120 likes | 236 Views
As funcións dos ácidos nucleicos. Regular a actividade das células (a través das proteínas).
E N D
As funcións dos ácidos nucleicos • Regular a actividade das células (a través das proteínas). O ADN é un código que almacena a información para a fabricación das proteínas celulares. É unha especie de enciclopedia celular, que contén información non só para o correcto funcionamento de toda a célula, senón dun organismo completo. As proteínas teñen funcións moi importantes no funcionamento correcto da célula. • Transmitir a información xenética. Para eso é preciso replicar o ADN, é dicir, facer copias del. Estas copias pasarán da célula nai ás células fillas durante a división celular.
A Transmisión do ADN: A división Celular A división celular prodúcese de xeito diferente segundo a célula sexa PROCARIOTA ou EUCARIOTA. Recordade: A célula procariota non ten núcleo, e polo tanto o seu material xenético (ADN) está disperso polo citoplasma. A célula eucariota ten un núcleo no que se encontra illado o material xenético (ADN). A división celular é un proceso no que a partir dunha célula proxenitora se xeran dúas células fillas coa mesma información xenética.
A división Celular nas células procariotas As células procariotas teñen un mecanismo de división que se coñece como bipartición e consiste na formación dun tabique que divide o seu citoplasma en dous.
O cromosoma das células procariotas consta dunha soa molécula de ADN circular dispersa polo citoplasma. Molécula de ADN Molécula de ADN • Antes da división celular prodúcese a replicación da molécula de ADN. Membranaplasmática Parede celular Molécula de ADN formada por replicación • A célula aumenta de tamaño e fórmase un tabique transversal na cara interna da membrana plasmática. Cada molécula de ADN distinta únese a un punto distinto.
Os tabiques da membrana van arrastando e separando as moléculas de ADN. • A membrana segue medrando hasta que se produce a separación completa, dando lugar a dúas células fillas. Células fillas
A división Celular nas células eucariotas: Conceptos previos
A condensación do ADN Nas células eucariotas o ADN encóntrase compartimentado no núcleo en forma de numesorsas moléculas lineais, que xunto con determinadas proteínas, forman a cromatina. Cando a célula entra en división, a cromatina condénsase formando os cromosomas. Durante a división celularprodúcese a replicación do ADN. Polo tanto, a cromatina (formada polo ADN), duplícase. Cada cromosoma está composto por dúas fibras de cromátides irmás, que están unidas entre sí por un punto, chamado centrómero.
A Dotación Cromosómica • O número de cromosomas de cada especie é característico desa especie en concreto. Polo xeral, estes cromosomas son homólogos, é dicir, iguais dous a dous. Isto significa que a célula é diploide, ou sexa, que ten dous xogos de cromosomas homólogos, ou 2n cromosomas. Se unha célula ten un único xogo de cromosomas, ou n cromosomas, dise que é haploide.
A división Celular nas células eucariotas O ciclo celular: Ao longo da vida das células eucariotas sucédense dous procesos que se repiten cíclicamente: A etapa de crecemento ou interfase e a etapa de división. A esta sucesión de etapas repetidas chámaselle CICLO CELULAR.
UNIDAD7 UNIDAD7 UNIDAD7 UNIDAD7 UNIDAD7 O ciclo celular nas células eucariotas Divídese o citoplasma (citocinese), e fórmanse dúas células fillas con idéntica dotación cromosómica que a nai. Aumenta o tamaño celular. 5 1 O ADN duplícase (replicación) e orixínanse dúas copias da información xenética da célula. 2 O ADN repártese entre as dúas células que se están formando (mitose). INTERFASE 4 MITOSE A cromatina condénsase e fórmanse os forman cromosomas. 3
Utilidade do coñecemento da estrutura dos acidos nucleicos: Método de diagnóstico do Ébola