e descanso (10 m.) . Non cambies o teu horario. Cúmpreo ás mesmas horas (crea hábito). . Nunca deixes para o final as materias máis difíciles. . Fixa un tempo ao final da semana para repasar o que estudiaches nela. Dáche unha visión máis completa e coherente das materias. .Evita adicar mais tempo ás materias fáciles ou que che gustan máis.

  5. APOIOS Ó ESTUDO Diccionario.- un bo diccionario incluirá: . A formación das palabras. Procedencia (do latín, grego, árabe,...) . Se na frase se usa coma verbo, substantivo, adxectivo, (isto indícase mediante abreviaturas). . O significado. A maioría das palabras teñen mais dun. Ten en conta o contexto. . Sinónimos e antónimos (outros termos que significan o mesmo e o contrario.) Biblioteca.- Basecamente, todas teñen a mesma organización. Teñen: libros, materiais de consulta (dicionarios, enciclopedias,...), revistas e periódicos,... A maioría dispón dunha sala para consultar, ler ou estudar. A alma da biblioteca é o ficheiro: nel está o índice de tódos os libros que hai nela. Pode habelos de TÍTULOS, AUTORES, MATERIAS,... O apelido do autor precede sempre ao nome, do que só soe figurar a inicial. Cada ficha ten un número na súa parte superior esquerda; no centro figura o autor/a e debaixo o título do libro. O número corresponde á CDU.

  6. Traballos . Favorecen o ser ordenado e exacto na túa forma de pensar e de actuar. . A súa presentación di moito sobre a túa actitude cara aos estudios en xeral. . Un traballo ben presentado predispón o profesor/a favorablemente a ler e valorar a túa actividade. Ten en conta: . Claridade e limpeza. . Títulos e aspectos importantes subliñados ou destacados. . Márxes. . Uso correcto dos signos de puntuación. . Correcta ortografia. . Igual colocación dos inicios de cada liña. . Se é feito á man, boa letra, lexible, limpa. Algunhas suxestións para a súa elaboración: 1. Selecciona ben o tema (no caso de que non che veña dado) . Que che interese realmente . Que estea dentro das túas posibilidades. 2. Recolle material relacionado co tema: notas, artigos, bibliografía, material gráfico (fotos, mapas, planos,...) que che documenten e que poidas combinar na elaboración definitiva.

  7. 3. Elabora e redacta os obxectivos xerais e concretos que te propós e un índice de puntos para desenvolver, así coma as páxinas onde atopar cada materia. Isto axudarache a ordenar e estructurar as túas ideas sobre o tema. 4. Redacta un borrador e sobre el corrixe os erros e perfecciona os contidos e a forma definitiva do traballo. 5. Procura que o devandito traballo sexa crítico, esencial, orixinal e creativo. 6. É recomendable recubrilo dunha cartulina protectora adecuada, ou similar, figurando na portada: . Título do traballo . Autor/a: nome e apelidos . Profesor/a que o orientou, se procede. . Materia-asignatura . Curso . Centro . Calquera outro particular que o profesor/a che indique. Aprender en base a este tipo de traballos é unha forma moi válida de maduración persoal e intelectual.

  8. O libro Indicadores.- Para ter unha idea do que vas a atopar no libro bota unha ollada ao seu índice. Títulos dos temas. Títulos das preguntas (dentro de cada tema). Imaxes, fotos, táboas, gráficas. Tipo de letra. Se aparecen guións do tema a desenvolver. Se aparecen resumos ou esquemas... Táboas explicativas.- As cousas apréndense mellor cando interveñen varios sentidos, neste caso a vista. Saber LER estes medios didácticos, axuda a comprender un tema. Aquí ler significa interpretar. Encerran unha información disposta en columnas . Son útiles pola claridade e rapidez con que se pode comprender a súa mensaxe. O seu encabezamento aclárache o seu contido. Ao pé da mesma soe citarse a fonte da que proceden e antes de sacar consecuencias debes de fixarte na data e na cabeceira de cada columna para entender o que queren dicir. Gráficas.- Relacionan, alomenos, dous feitos ou tipos de datos. Un aparece representado na liña ou eixo vertical e o outro está medido polo eixo horizontal. Existen varios tipos. A sua función máis normal é representar estatísticas. As máis usadas reciben o nome de diagramas. Hai que fixarse na sua lenda: dános as claves da súa interpretación.

