1 / 24

O INDOEUROPEO E AS LINGUAS INDOEUROPEAS

O INDOEUROPEO E AS LINGUAS INDOEUROPEAS. Unha primeira definición….

kacia
Download Presentation

O INDOEUROPEO E AS LINGUAS INDOEUROPEAS

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. O INDOEUROPEO E AS LINGUAS INDOEUROPEAS

  2. Unha primeira definición… Co termoindoeuropeodesignamos alinguadun pobo que tamén chamamos indoeuropeo, da que non conservamos ningún testemuño escrito e da que procedería a familia das linguas indoeuropeas, á cal pertencen, entre outras moitas, o latín e o grego. ¿Difícil? Imos lelo outra vez pouquiño a pouco… 1- Indoeuropeo = pobo 2.- Indoeuropeo= lingua 3. Indoeuropeo= linguas indoeuropeas (latín, grego…) 4.- Indoeuropeo = lingua prehistórica

  3. Antes de seguir unha precisión/curiosidade… ¿Indoeuropeo? ¿indoeuropeos? ▪ O termo indoeuropeo é completamente convencional: baséase na xeografía e tenta describir os límites xeográficos da familia das linguas indoeuropeas (esta ocuparía un espazo xeográfico que ten os seu límite oriental na India eo seu límite occidental Europa). India (indo-) + Europa = indoeuropeo ▪ Non coñecemos nin o endoetnónimo nin o exoetnónimo.

  4. E agora continuamos… ▪ Pois si, o truco consiste en comparar as distintas linguas indoeuropeas e a partir delas reconstruir o indoeuropeo… ▪ Unha para pensar… ¿Se non conservamos ningún testemuño escrito do indoeuropeo…como podemos chegar a coñecelo? ▪ Por exemplo… latín paterindoeuropeo *pater grego πατήρ • Antigüidade dos textos: normalmente o rasgo válido é o dos textos máis antigos. • Criterio da área maior: o fonema maioritario é o que ten máis posibilidades de ser antigo. • gr. • lat. p- xermánicas. f- • sánscrito p- ▪ Pero ás veces a cousa complícase… pater πατήρ xermánicas danés fader inglés father alemán Vater Entón hai que pensar un pouquiño máis…. ¡Noraboa! ¡Acabas de decubrir o método comparativo! ¡E xa fixeches o teu primeiro exercicio de LINGÜÍSTICA INDOEUROPEA!

  5. ¿Cando xurde a lingüística indoeuropea? ▪ Hai que esperar ata finais do século XVIII para que se senten as bases da lingüística comparativa. Hai dúas circunstancias que favorecen este feito: - a idea de comparación extendeuse no ambiente científico da época, sobre todo, nas ciencias naturais. - estudio intensivo do sánscrito que xurde a partir da colonización inglesa da india. O xuíz Willian Jones constatou a semellanza entre sánscrito, latín e grego. ▪ SÉCULO XIX: Rasmus Rask e Franz Bopp. A gran novidade é que se atopan semellanzas entre as linguas indoeuropeas nos sistemas gramaticais, trascendendo así as meras semellanzas de vocabulario (sempre susceptibles de explicarse como prestamos lingüísticos). ▪ O seguinte fito importante no desenrolo da lingüística comparativa son os chamados “estudosos de Leipzig” ou “neogramáticos” (Paul, Osthoff, Brugmann…), cos que os métodos lingüísticos reciben un novo rigor.

  6. ¿E eses indoeuropeos… onde vivían? ¿Cal era a patria orixinaria (Urheimat) dos indoeuropeos? ▪ A hipótese máis aceptada é a de Marija Gimbutas (unha arqueóloga lituana de nacememento, alemana de formación académica e norteamericana de adopción) que propón as estepas do sur de Rusia como o fogar ancestral dos indoeuropeos.

