Download
slide1 n.
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
adiviñas de animais PowerPoint Presentation
Download Presentation
adiviñas de animais

adiviñas de animais

206 Views Download Presentation
Download Presentation

adiviñas de animais

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript

  1. adiviñas de animais Cousas das cousas II

  2. todos os bechos que saennestaimaxe están a agardarte para esta viaxe.

  3. No alto vive, no alto está, tecendo arreo sen liño e sen la.

  4. A ARAÑA

  5. Adivíñeo o señor se é quen de adiviñar. De neno vivo na auga e de grande vivo no ar.

  6. O MOSQUITO

  7. Un becho pequeño, negro, barulleiro, que canta sin parar o verán enteiro.

  8. O GRILO

  9. Cal é o animal que aínda que non queira sempre vai acompañado de dúas femias?

  10. O PATO (ten dúas patas)

  11. Cal é o animal, a ver si o acertas, que leva unha silla e non senta nela?

  12. O CABALO

  13. Chámanme con “a”, eu falo con “b” e visto un xersei que aínda está sin tecer.

  14. O AÑO

  15. Calzo esporas, levo sombreiro e visto un bo traxe… sen gastar un peso (un euro).

  16. O GALO

  17. Madrugador cantareiro, fachendoso, presumido, rei no medio do seu reino e de remendos vestido.

  18. O GALO

  19. Todas as que viven no mismo rueiro, tatexan coma ela e visten remendos.

  20. A GALIÑA

  21. Pequeniña, bulideira, traballadora incansable, pasa a vida a traballar para a súa comunidade.

  22. A FORMIGA

  23. Non madruga moito e logo se recolle, e pasa moitas horas preparando dóces.

  24. A ABELLA

  25. Nin é cabalo nin é burro, nin é mellor nin é peor. Nin é blanca nin é negra nin tampouco e doutra cor.

  26. A CEBRA

  27. Adiviña adiviñador cal é o animal que che digo. A todos lle gusta máis despois de morto que de vivo.

  28. O PORCO

  29. Pequeniña, rebuldeira, ampárase onde pode e agradece o asilo molestando a quen a acolle.

  30. A PULGA

  31. Nunha planta, noutra planta, en todas chama a atención polas formas, polas cores, e non é ningunha flor.

  32. A BOLBORETA

  33. Quen é este señor tan fino. Pasa, case, o día a durmir, vai pasear pola noite e ten cen mañas para vivir.

  34. O GATO

  35. Quen será este señor, que sen ter pés nin ter mans, móvese tranquilamente e camiña sen tocar o chan.

  36. O PEIXE

  37. Onte vin un animal que me sorprendeu de veras. Ten catro patas, medio rabo e unhas cumpridas orellas.

  38. O COELLO

  39. Dime ti, se o sabes, que animal pode ser. Abánase se está contento e baila antes de comer.

  40. O CAN

  41. Móvense, se poden, en bandos, peteirando aquí e acolá, e viven, cada unha no seu cuarto, nunha casa comunal.

  42. AS POMBAS

  43. Quen será esta señora, non é nova nin é maior, que pasa verán e inverno vestida cun cobertor.

  44. A OVELLA

  45. Ten os cornos revirados e viste cun cobertor. Adiviñarás algún día quen che é este señor?

  46. O CARNEIRO

  47. De vez en cando pónseche arriba un pequeno visitante que non fai moito barullo, pero que amola bastante.

  48. O PIOLLO

  49. Non é moita a súa forza nin é moito o seu tamaño, pero hai quen se asusta ao velo e todos temen o seu daño.

  50. O RATO