1 / 31

O ANTIGO RÉXIME. O SÉCULO DA RAZÓN.

O ANTIGO RÉXIME. O SÉCULO DA RAZÓN. A)PREDOMINIO DO MUNDO RURAL A maior parte da poboación 80% vive no campo As cidades son escasas e pequenas , amuralladas e concentran as principais actividades. ( Poucas con 100.000h.) A terra era propiedade de:

ghalib
Download Presentation

O ANTIGO RÉXIME. O SÉCULO DA RAZÓN.

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. O ANTIGO RÉXIME. O SÉCULO DA RAZÓN.

  2. A)PREDOMINIO DO MUNDO RURAL • A maior parte da poboación 80% vive no campo • As cidades son escasas e pequenas, amuralladas e concentran as principais actividades. ( Poucas con 100.000h.) • A terra era propiedade de: • número reducido de persoas (rei, nobres, eclesiásticos, mosteiros,etc.) alugadas a cambio dunha renda • Terras comunais aproveitadas por todos • Caso galego: o foro

  3. Produción de subsistencia: destinada ó autoconsumo. Sistemas de consumo tradicionais, ferramentas rudimentarias, alteracións climáticas que producen fame ou pestes. • Aparición de novos cultivos: millo e pataca en Galicia

  4. Pequenos talleres: produtos feitos a man, escasas ferramentas, poucos traballadores.Gremios Importancia do sector téxtil: talleres de luxo no norte de Europa, Londres, París, …combinados con talleres artesanais como en Galicia co liño e a la. Incremento no século XVIII do comercio. B) Artesanía e comercio

  5. Aparición dunha nova doutrina: o mercantilismo C)MANTEMENTO DA SOCIEDADE ESTAMENTAL Sociedade dividida en estamentos.Había tres estamentos: nobreza, clero e terceiro estamento Protagonismo da burguesía. Crecente nivel de riqueza e coñecementos, pero socialmente son considerados inferiores

  6. Réxime demográfico antigo: familia extensa, elevada natalidade e mortalidade,esperanza de vida moi baixa Sociedade relixiosa, intolerante e analfabeta, pero aparecen novas ideas baseadas na razón, con orixe no racionalismo do s XVII

  7. Monarquía hereditaria, baseada no poder absoluto: Son señores e propietarios do reino Gobernan sen limitacións O poder ven de Deus, que o pon nas mans do rei • Réxime señorial: controlado por reis, nobres ou eclesiásticos, que nos seus señoríos exercen D)MONARQUÍA ABSOLUTA E RÉXIME SEÑORIAL

  8. xustiza, impoñen impostos, taxas, e teñen monopolios.

  9. Movemento ideolóxico e cultural xurdido en Francia no século XVIII que se espalla polo continente e América Parte das ideas científicas do século XVII, o racionalismo, que defende que o ser humano só pode acercarse á verdade a través da razón, a experimentación e a análise.Neste proceso non debe intervir Deus. Os ilustrados comezan a aplicar o racionalismo ó estudio do ser humano e as súas crenzas. Por iso ó século XVIII se lle coñece como o Século da Razón, das Luces ou da Ilustración A ILUSTRACIÓN

  10. Principais ideas da Ilustración: • Pensamento racionalista: baseado na razón. O ser humano debe ter espírito crítico • Pensamento secularizado: ó marxe das crenzas relixiosas.Fronte ó pesimismo relixioso, hai que desenvolver a vida con optimismo • Progreso: confianza no futuro: a humanidade avanza mediante o desenvolvemento científico • Política: buscar a felicidade dos pobos, aumentando a riqueza e prosperidade • Educación: Acrecentar a felicidade do ser humano, liberándoo da súa ignorancia

  11. MEDIOS DE DIFUSIÓN DA ILUSTRACIÓN • A Enciclopedia, obra de 29 volumes, que recolle o principal do pensamento ilustrado. • Os salóns, lugares de reunión nas casas dos nobres e burgueses, onde se comentaban as novas ideas. • As sociedades e Academias, fundadas polos monarcas ilustrados.

  12. O DESPOTISMO ILUSTRADO Algunha das reformas propostas polos ilustrados e aplicadas a algunhas monarquías reciben o nome de despotismo ilustrado, variante da monarquía absoluta. Os monarcas reciben o nome de déspotas ilustrados Os monarcas propoñían que a política debe facer felices ós pobos buscando a prosperidade económica: melloras na agricultura, estradas, portos, canles, desenvolvemento da industrias.. Seguen tendo un poder absoluto, pero entenderon o pode como un medio para mellora o benestar da poboación. Colaboraron con persoas procedentes da Ilustración, pero non contaron coa opinión do pobo.

  13. Pensamento resumido en dúas frases: • Todo para o pobo pero sen o pobo • O rei é o primeiro servidor do Estado Os monarcas ilustrados gobernaron reinos de economía atrasada como España ou Austria, pero non países máis desenvolvidos como Francia ou Inglaterra. REFORMAS DO DESPOTISMO ILUSTRADO Educación: ampliaron o acceso a educación das clases populares e fundaron Sociedades e Academias Administración e xustiza :forman funcionarios con independencia da súa orixe social, abolición da tortura, simplifican as leis.

