1 / 12

Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

raiden
Download Presentation

Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite,

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Este conto foi realizado por:Texto orixinal: Crisanta Bustabad PérezIlustración: alumnos e mestres do CEE Infanta ElenaAlumnos: Lucía, Javier, Saray, Ramón, Mario,Carlo, Montse, Marcos, Anastasia, Jose, Patricia, Isabel, Laura, Nelson, Antonio, Ana, Ismael, Daniel, Cristian e Samuel.Profesores: Aurora, Crisanta, Cristina, Elena, Gemma, José Luis, Loli,Lourdes, Montserrat, Mª Carmen e Mª Luisa.

  2. Era o día de Samain Cando saíron María e Pepín A facer trasnadas pola noite, Sen que ninguén os escoite, Acenderon as cabazas Co lume das fogazas.

  3. Emprenderon un camiño sinxelo Cara ao vello castelo Chamaron á porta, E abriu un vampiro coa cabeza torta ¡uf vaia susto!-dixo Pepín tremendo, ¡ímonos de aquí correndo! E mentres eles fuxían O vampiro ría

  4. Tentando fuxir a porta cruzaron E no castelo se adentraron. De súpeto apareceu un negro gato Que os fixo correr outro anaco. E mentres eles fuxían, O vampiro e o gato rían.

  5. Entraron nunha gruta Preta e obscura Chea de morcegos, Que case os deixan cegos E mentres eles fuxían. O vampiro, o gato e os morcegos rían

  6. Logo de tanto correr Decidiron un descanso facer. De repente, viron unha pantasma Case lles dá un ataque de asma! E mentres eles fuxían, O vampiro, o gato, os morcegos E a pantasma rían.

  7. Seguiron buscando a saída Pois preferían a noite fría Ao paso saíulles unha armadura, E corre que corre marcharon con amargura E mentres eles fuxían, O vampiro, o gato, os morcegos, a pantasma E a armadura rían

  8. Atoparon un gran buraco Onde esconderse un anaco Se non fora un esquelete Que alí estaba no retrete E mentres eles fuxían, O vampiro, o gato, os morcegos A pantasma, a armadura e O esquelete rían

  9. Eu quero marchar para a casa -dixo María. Isto xa desde o comezo me arrepía -Este castelo está encantado- Dixo Pepín asustado E estando buscando a saída Apareceu un monstro coa fronte cosida E mentres eles fuxían, O vampiro, o gato, os morcegos, A pantasma, o esquelete e O monstro rían

  10. Atoparon un pasadizo E unha bruxa desfixo o feitizo Son a bruxa do outono Espertade deste sono! Deixade xa de tremer Que nada disto volveredes a ver! Marchade á casa a durmir Que todos nós quedaremos a rir!

More Related