1 / 57

A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste.

liang
Download Presentation

A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

  2. EN 1920 SAE Á RÚA O PRIMEIRO NÚMERO DA REVISTA NÓS, DIRIXIDA POR VICENTE RISCO E ONDE APARECEN COMO REDACTORES CABANILLAS, CASTELAO, FLORENTINO CUEVILLAS, OTERO PEDRAYO E ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ; E COMO COLABORADORES, ENTRE OUTROS AUTORES, ESCRITORES DAS IRMANDADES, COMO OS IRMÁNS VILLAR PONTE, NORIEGA VARELA, LÓPEZ ABENTE OU VIQUEIRA. Portada da revista, deseñada por Castelao

  3. A revista estaba escrita enteiramente en galego, mesmo a publicidade, da que había deseños de Castelao. Os seus artigos variaban da poesía, pintura ou teatro á arqueoloxía, arte ou historia.

  4. Imaxe de Mazas aparecida en Nós en 1922

  5. Xeración Nós Todos os compoñentes da xeración Nós eran universitarios e entraron tardiamente nas filas do galeguismo. Afonso D. R. Castelao (1886-1950) foi escritor, debuxante e pintor; ademais, parlamentario do Partido Galeguista. Ao ser de orixe humilde e rianxeiro, non se inclúe no Cenáculo Ourensán.

  6. Xeración Nós CENÁCULO OURENSÁN RAMÓN OTERO PEDRAYO (1888-1976) ERA OURENSÁN E PERTENCENTE Á FIDALGUÍA. TAMÉN FOI DEPUTADO EN MADRID POLO PARTIDO GALEGUISTA. ESTABA LICENCIADO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA, TEMAS DOS QUE TRATABAN OS SEUS ENSAIOS.

  7. Xeración Nós CENÁCULO OURENSÁN Vicente Risco (1884-1963) naceu en Ourense e era avogado. Fundou a revista Nós e defendeu o nacionalismo (Teoría do Nazonalismo Galego 1920) pero trala guerra traizoouse ao crer en Franco, quen condenou todas as liberdades.

  8. Xeración Nós CENÁCULO OURENSÁN FLORENTINO CUEVILLAS (1886-1958) ESCRIBIU NARRACIÓN CURTAS (Prosas Galegas) E ESTABA MOI LIGADO AO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS POLO SEU INTERESE NA PREHISTORIA DE GALIZA.

  9. A xeración Nós, á altura do ambiente literario europeo, deu un grande impulso á narrativa, e a súa ideoloxía queda claramente reflectida en dous ensaios e unha novela: Dos nosos tempos, de Cuevillas, onde teoriza sobre a liberdade de elixir o socialismo como práctica política nacionalista.

  10. Nós, os inadaptados (1933), de Risco, explica a evasión da cultura galega e o exotismo en que se imbuíron os compoñentes do cenáculo ourensán antes da súa aceptación do nacionalismo galego. Para a xeración Nós, o atlantismo, a raza, a lingua e a terra constitúen as características definitorias do ser galego.

  11. Arredor de sí constitúe unha novela de Otero que simboliza o camiño vital dos compoñentes de Nós antes da súa entrada no nacionalismo. O protagonista, Adrián Solovio, vive unha odisea persoal en busca da satisfacción cultural no estranxeiro e acaba atopándose a si mesmo no mundo de Galiza.

  12. En 1923 varios universitarios fundan, xunto dalgúns membros de Nós, o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS coa finalidade do estudo científico da cultura galega. Carballo Calero, Bouza Brey ou Filgueira Valverde colaboraron dende este organismo na revista Nós.

  13. O Seminario de Estudos Galegos, traballando no propio terreo. Un dos deseños que Castelao facía para Nós

  14. Antón Losada Diéguez, redactor da revista Nós e pertencente tamén ao Seminario de Estudos Galegos. Publicou relatos en Prosas Galegas.

  15. VICENTE RISCO Risco ten unha concepción especial do nacionalismo: o sentimento, o apego á terra e a visión cíclica da Historia. Na súa obra ensaística (Teoría do Nazonalismo Galego, Nós, os inadaptados, Mitteleuropa e Leria) amosa estes conceptos.

  16. OBRA NARRATIVA O ensaio foi un xénero literario moi practicado pola xeración Nós

  17. OBRA NARRATIVA O humor, o mundo de ultratumba, o esoterismo e o emprego das enumeracións caóticas son constantes das novelas de Risco, como en Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros. 1919

  18. OBRA NARRATIVA Esta novela arremete contra o caciquismo, a vulgaridade e incultura dos gobernantes galegos locais. A obra remata coa queima da biblioteca municipal . 1922

  19. OBRA NARRATIVA Relato dunha muller convertida en loba que está baseado nas lendas populares galegas. Un mozo desenfeitízaa queimándolle a pelica de loba e acaban casando. 1925

  20. OBRA NARRATIVA 1925 A trabe de ouro e a trabe de alquitrán 1926 A Coutada 1927 Os europeos en Abrantes

  21. OBRA TEATRAL No ano 1928 estréase O bufón de El-Rei, obra expresionista onde sae á luz a faceta máis descarnada da alma humana: o desprezo pola malformidade física, o engano, a burla, os celos...

