20 likes | 161 Views
FOSAS DE XURRO. Seguinte. Pensándoo ben, para traballar nas fosas de xurro debería vir acompañado. Nas fosas de xurro pódense producir dous procesos que son letais: o envelenamento e a asfixia.
E N D
FOSAS DE XURRO Seguinte Pensándoo ben, para traballar nas fosas de xurro debería vir acompañado Nas fosas de xurro pódense producir dous procesos que son letais: o envelenamento e a asfixia. Por debaixo do 7% de osíxeno no aire, sobrevén a morte por asfixia. Este proceso é o habitual nas mortes acaecidas en depósitos de adegas e lagares. Na fermentación, por unha parte, consómese osíxeno, e, por outra, prodúcense gases como o CO2 ( que é máis denso ca o aire e acumúlase nas áreas deprimidas desprazando o osíxeno). Non obstante, o axente real causante da morte en fosas de xurro é o ácido sulfhídrico que presenta un olor moi característico a ovos podres e que se detecta a concentracións tan baixas como de 0,05 p.p.m. A estes niveis, o ácido satura a pituitaria olfativa en poucos minutos, deixando de percibirse, e convértese nunha sustancia mortal con concentracións de tan só o 0,2%. As mortes soen producirse en tarefas de limpeza. A axitación e turbulencias provocan un súbito afloramento do gas á superficie, podendo alcanzar en segundos concentracións mortais.
FOSAS DE XURRO Medidas Preventivas Anterior Se non quero morrer por asfixia ou envelenamento teño que ter en conta o seguinte: XAMÁIS se baixará a un depósito de almacenamento de xurro sen tomar as seguintes medidas preventivas: .-Baleirar completamente o depósito. .-Ventila-lo depósito totalmente polo menos 24 horas antes. Se existe a posibilidade de ventilación forzada, aplicala. Tras as 24 horas de ventilación e antes de baixar, tirarase un papel aceso ao fondo do depósito. Se este arde normalmente sen que a chama flutúe nin presente coloracións estrañas, pode baixar a persoa. .-Xamáis traballará unha soa persoa. Existirá outra que non descenderá pase o que pase. A que baixe farao atada de tal forma, que se sucedese algo, a outra puidese sacala.