OS DEUSES OLÍMPICOS NAS MOEDAS - PowerPoint PPT Presentation

os deuses ol mpicos nas moedas n.
Download
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
OS DEUSES OLÍMPICOS NAS MOEDAS PowerPoint Presentation
Download Presentation
OS DEUSES OLÍMPICOS NAS MOEDAS

play fullscreen
1 / 13
OS DEUSES OLÍMPICOS NAS MOEDAS
83 Views
Download Presentation
denise
Download Presentation

OS DEUSES OLÍMPICOS NAS MOEDAS

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript

  1. OS DEUSES OLÍMPICOSNAS MOEDAS A verdadeira imaxe dos deuses gregos

  2. A relixión grega tiña un carácter eminentemente social. Era a relixión da pólis, a cidade-estado dos gregos, feita de prácticas externas e colectivas, sen lugar aparente para o culto privado. En determinados días, todos os cidadans, sen diferenza de clase, reuníanse diante do templo adicado ó deus da cidade para en conxunto obteren o seu favor para o ben de todos. Os propios sacerdotes eran maxistrados cívicos e toda a cerimonia tiña un carácter oficial. Para os autores gregos (principalmente para Xenófanes e Heródoto), Homero e Hesíodo foran os responsables da invención do pantenón helénico. Pero co desciframento do silabario micénico chegouse a conclusión de que os nomes dos deuses alí atopados coincidía en xeral cos homéricos. A característica máis evidente destas divindades era seren luminosas e antropomórficas. En vez de potencias ocultas e terroríficas, os deuses gregos comportábanse e actuaban coma seres humanos, con defectos e virtudes, pero con cualidades esaxeradas. Eran xeralmente máis altos, máis fortes e máis fermosos que os mortais e distinguianse deles por non coñeceren a vellez nin a morte. Entre os deuses helénicos, os historiadores distinguen tres estrados, que corresponden a períodos diferentes da súa integración no Olimpo. Temos así deuses antigos, máis recentes e novos e estraños, ademais de heroes, algún deles elevado á categoría de deuses, como é o caso de Heracles.

  3. ZEUS Divindade que preside o Olimpo. É o deus dos fenómenos atmosféricos, da luz do día e do firmamento. Entre as estatuas máis célebres erguidas na sua honra, cóntase a de Olimpia, obra de Fidias, unha das sete marabillas do mundo antigo, hai moito tempo desaparecida. No Olimpo, os deuses pasaban o tempo en marabillosos palacios, eternamente en festa. Comían ambrosía e bebían néctar, alimentos exclusivamente divinos, ó son da lira de Apolo, do canto das Musas e da danza das Cárites. A imaxe física do Olimpo varía entre a Ilíada e a Odisea de Homero. O Olimpo comenza sendo unha montaña real situada en Tesalia, con neves eternas no seu cume, para se volver un lugar idealizado, onde non chove nin neva: a mansión segura dos deuses. A imaxe mostra a Zeus entronizado apoiado nunha e cunha águia na outra, símbolo do seu poder. Detrás a inscrición: ΑΛΕΞΑΝΔΡΟΥ ARGOS tetradracma prata 17, 03 gr. ca. 220-215 a.C.

  4. HERA Irmá e muller de Zeus e coma el filla de Cronos e Rea e soberana dos deuses. Esposa ciumenta dun marido infiel que se esforza por facer fracasar os amores do seu home con outras mulleres e persigue sen piedade ós fillos nacidos desas relacións. A súa víctima máis célebre foi Heracles, fillo de Zeus e Alcmena. Esposa do rei dos deuses, presidia as vodas e era adorada como deusa do matrimonio. Os seus santuarios máis importantes estaban no Peloponeso (Argos, Olimpia) e na illa de Samos. Os estudosos queren ver en Hera a herdeira dunha divindade anterior, unha deusa-nai que presidía a fecundidade ou a “dama do palacio” das civilización exeas. Na moeda aparece representada co seu atributo máis frecuente: a diadema. Leva tamén un pendente triple. METAPONTO tetradracma prata, 7, 71 gr. ca. 325-280 a.C.

