1 / 56

CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e

CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) Co patrocinio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) Ramón Nicolás.

ula
Download Presentation

CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. CELSO EMILIO FERREIRO VIVE! (1912-2012) Unidade didáctica para bacharelato Unha iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) Co patrocinio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) Ramón Nicolás

  2. Esta unidade didáctica oriéntase especificamente, aínda que non só, cara ao alumnado de bacharelato co obxectivo de facilitar un achegamento vivencial, e mais tamén literario, ao que significou e significa Celso Emilio Ferreiro para a cultura e literatura galegas do século XX cando se cumpre tanto primeiro centenario do seu nacemento como os cincuenta anos do seu libro Longa noite de pedra. A carón destes achegamentos ofrécense actividades para afondar no coñecemento e interpretación das súas pezas literarias. Os poemas aquí reproducidos e mais as fotografías empregadas pertencen á Fundación Celso Emilio Ferreiro, cedidas expresamente para este fin didáctico.

  3. OS PRIMEIROS ANOS: INFANCIA, FORMACIÓN, POLÍTICA…

  4. Pasaran só catro anos desde a morte de Curros Enríquez na Habana cando, na mesma Rúa de Arriba, na que precisamente o autor do Rexurdimento veu ao mundo, nace Celso Emilio o día catro de xaneiro de 1912 en Celanova. Fillo serodio, dunha familia de sete irmáns, vivirá unha infancia feliz, na que serán determinantes as tempadas pasadas en Acevedo do Río, daquela concello veciño ao de Celanova, nunha casa que contaba cunha curtidoría tradicional e numerosas terras ao seu redor, casa na que vivira o P. Faustino Miguez, tío-avó do poeta que foi beatificado hai algúns anos. Intensamente unido á figura materna, seu pai, que pertencera ás Irmandades da Fala, morrerá sendo CEF aínda un adolescente. A presenza de Curros, a quen admirou e biografou nun libro que aínda é hoxe un achegamento ineludible, marcou a súa vida, tanto na súa estética como na súa maneira de ver o mundo.

  5. Realiza os seus primeiros estudos cos Escolapios en Celanova e, sendo moi novo, afeccionarase á práctica da escrita e irá adquirindo un progresivo compromiso ideolóxico e político con Galicia. Comezará a manter contacto cos galeguistas ourensáns e ao tempo principiará coas súas primeiras actividades políticas en Celanova, fundando, con Xosé Velo Mosquera, as Mocedades Galeguistas do distrito de Celanova. Chegará a ser secretario de Organización da Federación das Mocedades Galeguistas e dirixirá Guieiro. Outavoz patriótico F.M.G. Algúns textos políticos moi comprometidos que asinou neste • soporte farán que sufra un proceso xudicial que quedará sen efecto. • (á dereita tarxetón da Federación de Mocedades Galeguistas.)

  6. Alén de manter unha intensa actividade política, defendendo postulados arredistas, publica os seus primeiros poemas no xornal nacionalista ourensán Heraldo de Galicia, escribe acotío en A Nosa Terra e, xunto con Xosé Velo concibe o Cartafol de poesía: poemas que enviaban por correo desde Celanova a diversas persoas. Un proxecto que se viu truncado, como tantos outros, polo estoupido da guerra civil.

  7. ACTIVIDADES • Investiga sobre os paralelismos entre a biografía e obra de CEF e Curros Enríquez. • Procura información sobre a vila de Celanova, o seu pasado e presente. • Repasa a historia das Irmandades da Fala: as súas orixes, evolución e realizacións. • Infórmate sobre a Federación de Mocedades Galeguistas e os seus obxectivos. Fai o mesmo sobre Xosé Velo e o secuestro do Santa María. • Procura, nalgunha obra completa de CEF algúns poemas de Cartafol de poesía. Escribe o que máis che guste e gárdao para comparar con outros que coñecerás.

  8. ACTIVIDADES • Le o poema que está á dereita. • Cal é a perspectiva da voz lírica? • Apunta os substantivos e adxectivos que aparecen e comenta o resultado. • Tenta facer un poema que se centre no teu lugar natal. Alma da terra Lonxana Celanova vinculeira, torre ebúrnea da miña mocedade, cando te lembro sai da súa toqueira coma un furón de soños, a saudade. Unha chuvia monótona e tristeira cai decote na miña intimidade, e sinto que unha sombra silandeira, coma un solpor o meu esprito invade. Quero voltar a ti, nai garimosa, colo natal, arxila rumorosa, pra acalar esta anguria que me berra dende o fondo da noite estrelecida, pedindo amor, pregando fe de vida pra ser eternamente alma da terra.