  9. Ten unha gran importancia no estudo: o 90% do tempo adicado ao estudo faise lendo. É unha técnica elemental que se adquire nos primeiros anos de escola e, nalgúns casos, non se progresa máis. Realízase a través de: . Un proceso físico.- captar polos receptores visuais (ollos) as imaxes de cada palabra, pero non o seu significado, cuxa elaboración corresponde ao cerebro. . Un proceso neurolóxico ou cerebral.- a súa función é elaborar os significados das palabras captadas polos sentidos, fundamentalmente o da vista. Só coa harmonia de ambolos dous factores serán posibles bos rendementos lectores. A lectura será tanto máis rápida e eficaz cantas menos paradas oculares realicemos sobre cada liña do texto que pretendemos ler. Estes movementos dependen da idade, da intelixencia, da cultura das persoas e do adestramento. A LECTURA, FACTOR BÁSICO PARA UN BO RENDEMENTO

  10. Problemas físicos da lectura . Movementos dos ollos: o ollo le cando está quieto. É preciso diminuir o número de detencións en cada liña. Cantas máis palabras abarquemos en cada golpe de vista, máis comprenderemos (as palabras non teñen sentido illadas, por si soas.) O número de detencións varía coa idade, a cultura e o adestramento. Un lector que se estanca le de 150 a 180 palabras por minuto en temas fáciles e de 90 a 125 en textos difíciles. Un lector adestrado pode ler de 800 a 1.200 p.m. Cunha comprensión do 70% ou máis. Defectos xerais . Defectos visuais ignorados . Insuficente adestramento . Despreocupación por mellorar Defectos específicos . Regresións.- voltar atrás para reler palabra por palabra. Non se colle o significado do texto. Lectura moi lenta e penosa. . Vocalizacións.- mover os beizos aínda cando non se emitan sonidos perceptibles. Impide ler con rapidez. . Subvocalizacións.- pronunciar mentalmente as palabras que lemos, aínda que non emitamos sonidos nin movamos os beizos.

  11. Diferentes tipos de lectura . Lectura de estudio.- a súa finalidade é coñecer, ordenada e sistematicamente, un aspecto da realidade: física, acontecementos da humanidade (Historia,...), etc. Ha de facerse con tempo, sen présas, con materiais auxiliares (notas, esquemas, gráficas, dicionario,...) - Situar o tema, a través do índice, no contexto xeral da asignatura. - Fixarse no título e nos apartados ata comprendelos. Ver as relacións co tema anterior. - Realizar unha lectura de información para ter unha visión global. - Elaborar un esquema da organización do tema. - Ler pausadamente cada apartado, delimitando as ideas principais e as secundarias. - Tentar relacionar o aprendido cos coñecementos anteriores da mesma materia e doutras e coa realidade diaria. . Lectura de ampliación.- favorece a formación dun xuízo propio. Facilita o contraste de distintos puntos de vista. . Lectura de actualidade informativa.- xornais, revistas. Lectura rápida dos títulos e detallada do que ten interés. Facer uso do sentido crítico ante posibles sensacionalismos, propagandas ideolóxicas, intereses ,... que deformen os feitos. . Lectura de descanso ou entretenemento

  12. MÉTODO DE ESTUDIO . Ver título do tema ( dános unha idea xeral) . Ver título das preguntas (estrutura xeral) . 1ª lectura, rápida, “para ver de que vai” . 2ª lectura, repousada, sinalando ideas e palabras clave, importantes, (definicións, características, antecedentes ou causas, consecuencias, ideas ou conceptos básicos para entender outros posteriores, clasificacións,... outras que o profesor/a che indique). . Proceder por parágrafos. Ler e preguntarse que quere dicir. Expresalo mentalmente ou en voz alta. Ante palabras descoñecidas: dicionario. Se aínda así non se entende, anotar a dúbida e preguntar ao profesor/a. . Ir plasmando nun ESQUEMA, dun xeito telegráfico, as ideas e conceptos dun modo significativo. . Repite e memoriza ata comprobar que o sabes. . Ao final de cada cuestión ou pregunta comproba que a dominas correctamente. . Pasa á seguinte cuestión e procede da mesma maneira. . Ao final do tema repasa todo e repíteo ata comprobar que o sabes. Podes utilizar palabras propias pero con corrección. . Plantéxate preguntas: qué, quén, cómo, cándo, ónde, por qué, para qué, de quén,..., aplicadas ao tema. Se sabes respostalas, seguramente dominas o tema. . Relaciona o aprendido con ideas e explicacións anteriores . Utiliza o dicionario. É unha ferramenta imprescindible.

