1 / 22

O Decreto Eólico e o PP

O Decreto Eólico e o PP. Na Galiza temos o noso “ petroleo particular”: a enerxía que producimos co vento e coa auga. Galiza produce quilovátios pero os beneficios van para outras partes do estado en vez de repercutir en beneficio do Pobo Galego.

kaemon
Download Presentation

O Decreto Eólico e o PP

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. O Decreto Eólico e o PP

  2. Na Galiza temos o noso “petroleo particular”: a enerxía que producimos co vento e coa auga. Galiza produce quilovátios pero os beneficios van para outras partes do estado en vez de repercutir en beneficio do Pobo Galego.

  3. Galiza, exporta case o 40% da enerxía que produce. Isto debería servir para crear riqueza no noso país, pois aquí é onde as empresas producen, aquí é onde están instaladas, aquí é onde alteran as nosas paisaxes e onde contaminan o aire que respiramos.

  4. E por que isto non é así?

  5. Durante o mandato de Fraga na Xunta de Galiza, o PP aprobou o R.D.205/1995 que regulaba o aproveitamento da enerxía eólica, pero nel non se contemplaba ningún tipo de concurso. Eran as propias empresas as que solicitaban a explotación dos parques eólicos: O Goberno do PP na Xunta aprobábaas ou rexeitábaas ao seu gusto. ESTABA PERMITIDA A INSTALACIÓN NA REDE NATURA.

  6. Un novo decreto: R.D. 302/2001 -Para a concesión das explotacións non existía ningún tipo de baremo a aplicar, e tamén aquí o PP no goberno da Xunta resolvía ao seu antollo. -Os promotores podían proceder á transmisión da titularidade dos parques aínda sen teren realizado ningún tipo de investimento ou construción.

  7. -Neste Decreto declarábase, literalmente, a compatibilidade de instalación de parques eólicos na Rede Natura.

  8. Na aplicación destes dous Decretos o PP concede autorización administrativa a 4.200 Mw que son explotados por empresas que, nun 95%, pagan os seus impostos fóra da Galiza.

  9. O BNG accede ao goberno da Xunta en 2005 e a Consellaría nacionalista de Industria, dirixida por Fernando Blanco, promove un novo decreto para que o vento sexa galego: O DECRETO 242/2007.Un proxectoverdadeiramente transformador para Galiza que buscaba un revulsivo económico e social para o noso País.

  10. Por fin se elaboraba un proceso público en concorrencia e transparente, aberto sen exclusións a todos os sectores produtivos galegos para loitar contra os monopolios que só buscan o seu propio beneficio (Iberdrola, Fenosa…)

  11. Realízase un concurso público para adxudicar 2.325Mw e os criterios de valoración son publicados no DOG. Entre eles, avalíanse factores importantísimos para crear riqueza na Galiza: -os investimentos en empresas e tecnoloxías -os postos de traballo creados. -a participación pública e os acordos coa propiedade dos terreos afectados.

  12. E por vez primeira, prohíbese a implantación de novos parques na Rede Natura para protexer os espazos naturais galegos.

  13. Era a oportunidade de pór os recursos enerxéticos do País ao noso favor, que a auga, a biomasa, etc…deixasen a súa pegada no desenvolvemento enerxético de Galiza.

  14. Unha aposta por Galiza e pola nosa xente. Unha aposta pola economía e as empresas do País, fronteao entreguismo ás empresas foráneas e ás grandes operadoras enerxéticas. Entre os promotores admitidos a trámite figuraban: -As Caixas de Aforro Galegas. -Empresas do sector conserveiro galego. -Empresas do sector enerxético galego, da construción, da madeira, da distribución de alimentación, cooperativas do leite, etc…

  15. Todo un conxunto de diversas industrias ligadas a sectores produtivos galegos e con sede social no noso país. -O Goberno Galego xestionaría o 14,22 % do capital dos novos parques. -Os propietarios dos montes contarían cunha porcentaxe de participación entre o 1% e o 3% sobre a facturación anual.

  16. Este proceso taménsuporía: -A realización de investimentos en proxectos de desenvolvemento por 1.300 millónsde €. -Dar emprego durante un ano a 3.000 persoas e a creación de 400 postos de traballofixos. Este novoproxecto crearía un total de 8.300 postos de traballonanosaterra.

  17. Pero chega o PP aoGoberno da Xunta e decide que os beneficios que producen os quilovátiosgalegos deben ir para Madrid.

  18. A paralización deste concurso supón un regreso ao anterior modelo oligárquico do PP e neste momento de crisefrea un investimento de 2.325 millóns de € (entre 2009-2012). (O Presidente de Iberdrola abraza a Feijoo no día da súa investidura como presidente da Xunta)

  19. O PSOE, en plena campaña electoral, actuou seguíndolle o xogo ao PP contra o Decreto Eólico sen ter en conta os intereses de Galiza, a pesar que o Decreto xa fora aprobado polo propio Consello da Xunta.

  20. tamén xogou o seu papel, e usou o poder medático contra ás Consellarías do BNG durante a precampaña, especialmente contra o Decreto Eólico para reconducir o voto cara os seus propios intereses económicos.

  21. Pero agora descóbrense cales eran os verdadeiros intereses de “La Voz”. O Vicepresidente destexornal é un dos socios beneficiados pola paralización do Decreto.

  22. Galiza precisa da emancipación social e política do pobo galego para podermos deseñar as políticas que precisamos. Ningunha delegación española coa sede central en Madrid, chámese Génova ou Ferraz, vai defender os nosos intereses. Quen mellor que nós para gobernarmos a nosa propia terra? Deberemos ser nós mesmos quen collamos o timón deste barco chamado Galiza, e marquemos o rumbo que á nosa nación lle interesa. O pensamento do amigo Castelao segue vixente: “SÓ GALIZA PODE SALVAR GALIZA”

More Related