1 / 40

Parque Natural Serra de Enciña da Lastra

Parque Natural Serra de Enciña da Lastra. SUPERFICIE: 3.151,67 ha. CONCELLOS: Rubiá DATA: Parque Natural (4-4-2002) Zona de especial protección para as aves –ZEPA- (1.723 ha, abril de 2001) ZEPVN-LIC

shadi
Download Presentation

Parque Natural Serra de Enciña da Lastra

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Parque NaturalSerra de Enciña da Lastra

  2. SUPERFICIE: 3.151,67 ha. CONCELLOS: Rubiá DATA: Parque Natural (4-4-2002) Zona de especial protección para as aves –ZEPA- (1.723 ha, abril de 2001) ZEPVN-LIC Punto de Interese Xeolóxico "Minas de Pintura" que inclúe as minas, o Estreito de Covas e o macizo calcario de Penarrubia. Incluída no inventario de SEO/BirdLife (1998). VALORES NATURAIS: canóns, covas calcárias, ríos, aciñeirais, flora mediterránea, aves, morcegos, insectos...

  3. Comprende a Serra da Lastra e parte do val do Sil na zona de Covas, un espazo de gran interese paisaxístico, ecolóxico e biolóxico. É unha área de transición entre as Rexións Eurosiberiana e Mediterránea. As grandes diferencias de altura (entre 1.112 m nas serras e 400 m nos vales do Sil) , xunto coa composición das rochas, dan lugar a ambientes e ecosistemas moi diferentes e de gran interese biolóxico: mediterráneo seco na parte baixa das ladeiras e centroeuropeo frío e húmido nas partes altas, o que da lugar a unha diversidade vexetal sobresaínte con presenza de moitas especies únicas.

  4. Provincia de León A PONFERRADA Provincia de León Provincia de León

  5. Val do Galir e Penedos de Oulego

  6. Covas e Pena Falcoeira

  7. A Serra da Lastra é unha cadea de montañas calcárias que discorre perpendicularmente ao río Sil e separa as Comarcas do Bierzo (León) e Valdeorras (Ourense). O Pico máis elevado é o Tara (1.112 m), nos Penedos do Oulego. Nas proximidades atópanse a Serra dos Cabalos e dos Cereixidos. A orografía é moi abrupta, con grandes desniveis entre os cumes dos montes e as partes baixas, ata 1.000 m en poucos quilómetros. Penedos de Oulego, na vertente leonesa.

  8. Penedos de Oulego. Unha das formacións máis características da serra e do espazo.

  9. Pena Falcoeira As pedras calcárias (dolomías e calizas marmóreas da Aquiana) dan lugar a formas características: canóns profundos, como o do Sil en Covas, agullas espectaculares (Penedos de Oulego), covas ou palas, moi numerosas na zona (hai censadas 77).

  10. A Escrita

  11. "Minas de Pintura", un depósito presilúrico de limonita situado en Pardollán, de elevado interese estratigráfico.

  12. Antigo forno de cal en Covas.

  13. O río Sil nace nas estribacións da Cordilleira Cantábrica e despois de percorrer as terras do Bierzo leonés penetra en Galicia pola zona coñecida como O Estreito formando un fermoso canón entre rochas calcárias (remansado no encoro de Penarrubia).

  14. O Sil en Covas no encoro de Penarrubia.

  15. O Sil en Covas no encoro de Penarrubia.

  16. Canón do Sil. “O Estreito” entre Galicia e León.

  17. Río Galir, afluente do Sil, de gran valor ecolóxico, por ser un dos poucos ríos galegos onde se atopa o cangrexo de río autóctono.

  18. FLORA O parque natural acolle a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia con 16 asociacións ou comunidades vexetais naturais e seminaturais: bosques mediterráneos calcícolas, espiñeirais, salgueirais, tomiñeiras, vexetación de paredóns calcarios e diversos tipos de pasteiros. Hai catalogadas 450 especies de plantas vasculares, dos que 62 teñen nesta área calcaria as súas únicas poboacións en Galicia. Conta con 40 endemismos da península Ibérica e seis de Galicia (Armeria rothmaleri, Campanula adsurgens, Dianthus merinoi, Leontodon farinosus, Petrocoptis grandiflora, Rhamnus pumila subsp. legionensis). Campanula adsurgens

  19. Nos cumios máis altos hai cerquiños, carballos e exemplares illados de bidueiros, pradairos acivros, carballos albares, e soutobosque de galos, herbas trigueiras, anémonas, paxariños, onfalodes, piornos, xestas, codesos, uces, queirugas...

