1 / 10

Francisco Taxes no IES Terra de Soneira

Francisco Taxes no IES Terra de Soneira. Resumo das actividades dedicadas a Francisco Taxes polo ENDL do IES terra de Soneira durante o curso académico 2008-09. ¿Por qué dedicar un ano a Francisco Taxes?.

zia-beck
Download Presentation

Francisco Taxes no IES Terra de Soneira

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Francisco Taxes no IES Terra de Soneira Resumo das actividades dedicadas a Francisco Taxes polo ENDL do IES terra de Soneira durante o curso académico 2008-09

  2. ¿Por qué dedicar un ano a Francisco Taxes? Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) foi un dramaturgo e guionista vencellado familiarmente á parroquia de Cereixo (Vimianzo), onde está soterrado. Pioneiro do teatro galego, é autor da primeira peza teatral representada en galego polo grupo Troula O Velorio (1978). A estrea desta peza -da que se cumpría o 30º aniversario no 2008- supuxo o inicio da actividade teatral en Galicia con carácter profesional. Coincidindo con este aniversario, o ENDL do IES Terra de Soneira decidiu dedicar o curso académico 2008-2009 a lembrar a súa figura.

  3. Actividade de inicio: Presentación do autor á comunidade educativa Acompañando o Calendario 2009, toda a comunidade educativa do IES Terra de Soneira recibiu de agasallo un marcapáxinas conmemorativo do 30 aniversario da estrea d’O Velorio.

  4. Elaboración de paneis informativos sobre a vida e a obra do autor, así como sobre o teatro galego da súa época Estes paneis foron elaborados polo alumnado de 4º da ESO e expostos nos corredores do centro durante o mes de maio, para seren visitados .

  5. A seguir, imaxes da mostra…

  6. Máis imaxes da mostra

  7. Conferencia de Xurxo Taxes Tamén no mes de maio, Xurxo Taxes –fillo do autor e autor da edición da súa obra teatral, visitou o noso centro, acompañado da súa irma e da súa tía, para ter en encontro co alumnado de 1º de Bacharelato a propósito da obra de seu pai.

  8. Ofrenda floral no cemiterio de Cereixo

  9. Algúns momento do acto… Depositando o ramo.. Escoitando o representante do Concello de Vimianzo…

  10. Pequena bibliografía Ademais d’O Velorio (1978), que permaneceu inédita ata que foi incluída na colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, Francisco Taxes tamén é autor de Lenta raigame (1982), Caderno de bitácora (1985) e, xa postumamente, Casta i Albito (2003). Colaborador de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e A Nosa Terra, participou en diversos programas da TVG e de RNE, como “Catro Ventos” (RNE 1) e “O láparo cabileiro” (Radio 4). Foi guionista do conto A tola (1974), de M. Gato; e dos filmes O cadaleito (1976) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Como actor participou nas producións Fendetestas (1975) e La novia de medianoche (1997).

More Related