DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 3
This presentation is the property of its rightful owner.
Sponsored Links
1 / 1

DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 3 Evolución da superficie por tipo de cultivo PowerPoint PPT Presentation


  • 88 Views
  • Uploaded on
  • Presentation posted in: General

DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 3 Evolución da superficie por tipo de cultivo Grupo de Investigación Agricultura Ecolóxica e Agroecoloxía.

Download Presentation

DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 3 Evolución da superficie por tipo de cultivo

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -

Presentation Transcript


Din micas da agricultura ecol xica en galicia 3 evoluci n da superficie por tipo de cultivo

DINÁMICAS DA AGRICULTURA ECOLÓXICA EN GALICIA 3

Evolución da superficie por tipo de cultivo

Grupo de Investigación Agricultura Ecolóxica e Agroecoloxía

Nos seguintes gráficos imos a analizar a evolución da Agricultura Ecolóxica galega atendendo á superficie por tipo de cultivo. Ademais observaremos como evolúe a superficie ecolóxica con respecto á Superficie Agraria Utilizada (SAU)

Cando analizamos a superficie de Agricultura ecolóxica por tipo de cultivo, podemos observar como máis do 80% desa superficie corresponde a pastos, praderías e forraxes. Se ademais contamos co 9% de superficie de bosque e recolección silvestre, só queda un 10% restante de superficie para o resto de cultivos. A pesares de teren pouca superficie en comparación cos pastos, praderías e forraxes, resulta interesante observar a evolución a nivel de superficie de cultivos como as froiteiras, as hortalizas e tubérculos, cereais, leguminosas e outros, para poder ver as tendencias que seguen nos derradeiros anos.

Fonte: Enquisa sobre a Estrutura das explotacións Agrarias e MAPA

A importancia da superficie destinada a produción ecolóxica con respecto á Superficie Agraria Utilizada está a medrar nos derradeiros anos. Sen embargo en Galicia todavía non chega ós níveis da media estatal. En Galiza o valor sitúase en torno ó 1,5% namentres que no estado acada perto do 4%.

Fonte MAPA

A superficie de Agricultura Ecolóxica destinada a pastos, praderías e forrraxes en Galicia medrou dun xeito espectacular, pasando dunhas 1300 hectáreas no 2001 ate perto de 9000 no ano 2007. Este tipo de cultivo é o hexemónico en canto a hectáreas en Galicia e semella continuar coa súa tendencia crecente.

Fonte MAPA

O segundo cultivo en canto a sperficie é o de bosque e recolección silvestre. Como podemos observar o incremento é importante pasando dunhas 400 hectareas no 2001 ate case 1000 no 2007. Sen embargo, despois do grande aumento producido entre o 2004 e o 2005 parece que a superficie tende a crecer paseniñamente.

Fonte MAPA

Cereais, leguminosas e outros e hortalizas e tubérculos son cultivos ecolóxicos que semellan non despegar en Galicia. Os cereais e leguminosas tiveron un forte incremento do 2003 ó 2004, pero dende entón a superficie mesmo disminuiu. As hortalizas e tubérculos parece que dende o 2005 teñen unha tendencia lenta pero constante a medrar en superficie.

Fonte MAPA

A superficie destinada a árbores froiteiras medrou dun xeito importante nestes anos, pasando das 76 hectáreas do 2001 ate as 323 hectáreas do 2007.

Fonte MAPA


  • Login