1 / 26

Interactividade e interculturalidade.

Lusofonía. Interactividade e interculturalidade. I.P.: Margarita Ledo Andión. OBXECTIVOS DO PROXECTO. Galicia e os países lusófonos constituen un espazo xeo-lingüístico que podería devir un valor na mundialización.

ovid
Download Presentation

Interactividade e interculturalidade.

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Lusofonía. Interactividade e interculturalidade. I.P.: Margarita Ledo Andión

  2. OBXECTIVOS DO PROXECTO Galicia e os países lusófonos constituen un espazo xeo-lingüístico que podería devir un valor na mundialización. Un espazo plural e asimétrico pero cun fío común, a partilla de linguas do mesmo sistema lingüístico, que debera ser, por sí mesma, unha peza de inestimábel valor de uso -e de cambio- para a circulación de produtos da industria cultural, sobremaneira nun tempo en que falar de cibercultura é xa un lugar común.Esta posibilidade non se remata de concretizar. O problema, ou unha das fasquías determinantes para avantar na solución do mesmo, está en sermos capaces de localizar as barreiras, con e para alén da cuestión lingüística, que obstaculizan esta realidade potencial. Galiza

  3. OBXECTIVOS DO PROXECTO 1. Localizar, a partir do Estudo da Recepción de produtos-modelo, as barreiras de tipo lingüístico, cultural e de tipo político, de modo sobranceiro as barreiras que se derivan das políticas actuais de comunicación, que frean a circulación de produtos audiovisuais en lingua galega na área da lusofonía e organización das mesmas por categorías. 2. Elaboración dunha mostra tipolóxica, que inclúe ficción cinematográfica e televisiva en formatos diversos, documentais e máis animación, a partires dos catálogos de produción que as empresas ofertan na web e análise de contido consonte as diferentes categorías localizadas. 3. Sistematización de certos motivos e modos na dramaturxia, que poidan funcionar como indicadores da mise en scène e dos estilos dominantes na creación audiovisual en Galiza.

  4. OBXECTIVOS DO PROXECTO 4. Análise comparativa, a partir da tipoloxía do ponto 2, da recepción dos diferentes produtos e clasificación temática, formal e tipolóxica dos produtos que circulan mellor. 5. Creación dun sistema de xestión de contidos para avaliar e probar as barreiras da comunicación no espazo da Lusofonía. 6. Resultados e recomendacións para a súa aplicación neste ámbito, configurado por un elo lingüístico que adoito non se incorporou aos debates do intercambio de persoas, ideas e produtos na mundialización.

  5. INTERESE PARA O AVANCE DO COÑECEMENTO E DA SOCIEDADE Aplicabilidade: Interese para o sector empresarial Para a TVG, xunto coa ponderación da súa política de co-producións, este proxecto permitiríalle poder reprogramar en espazos-nicho a oferta por cabo e a que mellor circularía polo Canal Internacional. O obxectivo para Cinemar é estudar a apertura dunha sección de subtitulaxe das linguas da lusofonía. Para Merlín trátase de preparar os alicerces do lanzamento duna liña audiovisual e de produtos multimedia na área lusófona Para Imaxin o próprio desenvolvemento da pesquisa permitiría crear, testar e avaliar unha nova ferramenta pensada para a interacción co usuario ou receptor. Merlin Comunicación

  6. INTERESE PARA O AVANCE DO COÑECEMENTO E DA SOCIEDADE Aplicabilidade: Interese cultural-identitario: beneficios que abranxen cuestións de tipo identitario a partir de pensar a pertenza como unha peza intercultural que pón en valor valora relación co outro, e que se convirte nun activo para a configuración da mundialización. Sen esquecer o beneficio económico e de presenza do audiovisual nun mercado singular, xa percorrido pola música, para alén da aprendizaxe, en continuo, das posibilidades que ofrece a nova economía. Interese social: este proxecto contribúe, no marco dos novos dereitos emerxentes nos que se sitúa a accesibilidade da comunicación, á existencia de espazos tecnolóxicos e sociais abertos para o intercambio de información e o debate, que facilitan a construción de consensos imaxinarios colectivos, materializan a participación e fornecen a cidadanía mediante a creación de redes sociais.

