150 likes | 343 Views
CEIP A Ramallosa. III Encontros de ed. primaria Culleredo 2012
E N D
III ENCONTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA CEIP a Ramallosa. Teo Culleredo. Xuño 2012 ExperienciasAula dixital (Abalar) Benxa Salgado
Contexto • O CEIP da Ramallosa está situado no Concello de Teo. • Escolariza alumnos/as procedentes na súa maioría do medio rural. • Nos últimos anos estase a consolidar un crecemento urbanístico que contribúe a incrementar ano tras ano a matrícula (máis de 400 alumnos/as). • Desde fai algúns cursos escolarízanse tamén alumnos/as procedentes do estranxeiro.
Contexto • O proxecto Abalar enmárcase dentro do “Plan TIC” do centro. • Existe unha equipa de dinamización nas TIC para o seguimento do mencionado plan. • O dinamizador TIC coordina todos os procesos. • Antes de solicitar a participación en “Abalar” analizáronse as vantaxes e os inconvenientes.
Inconvenientes: Contexto • É preciso contar cun mínimo de profesorado formado e disposto a implicarse na experiencia. • A adscriciónao 3º ciclo causa ás veces desprazamentosproble-máticos entre o profesorado. • A figura do dinamizador TIC non está desenvolvida e non contacosrecoñecementos merecidos. • Previamente a ter garantida a admisión, o centro ten que asumir un desenbolso económico para o acondicionamento das aulas. • Crease certa desconfianza nasostenibilidade do proxecto.
Vantaxes: Contexto • Confire un novo reto ilusionante. • Proporciona unha boa dotación de recursos dixitais. • Aporta a posibilidade real de innovación (aínda que non a garante) para o desenvolvemento da competencia dixital. • Permite ao centro unha organización autónoma dos medios, rendibilizando os xa existentes. • Obrigaao profesorado a reformularse a metodoloxía, motivando novas ansias de formación.
Non partimos de cero… • Aínda que os elementos fundamentais do punto de partida pertencían a unha concepción tradicional da aula a maioría do profesorado e do alumnado tiñan experiencia de traballo coas TIC. • O profesorado viña de participar en diferentes actividades de formación relacionadas coas tecnoloxíasdixitais nos últimos cursos. • O 90% do centro ten cobertura de internet e dispón de proxector de vídeo e ordenador de aula. • Unha gran parte das familias contan cando menos con ordenador na casa, e moitasdispoñentamén de conexión a internet. Metodoloxía e organización
Como empezamos? • Ademais da utilización cotián dos recursos técnicos de aula (EDI e ordenador de aula) precisábamos organizar o tratamento da aprendizaxe con recursos dixitais. • Para isopropuxémonos tres aspectos marco: Metodoloxía e organización • A organización da información (tentando evitar a dispersión da mesmana rede). • O tratamento da comunicación entre o grupo(tanto de aula como das equipas de traballo). • O tratamento da comunicación cara ao exterior (cara as familias e ao resto da comunidade educativa). • Todo elodende un tratamentometodolóxico de investigación, coa premisa fundamental de “aprender facendo”.
Organización da información • Utilización dos escritorios virtuais como base organizativa. • http://www.netvibes.com • O servidor de recursos como “plan b”. Metodoloxía e organización
Organización da comunicación interna. • Tiñamos dúas posibilidades, a utilización dun aula virtual (moodle), ouunha rede social pechada (edmodo). • Optamos pola segunda por entender que facilitaba a participación activa do alumnado, posibilitando ademais a organización de recursos materiais e humanos. Dende o noso punto de vista as aulas virtuais son un recurso propio do profesorado, con moitas virtudes, pero con limitacións. En todo caso non cremos que sexanexcluíntes. Metodoloxía e organización
Organización da comunicación externa. • Aínda que tiñamos como obxectivo a creación de dúas canles de comunicación, o blogue de aula e unha wiki, este curso sófomos capaces de abordar a primeira. • O obxectivo primordial era darllesaída cara a foraásproducións de aula máis interesantes para o seucoñecemento por parte das familias (principalmente). Co paso do tempo converteusetaménnun medio de expresión individual, xurdindotarefas voluntarias (non de aula) para publicar. Metodoloxía e organización
Outros recursos utilizados para o tratamento de diferentes contidos. • A medida que o proceso collía forma aparecían novas posibilidades de traballo, novos recursos, que iamos integrando e combinando coas ferramentasxa comentadas. Algúnsexemplos son: Outros recursos utilizados
Outros recursos utilizados para o tratamento de diferentes contidos. • E a imaxe, un dos contidos TIC da área de plástica pero que ten un sentido moitomáis transversal. Outros recursos utilizados
A falta dunhaavaliación seria da equipa algúnscompañeirostemosrecollidasalgunhasreflexións e constatacións para a mesma: • EN CANTO AO PROFESORADO… • A tarefa do/a mestre/a non é máisdoadaninmáis complexa, é diferente, pero seguesendo fundamental dispoñer de tempo aomarxe da docencia. • Precísamosdunha formación permanente que nos permita manternos actualizados neste terreo tan vertixinoso das tecnoloxías. • Proxectos como o Abalar deberían contar coa opinión e experiencia do profesorado. • O proxecto Abalar non é imprescindible para o desenvolvemento das competencias dixitais e o tratamento da información e a comunicación, pero os centros precisan de dotacións e apoios técnicos dende procesos sostibles. • Hoxe por hoxe é fundamental unhaconectividade de calidade nos centros. Senela, todo o potencial educativo da rede queda anulado. • Somos conscientes de que esta experiencia é froito da casualidadeao coincidir no mesmo centro un grupo de profesionaiscun perfil determinado. Algunhasconclusións:
EN CANTO AO ALUMNADO… • A convivencia destasxeracións coas tecnoloxías fan que lle resulte moi intuitivo o manexo das mesmas. • As familias valoran moi positivamente este tipo de innovacións. Detectamos unha clara demanda, aceptación e colaboración polasúa parte. • Os cambios metodolóxicos que se van producindo son asumidos con naturalidade, pero con algunhas dificultades no xeito de “estudar”. • Observamos nunprimeiro momento que os nenos e nenas saben bastante de tecnoloxía, pero non a utilizan para “investigar” (aínda que non cuestionamos as compoñentes de aprendizaxe que supoñen actividades como por exemplo os videoxogos, o tratamento da información precisa de procesos de aprendizaxe con acompañamento profesional). • Constatamos que unha vez asumida a nova metodoloxíaprefiren claramente investigar apoiándosena informática que nos libros de texto. • Posiblemente a produción escrita xeradaneste curso sexamoi superior á producida nas aulas onde se traballa exclusivamente coa escritura manual. Algunhasconclusións:
A meta principal da educación é crear persoas que sexan capaces de facercousas novas, non simplemente de repetir o que outrasxeraciónsteñanfeito… (Freinet) Grazas