  9. OS PRIMEIROS PASOS NA LONGA NOITE

  10. Tras andar fuxido e agochado durante uns días na casa duns familiares en Ramirás, CEF sabe que, para salvar a súa vida, ten que alistarse, xunto con outros mozos da súa quinta, ao exército sublevado. É destinado á fronte de Asturias e posteriormente recala no servizo de Transmisións no edificio da Telefónica de Oviedo onde, dun xeito casual en 1938, coñece a Moraima, con quen casará en Xixón en 1943 e con quen terá catro fillos: Luís , Xosé María, Isabel e Xabier.

  11. Ao longo da guerra civil escribirá poesía, maioritariamente en castelán. Composicións aínda non publicadas mais que reflexionan sobre as duras experiencias sufridas na guerra e, tamén, poemas de amor dedicados a Moraima. Nun permiso en Celanova, e no medio dunha conversa entre amigos nunha tasca, dá uns vivas a Rusia e unha veciña –que el chama “némesis lardeira”- denúnciao ás autoridades

  12. de xeito que pasa catro días e tres noites nunha cela do mosteiro de San Rosendo. O Gobernador Militar de Ourense ordena a súa execución, que non se cumpre mercé a influencias dun familiar: aí nacerá o seu poema “Longa noite de pedra”, que lle daría título ao libro homónimo e que se convertería en metáfora da ditadura franquista. Longa noite de pedra No meio do caminho tinha uma pedra tinha uma pedra no meio do caminho tinha uma pedra no meio do caminho tinha uma pedra. Carlos Drummond de Andrade O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas, as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra. Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.

  13. ACTIVIDADES • Procura información sobre a guerra civil. As causas do seu estoupido e o seu desenvolvemento en Galicia. • Investiga sobre o mosteiro celanovés ao longo da historia e, concretamente, no período da guerra civil. • Infórmate sobre quen foi Carlos Drummond de Andrade. • Escoita esta versión musicada de “Longa noite de pedra” do grupo Asterot e investiga a existencia doutras: • - http://www.youtube.com/watch?v=3eN1kgtMQEo&feature=related • 5. Aquí podes atopar dúas versións máis: • - http://sondepoetas.blogspot.com/2008/06/longa-noite-de-pedra.html • 6. Realizade, por grupos, versións do poema a diversas linguas.

  14. OS ANOS PONTEVEDRESES

  15. Tras retornar da guerra e pasar un tempo en Celanova, CEF oposita e gaña o posto de Secretario e logo de Xefe de Xustiza na Fiscalía de Taxas de Pontevedra, onde traballou entre 1941 e 1950. Nesta época, alén de se integrar con intensidade na vida cultural da cidade, frecuentará os faladoiros do Carabela e do Imperial, entre outros. En 1941 publica o seu poemario castelán Al aire de tu vuelo, singular libro de noivado dedicado a Moraima, con poemas amorosos escritos dende 1938.

  16. No ano, en Edicións Céltiga, publica Bailadas, cantigas e donaires, poemas neopopularistas prologados por Bouza-Brey. Colabora en Sonata Gallega (1944-1952), revista dirixida por Ramón Peña; nela consta desde o seu segundo número como coordinador das «Seleccións literarias». Tamén é redactor xefe en Finisterre (1943-1946), revista dirixida por Emilio Canda. Escribe abondosas prosas no semanario pontevedrés Ciudad e noutros soportes como Mar, Guía Anuario de Pontevedra e Mensajes de Poesía de Vigo.

  17. En 1949, CEF, xunto con Sabino Torres Ferrer, Emilio Álvarez Negreira e Cuña Novás levará adiante a colección Benito Soto de poesía, primeira empresa editorial que daría a coñecer poemarios en galego na posguerra, entre eles Musa alemá(1951), escolma de quince poemas de poetas alemáns como Hölderlin, Dehmel, Rilke, Heine, Miegel e Werfel traducidos por Antonio Blanco Freijeiro e versionados polo propio CEF.