  13. COLLER APUNTES . Mantén unha postura activa mentalmente na clase. . Atende ás explicacións do profesor/a. . Escoita o que explica. . Non tentes coller todo ao pé da letra. . Anota o fundamental. Colle ideas e conceptos, non expresións literais, salvo excepcións, en cuxo caso o profesor/a xa cho indicará. . Completa os teus apuntes cos doutros compañeiros/as, co libro de texto e con outras fontes de consulta. . Utiliza abreviaturas para proceder con rapidez (+, -, x, tb., princip., e calquera outras que ti mesmo/a elabores.)

  14. PREPARACIÓN DE EXAMES . Se seguiches o método de estudio sinalado e as recomendacións que se deron, estudarías a diario e terás os esquemas e materiais elaborados. Xa tes moito gañado. . Comeza con antelación a preparar o exame. Fai un programa de traballo e cúmpreo cada día. . Non deixes as cousas para o final . Durme ben a noite anterior (non menos de 8 horas). Ao dia seguinte, a túa mente debe estar descansada para poder render. . Non consumas estimulantes (alcohol, tabaco, outras drogas,..) . Fai algún exercicio ou actividade física. . Aliméntate de forma sa.

  15. PARA AXUDAR A MEMORIZAR . Clasificar ou organizar a información en función dalgún criterio . Formar acrósticos . Asociar a imáxes, escenas, historias,.. (ideación) PARA AXUDAR A REDACTAR Reflexiona sobre: - Que sabes sobre ese tema. - Que viches del. - Que oiches sobre el. - Que sentes respecto a el. Fontes de información. . Bombardeo de ideas. Anota todas as que se che ocorran sobre o tema . Selecciona as mellores; elimina as que non vallan. . Ordenación das seleccionadas. . Dalles forma expresiva de modo correcto. PARA AXUDAR A ELABORAR DEFINICIÓNS . Que é (inclúeo nunha categoría o máis concreta posible: un moble, un vehículo, un deporte, unha persoa,...) . Que forma ten . De que está feito . Para que serve.

  16. . Concibir o estudio como un traballo. Importancia de crear un hábito. FACTORES: - Tempo.- Horario de traballo. Estudiar a diario, a ser posible á mesma hora. Crea hábito e asociación. - Lugar.- O mesmo. Crea hábito e asociación. . Cómodo . Sen ruídos . Con boa luz (pola esquerda, salvo en zurdos) - Postura.- Sentado (non recostado) - Sesións.- 1h. de estudio, 10 m. de descanso (por exemplo). Non deixar nunca as materias difíciles para o final. - Instrumentos.- Libro, dicionario, apuntes, lapis,... Poñer na mesa antes de comezar a traballar (evitar “paseos”). TÉCNICAS OU ESTRATEXIAS DE APOIO 1ª lectura, rápida, para ver de qué trata (inclúe título do tema e das preguntas (estrutura) 2ª lectura, repousada, subliñando os aspectos e ideas importantes. Esquemas.-Proceder por parágrafos (cada punto e aparte). Identificar ideas e palabras clave (definicións, características, antecedentes, consecuencias, ideas base para comprender outras posteriores, clasificacións, outras que o profesor/a che indique.) Completada a pregunta, pasa á seguinte. Memorización.- repetición ata sabelo. Pode ser con palabras distintas pero con corrección (usa o dicionario). . Clasifica e organiza a información con algún criterio. . Asocia e relaciona. . Fai acrósticos (cando sexa oportuno). Pregúntate: qué, quén, cómo, cándo, por qué, para qué, ónde, de quén,... Apuntes.- Colle o importante (ideas, conceptos, non ao pé da letra) Usa abreviaturas( +, - x, ...) Complétaos cos dos compañeiros e co libro. RESUMO

  17. Exames.- Se traballaches a diario, terás os materiais elaborados e as cousas xa che soarán bastante. Prepáraos con antelación. Non deixes as cousas para o final. Durme ben a noite anterior (sobre 8 horas), a mente deberá estar descansada para poder render. Vida sa: non estimulantes nin drogas Alimentación sa. É bo facer algún exercicio físico. Para axudar a memorizar: . Ordena e clasifica a información según algún criterio . Fai acrósticos . Asocia e relaciona. Para axudar a definir: . Qué é . De qué está feito/a . Qué forma ten . Para qué serve. Para axudar a redactar: . Que sei dese tema . Que vin dél . Que oín sobre del . Que sinto hacia el . Anota todas as ideas que se che ocorran . Selecciona as válidas e desbota as que non sirvan. . Ordénaas e dalles forma con expresións correctas.