Download
soluci ns no sector do transporte na loita contra o cambio clim tico n.
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
SOLUCIÓNS NO SECTOR DO TRANSPORTE NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO PowerPoint Presentation
Download Presentation
SOLUCIÓNS NO SECTOR DO TRANSPORTE NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

SOLUCIÓNS NO SECTOR DO TRANSPORTE NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

146 Views Download Presentation
Download Presentation

SOLUCIÓNS NO SECTOR DO TRANSPORTE NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript

  1. SOLUCIÓNS NO SECTOR DO TRANSPORTE NA LOITA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO XABIER GÓMEZ DOMÍNGUEZ E PABLO ROMERO VILARCHAO 1º Bacharelato.Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero Pedrayo.Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano

  2. Como diminuír os gases invernadoiro? TECNOLOXÍAS ALTERNATIVAS NOVOS COMBUSTIBLES O coche máis verde é o que non circula I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  3. Como diminuír os gases invernadoiro? TECNOLOXÍAS ALTERNATIVAS TecnoloxíaDownsizing Automóbiles híbridos Coches eléctricos puros Pila de combustible de hidróxeno Coches solares I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  4. TECNOLOXÍA DOWNSIZING O obxectivo é reducir a cilindrada (en litros) dun coche e optimizar a súa potencia (en cabalos), conseguindo que o seu consumo sexa menor e polo tanto emita menos contaminantes. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  5. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  6. Vantaxes: • Redúcese a cilindrada do motor mantendo as súas prestacións grazas á utilización de tecnoloxías, por exemplo, a incorporación dun turbo, inxección directa, etc. ao mesmo tempo que reduce as emisións. • Permite conciliar o aspecto ecolóxico (redución de emisións contaminantes e de CO2) e o aspecto económico (redución de consumos de carburante e tecnoloxía alcanzable). • É moi interesante para os fabricantes, xa que lles supón un grande aforro. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  7. Downsizing no mercado: • O exemplo máis importante é a familia de motores TSI de Volkswagen, que dun único motor de 1.4 litros (baixa cilindrada) chega a obter potencias de 170 C.V. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  8. Opel tamén lanza un motor de 1.6 litros e de 180 C.V. substituindo ao de 2 litros e 175 C.V., polo que ademais de obter unha maior potencia, aforra un 10% máis de combustible. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  9. VEHÍCULOS HÍBRIDOS Son vehículos de propulsión alternativa movidos pola enerxía eléctrica que provén de baterías e, ao mesmo tempo, dun motor de combustión interna que move un xerador. O motor tamén pode impulsar as rodas de forma directa. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  10. Tipos: • Híbridos en paralelo: o motor de combustión e o eléctrico poden facer xirar as rodas de forma independiente. • En serie: o motor de combustión xera electricidade e o eléctrico é o que se encarga da tracción das rodas. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  11. Vantaxes: • Menos ruído e máis elasticidade ca un motor convencional. • Permite recuperar enerxía mediante a utilización de freos rexenerativos. • En percorridos curtos non é necesario acender o motor de combustión, xa que chega coa enerxía das baterías. • Consumo moi inferior. • A potencia eléctrica tamén se pode aproveitar, por exemplo, para aire acondicionado. • Desconto no seguro do automóbil polo seu maior nivel de eficicacia e menor grao de sinistralidade. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  12. Desvantaxes: • Maior peso ca un coche convencional, xa que hai que engadirlle o motor eléctrico e as baterías. • Segue dependendo da gasolina. • Incremento da enerxía necesaria para desprazalo. • É máis complexo, o que dificulta as súas revisións e reparacións. • O seu prezo é bastante maior. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  13. Estrutura interna de dous automóbiles híbridos nos que se observan as súas partes, entre elas a batería. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  14. Coches híbridos no mercado: Á esquerda, Toyota Prius de 2004, un vehículo híbrido de gasolina e eléctrico. Á dereita, panel de información do mesmo vehículo. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  15. Actualmente en España tamén hai autobuses híbridos fabricados por Castrosua. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  16. http://www.ecoticias.com/20090203-honda-espera-vender-2500-unidades-de-su-nuevo-modelo-hibrido-insight-en-espana-durante-el-primer-ano.htmlhttp://www.ecoticias.com/20090203-honda-espera-vender-2500-unidades-de-su-nuevo-modelo-hibrido-insight-en-espana-durante-el-primer-ano.html I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  17. Todos podemos contribuír apagando o coche nos atascos e nos semáforos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  18. COCHES ELÉCTRICOS PUROS Son vehículos que dispoñen dun motor eléctrico que se recarga a través de baterías, coma se se tratase dun móbil. Animación vehículo eléctrico e híbrido. http://www.bioygeo.info/Animaciones/Automoviles_electricos.swf I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  19. Vantaxes: • A existencia de baterías permitiría almacenar a electricidade xerada sobrante (por exemplo a eólica ou a solar). • É moito máis eficiente que os vehículos que teñen motores de combustión interna, como os convencionais e os híbridos. • Custo asequible. • Redución do custo de mantemento en ata un 40%. • Emisión nula de contaminantes atmosféricos. • Baixa contaminación acústica xa que o motor é pouco ruidoso. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  20. Desvantaxes: • A implantación do coche eléctrico puro suporía un redeseño da rede eléctrica, xa que se aumentaría o consumo de forma importante. • Sería necesario realizar unha revisión semestral. • As baterías de chumbo só teñen unha duración de tres anos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  21. Vehículos eléctricos no mercado: • A compañía Tesla Motors lanza ó mercado o modelo Tesla Roadster, un automóbil que, ademais da súa estética atractiva, ten outras virtudes: • 100% eléctrico. • De 0 a 100 Km/h en 4 segundos. • Gasta 0.6 céntimos cada Km. • O único aspecto negativo é o seu elevado prezo (80.000 dólares). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  22. Renault anuncia o lanzamento do REVA, un vehículo que custará 12.000€ e que xa se vendeu noutros países como Gran Bretaña e Italia. Poderase recargar en calquera enchufe de 220W e ten un indicador de batería que avisa ao faltar 15 km de carga. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  23. Este automóbil eléctrico supón un paso intermedio ata o que será o futuro vehículo de cero emisións. Está en Dinamarca e Israel e tamén forma parte dun proxecto de Renault. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  24. O Plan Integral de Automoción, dotado con 800 millóns de euros, e o Plan VIVE II teñen como obxectivo que no 2014 circulen polas estradas españolas un millón de coches eléctricos. Motor eléctrico http://www.ecoticias.com/20090203-palencia-de-renault-tambien-quiere-fabricar-el-coche-electrico.html I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  25. Nesta viñeta todos os implicados no atasco están pensando que se os outros colleran o autobús, agora eles xa estarían na casa. Debemos viaxar en autobús sempre que poidamos, e así aforramos uns cantos tubos de escape. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  26. PILA DE COMBUSTIBLE DE HIDRÓXENO Ao incorporaren este dispositivo, os automóbiles empregan esta celda de hidróxeno para producir electricidade que permita o movemento do vehículo. Animación: Autobuses con pila de hidróxeno I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/urbano/2006/05/25/152369.php