  18. ACTIVIDADES • Procura información na rede, nalgunha enciclopedia ou nun dicionario de autores sobre dous poetas citados nesta sección: Manuel Cuña Novás e Fermín Bouza-Brey. • 2. Repara tamén nalgúns dos autores alemáns traducidos en Musa alemá: Hölderlin, Dehmel, Rilke, Heine... Infórmate brevemente sobre a época que viviron e os trazos principais da súa obra. • 3. Sabes algo da colección de poesía Benito Soto? Investiga sobre os libros que publicaron: títulos e autores. • 4. Que sabes das revistas galegas de posguerra? Cita algunhas máis das que aquí se sinalan.

  19. VIGO, A CIDADE E OS DÍAS

  20. En outubro de 1949 obtén o título de Procurador dos Tribunais e en setembro de 1950 marcha a Vigo exercer como tal. Na cidade olívica vai compaxinar seu traballo de procurador co de accionista nunha oficina de seguros sociais primeiro e co de director dun obradoiro de fotogravado despois. Publica Voz y voto (1955), poemario social publicado nas Gráficas Númen de Vigo, un libro de carácter clandestino, falsamente impreso na inventada colección Papel de Estraza da Editorial Rex de Montevideo. Moitos dos poemas aquí presentados coñecían versións en galego en posteriores libros do autor.

  21. Dá ao prelo O soño sulagado(1955), onde recolle trinta e unha composicións de diverso xorne que van dende o intimismo saudoso da infancia pasando pola poesía reivindicativa ata aqueles de orientación irónica ou sarcástica. En boa medida, este libro contén as liñas de sentido da totalidade da súa obra poética e resulta operativo para vinculalo coa Xeración poética do 36, á que CEF pertence.

  22. Publica Longa noite de pedra(1962), poemario que significa a súa consagración, acollido na colección Salnés que el mesmo codirixía con Emilio Álvarez Blázquez e Francisco Fernández del Riego. O recoñecemento que obtivo por este libro foi unánime tanto por parte dos lectores coma da crítica. Ademais, a súa proxección fóra de Galicia, veulle en parte a través das edicións bilingües do poemario realizadas por El Bardo, unha editorial catalá dirixida por José Batlló que anos despois publicará tamén Viaxe ao país dos ananos.

  23. Curros Enríquez. Biografía (1954), publicado pola Editorial Moret, fará de CEF un especialista en Curros, achegando numerosos datos ou informacións até daquela descoñecidas. Por outro lado, colabora adoito coa revista viguesa Alba, da que chegou a formar parte do consello de redacción dende 1952, e mais en Aturuxo de Ferrol, na mexicana Vieiros e na revista mallorquina dirixida polo seu amigo Camilo José Cela: Papeles de Son Armadans.

  24. Xa desde 1949 publica con certa asiduidade no xornal Faro de Vigo, onde mantivo diversas columnas ata o ano 1964. A máis coñecida foi a titulada «La jaula de los pájaros raros» que, ademais, ía converterse nun libro independente, prologado por Camilo José Cela; proxecto que finalmente non fructificou. Parte das súas prosas xornalísticas dispersas compiláronse en 2005 no libro Semblanzas, crónicas e artigos (Xerais).

  25. Colabora en diversas cabeceiras xornalísticas nesta época e participa no Congreso Internacional de Poesía en xullo de 1954, nas Conversacións Poéticas de Formentor (1959) ou no Congreso Internacional de Etnografía en Portugal (1963). Gaña algúns premios literarios como os II Xogos Florais da Asociación Cultural Santa Cecilia de Marín (1962) ou os Xogos Florais de Ourense (1963). Acode a unha xuntanza clandestina en París para botar a andar o que sería o Partido Comunista de Galicia mais, finalmente, será un dos fundadores, o 25 de xullo de 1964, da Unión do Pobo Galego, responsabilizándose, entre outros labores, da confección e distribución dos primeiros número do clandestino Terra e tempo.

