1 / 20

INDUSTRIALIZACIÓN E SOCIEDADE EN ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX

INDUSTRIALIZACIÓN E SOCIEDADE EN ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX. A POBOACIÓN ESPAÑOLA E GALEGA NO SÉCULO XIX AS TRANSFORMACIÓNS NO CAMPO A INDUSTRIALIZACIÓN EN ESPAÑA E EN GALICIA A MINARÍA E O FERROCARRIL A SOCIEDADE ESPAÑOLA E GALEGA NO XIX. A POBOACIÓN ESPAÑOLA E GALEGA NO SÉCULO XIX.

Download Presentation

INDUSTRIALIZACIÓN E SOCIEDADE EN ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. INDUSTRIALIZACIÓN E SOCIEDADE EN ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX

  2. A POBOACIÓN ESPAÑOLA E GALEGA NO SÉCULO XIX • AS TRANSFORMACIÓNS NO CAMPO • A INDUSTRIALIZACIÓN EN ESPAÑA E EN GALICIA • A MINARÍA E O FERROCARRIL • A SOCIEDADE ESPAÑOLA E GALEGA NO XIX

  3. A POBOACIÓN ESPAÑOLA E GALEGA NO SÉCULO XIX Produciuse un incremento demográfico. Gañan poboación as provincias da periferia, arquipélagos e Madrid, e perdéndoa nas provincias do interior. As causas do descenso da mortalidade foron: aumento da produción agraria, mellora na dieta alimenticia, desaparición das grandes epidemias, melloras condicións hixiénicas e avances médicos. Movementos migratorios. Causas: ►abolición do réxime señorial (moitos campesiños quedan sen terras); ►as transformacións técnicas da agricultura; ►mellora nos transportes; ►demanda de man de obra na industria, etc.

  4. Primeira etapa:cara ás grandes cidades: Madrid, Barcelona, Bilbao. Segunda etapa: emigración ultramarina, e o destino serán os países de América Latina. As rexións españolas con máis emigrantes foron Canarias e Galicia. Galicia pasou de 1400000 hb no 1800 a pouco máis de 2 millóns no 1900. O interior despobóase e o litoral gaña poboación. Con todo, a emigración foi moi importante. Causas: lento desenvolvemento da agricultura e da industria. Destino: Arxentina, Uruguai, Venezuela, Cuba e o Brasil.

  5. A poboación española durante o século XIX

  6. AS TRANSFORMACIÓNS NO CAMPO A reforma liberal (que abolición do réxime señorial), desvinculouse a propiedade e desamortizáronse terras procedentes da Igrexa e dos Concellos (desamortización de Mendizábal de 1836 e a de Madoz de 1855). Estas reformas consolidaron a propiedade privada da terra, que pasou a ser unha mercadoría. Gran parte das terras seguiron estando nas mans dos seus antigos propietarios, ou funcionarios, militares e comerciantes cunha mentalidade rendista. Como gran parte dos campesiños non se fixeron propietarios trala reforma, seguiron a ser xornaleiros pobres ou emigraron ás cidades. Sur  latifundios; norte, sobre todo en Galicia, predominaba o minifundio. Só en Cataluña, Valencia e cornixa cantábrica a estrutura da terra estaba máis equilibrada.

  7. Cultivo cereal, prezo era elevado dado os baixos rendementos. Na zona norte e en Galicia cultivábase tamén patacas e millo. No leste dominaba o arroz e os cítricos, en Cataluña e a Rioxa a viticultura e no sur o cultivo das oliveiras. En Galicia seguíase co sistema de cultivo tradicional (centeo, millo, trigo e patacas). O tamaño tan pequeno das terras (minifundios) e os impostos tan altos (trabucos) arruinaron a moitos campesiños. A desamortización tampouco axudou moito ao labrego galego que veu como das mans do clero, as terras pasaron a burgueses, comerciantes, etc. que se volveron rendistas, polo que o antigo sistema foral subsistiu e impediu que o agro galego se modernizara.

  8. Procedencia dos bens desamortizados

  9. A INDUSTRIALIZACIÓN EN ESPAÑA E EN GALICIA España a finais do século XIX estaba pouco industrializada, a excepción de Cataluña, Pais Vasco, Madrid. Os factores que explican este atraso: ►Escasa capacidade de compra dos españois. ►Falta de investimentos e falta da burguesía emprendedora. ►Problema dos transportes, que dificultaban o comercio interior. ►Escaseza de fontes de enerxía e materias primas. ►Posición afastada e periférica de España con respecto a Europa. Solución: recorrer ao proteccionismo, para permitir o crecemento da industria nacional, efectos negativos: non estimulou aos fabricantes a renovárense, perdendo competitividade en Europa.