  27. Unha pila de combustible é un dispositivo electroquímico de conversión de enerxía, similar a unha batería, pero que se diferencia desta en que produce electricidade dunha fonte externa de combustible e osíxeno. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  28. Vantaxes: • Alta eficacia ao transformar a enerxía química en electricidade. • Cero emisións unha vez que se incorpora ao vehículo. • Os únicos residuos son calor e vapor de auga. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  29. Desvantaxes: • A obtención de hidróxeno resulta cara, pois supón un gasto de enerxía obtelo da auga ou do metano e ás veces prodúcese CO2. • As pilas de combustible e os depósitos de hidróxeno para os automóbiles resultan voluminosos, pesados e caros. • Cómpre unha rede de distribución de H. • Aínda está en fase de experimentación. • As reservas mundiais de platino serían insuficientes para permitir unha conversión total dos vehículos a pilas de combustible, o que provocaría un gran incremento do prezo do platino e un descenso significativo das súas reservas. http://www.hydrogenhighway.ca.gov/facts/sb76info.pdf) http://motor.elpais.com/articulo/sociedad/hidrogeno/pincha/elpepisoc/20081029elpepisoc_1/Tes

  30. Vehículos de hidróxeno no mercado: O Toyota FCHV PEM FC é un automóbil deseñado por Toyota e impulsado por hidróxeno. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  31. Hai numerosos prototipos e modelos de coches e autobuses baseados na tecnoloxía da pila de combustible. As empresas de automoción seguen investigando e xa chegaron a fabricar algúns prototipos. Compañías como DaimlerChrysler, Ballard Power Systems, Ford, Volvo, Mazda, General Motors, Honda, BMW, Hyundai, ou Nissan, entre outras. Segundo a industria do automóbil, agárdase que os primeiros vehículos comerciais estean dispoñibles no ano 2010. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  32. A primeira estación de reabastecemento de hidróxeno como combustible abriuse en Reykjavik (Islandia) en abril de 2003. Esta estación abastece a tres autobuses construídos por DaimlerChrysler e que prestan servicio na rede de transporte público de Reykjavik. Os únicos subministros que necesita son electricidade e agua. A estación non ten teitume para que en caso de perigo o hidróxeno poida escapar libremente á atmosfera.