  7. METODOLOXÍA Esquema do deseño metodolóxico: 1. Antecedentes e estado actual da cuestión. 2. Definición da población de análise. 3. Acotación da mostra de análise. 4. Definición da unidade de análise. 5. Sistemática para a obtención de datos. 6. Primera fase da análise: extracción das categorías de contido a contrastar. 7. Capacitación de codificadores e realización da proba piloto. 8. Segunda fasa dal análise: aplicación exhaustiva da sistemática de análise á mostra. 9. Análise e interpretación dos datos obtidos. 10. Elaboración de conclusións, publicación e difusión de resultados.

  8. PLAN DE TRABALLO 1.1.- Antecedentes e estado actual da cuestión. Esta primeira fase ten como obxectivos o establecemento dun marco teórico e o trazado dun mapa primeiro do concepto Lusofonía tanto na literatura académica coma no ámbito audiovisual. 1.2.- Definición da poboación de análise. 1.3.-Acotación da mostra de análise de contido e definición da unidade de análise (puntos 3 e 4 da metodoloxía). Esta terceira fase do traballo é o deseño en si dos dous elementos sobre os que vai pivotar a experiencia: a.- Definición da mostra audiovisual. b.- Definición dos universos de recepción.

  9. PLAN DE TRABALLO Os universos de recepción constituiranse nas universidades parceiras do proxecto: Universidade da Beira Interior (Portugal) e a Pontificia Universidade Católica do Río Grande do Sul (Brasil). Posibilidade de establecer grupos de recepción en Salvador de Bahía (Brasil e Guinea Bissau)‏

  10. INTEGRANTES DA EQUIPA DE INVESTIGACIÓN Integrantes da equipa de Investigación na USC: Profa. Dra. Margarita Ledo Andión Prof. Dr. Francisco Campos Freire Prof. Dr. Enrique Castelló Mayo Prof. Dr. Xosé Pereira Fariña Profa. Dra. Marta Pérez Peireiro Profa. Dra. Ana Isabel Rodríguez Vázquez Lic. María Salgueiro Santiso Coordenadores de grupos de recepción Guinea Bissau: António Nhaga Profa. Dra. Doris Fagundes Profa. Dra. Claudia Peixoto de Moura Prof. Dr. Paulo Serra

  11. ESQUEMA DE TRABALLO REALIZADO XUNTANZA INICIAL G. RECEPCIÓN Presentación do proxecto, metodoloxía e Calendario de actuación Delimitar quen vai a ser o coordinador do grupo de recepción. As súas funcións serán de levar o control do grupo de recepción propio e enlace coa USC. Este investigador forma parte de xeito efectivo e oficial do Proxecto e será convidado ás xuntanzas que se celebren en Compostela para o arranque e desenvolvemento do proxecto cos gastos de desprazamento e aloxamento cubertos pola USC. Necesidades de infraestruturas. Análise de tecnoloxía dispoñible.

  12. ESQUEMA DE TRABALLO REALIZADO XUNTANZA INICIAL G. RECEPCIÓN Conformación do Grupo de Recepción/enquisados (Mostra de voluntarios): É importante que haxa diversidade na composición para o establecemento dunha mostra estratéxica:                      Obxectivo: paridade en xénero (50% homes e 50% mulleres)                       idade (entre 18 e 25 anos)‏                      distinta procedencia xeográfica: entorno rural/urbano             diversidade formativa (alumnos de 1º grado/2º grado e 3º grado/profesores universitarios). Os alumnos/as de 1º grado sexa 1/3 do total das mostras Número mínimo 10 integrantes e máximo 20 membros Establecer, asemade, un Grupo de Expertos, que nos permita dende un punto de vista cualificado, establecer pequenos matices, evitar posibles desviacións e coas súas aportacións reconducir a investigación. Este grupo tamén nos pode facilitar as fontes documentais, dende o punto de vista pragmático, para a selección da mostra final.

  13. ESQUEMA DE TRABALLO REALIZADO XUNTANZA INICIAL G. RECEPCIÓN Amosar mostra inicial Animación: A Flor máis grande do mundo/ Vixiantes do Camiño (TVG) Serie (TV ficción): Libro de familia (soup-opera) (TVG)/Leis de Celavella (drama) (TVG)/ Pratos Combinados (sit-com) (TVG) Longametraxe: Pradolongo/ León e Olvido TV-movie: O Partido/ Sara Documental: Terras de Acolá(TVG)/ As encrobas, a ceo aberto (Ignacio Benedeti Cinema S.L.)/ Aguiño, sobrevivir ó Prestige (Continental)   Documental de autor: Eloxio da distancia (Brent)‏