  20. Nas ladeiras baixas aparecen aciñeiras, erbedos, loureiros, escornacabras, lavandas ou espregos, xaras, piornos espiñentos, herba dos bechos, tomelos, silvas, roseiras.... Nas beiras dos ríos salgueiros ( con presenza de salgueiros mediterráneos, moi escasos en Galicia), ailantos, amieiras...

  21. A Serra de Enciña da Lastra é unha das formacións de bosques de aciñeiras e matogueiras mediterráneas máis extensas e mellor conservadas de Galicia. Os aciñeirais recobren máis dunha terceira parte do espazo natural e son os máis extensos de Galicia.

  22. Aciñeira (Quercus ilex subsp. ballota) en Covas. Unha das aciñeiras máis grandes de Galicia.

  23. Ailanto (Ailanthus altisima). Orixinaria do leste de Asia. Atópase naturalizado en zonas calcáreas de clima mediterráneo da Península Ibérica. Érbedo (Arbutus unedo)

  24. Escornacabras (Pistacia terebinthus). Florece a comezos do verán na Galicia sur-leste. Presenta unhas curiosas formacións semellantes a cornos dentro das que viven uns pulgóns (Peniphigus cornicularis).

  25. Cerdeira brava (Prunus mahaleb) Cancereixo, mostallo (Sorbus aria)

  26. Roseiras silvestres (Rosa spp.) Esteva (Cistus ladanifer), so se atopa nas zonas mediterráneas de Galicia.

  27. Achicoria (Cichorium intybus). Florece ás beiras dos camiños nas áreas de clima seco. As flores azuis abren pola mañán e péchanse ao medio día. Ruda do monte (Ruta montana). Florece en zonas altas de clima mediterráneo.

  28. Alhelí (Erysimum linifolium). Orquídea (Orchis italica). Na Serra de Enciña de Lastra atópanse 25 especies de orquídeas, a maior variedade de Galicia.

  29. Ourego (Origanum virens) Arzaia (Lavandula stoechas)

  30. FAUNA A fauna de vertebrados é unha das máis ricas de Galicia con numerosas especies pouco comúns ou de distribución restrinxida. O catálogo rolda as 200 especies: 8 especies de peixes, 10 de anfibios 13 de réptiles, 125 de aves e 39 de mamíferos. Voitre branco (Neophron percnopterus) (única parella en Galicia, aínda que de cría non regular)

  31. Armiño (Mustela erminea) Morcegos. En Enciña da Lastra hai 9 especies, incluíndo algunhas raras e de distribución marxinal en Galicia, como o morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale), o morcego das ribeiras (Myotis daubentonii), o morcego das covas (Miniopterus schreibersii) (con importante poboación a nivel estatal), ou o morcego rabudo (Tadarida teniotis). Xabarín (Sus scrofa)

  32. O Parque Natural acolle a comunidade de aves nidificantes máis rica e singular de Galicia, con máis de 100 especies, unha excelente representación de avifauna rupícola e mediterránea no ámbito galego e unha rica comunidade de aves de rapìna (21 especies). Águia real (Aquila chrysaetos) (1 parella) Falcón peregrino (Falco peregrinus) (3 parellas)

  33. Papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala) Corvo (Corvus corax)

  34. Escribenta (Emberiza cia). Mergullón cristado (Podiceps cristatus). Ten no encoro de Penarrubia unha das poucas áreas de cría de Galicia.

  35. Cobra rateira (Malpolonmonspessulanus) Lagarta rabuda (Psammodromus algirus)

  36. Cangrexo de río autóctono (Austrapotamobiuspallipes) A súa presenza en Galicia está reducida a moi poucos puntos das provincias de Lugo e Ourense. Bolboreta (Charaxes jasius). As eirugas aliméntanse nos érbedos. Cerambícido (Cerambyx cerdo)

  37. Incendio no Parque Natural.

  38. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, DEBUXOS: Mon Daporta

More Related