1 / 16

A Lei de Orzamentos e a Universidade

A Lei de Orzamentos e a Universidade. Mentiras e verdades. Financiamento. “O Sistema Universitario de Galicia ten en execución un Plan de Financiamento 2011-2015 que se caracteriza por ser dinámico, flexible, sostible , equitativo e eficiente”

dasan
Download Presentation

A Lei de Orzamentos e a Universidade

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A Lei de Orzamentos e a Universidade Mentiras e verdades

  2. Financiamento “O Sistema Universitario de Galicia ten en execución un Plan de Financiamento 2011-2015 que se caracteriza por ser dinámico, flexible, sostible, equitativo e eficiente” “Os 371,5 millóns con que está dotado o Plan de Financiamento do SUG para 2013 distribuiranse entre as tres universidades en base aos resultados en áreas clave: Financiamentoestrutural, subvención por resultados, e financiamento por mellora da calidade” JoséAlbertoDíez de Castro Secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia

  3. Financiamento • Orzamentosostible? Dinámico e flexible, si…. • O proxecto de lei de orzamentos: • Rebaixa un 6,5% os recursos respecto a 2012 • Consolida unharedución de case o 17% respecto a 2009 • Voltamos a niveis de financiamento de 2005

  4. Financiamento • O financiamentoestrutural, que garante o funcionamento ordinario da universidade, baixa de 290,06M de euros a 250,74 (39,32M menos) • As subvencións por resultados docentes (26,90M) corresponden en realidade a un plan a tres anos. • Asigna 47,97M de euros para convocatorias competitivas de I+D+i. Dende 2010 non chegou a executarsemáis do 20% e nada indica que vaia ser diferente este ano. • Daquela, os 371,5 M de euros do plan de financiamento para 2013 son poucomáis de 320 M.

  5. Financiamento “O capítulo IV do Plan de Financiamento reduciuse noutros 6 millóns de euros, polo incremento dos ingresos propios das universidades, procedente dos ingresos extraordinarios obtidos polas segundas e sucesivas matrículas” Jesús Vázquez Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

  6. Financiamento Os ingresos non puideron incrementarse por: • Os límites dos números de alumnos dos novos graos e o feito de pasar de 5 a 4 anos de carreira • A baixa matrícula nos máster (a crise…) • O aumento dos impagos de taxas (a crise…) • Os ingresos das 2ª-3ª matrículas estiveronnaliña de anos anteriores e non chegan para compensar as perdas anteriores • A conxelación das taxas coa redución de financiamento, pode provocar un burato económico nas universidades de 3-4 millóns de euros, polas malas previsións da Xunta de Galicia.

  7. Persoal “Se ben a redución da masa salarial da Xunta de Galicia é do 6,3% respecto das contas de 2012, a repercusión desta baixada no eido das universidades foi atenuada de xeito consciente, aplicando unha redución do 5,4%, isto é case un punto porcentual inferior á aplicada para a Xunta.” Jesús Vázquez Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

  8. Persoal • “La Xunta recortará una media del 4% el salario de los funcionarios en el 013.”(http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/12/21/ xunta-bajara-media-4-salarios-funcionarios/00031356099764112941604.htm) • O proxecto de lei de orzamentos reduce as retribucións de todo o persoal das universidades galegas, no seuconxunto, nun5% da masa salarial. • A autonomía universitaria será para aplicar o recorte en cada universidade (recortes salariais, despedimentos e non renovacions de contratos…) • A Lei de orzamentosxa é seguro que: • Vai afectar aos complementos autonómicos do PDI, que incentivan a produtividadena docencia e na investigación, entre outros. • Obriga a que as vacantes que se produzan se supriman das RPT. Iso implica que, por exemplo, interinos e contratados van saltar nos concursos de traslado.

  9. Docencia “As universidades teñen que ser motor do desenvolvemento de Galicia cumprindo a súa función académica” José Alberto Díez de Castro Secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia

  10. Docencia • Lévase perdido nos últimos anos máis de 150 postos de PDI • A taxa de reposición do 10% está elevando a carga docente, especialmente nalgunhas áreas • As universidades de Galicia, después das das Illas Baleares, Madrid e Canarias, son as de peor ratio alumnos/profesor: 13,8 alumnos (en 2011) • A intervención da Xunta naxestión de persoal (todas as contrataciónsteñen que ser permitidas polaConsellaría de Facenda) provoca baleiros e atrasos docentes, como o que reflicteestes días a prensa en Políticas • A USC está facendosimulacións para aumentar a xornada do PDI • As retribuciónspolaprodutividade e a excelencia na docencia vanse recortar

  11. Investigación “En consonancia coa aposta do goberno galego pola I+D+i, e en cumprimento das evolucións previstas para estas partidas do Plan, os fondos de transferencia tecnolóxica e de resultados de investigación, increméntanse en 2 millóns de euros. Contrariamente á tendencia xeral, en Galicia auméntanse ano a ano os recursos en I+D+i.” Jesús Vázquez Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

  12. Investigación • As convocatorias competitivas de I+D+i case non se están executando. En 2009, cunha execución próxima ao 90%, foron 39M de euros. En 2011 só se executaron 6M. • Como consecuencia, pérdese persoal de apoio á investigación (na USC, uns 400 contratos menos con cargo ao capítulo VI) e pérdese competitividade a medio e longo prazo • As retribucións por produtividade e excelencia na investigación vanse recortar

  13. Alumnado "No contexto duns orzamentos cada vez máisaxustadosteño que destacar o incremento do 2% na partida orzamentaria destinada a bolsas e axudas para os estudantes universitarios, para paliar as consecuencias da crise nas economías das familias galegas e evitar situacións de exclusión ou abandono da educaciónuniversitaria por motivos económicos. Seguiremos apostando por repercutir o menor incremento posible nas taxas de matrícula". JesúsVázquez Conselleiro de Cultura, Educación e OrdenaciónUniversitaria

  14. Alumnado • En 2011-2012 as bolsas e axudas da Consellería de Educación tiveron como beneficiarios a 1.962 estudantes universitarios, sobre uns 76.000, e foron axudas de apoio á mobilidade, aprendizaxe de linguas, imprevistos por causas sobrevidas, premios... • As bolsas de estudo do Ministerio, as que realmente sustentan o alumnado universitario, minguaron en número de beneficiarios, polos requisitos de esixencia, e están a sufrir importantes atrasos (moitosaíndahoxe non cobraron), que asfixian as familias • O conxunto das axudas a Erasmus e Séneca reducíronse á metadedende 2012. • Aínda que as taxas da 1ª matrícula se conxelen, xa aumentaron espectacularmente as de 2ª e sucesivas. Haicarreiras con especial dificultade académica que se van facer imposibles economicamente.

  15. En resumo, para a universidade… • O financiamento non abonda para o funcionamento ordinario da universidade • Redución de persoal por non renovacións,despedimentosou falta de financiamento dos proxectos de investigación • Redución retributiva e maior carga de traballo • Redución da calidade da docencia • Retroceso de anos nacalidade da investigación, que perderá competitividade • Perda de competitividadefronte á universidade privada • Elitización do alumnado por causas económicas

  16. E para a sociedade galega… • Menor riqueza directa: menos alumnado desprazado, menos gasto do persoal, menos investimento en congresos, etc. • Menor riqueza indirecta: resultados de investigación, formación da sociedade… • Aposta por un modelo non innovador e de alta eficiencia, senón por un modelo privatizador, que traslada a riqueza xa existente a un modelo de negocio privado que explota o sector público

More Related