Download
falamos un pouco de linguas n.
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
¿FALAMOS UN POUCO DE …LINGUAS? PowerPoint Presentation
Download Presentation
¿FALAMOS UN POUCO DE …LINGUAS?

¿FALAMOS UN POUCO DE …LINGUAS?

138 Views Download Presentation
Download Presentation

¿FALAMOS UN POUCO DE …LINGUAS?

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript

  1. ¿FALAMOS UN POUCO DE…LINGUAS?

  2. AS LINGUAS O CONCEPTO DE INDOEUROPEO

  3. ¿Cantas linguas cres que hai no mundo?

  4. ¿Cantas linguas falas…aínda que sexa un pouquiño? ¡Xa van cinco!

  5. Non esquezas que este ano tamén aprenderás un pouquiño de… rosa rosae rosa rosae rosam rosas rosae rosarum rosae rosis rosa rosis ΑΒΓΔΕΖΗΘΙΚΛΜΝΞΟΠΡΣΤΥΦ Χ ΨΩ αβγδεζ ηθι κλμ νξο πρσςτυφ χ ψω ¡Xa van sete!

  6. ¿Engadimos algunha máis…que coñezas…aínda que non a fales? LITUANO PORTUGUÉS CHINO ITALIANO POLACO XAPONÉS BÚLGARO CATALÁN ÁRABE ROMANÉS VASCO HOLANDÉS RUSO ¡CHEGAMOS A VINTE!

  7. CALCÚLASE QUE NO MUNDO HAI UNHAS 5.000 LINGUAS… …ASÍ QUE… …SÓ NOS FALTABAN 4.980.

  8. Sabías que…? Cada ano morren unhas 25 linguas por termo medio? ¿Quésignifica iso? Bota contas… ¿Cantas linguas terán desaparecido dentro de cen anos, se non tratamos de impedilo? A conta é doada…¿non?... 25 x 100 = ¡¡ 2.500 LINGUAS!!

  9. Mira este cadro… ¿Hai algo que che chame a atención? ¿A que se deberá o parecido?

  10. En efecto…

  11. AGORA MIRA ESTE OUTRO… ¿Que che chama atención?

  12. ¿A que pode deberse o parecido entre todas estas linguas? Se as linguas románicas se parecen------- porque todas veñen do latín Latín, grego, sánscrito, ruso, lituano…pareceranse porque --- x x = Velaquí vai unha pequena axuda… ¡Fagamos unha sinxela regra de tres!

  13. X= En efecto, do mesmo xeito que o parecido entre as linguas románicas se debía a que todas viñan dunha lingua común (O LATÍN), todas estas linguas común parécense porque todas veñen dunha lingua común… É dicir… ¡Noraboa! ¡Acabas de facer unha deducción que os lingüistas tardaron séculos en facer!

  14. A esa lingua (y) da que virían latín, grego, sánscrito, irlandés, inglés os lingüistas chamáronlle…INDOEUROPEO. Tamén se chama indoeuropeo ao pobo que se supón que falaba esa lingua. E as linguas que veñen do indoeuropeo chámanse linguas indoeuropeas.

  15. Unha curiosidade: ¿Por que indoeuropeo…? En realidade, o termo indoeuropeo é un termo puramenteconvencional… …iso significa que realmente non sabemos como se chamaba a lingua e o pobo que designamos INDOEUROPEO. Optouse por indoeuropeo porque se viu que as linguas que chamamos indoeuropeas abarcaban un espazo xeográfico que ía dende a India (límite oriental) ata Europa (límite occidental)… India (indo)+Europa= indoeuropeo.

  16. Pero hai un problema……o indoeuropeo é unha lingua… PREHISTÓRICA. ¿Que significa a palabra PREHISTORIA? ¿Que é o que marca o paso da PREHISTORIA á HISTORIA? O Indoeuropeo é unha lingua prehistórica ↓ O indoeuropeo é unha lingua da que non temos testemuños escritos.

  17. ENTÓN… ▪ Unha para pensar… ¿Se non conservamos ningún testemuño escrito do indoeuropeo…como podemos chegar a coñecelo? ▪ Pois si, o truco consiste en comparar as distintas linguas indoeuropeas e a partir delas reconstruir o indoeuropeo… ▪ Por exemplo… latín paterindoeuropeo *pater grego πατήρ • Antigüidade dos textos: normalmente o rasgo válido é o dos textos máis antigos. • Criterio da área maior: o fonema maioritario é o que ten máis posibilidades de ser antigo. • gr. π • lat. p- xermánicas. f- • sánscrito p- ▪ Pero ás veces a cousa complícase… pater πατήρ xermánicas danés fader inglés father alemán Vater Entón hai que pensar un pouquiño máis…. ¡Noraboa! ¡Acabas de descubrir o método comparativo! ¡E xa fixeches o teu primeiro exercicio de LINGÜÍSTICA INDOEUROPEA!

  18. ¿E eses indoeuropeos… onde vivían? ▪Marija Gimbutasestepas do sur de Rusia. Marija Gimbutas (1921-1994)