Os minerais
This presentation is the property of its rightful owner.
Sponsored Links
1 / 17

Os minerais PowerPoint PPT Presentation


  • 72 Views
  • Uploaded on
  • Presentation posted in: General

Os minerais. OURO. Atópase na natureza puro (ouro nativo) en escamas ou grans, ou formando aliaxes con prata, cobre, ferro, estano, chumbo... COR: amarela intensa BRILLO: metálico DENSIDADE: 19,3 DUREZA: 3 (brando) Dúctil, maleable, Bó condutor da calor e da corrente eléctrica.

Download Presentation

Os minerais

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Presentation Transcript


Os minerais

Os minerais

OURO


Os minerais

Atópase na natureza puro (ouro nativo) en escamas ou grans, ou formando aliaxes con prata, cobre, ferro, estano, chumbo...

COR: amarela intensa

BRILLO: metálico

DENSIDADE: 19,3

DUREZA: 3 (brando)

Dúctil, maleable,

Bó condutor da calor e da corrente eléctrica.

Non se altera. É o metal menos reactivo.

ouroen escamas da praia de Barraña


Os minerais

Areas con ouro. Salvaterra.


Os minerais

USOS:

-Xoiería, arte

-Electrónica: utilízase nas soldaduras de precisión de aparellos electrónicos polas súas cualidades de bo condutor e inalterabilidade

-En naves espaciais, en aparellos delicados

-Como valor: reserva, moeda…

Reservas de ouro en forma de lingotes nun banco.

Circuito electrónico


Os minerais

A pureza do ouro mídese en quilates. O máis fino é puro é de 24 quilates. Os demais exprésanse como fracción de 24. Un obxecto de 18 quilates contén 18/24 ou 3/4 de ouro fino.


Os minerais

PRINCIPAIS PRODUTORES (datos do 2006, en tn)


Os minerais

Mina de ouro en Nevada (USA)


Os minerais

O ouro galego aparece nunha banda de terreo que atravesa parte de Portugal, Ourense, Lugo e Asturias en filóns de seixo aurífero ceibe ou asociado a piritas (Corcoesto, Vilarcovo, Zas, Covas, O Irixo, Maside, Brués, O Rosal, O Caurel, Carballo, Abegondo...). Os materiais destas formacións erosionados e arrastrados pola auga pasaron a formar parte dos sedimentos dos ríos (placeres) en forma de pepitas, en pó ou en escamas en proporcións de entre 1 e 10 gramos por tonelada. Os placeres máis coñecidos son os dos ríos Sil, Miño, Lor, Camba e Bibei.

Sedimentos con ouro, en Salvaterra.


Os minerais

A existencia de ouro en Galicia era coñecida polos fenicios, pero foron os romanos os que lle tiraron o maior proveito.

Plinio cita na súa historia que no século I os romanos explotaron ata 500 minas no Noroeste (Astúrica, Gallaecia e Lusitania) das que levaban a Roma 7 toneladas de ouro anuais.

Pezas de ouro da época castrexa


Os minerais

Os romanos explotaban xacementos aluviais mediante o lavado e bateo de sedimentos (Cuncas do Sil, Miño, Bibei...), xacementos filonianos con excavacións a ceo aberto ou galerías (Corcoesto, Courel, Carballiño...) e as terrazas aluviais polo método de “ruína montium” (Viana do Bolo, Montefurado...) . Para realizar estas extraccións facían grandes obras e movían enormes cantidades de terra.

Pozo do Lago (Maside). Calcúlase que os romanos moveron 100.000 toneladas de terra para extraer ouro.


Os minerais

Montefurado. Os romanos desviaron o curso do río Sil para aproveitar o ouro das areas.

No leito do río Sil as aureanas da comarca de Valdeorras seguiron a realizar o lavado das areas ata a metade do século XX.


Os minerais

Médulas de Caldesiños, en Viana do Bolo.


Os minerais

Nas Médulas do Bierzo e Viana do Bolo os romanos remexeron uns 500 millóns de m3 de terra destruíndo os montes con inxección de auga.


Os minerais

A extracción do ouro dos placeres dos ríos facíase polo sistema do bateo para o que se utilizaban cuncos de madeira. Para aproveitar as partículas máis finas de ouro facíase o azogue, mesturando o material recollido con mercurio. A amalgama (ouro e mercurio) quentábase para que o mercurio se evaporase e deixase libre o ouro.

Bateadores no Xallas.


Os minerais

Na actualidade non existen explotacións que se adiquen á extracción de ouro, pero a súa presenza como acompañante dos materiais de aluvión, areas e gravas, fai rendible, nalgúns casos (Salvaterra), o seu aproveitamento, xunto co de outros minerais densos (ilmenita, circón, granates).

Están en proxecto a reanudación de explotacións en Corcoesto (A Coruña) e San Xoan de Río (Ourense).

Graveira con aproveitamento de ouro. Salvaterra.


Os minerais

Mesa de separación por densidades.

Neste detalle pódese apreciar a concentración dos minerais máis densos, entre os que se atopa o ouro.


Os minerais

MONTAXE: Adela Leiro

FOTOS: Adela Leiro, Internet.

DEBUXOS: Mon Daporta


  • Login