  14. Relixión: buscan controlar á igrexa, expulsan en moitos países ós xesuítas, tolerancia doutras relixións. Organización social: limitan os abusos dos privilexiados, recoñecen o valor do traballo, crean numerosas manufacturas, colonizan novas terras, fomentan as obras públicas (estradas, canles, portos, camiños,…), fomentan o comercio.

  15. OS MONARCAS BORBÓN EN ESPAÑA

  16. Filipe v • 1º rei da nova dinastía • Aceptado pola coroa de Castela, pero non pola de Aragón. • Guerra de Sucesión Española • Tratados de Utrecht e Rastadt: • Recoñecemento como rei de España • Renuncia ós dereitos da coroa de Francia • Grandes perdas territoriais para a Coroa Española: Flandres, posesións italianas, Menorca e Xibraltar • Inglaterra logra o permiso para realizar o comercio de escravos con América

  17. Fernando vi

  18. Intenta levar a cabo unha reforma xeral do país, apoiándose en persoas de formación ilustrada (Esquilache, Aranda, Floridablanca, Campomanes,…) • A súa política deu uns resultados menores dos esperados: • Oposición da Igrexa e a nobreza a calquera medida que afectase o mantemento dos seus privilexios (decreto de expulsión dos xesuítas, que afecta fundamentalmente a América) • Non se logra o triunfo pleno destas ideas porque moitas se contradecían co absolutismo monárquico. • Cando Carlos IV comeza o seu reinado (1788) ten lugar a R.Francesa o que supuxo o final de tódalas políticas reformistas, por medo ó contaxio revolucionario. Carlos iii (1759-1788)

  19. Carlos iii

  20. Ademais dos metais preciosos (ouro e prata), veñen de América outros produtos moi apreciados: café, tabaco, azucre, cacao, vainilla, coiros, produtos tintorios,… Traballábanse en grandes latifundios, propiedade de españois, con man de obra indíxena. Tamén era importante a gandería. Importante as minas de prata de Potosí (Perú) e Zacatecas (México) AMÉRICA COLONIAL

  21. Mantívose o sistema de monopolio con América: as colonias só podían comerciar con España, pero existía moito contrabando, especialmente inglés Carlos III introduce paulatinamente que diversos portos poidan comerciar con América, ademais de Cádiz e Sevilla. Moi importante para A Coruña. A América se exportaba viño, augardente, aceite, mercurio que procedían de España e téxtiles de boa calidade, papel, obxectos de ferro,…que eran comprados a comerciantes europeos (incremento do prezo) AMÉRICA COLONIAL

  22. Incremento dos territorios (norte de México) e cuncas dos ríos Orinoco e Paraguay Mantemento de comunidades indíxenas que conservan os seus costumes. Destacan as reducións xesuíticas na zona de Paraguai (logo eliminadas coa expulsión dos xesuítas) Creación de novos vicerreinados , pola amplitude do territorio (Nova Granada e Río da Prata) Frecuentes problemas con Inglaterra (ataque a portos) e Portugal que desde Brasil, atacaba territorios españois. AMÉRICA COLONIAL

  23. VICERREINADOS DA COROA ESPAÑOLA NO SÉCULO XVIII

  24. Novas ideas políticas e económicas no século xviii

  25. MONTESQUIEU “ O espírito das leis” Principais pensadores: ilustrados radicais

  26. Rousseau“ O contrato social”

  27. Adamsmith “ Investigacións sobre a natureza e causas da riqueza das nacións”

  28. Estas ideas serán aceptadas paulatinamente pola burguesía, que se ve desprazada do poder político e social. Os altos cargos políticos e xudiciais reservados para a nobreza e o clero. Poder económico, que non se ve reflectido a nivel social. As aspiracións burguesas

  29. Tres estilos artísticos: Barroco, Rococó e Neoclásico. • Na primeira metade continua vixente o estilo Barroco, coa construción de palacios como o Real de Madrid ou A Granxa ou en Galicia a fachada do Obradoiro. • Na segunda metade de século cobra forza o Rococó, un estilo de interiores caracterizado por: • Decoración fastosa nos teitos e nas paredes dos palacios e pola presenza abundante de mobles e cortinaxes moi luxosos e traballados. Arte do século xviii

  30. Acumulación de elementos no interior dos edificios co predominio das liñas curvas e decoración con pezas de pequeno tamaño: xarróns, teas pintadas, esmaltes,… • En pintura e escultura gusto polos temas sensuais e mundanos, que son os preferidos pola burguesía. • Destacan os retratistas ingleses, con figuras delicadas, cores suaves, utilización de paisaxes de fondo… • Escola veneciana de frescos, da que saíron destacados pintores que decoraron os palacios europeos, como Tiépolo. Arte do século xviii

More Related