  5. APOLO Inicialmente deus dos oráculos e das purificacións, Apolo foi máis tarde a divindade das artes e da luz, chegando a identificarse na época clásica con o propio Sol. O esforzo para conseguir o favor dos deuses a través do cumprimento das súas leis, expresado por vez primeira nos Traballos e Días de Hesíodo, pasou a ser coñecido como “legalismo”. O deus Apolo é o seu representante máximo ao dar a coñecer a súas sentencias a través do oráculo de Delfos, de enorme influiencia na mundo grego. Delfos era en moitos aspectos o centro do mundo gregp e a súa influencia chagabá máis aló das súas fronteiras. Apolo era o que prescribía purificacións para os homicidas, quen aprobaba a fundación de novas cidades, quen aconsellaba a reis e xefes de estado en caso de guerra e quen recoñecía as novas divindades e cultos. Delfos exercía non só un control relixioso, senón tamén moral e político. A imaxe representa a Apolo sentado sobre o ónfalos sostendo un arco. No campo, unha palma e a inscrición ΒΑΣΙΛΕΩΣ ΣΕΛΕΥΚΟΥ ANTIOQUÍA tetradracma prata 16,96 gr. ca. 187-175 a.C.

  6. DIONISO Deus da vitalidade, tiña por símbolos vexetais a vide e a hedra. Fillo de Zeus e da mortal Sémele, aparece como unha divindade ambigüa, á vez deus alegre da vexetación, do viño e do teatro, e o deus sombrío das orxías ás que se entregaban os seus fieis. Nas súas frecuentes representacións, o deus Dioniso facíase acompañar por un cortexo mítico de Sátiros e Ménades vestidos con peles de animais e pelos sen mangas, con tirsos e serpentes nas mans.Os seus devotos prestábanlle un culto salvaxe e frenético, algo bárbaro e que parecía alleo á mentalidade equilibrada dos gregos. En Atenas o seu culto estaba ligado ao teatro, e nas festas de Dioniso (as Grandes Dionisíacas e as Leneas) celebrábanse competicións de traxedias e comedias. Na moeda aparece a cabeza barbuda de Dioniso coronado con un corimbo e follas de hedra. TASOS tetradracma prata 14,87 gr. ca. 350 a.C.

  7. ATENEA Deusa da guerra, da intelixencia/sabedoría e das artes. Ao contrario dos anteriores, ten orixe minoica, onde era a deusa protectora do palacio, pero foi a través dos micénicos que chegou ós gregos como divindade armada e a súa defensora. Era a deusa protectora e epónima da cidade de Atenas e aparece asociada ó escudo de guerra, á curuxa da sabedoría e á oliveira. Tamé soe representarse cunha pequena imaxe de Niké, a deusa da Victória nunha man. Segundo parece, mantívose virxe durante toda a súa historia, por un don dos deuses, ós que lle pediu non se namorar nunca, pois o contrario significaría ter fillos e vivir unha vida doméstica, alonxada das actividades bélicas. Cabeza de Atenea con helmo ático decorado con tres follas de oliveira e voluta. Leva un pendente en forma de disco e un colar. ATENAS tetradracma prata 16, 22 gr. ca. 435-425 a.C.

  8. POSEIDÓN Deus supremo do mar e dos terremotos, ten como símbolos frecuentes o tridente de pescador e o golfiño. Nunha famosa disputa entre Poseidón e Atenea para decidir cual dos dous sería o patrón de Atenas, el fixo nacer co seu tridente unha fonte na Acrópole. Atenea, porén, conseguiu superalo ao facer nacer a primeira oliveira. Na moeda aparece Poseidón espido cunha perna apoiada nunha rocha e sostendo o tridente. Na inscrición: ΒΑΣΙΛΕΩΣ ΔΗΜΗΤΡΙΟΥ ANFÍPOLIS tetradracma prata 17.05 gr. ca. 289-288 a.C.