  26. En 1962 recóllense na colectánea Canti della nuova resistenza spagnola (1939-1962) catro cantigas e dous sonetos antifranquistas da súa autoría (á dereita reprodúcese un deles). A actividade política antifranquista foi acentuando a presión policial e social sobre el, o que unido aos fracasos dos seus proxectos empresariais determinaron que, en 1966, decidise aceptar unha proposta de ditar unhas conferencias na Hermandad Gallega de Caracas. Santo Cristo de Fisterre Santo Cristo de Fisterre santo da barba dourada axudádeme a pasar a negra noite de España. Dende que Franco e Falanxe aferrollaron España somos un pobo de ilotas que nos quedamos sin patria. Miña nai, miña naiciña, eiquí non podo vivir: tanto cura e tanto frade, non teño sitio para min. ¿Cándo chegará o día de ver libre a nosa patria, que o vento libre repouse na porta de cada casa?

  27. Así se testemuña a través deste documento epistolar, dirixido a un fillo de Isaac Díaz Pardo (Camilo Díaz), reproducido fragmentariamente: Eses dous anos que conxecturaba converteríanse nalgúns máis, ata 1973.

  28. Caracas, así pois, será o novo lugar no que se establecerá xunto coa totalidade da súa familia. Máis antes da súa marcha, en maio de 1966, celébrase un banquete de homenaxe e despedida, organizado pola UPG e o PC, que se converte no primeiro acto público político de contestación ao réxime franquista en Galicia pois, ao tempo, e co visto e prace de CEF, orientouse como un acto de protesta contra o asolagamento do val de Castrelo de Miño para a construción dun encoro a prol dos intereses de Fenosa.

  29. ACTIVIDADES • Procura o significado da palabra clandestino. E aplicado a un libro? • 2. Neste período publica dous poemarios en lingua galega. Cales eran os seus títulos e en que ano se publicaron? Ao tempo lembra a promoción poética á que CEF pertence e sinala algúns trazos básicos da mesma. • 3. Infórmate arredor das revistas Alba e Vieiros (lugar de publicación, dirección, redactores, orientación ideolóxica...). • 4. Revisa a ligazón que se ofrece nos números de Terra e Tempo e describe os contidos da revista. • 5. Analiza tematicamente o poema “Santo Cristo de Fisterre”.

  30. Amencer en Vigo Unha fiestra alcendida na noite da cidá é coma un ollo insomne. Balbordo a bordo dos bous. Os tranvías van, fe, fe, fe, ferrové, ferrové, ferrovello polas rúas en costa coas leiteiras. “Canta, cantore, meu compañeiro”, dice o borracho na rúa baixo a lúa derradeira. “Anda compadre, xa son as seis e meia.” Un odioso reloxio espertador crebóu o petenexo da fámula María. I entón o señorito, dempóis de agallopar coma un centauro polos leitos noxentos dos prostíbulos, pedíu o desaúno a grandes voces. 6. Le este poema e responde: -Cales son as aliteracións e o seu significado. -Cal é a caracterización dos personaxes. -Onde repousan as claves para a descrición da cidade.

  31. CARACAS: OS DÍAS ACEDOS DO DESTERRO

  32. Acollido inicialmente na casa dos Noya, na Hermandad Gallega venezolana ocúpase da dirección, redacción e confección do periódico quincenal Irmandade, da dirección do Cine Clube da sociedade, da dirección e redacción da emisión radiofónica «Sempre en Galicia» e mais da dirección e orientación da «Escola Castelao» de primeiro ensino. Funda e preside dende 1967 a Agrupación Nós.

  33. Pouco despois unha facción da Hermandad, en sintonía cos desexos do embaixador de España en Venezuela, acaba co labor dinamizador do poeta a través dunha vitoria conseguida nunhas eleccións fraudulentas. En xullo de 1968 recibe comunicación oficial da Hermandad da súa expulsión nunha carta coasinada polo presidente e o secretario xeral. Así as cousas sufrirá un errático percorrido á busca de traballo: profesor de gramática castelá nunha academia, corrector de probas na imprenta dun galego emigrado..., oficios que perderá rapidamente pola persecución á que se ve sometido por parte dos directivos da Hermandad,

  34. que fan todo o posible mesmo por expulsalo do país, acusándoo de comunista. Tempos duros, así pois, nos que a maior preocupación é a de manter a familia, malia que algúns dos seus fillos xa están no mercado laboral. CEF, con todo, refúxiase na escrita, sobre todo cultivando o aguillón crítico e sarcástico, no que sempre foi un mestre. Nesta liña resulta significativo como algún membro da directiva da Hermandad chegou a filtrar a La Región a nova da súa morte nun accidente automobilístico, o que xerou un poema moi coñecido (pódese escoitalo aquí en versión de Luís Emilio Batallán).

