1 / 19

os minerais de ferro

os minerais de ferro. O ferro puro é un metal de cor branca, brillo metálico, tenaz, dúctil, maleable, bo conductor da calor e a electricidade, co punto de fusión en 1.600 ºC e propiedades magnéticas.

lee
Download Presentation

os minerais de ferro

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. os minerais de ferro

  2. O ferro puro é un metal de cor branca, brillo metálico, tenaz, dúctil, maleable, bo conductor da calor e a electricidade, co punto de fusión en 1.600 ºC e propiedades magnéticas. É pouco resistente aos axentes atmosféricos, oxídase con facilidade cubríndose dunha capa de ferruxe. Ao quentalo experimenta modificacións na súa resistencia: arredor dos 550 ºC reblandécese e cando se pon vermello pódese soldar consigo mesmo por presión. Estas características fan do ferro un elemento básico na construción das ferramentas, máquinas, estruturas...

  3. O ferro non aparece na natureza en estado puro, atópase na composición de diferentes minerais en forma de óxidos, silicatos, carbonatos, sulfuros. GOETHITA. Óxido de ferro hidratado (FE2O3.H2O) Xacementos: Roupar (Xermade), Ferreira (Vilalba), Gundín, Portomarín, Vilaodrid (A Pontenva), LIMONITA. Óxido de ferro. FeO(OH)·nH2O. HEMATITE. OLIXISTO. Óxido de ferro (FE2O3) MAGNETITA. Óxido de ferro(Fe2O4) Xacementos: Silvarrosa, Galdo, (Viveiro), O Vicedo, Freixo (Monforte) PIRITA. Sulfuro de ferro (S2Fe) Xacementos: Touro, Santa Comba, Monte Neme, San Fins... SIDERITA. Carbonato de ferro (CO3Fe ) (ferro:62%) Xacementos: A Pontenova, Riotorto, A Fonsagrada, Baleira...

  4. Os xacementos de ferro de Galicia atópanse sobre todo en dúas faixas na provincia de Lugo: a occidental exténdese desde Viveiro, polo oeste de Vilalba, O Incio e O Courel; e a oriental desde a zona de Ribadeo, pola Fonsagrada ata Leon. Minas da Pintura en Rubiá, das que se extraía limonita para facer pigmentos.

  5. Veneira de Roques. Pobra do Brollón As “veneiras” son precipitacións de minerais de ferro provocadas pola circulación de augas ácidas e osixenadas entre lousas cargadas de pirita. Antiga mina de ferro no Incio.

  6. A explotación do ferro en Galicia comeza, probablemente no ano 1.000 a. C. coa chegada dos pobos celtas. -Na Idade Media extraíase ferro das “veneiras“ de Roques (Pobra do Brollón), Formigueiros (O Courel), no Incio, Samos e Queiroga, onde había numerosas ferreirías. -No 1789 instalouse en Sargadelos o primeiro alto forno de España. Utilizaba mineral de Reinante e Viveiro mesturado co de Biscaia e producía 1.500 Tm de ferro anuais. O centro siderúrxico de Sargadelos (o máis importante centro industrial do século XIX en Galicia) traballaba como fundición e ferrería cun forno e dous mazos hidráulicos. Fabricaba material de guerra, potas, olas, tuberías... Para calcinar o mineral utilizábase carbón de castiñeiro e carballo e o de breixo para a redución.

  7. -A comezos do século XX, coincidindo co desenvolvemento das máquinas, tivo lugar un rexurdimento da mineiría do ferro e os centros de extracción e de producción máis importantes foron: +Vilaodrid (A Pontenova), que acadou a súa cota máxima de produción (175.000 tn) en 1911; +Viveiro (Vivero Iron Ore Company), a partir de 1899; +Freixo-Monforte, de 1912 a 1931 (Compañía Xeral Mineira de Galicia), que enviaba o mineral por ferrocarril ata o porto de Rande (Ría de Vigo); +Roupar-Xermade, de 1958 a 1972, cunha extracción de mineral de 3.450.000 Tm. Actualmente os xacementos estudados son de mineral de baixa lei e con elevados contidos en fósforo e sílice que os inutiliza para a súa aplicación na industria siderúrxica. Fornos de calcinación da Pontenova na actualidade. Cargadeiro de mineral da Silvarrosa na actualidade.

  8. Cargadeiro de mineral na actualidade. Cargadeiro de mineral de Ribadeo nos primeiros anos do século XX. A explotación de Vilaodriz (A Pontenova) enviaba o mineral por ferrocarril ata Ribadeo para ser embarcado.

  9. AS FERREIRÍAS Eran instalacións onde se obtiña e se traballaba o ferro. Foron moi abundantes en Galicia a partir da Idade Media e acadaron o máximo desenvolvemento nos séculos XVIII e XIX. Estaban instaladas nas proximidades dos xacementos de ferro con abundancia de bosques para o carbón e ao pé de correntes de auga. As zonas máis importantes foron O Caurel, Incio, Riotorto, A Pontenova, Samos, A Fonsagrada, Queiroga, val do río Mera... Actualmente consérvanse algunhas restauradas en Bogo, Penacova, Seoane do Courel... Ferrería de Seoane. O Courel.

  10. Interior do mazo da Porteliña (A Fonsagrada), un dos poucos que aínda funcionan.

  11. As grandes ferreirías hidráulicas adicábanse a obter ferro metálico a partir do mineral, e as forxas, mazos ou machucos transformaban o ferro en ferramentas e outros obxectos. Ás veces convivían as dúas nunha mesma instalación. Restos dos mazos de Riotorto.

  12. O banzado é un depósito de auga situado na parte alta da instalación. Desde el a auga baixa polo chifrón para mover a roda. Mazo de Bogo, A Pontenova.

  13. A roda ou rodicio transforma a enerxía da auga en traballo útil. O movemento da roda fai xirar a árbore que levanta o mazo coa axuda dos malumbreiros. Mazo de Santa Comba. Lugo Ferrería de Penacova. Bóveda.

  14. Para insuflar o aire utilizaban varios sistemas: foles (accionados manualmente ou cunha roda hidráulica), trompas de auga ou émbolos.

  15. Mazo hidráulico de Penacova. As instalacións completábanse con moas de afiar que podían estar no mesmo complexo ou nos arredores.

  16. Debuxo e maqueta dunha ferrería

  17. OS FERREIROS Son as persoas que traballan o ferro para convertelo en obxectos útiles, e arranxan ferramentas. Teñen unha instalación para quentar o ferro (forxa ou fornalleira), e distintos aparellos para traballalo: zafra ou ingre (onde se golpea) e mazos, martelos, tenazas, sufrideiras, limas, punzóns... para realizar os diferentes procesos. O ferreiro quenta (calda) o ferro ata 700 ou 800 graos para que adquira elasticidade e plasticidade e logo traballao co mazo.

  18. Nas fundicións trabállase o ferro por distintos métodos ata convertelo en obxectos utilitarios.

  19. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro, Internet. DEBUXOS: Mon Daporta

More Related