AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO - PowerPoint PPT Presentation

kellsie
as orixes e os ritos do entroido n.
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO PowerPoint Presentation
Download Presentation
AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO

play fullscreen
1 / 12
Download Presentation
AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO
123 Views
Download Presentation

AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript

  1. AS ORIXES E OS RITOS DO ENTROIDO

  2. Cristanización da festa • Non se sabe con certeza a súaorixe, algúnspensan que vén da tradición celta, outros que pódese atoparna adoración a Baco ouDionisios.Coachegada do cristianismo, festáspagásforon cristianizadas, destexeito , esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos días de inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no mércores de Cinza (é dicir «corenta días antes do domingo de Ramos)

  3. Orixe da palabra CARNAVAL • O termo «Carne Vale» (é dicir « o adeus á carne») do que despoisderivou a palabra «Carnaval»; ó termo « Introitum» (que significa « a entrada á Coresma») do que vén a palabra «Entroido» ou «Antroido»

  4. CIGARRÓNS E PELIQUEIROS (VERÍN E LAZA)

  5. Non falan, levan chocas coma os animais, zorregan a xente e levántalle a saiaás mulleres

  6. AS PANTALLAS : amolanaos viandantes con dúas vexigascheas de aire

  7. BOTEIROS:son propios das terras de O Bolo. Levan camisa feita con cintas de cores fruncidas, pantalón vermello, campás penduradas no van e, na testa, un tocado que consiste nun complicado armazón de aramio ou madeira que se artella na careta, pintada de negro e cos beizos vermellos. Levan un pau sobro que se poianpara dar viravoltas

  8. XENERAIS: saen nas terras da Ulla, montados sobre cabalos ben engalanados e ataviados con vellos traxes militares. Non levan máscaras e tócanse dun pucho tipo napoleónico. Pronuncian desafíos e sermóns. Posiblemente, a súa orixe estea na invasión francesa.

  9. MADAMITAS E MADAMITOS de Cotobade e doutros lugares de Galicia, son máscaras serias, con vestido pretendidamente elegante, e bailan cun certo aire señorial

  10. O OSO DE SALCEDO:representacióndoEntroido montañés, acompánase dos criados que axudanao oso a tenguir de negro aos visitantes

  11. OS PERIODOS DA ESMORGA • O tempo de entroido abrangue os vinte días anteriores ao Mércores de Cinza, aínda que, no noso tempo a esencia do Entroido ten tendencia a concentrarse nas tradicionais datas do Domingo, o Luns e o Martes. • En moitas das bisbarras de Galicia hai variacións non fundamentais nos días de celebración, que poden afectar ao nome dos domingos, pero o significado, as bromas e o enxeño perduran. Considerando as distintas manifestacións que se poden observar por todo o País, podemos resaltar os seguintes días sinalados: • Domingo de Rapaces. É o primeiro día. Os nenos introducen e preparan a todos para a festa, facendo cichotes ou xiringas coas que botan auga á xente, entre burlas verbais e arremedos. • Domingo Fareleiro ou Borrallento. Os toques de corno indican a chegada do entroido. Chámanse Fareleiro porque os mozos utilizan o farelo -a casca do gran- para tirárllelo ás mozas, pero tamén se pode utilizar borralla -Borrallento-. Noutras zonas do país comezan a circular os burros pintados, o confeti ou o pemento moído, e mesmo os estudiantes soen pintar as costas dos seus compañeiro/as con xiz. No mundo rural sóense roubar apeiros de labranza, que aparecerán no lugar máis insospeitado. • Xoves de Compadres. Os mozos pelexan coas mozas para quitarlles un boneco -o Compadre- feito por elas co desexo de queimalo. En diferentes lugares celébrase o xoves de Comadres primeiro, pero, en todo caso, tanto un como o outro xoves semellan representar a loita polo poder entre os dous sexos.

  12. OS PERIODOS DA ESMORGA • Domingo Corredoiro ou Cacheleiro. Empeza de verdade a correr o entroido. Nalgures practícase o xogo das olas, como ocorre en Xinzo de Limia, onde as persoas reunidas na praza van lanzándose a ola até que escacha -o xogo podería estar relacionado con ritos relativos á fecundidade ou á choiva. • Xoves de Comadres. Os papeis intercámbianse en relación ao Xoves de Compadres. A loita chega ao corpo a corpo sen reparos. • Domingo, Luns e Martes de Entroido. Son os días do Santo Entroido, durante os cales está prohibido traballar -quen sexa descuberto/a facéndoo deberá pagar unha multa, consistente nunha rolda de viños, a aquele/as que o/a descubriron. • Mércores de Cinza. É o día do fin da festa, que se sinala cun populoso enterro no que participan “viúvas”, “curas”, nenos de coro... • Domingo de Piñata. É o último día, o remate definitivo da festa, unha “repesca” festeira e licenciosa xa entrada a Coresma.