60 likes | 161 Views
INTRODUCCIÓN. TAREFAS. PROCESO. AVALIACIÓN. CONCLUSIÓN. ESTE ANO CELÉBRASE A NIVEL MUNDIAL O ANO DA ASTRONOMÍA. Seguro que coñeces moitas cousas do universo, pero se queres coñecer máis invítote a unha aventura sideral.
E N D
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO AVALIACIÓN CONCLUSIÓN
ESTE ANO CELÉBRASE A NIVEL MUNDIAL O ANO DA ASTRONOMÍA. Seguro que coñeces moitas cousas do universo, pero se queres coñecer máis invítote a unha aventura sideral. O universo é infinito se dicía, e aínda que agora sabemos que ten límites, seguro que che vai sorprender coñecer algo sobre as súas dimensións. Voltar ao inicio Ir o paso seguinte
Ven sabes que o universo é moi extenso, pero ¿é a nosa galaxia? ¿E o noso Sistema Solar? As distancias no universo son moi grandes e isto fai que escapen das dimensións que normalmente empregamos. Tes que investigar sobre dimensións da nosa galaxia e do noso sistema solar. Seguramente atoparás as dimensións en anos luz. Terás que pasalos a quilómetros. Despois terás que facer unha transformación de unidades: se a nosa galaxia fora coma un campo de fútbol de 100m de lonxitude ¿de que tamaño sería o noso sistema solar? Tes logo que investigar sobre a distancia a que se atopan os diferentes planetas respecto do Sol. Se Neptuno estivese a 50cm do Sol ¿A que distancia estaría cada planeta do Sol? E para terminar terás que calcular tamaño relativos. Se Xúpiter tivese un diámetro de 50 cm, ¿Cómo serían de grandes os diferentes planetas? ¿E o Sol? Voltar ao inicio Ir o paso seguinte
Tes que representar todos os datos de tamaño e distancias con respecto do Sol dos planetas nunha táboa de excel. Tamén tes que por nunha cartulina uns círculos concéntricos que representen o tamaño relativo dos diferentes planetas se Xúpiter tivese un diámetro de 50 cm. (Indicar o valor) E tamén tes que por na cartulina unha liña recta de 50 cm que represente a distancia entre o Sol e Neptuno, indicando sobre a recta onde estaría cada planeta. Ademáis deberás presentar un dossier cos seguintes datos dos planetas: Temperatura da superficie e periodo de translación, comentando se existe algunha relación entre este datos e a distancia ao Sol. Páxinas web que podes consultar para facer o traballo: Dimensiones galaxia Distancias ao Sol Distancias y tamaños planetas Más datos planetas Fotos sistema solar Voltar ao inicio Ir o paso seguinte
Na valoración deste traballo terase en conta: Ata 1 punto se está postos ben os datos de dimensións e tamaños. Ata 1 punto pola táboa de excel ben feita. Ata 1 punto se están ben calculados os tamaño relativos dos planetas respecto o de Xupiter. Ata 1 punto se están ben calculados a distancias relativas dos planetas respecto a Neptuno. Ata 1 punto se está ben presentadas as distancia e tamaños nunha cartulina. Voltar ao inicio Ir o paso seguinte
¡NORABOA! Xa estás preparado no ano da astronomía en facer unha viaxe intergaláctica. ¡BOA VIAXE! Voltar ao inicio Saír da Webquest