1 / 21

CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL. LOE. REFERENTES :. - Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. - Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de educación infantil. Situación Actual : Anteproxecto de Decreto. O SENTIR….

valiant
Download Presentation

CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. CURRÍCULO EDUCACIÓN INFANTIL LOE

  2. REFERENTES: • - Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. - Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de educación infantil. • Situación Actual: Anteproxecto de Decreto.

  3. O SENTIR… • A aprendizaxe prodúcese en contextos significativos. • Destaca a propia achega da nena e do neno como elemento mediador na aprendizaxe que vai construíndo. • Cómpre ter como referente a adquisición das competencias básicas. • Deféndese unha metodoloxía activa e un enfoque construtivista

  4. AUTOCOÑECEMENTO E AUTONOMÍA COÑECEMENTO DO CONTORNO E INTERACCIÓN CO MUNDO LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN INTRODUCIÓN OBXECTIVOS CONTIDOS CRITERIOS DE AVALIACIÓN ÁREAS DE COÑECEMENTO:

  5. AUTOCOÑECEMENTO E AUTONOMÍA • Trátase de desenvolver o proceso de construción persoal BLOQUES DE CONTIDOS :

  6. COÑECEMENTO DO CONTORNO E INTERACCIÓN CO MUNDO • Favorecer o proceso de descubrimento e representación dos diferentes contextos que compoñen o propio contorno BLOQUES DE CONTIDOS

  7. LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN • A comunicación nas súas diversas manifestacións implica a capacidade de producir, recibir e interpretar mensaxes BLOQUES DE CONTIDOS

  8. 8 COMPETENCIAS BÁSICAS • Competencia lingüística • Competencia matemática • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico • Tratamento da información e competencia dixital • Competencia social e cidadá • Competencia cultural e artística • Competencia para aprender a aprender • Competencia autonomía e iniciativa persoal

  9. Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA LINGÜÍSTICA Fomentando a participación, respectando a diversidade de respostas e ofrecendo un clima no que se anime a ler, escribir e conversar.

  10. Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA MATEMÁTICA Empregando os elementos e razoamentos matemáticos para enfrontarse ás situacións cotiás e reais que o precisen.

  11. Contribución dende a educación infantil:COMPETENCIA NO COÑECEMENTO E NA INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO • Iniciando as criaturas no pensamento científico, potenciando habilidades de investigación: formular hipóteses, recoñecer evidencias, observar, formular interrogantes, descubrir alternativas, verificar, predicir, xerar novas ideas e solucións

  12. Contribución dende a educación infantil: TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL Propoñendo situacións nas que sexa necesario resolver problemas reais, para o cal se recorrerá ao tratamento da información e ao uso dos recursos tecnolóxicos. Supón aprender “sobre” e “coas” TIC.

  13. Contribución dende a educación infantil:COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ Traballando as habilidades sociais que permiten mediar nos conflitos da convivencia, axudan a resolvelos con actitude construtiva e a tomar decisións con autonomía.

  14. Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA Cando a aula estea aberta ás diferentes manifestacións culturais e artísticas.

  15. Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER • Incidindo na potenciación da comprensión e da expresión lingüística, da memoria, da motivación, da observación, dos rexistros das aprendizaxes, do traballo cooperativo e por proxectos, da resolución de problemas, posibilitando a planificación e organización da tarefa a realizar, a selección e o tratamento da información.

  16. Contribución dende a educación infantil: COMPETENCIA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL Cando se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade.

  17. AS COMPETENCIAS BÁSICAS E A SÚA REPERCUSIÓN NA METODOLOXÍA • A incorporación das competencias básicas no currículo obriga a reformular a práctica educativa. • Abandonar os tradicionais modelos de transmisión do coñecemento por modelos que permitan a mobilización de diferentes recursos cognitivos. • O paradigma educacional referente: “aprender a aprender” e de “aprender facendo”. Precísase unha aprendizaxe significativa que se transfira a situacións da vida real e que implique a resolución de problemas na práctica.

  18. CAMBIOS MÁIS SIGNIFICATIVOS CON RESPECTO AO CURRÍCULO ANTERIOR

  19. - Achegamento á lingua escrita. Utilización funcional e significativa da lectura e da escritura na aula. Achegamento á literatura infantil a partir de textos comprensibles e accesibles para que esta iniciación literaria sexa fonte de gozo, de diversión e de xogo. -A lóxica matemática como instrumento para coñecer o medio e interactuar co mundo.Favorecerase nas criaturas as nocións de tempo, espazo, causalidade, cuantificación e a resolución de problemas que se presentan na súa vida cotiá. As distintas formas de expresión matemática preséntanse como unha ferramenta para interpretar e intervir en situacións e actividades da vida cotiá.

  20. -Iniciación ás tecnoloxías da información e comunicación.A educación sobre e cos medios de comunicación, identificando o papel que estas teñen na vida, interesándose polo seu coñecemento e iniciándose no seu uso. Primeira aproximación á lingua estranxeira. A lingua estranxeira practicarase en contextos comunicativos reais e funcionais nos que o alumnado se implique e participe activamente.

More Related