  10. A SIDERURXIA Primeiros altos fornos en España: en Andalucía (Málaga, Huelva, Marbella). Traballaban con carbón vexetal ou importaban carbón de coque, o que elevaba os custos. Fabricaban apeiros de labranza, reixas para balcóns e ferramentas. Na 2ª metade de século, a siderurxia trasladouse a Asturias, e despois ao País Vasco, onde a partires de 1876 se consolidou unha potente siderurxia, onde se vendía ferro a Inglaterra e se importaba coque galés. Grazas a este desenvolvemento, aparecen novas industrias como a naval e a mecánica e unha potente banca. INDUSTRIA TÉXTIL Cataluña xa producía manufacturas de indianas (tecidos de algodón estampados) no século XVIII. A partires de 1830, iniciouse un proceso de mecanización, instalando máquinas de fiar británicas.

  11. INTENTOS DE INDUSTRIALIZACIÓN EN GALICIA A industria do liño mantívose de forma artesanal ao contar cunha forte competencia dos tecidos ingleses e cataláns. A salgadura e a fábrica de Sargadelos mantívose a niveis artesanais. As razóns que explicaron o fracaso industrial: escasa demanda polo pouco poder adquisitivo, inexistencia de investidores. A excepción eran os Estaleiros de Ferrol e a Fábrica de Tabacos da Coruña. Coa construción do camiño de ferro, dinamizouse un pouco o comercio interior e xa no século XX apareceron as industrias conserveiras.

  12. Rexións industriais e ferrocarrís en España do s. XIX

  13. A MINARÍA E O FERROCARRIL depósitos de chumbo (Linares), cobre (Riotinto), mercurio (Almadén) e cinc (Reocín). Moitos destes xacementos son explotados por compañía estranxeiras. A explotación das minas de ferro e carbón eran as máis demandadas. Os depósitos de hulla máis importantes estaban en Asturias, aínda que era de mala calidade comparado co galés. As principais minas de ferro estaban en Biscaia, sendo este de gran calidade. A escasa demanda interior fixo que España se convertese no principal subministrador deste mineral de Europa.

  14. O ferrocarril en España tivo un forte impulso a partires da Lei de Ferrocarrís de 1855. A necesidade de construír con rapidez o tendido para estimular o comercio interior, fixo que a maioría dos materiais fosen importados, polo que a siderurxia española non se aproveitou do aumento da demanda de ferro pola construción do ferrocarril. A rede construíuse segundo unha estrutura radial, con centro en Madrid, que non beneficiou aos núcleos da periferia, e cun ancho maior que a maioría das liñas europeas, aducindo unha posible invasión francesa e a necesidade dunha locomotora máis ancha para salvar o difícil relevo da Península. Malia estas limitacións, o ferrocarril tivo uns efectos positivos para a economía española.

  15. A rede ferroviaria en España no século XIX

  16. A SOCIEDADE ESPAÑOLA E GALEGA NO SÉCULO XIX A burguesía era unha clase pouco numerosa, tendo a Igrexa e a nobreza aínda moita importancia. A nobreza terratenente perdera os dereitos señoriais, pero era a posuidora da terra, aínda que moitas familias arruináronse. A alta burguesía comercial, de negocios e bancaria tamén se converteron en terratenentes. A clase media, ou mediana burguesía era escasa. Nas cidades vivían artesáns e persoas dedicadas aos servizos. No século XIX, nas grandes cidades aparece o proletariado industrial. As súas condicións de vida eran precarias, tanto no traballo coma no fogar. Os campesiños constituían a meirande parte da poboación. Unha parte deses campesiños traballaban en réxime de arrendamento e outros eran xornaleiros.

  17. No século XIX en Galicia suprimíronse os privilexios da nobreza e a Igrexa deixou de percibir as cuantiosas rendas. Os fidalgos ocupaban os postos máis importantes e tiñan moita influencia nas vilas. Dentro dos campesiños, habíaos ricos, caseiros, caseteiros, etc. A burguesía en Galicia era unha clase moi débil, e a maioría era de orixe foránea. Tampouco existía un número importante de traballadores urbanos ou obreiros, polo que non houbo un movemento obreiro forte, agás A Coruña e Ferrol.

  18. MOVEMENTO OBREIRO: ANARQUISMO E SOCIALISMO O anarquismo arraigou en Andalucía. Defendía a formación de grupos autónomos que atentasen contra a sociedade burguesa, polo que proliferaron os atentados. Pero tamén se forman sindicatos obreiros para facer unha revolución social. Así en 1910, fundouse a Confederación Nacional do Traballo (CNT). O marxismo tivo máis arraigo no proletario do País Vasco, Madrid, e Asturias. Pablo Iglesias fundou en 1879 o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) e no 1888 creouse o sindicato Unión Xeral de Traballadores (UXT). Malia ao sufraxio electoral, o PSOE non conseguiría un deputado ata o ano 1910, na persoa de Pablo Iglesias.

  19. O movemento obreiro español a finais do século XIX

More Related