  14. PLAN DE TRABALLO 1.4.-Sistemática para a obtención de datos. Esta fase do traballo ten como obxectivos a definición do modelo de análise en función da mostra e dos grupos de recepción cos que se vai traballar e o lanzamento da ferramenta online que permitirá a comunicación e avaliación de resultados entre os diversos grupos de traballo, moi distantes xeograficamente. Esta ferramenta, de deseño específico para o proxecto, servirá tanto para a exhibición da mostra audiovisual para os parceiros, como para acomunicación interna dos membros do proxecto. 1.5.-Primeira fase da análise (puntos 6 e 7 da metodoloxía)‏ Os obxectivos desta fase consisten na sistematización dos codificadores extraídos na fase 1.3. da investigación, así como a realización dunha primeira proba do deseño metodolóxico a partir da capacitación dos equipos de traballo.

  15. PLAN DE TRABALLO 1.6.Segunda fase da análise (puntos 8 e 9 da metodoloxía)‏ Os obxectivos da segunda fase son a aplicación directa das ferramentas de investigación deseñadas nas fases 1.3. e 1.4. e as interpretación dos datos tirados no proceso, tal e como se especifica na metodoloxía. 1.7.-Avaliación dos resultados, conclusións e difusión dos resultados da investigación. A derradeira fase do proxecto de investigación consistirá na avaliación dos resultados do estudo de recepción, así como a difusión destes resultados

  16. CRONOGRAMA ORIENTATIVO Antecedentes e estado actual da cuestión setembro 2008- febreiro 2009 2. Definición da poboación de análise abril-outubro de 2009 Xuño de 2009: O grupo de recepción debe realizar un test técnico (en papel) coas mostras audiovisuais iniciais Data límite o 31 de Outubro 2009: configuración definitiva do grupo de recepción. O Grupo de recepción debe facilitar os seguintes datos: nome e apelidos, idade, sexo, tfno (se o tiveran), e-mail, curso do grado e postgrado e compromiso de horas de permanencia no centro. O grupo de recepción da PUCRS a finais de outubro do 2009, terá conformado os 2/3 do grupo definitivo (alumnos dos últimos cursos e posgraduado) e agardarase até marzo para ter a composición final do grupo de recepción (1/3 do grupo formado por alumnos do primeiro curso)‏

  17. CRONOGRAMA ORIENTATIVO 2º-3º semana de novembro: reunión cos coordinadores dos grupos de recepción en Compostela. 3. Acotación da mostra da análise outubro-decembro 2009 4. Realización de probas técnicas: novembro-decembro de 2009 5. Decembro 2009: Revisión de ficha segundo o pretest e peche de Base de datos

  18. CRONOGRAMA ORIENTATIVO 6. Definición da unidade de análise: “mostras dixitalizadas” subidas a plataforma online: decembro de 2009 7 . Sistemática para a obtención de datos Primeira fase da análise 8. Extracción das categorías de contido a contrastar: decembro 2009 9. Capacitación de codificadores e realización da proba piloto xaneiro 2010

  19. CRONOGRAMA ORIENTATIVO B. Segunda fase da análise 10. Aplicación exhaustiva da sistemática de análise á mostra: xaneiro-abril 2010: visionados e cobertura do cuestionario online con seguemento semanal a través dos coordenadores (GR UBI e Guiné-Bissau)‏ 11. Interacción cos integrantes dos grupos de recepción:chats: maio-xuño 2010 con seguemento semanal aos membros do grupo de recepción (GR UBI e Guiné-Bissau)‏ O grupo de Recepción de PUCRS Marzo-abril de 2010: 1º fase. Visionado e cobertura dos cuestionarios Maio-xuño de 2010: 2º fase: interación cos membros dos grupos

  20. CRONOGRAMA ORIENTATIVO B. Segunda fase da análise 12. Análise e interpretación dos datos obtidos xullo-decembro 2010 13. Elaboración de conclusións, publicación e difusión de resultados xaneiro- agosto 2011

  21. RECURSOS NECESARIOS Os grupos de recepción deben dispoñer de: Ordenadores con conexión a banda ancha Webcam e micrófonos incorporados

  22. CUESTIONARIO NA RECEPCIÓN

  23. CUESTIONARIO NA RECEPCIÓN

  24. CUESTIONARIO NA RECEPCIÓN

  25. CUESTIONARIO NA RECEPCIÓN

  26. Datos de contacto: Tfno. +34 981 56 31 00 ext. 16539 margarita.ledo@usc.es

More Related