  7. A FAMILIA DAS LINGUAS INDOEUROPEAS

  8. GREGO ▪ Co descubremento das taboíñas de lineal B (micénico), o grego retrotrae a súa historia ata o segundo milenio a.C e pasa a ser unha das linguas indoeuropeas con documentación máis escrita máis antiga: a civilización micénica documéntase entre 1600 e 1.100 a.C. ▪ O lineal B foi descifrado en 1953 por Michael Ventris e Jhon Chadwick. Michael Ventris Jhon Chadwick

  9. LINGUAS ITÁLICAS < LATÍN↓ LINGUAS ROMÁNICAS / ROMANCES / NEOLATINAS  Linguas románicas: galego, castelán, catalán, portugués, francés, italiano, romanés, retorrománico (Suiza), sardo (Cerdeña), occitano (sur de francia).

  10. ¿Cando pasamos do latín ás linguas romances? ▪ No ano 813 (s. IX) un Concilio de Tours decidiría que na prédica litúrxica se utilizase a “rustica romana lingua”, é dicir, a fala real da xente. Este dato é moi importante porque revela que daquela a xente xa non entendía o latín. É o primeiro recoñecemento oficial de que existen as linguas románicas.

  11. Pero… ¿sabías que…? • O latín perviviu como lingua de cultura nalgúns eidos, por exemplo, na ciencia ata o século XVIII. Newton, Leibniz, Linneo escribiron as súas obras en latín. • A institución que durante máis tempo permaneceu vinculada ao latín foi a IgrexaCatólica que aínda hoxe segue publicando en latín o seu boletín oficial (Actae Apostollicae Sedes). - E unha pequena sorpresa…

  12. LINGUAS XERMÁNICAS

  13. LINGUAS BÁLTICAS ▪ Lituano, letón.

  14. LINGUAS ESLAVAS ▪ Búlgaro, serbo-croata, checo, polaco, ruso, bielorruso, ucraniano.

  15. LINGUAS CELTAS

  16. LINGUAS INDOIRANIAS ▪ LINGUAS INDIAS. - Védico: é a linguas dos Vedas, os libros sagrados do hinduismo (Rig-Veda, Sama-Veda, Yojur-Veda, Atharva-Veda). - Sánscrito: é a lingua na que está a literatura clásica india: Mahabharata, Ramayana. Destacamos: Kalidasa como o gran autor de teatro e de lírica. ▪ LINGUAS IRANIAS. - Avéstico: lingua do Avesta, libro sagrado do mazdeísmo. - Persa (antigo e moderno).

  17. LINGUAS ANATOLIAS < HITITA ▪ Foi descuberta en 1906 cando se atopou unha gran cantidade de taboíñas na capital do imperio hitita, Hattusa (hoxe a aldea de Bogazkale) e foi descifrada en 1915 polo checo Hzorny. ▪ Atopáronse unhas 25.000 taboíñas, cuxa cronoloxía oscila entre 1700 – 1200 a.C.

  18. ARMENIO ▪ Posuímos manuscritos con textos cristiáns que remontan ao século V d.C.

  19. TOCARIO Documéntase en manuscritos dos séculos VI – VIII d.C, atopados no Turquestán chino no século XX.

  20. GRUPOS MINORITARIOS ▪ Vénetos ▪ Ilirio ▪ Mesapio

  21. ACTIVIDADES

  22. 1.- ¿Que se entende por indoeuropeo?2.- ¿Por qué se chama latín a lingua dos romanos?3.- ¿Que se entende por linguas romances?4.- Nome dúas linguas indoeuropeas de cada un dos seguintes grupos.- xermánico:- eslavo:- céltico:- indo-iranio:- báltico:

  23. 6.- Escribe verdadeiro (V) ou falso (F).1. Todas as linguas de Europa son indoeuropeas.2. Todas as linguas románicas románicas son indoeuropeas.3. O lituano, o letón e o ruso son linguas bálticas.4. O romanés é unha lingua eslava.5. O albanés non é unha lingua indoeuropea.

  24. 7.- Une cada lingua co grupo ao que pertence.-Holandés -linguas románicas-Romanés -linguas celtas-Lituano -linguas xermánicas-Irlandés. -linguas bálticas-búlgaro -linguas eslavas.

More Related