a arxila n.
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
a arxila PowerPoint Presentation
play fullscreen
1 / 35
Download Presentation

a arxila - PowerPoint PPT Presentation

arlais
156 Views
Download Presentation

a arxila

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript

  1. a arxila

  2. As arxilas son rochas sedimentarias detríticas formadas a partir da descomposición da pedra de gran, os gneis ou os feldespatos; pola acción da auga, dos gas carbónico, da calor...que se acumularon nas cuncas terciarias e cuaternarias. Son mesturas de diferentes silicatos alumínicos hidratados como a caolinita, illita, emectita, moscovita, con impurezas como areas silíceas, feldespatos, carbonatos, óxidos de ferro...

  3. CARACTERÍSTICAS: material terroso de gran miúdo e cor variable. As arxilas máis puras presentan cores brancas ou lixeiramente amarelas. As diferentes cores proceden das dos minerais acompañantes. COMPOSICIÓN: silicatos alumínicos hidratados con mesturas de diferentes óxidos (especialmente óxidos de ferro) e outros minerais que lle dan características moi variadas. As arxilas ricas en cal chámaselle margas e as pobres barro. Habitualmente contén dun 25 a un 30% de auga.

  4. Mesturada con auga convértese nunha masa plástica facilmente moldeable.

  5. Cando se evapora a auga a arxila contráese lixeiramente, vólvese ríxida, dura e fráxil.

  6. A arxila mesturada coa auga adquire plasticidade, que a fai apta para recibir formas que, previa cocción se convirten en obxectos útiles coas máis diversas aplicacións.

  7. Ao quentar a arxila prodúcense nela cambios irreversibles.

  8. USOS DA ARXILA -Fabricación de elementos de construción: tixolos ou ladrillos, tellas, baldosas ... -Cerámica utilitaria -Elementos decorativos e artísticos -Fabricación de cementos -Desengraxado de tecidos (arxilas especiais “esmécticas”) -Decolorado de graxas e aceites -Refino do petróleo -Usos mediciñais

  9. CAOLÍN É unha rocha sedimentaria semellante á arxila formada polo mineral caolinita e outros materiais. É de cor branca ou amarela e menos plástica. A caolinita é un silicato alumínico hidratado-Si2O5Al2(OH)4- producido na descomposición hidrotelmal ou meteórica dos feldespatos. Cando é puro está formado por cristais microscópicos laminares flexibles e exfoliables. En Galicia hai xacementos en Burela, Foz, Carballo, Vimianzo, Laxe, Santa Comba, Irixoa, Olveira, Pontedeume, Meirama... e actualmente explótanse en Vimianzo, Burela e Xove.

  10. USOS DO CAOLÍN -Fabricación de louzas e porcelanas -Fabricación de refractarios -Carga para papel -Pinturas -Cementos brancos -Cosmética...

  11. PROCESO DE TRABALLO EXTRACCIÓN As arxilas e caolíns extráense xeralmente en minas ou canteiras a ceo aberto. Explotación de arxila. Buño

  12. PREPARACIÓN DO MATERIAL: O material arrancado dos xacementos sométese a distintos tratamentos segundo o uso ao que se destine. A arxila pódese usar directamente ou previamente purificada. O caolín sométese sempre a un proceso de desbaste e refino. Como subprodutos obtéñense areas de seixo e micas. Explotación de caolín. Vimianzo.

  13. ELABORACIÓN DOS OBXECTOS : • -Amasado • -Elaboración da peza: • +Modelando á man, cun torno, máquinas... • +Enchendo moldes cunha pasta fluída (coado) • +Prensando a masa e facéndoa pasar por extrusión a través de rellas e moldes (máquinas galleteiras) coa forma desexada. • -Secado • -Cocción • -Decoración: • +Sobre a peza recén feita (en verde) • +Sobre a peza seca • +Sobre a peza previamente cocida: esmaltados (precisa unha nova cocción) Muíño nunha fábrica de ladrillos caolín amasado

  14. Facendo pezas co torno

  15. fábrica de ladrillos

  16. Moldeando con máquina

  17. Enchendo moldes

  18. Decorando en verde

  19. Secadeiros

  20. Tella a secar na eira

  21. Decorando pezas cocidas con esmaltes.

  22. Fornos

  23. Desencañando unha fornada de tella.

  24. TIPOS DE PRODUTOS CERÁMICOS

  25. Desde tempos remotos a arxila úsase en Galicia para realizar obxectos úteis e artísticos como nos amosan os restos de cerámica atopados nos castros de todo o país e os abundantes restos da época romana. Os obradoiros artesanais de oleiros e telleiros abondaban por todas as comarcas onde a arxila aparecía de forma natural. Actualmente contamos con modernas industrias que elaboran elementos de construción, louza e produtos artísticos. Cerámica castrexa

  26. PRINCIPAIS XACEMENTOS DE ARXILA EN GALICIA

  27. Cerámica atopada no Castro de Viladonga (Lugo). Tellas romanas. Museo Arqueolóxico da Coruña Peza antiga de louza de Sargadelos

  28. OS OLEIROS Chámaselle oleiros, cacharreiros, cazoleiros ou louceiros aos artesáns que fabrican olas e outros obxectos de barro. En varias localidades mantéñense obradoiros tradicionais e instálanse novos creadores. Bonxe Buño

  29. Forno tradicional en Niñodáguia Torno en Buño

  30. PEZAS DE OLEIROS Cántaro de Niñodáguia Amboa de Gundivós Botixo de roda de Buño Cazola de Bonxe Ola de Meder Pucheiro de Mondoñedo

  31. OS TELLEIROS Eran os artesáns que facían tellas, ladrillos e outros elementos de construción, de barro. Os telleiros traballaban no verán aproveitando o bo tempo. Os do Rosal traballaron por distintos puntos de Galicia e de Castela.

  32. PROCESOS INDUSTRAIS: Nas modernas fábricas de cerámica a maioría dos procesos están mecanizados e ademáis do labor de produción realízanse traballos de investigación e control de calidade. As fábricas de elementos para construción usan principalmente arxila e elaboran distintos produtos porosos e refractarios: ladrillos, tellas, tuberías, pezas para placas e celosías, material para pisos e alicatados, elementos decorativos... As fábricas de louza e porcelana empregan unha mestura de caolín, feldespato e seixo e outros silicatos para elaborar unha pasta que vitrifica, sen fundir, a 1380 ºC, para fabricar diferentes obxectos utilitarios e decorativos: servizos de mesa, figuras, medallóns...

  33. A primeira fábrica de louza de Galicia foi a de Sargadelos, inaugurada en 1804, deixou de traballar en 1875. Foi restaurada en 1970 gracias a un proxecto do LABORATORIO DE FORMAS DE GALICIA. En 1972 creouse o Seminario de Sargadelos co finalidade de investigar tanto na técnica como no deseño, impartir cursos...

  34. Xerras de O Castro (deseño de Luís Seoane). “O tesouro” Peza de cerámica Celta deseñada por Asorey.

  35. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro DEBUXOS: Mon Daporta