1 / 12

Carba Carballo albar (Quercus petraea) roble albar durmast oak chêne rouvre carvalho alvo

Carba Carballo albar (Quercus petraea) roble albar durmast oak chêne rouvre carvalho alvo. CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas. Pode acadar ata 30 m de altura, coa copa oval, bastante regular. Orixinaria do sur de Europa e de Asia Menor.

yuma
Download Presentation

Carba Carballo albar (Quercus petraea) roble albar durmast oak chêne rouvre carvalho alvo

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Carba Carballo albar (Quercus petraea) roble albar durmast oak chêne rouvre carvalho alvo

  2. CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Fagáceas

  3. Pode acadar ata 30 m de altura, coa copa oval, bastante regular. Orixinaria do sur de Europa e de Asia Menor.

  4. O toro é dereito, coa tona gris e máis parda e con gretas profundas ao facerse vello.

  5. FOLLAS Simples, alternas, ovaladas, lobuladas e cun peciolo de arredor de 2 cm de lonxitude. Son de cor verde intensa pola cara e pálidas polo envés.

  6. FLORES Son unisexuais. As masculinas en amentos delgados e as femininas sen rabo. Florece de abril a maio. Polinízase polo vento. ♂ ♀

  7. FROITOS As landras son pequenas, 1,5 a 2 cm de longo e entre 1 a 1,5 cm de ancho. Maduran en setembro-outubro.

  8. USOS: A madeira dura e de boa calidade, resistente á putrefacción (mesmo na auga) e aos ataques dos insectos úsase para a construcción naval, recipientes para auga, viño e outros produtos, travesas de ferrocarril, ferramentas, móbeis e construcción. As ponlas novas fendidas en tiras úsanse para facer cestas. A cortiza para taninos de curtir. As landras utilízanse como alimento para os porcos. A súa madeira foi moi valorada para construír barcos e no século XVII estivo a piques de extinguirse.

  9. As carballeiras formadas por carbas son escasas en Galicia. Adoita estar acompañado polo seu cruce co carballo común (Quercus x rosacea), teixo, rebolo, faia, bidueiro, abeleira, acivro, pradairo e capudre. Carba na Devesa de Rogueira. O Courel.

  10. Carba da Praza do Campo. Quindous. (Cervantes-Lugo). Ten 21 m de altura e 250 a 500 anos

  11. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet

More Related