120 likes | 305 Views
Paso de 2º a 3º da eso ORIENTACIÓN VOCACIONAL. Departamento de Orientación Curso 2012/13. 3º eso, Un punto de inflexión. Unha vez que o alumnado supera 2º de ESO, debe realizar unha reflexión e análise sobre si mesmo e sobre as súas expectativas futuras e habilidades e aptitudes .
E N D
Paso de 2º a 3º da eso ORIENTACIÓN VOCACIONAL Departamento de Orientación Curso 2012/13
3º eso, Un punto de inflexión Unha vez que o alumnado supera 2º de ESO, debe realizar unha reflexión e análise sobre si mesmo e sobre as súas expectativas futuras e habilidades e aptitudes. • Catro preguntas fundamentais : ¿Cómo foi a evolución académica ata agora na ESO? ¿A qué me gustaría dedicarme no futuro? ¿Para qué teño máis habilidades e aptitudes? ¿Estou preparado para afrontar o cambio a 3º?
O SISTEMA EDUCATIVO Proba de acceso *O PCPI permite o acceso ao mundo laboral Proba de acceso
AO REMATAR 2º DA ESO… • Promociónase con: Todo aprobado ou unha ou dúas materias pendentes. Excepcionalmente a xunta de avaliación pode decidir se pasa a 3º con tres materias se a natureza das dificultades non lle impide chegar aos obxectivos de 3º ESO. • Non se promociona con: Tres ou máis materias suspensas. • Pasa a 3º por imperativo legal se: Repite 2º por segunda vez, con materias pendentes. Se xa repetiu unha vez en Primaria e outra en Secundaria. Lexislación ESO en Galicia: http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/lexislacion/Lexislacion_secundaria_web.pdf
FRANCÉS Descrición: avanza máis no uso e coñecemento da lingua francesa. Contidosprincipais: gramática, vocabulario, lectura, conversación. ATENCIÓN: suponse que o alumno cursou dous anos de francés xa que neste nivel a materia non parte dende cero.
OBRADOIRO DE INICATIVAS EMPRENDEDORAS Descrición: da a coñecer o xeito en que se xenera e pon en práctica unha idea empresarial. Recorre o camiño dende a idea dunha persoa á posta en marcha da empresa. Contidosprincipais: o emprendedor e a xeración de ideas (motivación, habilidades); planificar para emprender (plans, recursos humanos e financeiros etc.); a execución do proxecto (formas xurídicas, trámites, relación co mundo laboral etc.)
CULTURA CLÁSICA Descrición: aproximación ao coñecemento da cultura grega e latina. Contidosprincipais: temas relacionados coas formas de vida dos gregos e romanos. As cidades, historia das civilizacións, manifestacións culturais e artísticas, crenzas, orixe das linguas etc.
ASPECTOS A TER EN CONTA PARA ESCOLLER • O TEMPO: estas decisións non se toman dun día para outro. Indagar cáles son as carreiras e ocupacións leva tempo. • INTERESES E GUSTOS PERSONAIS: pensar cales son as actividades que máis lles interesan. Temos que ter en conta que é unha elección para o futuro e unha parte importante da vida. • APTITUDES: ¿cáles son as actividades nas que teñen maiores capacidades? Debemos elixir en base ás propias aptitudes e a cáles son as aptitudes necesarias e indispensables para exercer a profesión. • OS OBXECTIVOS: relaciónase cos logros que pretendemos alcanzar. Moitas veces os problemas vocacionais aparecen porque as persoas non teñen claro a súas metas, ou as expectativas con respecto ao estilo de vida.
O PAPEL DA FAMILIA E O CENTRO • É importante acompañar aos nosos fillos/as nesta elección, participando activamente como guías, escoitando cáles son os seus intereses e capacidades e consultando co colexio calquera dúbida que poida xurdir.
Enderezos web • Blogue orientación: http://www.colexiocalasancias.com/wordpress2/ • Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.es/web/