  9. DEMÉTER A “nai do trigo” (a súa filla Perséfone é a “filla do trigo”) Deméter era a deusa das colleitas e, por extensión, da agricultura e da fertilidade dos campos. Como deusa da agriculñtura fixo longas viaxes acompañada de Dioniso, para ensinar ós homes como coidar da terra e das plantacións. Cando Hades, deus do Mundo Subterráneo, raptou a Perséfone e a levou para o seu mundo, Deméter deseperada decidiu abandonar o Olimpo. En consecuencia o mundo tornouse estéril, o gado morreu, o arado partiuse, e os graos non xerminaron. Deméter é habitualmente representada con antorchas ou unha serpe, lebando nunha man unha fouce e un mollo de espigas e papoulas. Cabeza de Deméter con pendentre triple e cabelo coronado con espigas de trigo. METAPONTO estátera prata 7, 87 gr. ca. 330-290 a.C.

  10. ÁRTEMIS Deusa asociada inicialmente á vida salvaxe e á caza. Durante os períodos Arcaico e Clásico era considerada filla de Zeus e de Leto e irmá xemelga de Apolo. Máis tarde asociouse tamén á luz da lúa e á máxia. De orixe minoica, está ligada ó culto ás árbores. Represéntase como cazadora, vestida cunha túnica curta, calzada con coturnos e portando unha laxaba chea de frechas, espada e un arco. Ás veces aparece taén un can. O templo de Ártemis en Éfeso foi unha das sete marabillas do mundo antigo. Ártemis en traxe curto de cazadora con arco e alxaba. Detrás dela podemos ver un can de caza. A inscrición di: ΣΥΡΑΚΟΣΙΩΝ SIRACUSA tetradracma prata 10,17 gr. ca. 214-212 a.C.

  11. HERMES Mensaxeiro ou intérprete da vontade dos deuses é o deus dos pastores, protector dos rabaños e dos viaxeiros. Na súa homenaxe erguíanse estatus do deus á beira dos camiños (hermas). Máis tarde foi tamén o deus do comercio e até dos ladróns. Na súa faceta de Psicopompo (“condutor de almas”) guiaba as almas dos mortos ata o Hades. Dicíase tamén que fora o inventor da balanza. Protexía as casas e as rúas e ten, probablemente unha orixe prehelénica. TRACIA tetradracma prata 16,27g ca. 457 a.C.

  12. AFRODITA A deusa do amor e da beleza ten unha orixe mais recente. Orixinaria de Chipre o seu culto estendeuse a Esparta, Corinto e Atenas. As festas na súa honra eran denominadas “Afrodisíacas” e eram celebradas por toda Grecia. Os seus símbolos inclúen o mirto, o golfinho, a pomba, o cisne e a granada, e tinha como protexidos os mariñeiros e os artesáns. Na imaxe vemos a deusa sentada nun trono, vestida con un quitón longo e trasparente. Na man dereita sosten unha copa mentras é coroada por Eros. CILICIA tetradracma Prata 10’76 gr. ca. 375-365 a.C.

  13. HERACLES O maior e máis popular dos heroes gregos, era fillo de Zeus e de Alcmena, unha mortal con quen Zeus tivera unha aventura. Símbolo do home en loita contra as forzas da Natureza, Hercales realizou os famosos Doce Trabalhos, por orde de Euristeo, Rei de Tirinto (Micenas), unha penitencia imposta ao heroe polo Oráculo de Delfos. Heracles aparesce loita co león de Nemea. Leva un garrote na man. No campo lazo e alxaba con correa. PEONIA tetradracma prata 12.77 gr. ca. 356-335 a.C.