  22. RAMÓN OTERO PEDRAYO A temática da súa obra narrativa presenta os temas da idealización da fidalguía, o respecto pola tradición galega e o tratamento especial da paisaxe. Otero foi un grande orador

  23. ENSAIO Os seus ensaios tratan da xeografía e historia de Galiza: Síntese xeográfica de Galicia (1926)

  24. OBRA NARRATIVA As novelas de Otero Pedrayo poden dividirse en culturalistas (interesa máis a ideoloxía có argumento) e realistas. Todas botan man da historia de Galiza. Devalar A romeiría de Xelmírez (1935) O mesón dos ermos(1936)

  25. A súa novela realista máis coñecida é Os camiños da vida (1928), onde literaturiza a historia de Galiza no s. XIX e XX: a decadencia da fidalguía, as guerras carlistas, o ascenso da burguesía e os inicios do nacionalismo no s. XX.

  26. CASTELAO, GRAN CONFERENCIANTE E POLÍTICO, PARTICIPOU CREATIVAMENTE NAS NOVAS CORRENTES ESTÉTICAS DO VANGARDISMO.

  27. Os seus dotes de debuxante fixéronlle concibir a narrativa como pintor e non como escritor. PIMPINELA, de Os vellos...

  28. O cego

  29. Así, inventa a cousa, un relato sintético e decorado cunha ilustración onde a reflexión sobre a vida impregna as historias narradas. NARRATIVA cousa en Cousas (1926-29)

  30. DESEÑO PARA COUSAS NARRATIVA

  31. NARRATIVA Porén, a importancia da historia está no debuxo e o texto só serve de apoio á imaxe na obra Cousas da vida.

  32. No ano 1922 edita o seu primeiro libro en prosa, de temática anticaciquil e sobre o mundo de ultratumba. NARRATIVA

  33. Nel, o protagonista é un morto que pode ver co seu ollo de vidro... ...un mundo que de vivo non podía ollar. NARRATIVA

  34. En 1934 publicou estoutra obra, na que os dous protagonistas, Pedriño e Rañolas (eivado das pernas), simbolizan dúas formas de afrontar a vida: unha comprometida e dificultosa, e a outra cómoda, sen espírito. NARRATIVA

  35. PEDRIÑO NARRATIVA RAÑOLAS Esta novela está dividida en capítulos que presentan as mesmas características cás cousas: síntese, escaseza de personaxes, sinxeleza de lugares e accións...

  36. Retrincos sae do prelo no mesmo ano. Consta de cinco relatos autobiográficos. NARRATIVA

  37. O SEGREDO O INGLÉS PEITO DE LOBO O RETRATO SABELA NARRATIVA

  38. OS ENSAIOS DE CASTELAO AMOSAN UNHA TEMÁTICA CENTRADA NA ARTE, COMO AS CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA E AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA, OBRAS AMBAS DOS ANOS TRINTA. CASTELAO, POR MASIDE ENSAIO

  39. A historia do nacionalismo galego durante a II República está recollida no seu máis famoso libro. ENSAIO

  40. Neste ensaio describe os impedimentos que o goberno da República puxo á consecución do Estatuto de Autonomía de Galiza, efémero pola chegada da Guerra Civil en 1936. ENSAIO ESCUDO DE GALIZA, POR CASTELAO

  41. TAMÉN REFLEXIONA SOBRE A NOSA CULTURA EN DEFENSA DA NOSA NACIONALIDADE. ENSAIO

  42. Así, é famoso o pensamento de Castelao de que os pobos teñen cadanseu idioma, o que nos diferencia dos animais, como os cans, que ladran igual en todo o mundo. Á ESQUERDA, CUNS AMIGOS ENSAIO

  43. TEATRO CASTELAO COMPUXO UNHA ÚNICA PEZA TEATRAL EN TRES ACTOS.

  44. TEATRO En cada acto un vello sucumbe (a morte sempre o avisa antes) ante o esforzo que require namorarse dunha moza. MORTE DO 1º ACTO

  45. Este proceder está censurado polo propio pobo a través do refraneiro (“Vello en amores, inverno con flores”), polo que a obra reborda galeguidade en todos os aspectos. BONECA QUE RECITA O PRÓLOGO TEATRO

  46. TEATRO Cada vello presenta un estereotipo social dos inicios do s. XX: o burgués é o Boticario; o fidalgo en decadencia, o borracho don Ramón; e o labrego rico, o señor Fuco. DON RAMÓN

  47. TODOS OS ACTORES E ACTRICES LEVAN MÁSCARAS PORQUE OCULTAN A VERDADE NUN MUNDO FALSEADO POLAS PERSOAS, UNHA VISIÓN MARCADAMENTE EXPRESIONISTA. TEATRO

  48. TEATRO O expresionismo gustaba da fealdade do ser humano, dos baixos instintos e da deformación da realidade fronte á hipocrisía xeral.

  49. As escenas explotan ao máximo ese gusto polas personalidades máis ruíns: os fachendosos vellos, o desprezo de Lela, a traizón forzada pola pobreza de Pimpinela, ... LELA TEATRO

  50. TEATRO ... a cobiza de Micaela ou a burla do pobo por medio das dez mulleres con caretas de asombro, risa e gargalladas en cadanseu acto. MICAELA

More Related