  33. COCHES SOLARES Un automóbil solar é un vehículo propulsado por un motor eléctrico, alimentado por enerxía solar obtida de paneis solares na propia superficie do automóbil. As celdas fotovoltaicas converten a enerxía do Sol directamente en enerxía eléctrica, que pode ou ben ser almacenada en baterías eléctricas ou utilizada directamente polo motor.

  34. Vantaxes: • Poden operar durante grandes distancias sen Sol. • Se fai moito sol, pódese almacenar a enerxía sobrante en baterías. • Ademais de células fotovoltaicas, pódese empregar ao mesmo tempo velas que aproveiten a enerxía do vento. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  35. Desvantaxes: • Na actualidade aínda non son unha forma de transporte práctica debido á fraxilidade das celdas fotovoltaicas. • Só teñen espazo para unha ou dúas persoas. • Se unha soa célula está en sombra, bloquea a corrente ao resto da cadea, é dicir, actúa como un diodo. • Non é unha enerxía constante. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  36. Vehículos solares no mercado: Na actualidade, non hai coches solares á venta. Marcas como General Motors e Honda están traballando na súa investigación. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  37. Algúns prototipos xa conseguiron rexistros espectaculares. O coche solar más rápido do mundo, o Nuna 2, foi capaz de percorrer 6.500 km por toda Europa en 2004 só coa enerxía subministrada polos seus paneis solares. É un vehículo deseñado e construído por estudantes holandeses co apoio da Axencia Espacial Europea (ESA), que proporcionaba as células solares e os compoñentes electrónicos do interior. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  38. En xaneiro do 2007, un equipo de estudantes da Universidade australiana de Nova Gales do Sur lograba que o seu vehículo, o Jaycar SunSwift III, atravesara os 4.000 km do deserto de OutBack en cinco días e medio. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  39. En EE.UU lévanse a cabo carreiras nas que participan automóbiles solares. As dúas máis importantes son: World Solar Challenge e North American Solar Challenge. Nelas participan gran variedade de equipos universitarios e profesionais que traballan para o desenvolvemento desta nova tecnoloxía. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  40. Como diminuír os gases invernadoiro? NOVOS COMBUSTIBLES Uso de Biocombustibles Motores de gas natural GLP (Gas Licuado do Petróleo) http://www.idae.es/Coches/portal/CombustiblesAlternativos/CombustiblesAlternativos.aspx I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  41. Debemos combater o cambio climático utilizando cada día combustibles menos contaminantes. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  42. BIOCOMBUSTIBLES • Os biocombustibles, ou agrocombustibles, son combustibles líquidos que substitúen aos fósiles e teñen como materia prima produtos de orixe vexetal. • Os máis difundidos son: - Biogás, que substitúe ao gas líquido. - Biodiésel, que substitúe ao gasoil. - Bioetanol, que substitúe á nafta. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  43. Biogás: Obtense dos excrementos dos animais e restos orgánicos agrícolas, que producen enerxía mediante un proceso de transformación química. A súa finalidade é a obtención de electricidade. A electricidade pódese utilizar nos coches électricos

  44. Biodiésel: Obtense do aceite vexetal e no caso dos países que non teñen recursos petrolíferos é un bo combustible e  contamina menos que os derivados do petróleo.

  45. Bioetanol: Prodúcese a partir do azucre, o amidón ou a celulosa. Ten un carácter renovable e presenta unha clara vantaxe na redución de emisións de CO2. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  46. GAS NATURAL Utilízase na gran maioría o metano. A súa principal vantaxe é que os motores reducen as emisións de monóxido de nitróxeno (NOx) e monóxido de carbono (COx). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

  47. Vehículos de gas natural: “Natural Power”, de gas natural de Fiat. Cando fai uso da gasolina, emite 149 g/km, rebaixando a cifra ata os 115 g/km se o metano é o que alimenta o motor. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense http://www.mma.es/secciones/medios_comunicacion/campanas/pdf/GN_como_combustible_ alternativo.pdf