  35. Como reacción á expulsión da Hermandad publica como Viaxe ao país dos ananos (1968), que na súa primeira parte constitúe un ataque a eses emigrantes enriquecidos e envilecidos. Este poemario suscitou unha enorme polémica, aquén e alén mar en moitas frontes –con Luís Seoane, Xosé Fernández Ferreiro, etc.-, mais o certo é que contén algúns dos poemas de maior cualidade estética e de máis sona de CEF. f

  36. Obtén a cidadanía venezolana en de 1969, co que evita a expulsión do país que perseguían os seus inimigos e por mediación duns amigos venezolanos logra en 1970 acceder ao posto de corrector de estilo no Gabinete de Prensa da Oficina Central de Información do entón presidente Rafael Caldera. Durante estes anos segue a traballar intensamente en actividades políticas clandestinas da UPG. O contacto con Galicia e coa cultura galega realízase a través de cartas cos seus amigos: X.L. Méndez Ferrín, Luís Soto, Manuel María, Basilio Losada, Xesús Alonso Montero e, sobre todo, Xosé María Álvarez Blázquez. Con X.Mª Álvarez Blázquez Con Manuel María e X.L. Mendez Ferrín

  37. En 1968 dá a coñecer as Cantigas de escarnio e maldicir, asinado polo seu heterónimo satírico Arístides Silveira. Obra que gozará de continuidade n´Os autentes (1973), folleto da autoría de Alexis Vainacova —outro dos seus pseudónimos— publicado ao chegar a España por Ediciones Pirata. En 1969 publicara Terra de ningures na editorial Xistral que dirixía Manuel María. En castelán, malia o título, ve a luz Fóronse á puñeta (1973), asinado co nome de Neskezas Cokhan Mordhe, editado polo selo Alén de Venezuela como despedida sarcástica dos entón directivos saíntes da Hermandad. Tamén sae do prelo o romance de cego Paco Pixiñas (1970), publicado en Ediciós do Castro.

  38. Pertence a este ciclo o libro de epitafios burlescos Cemiterio privado (1973), publicado por un grupo de mozos nacionalistas que levaban adiante Ediciós Roi Xordo en Xenebra, nomeadamente baixo o traballo de Carlos Díaz, extraordinario editor e grande amigo do poeta. Pertence a este ciclo o libro de epitafios burlescos Cemiterio privado (1973), publicado por un grupo de mozos nacionalistas que levaban adiante Ediciós Roi Xordo en Xenebra, nomeadamente baixo o traballo de Carlos Díaz, extraordinario editor e grande amigo do poeta.

  39. A pluralidade temática e estilística da súa poesía, tamén o seu afán contestario, converteuno no poeta de preferencia entre os cantautores que comezaban a agromar en Galicia, tendo un papel destacado na chamada “Nova Canción Galega” e na creación do grupo “Voces Ceibes”, feito que contribuíu a difundir aínda máis a súa poesía.

  40. En 1970 edita os 13 poemas iracundos y una canción inesperada, separata da revista caraqueña Expediente. Gaña o IV Premio Internacional de Poesía Álamo de Salamanca con Antipoemas, pero sen dez composicións mutiladas, que publicará autoeditando en Caracas ese mesmo ano a carpeta Poemas prohibidos.Diez poemas no incluidos en el libro «Antipoemas» por causas no imputables a la voluntad del autor. Na foto, cun amigo, á esquerda, e Joaquín Marta Sosa, no centro, un dos seus grandes amigos en Venezuela.

  41. No selo editorial de Xosé Mª. Álvarez Blázquez, Edicións Castrelos, dá o salto á narrativa en lingua galega e publica o libro de relatos A fronteira infinda (1972): un magnífico libro con contos de asunto americano, salferido con moitos elementos de filiación autobiográfica que tamén tivo moitos problemas coa censura. No ano 1973, finalmente, pódeo a saudade e decide retornar coa súa familia.

  42. ACTIVIDADES • Infórmate sobre a Hermandad Gallega de Caracas: orixe e importancia nas sociedades de emigrantes americanas. • 2. Procura algún poema sobre a emigración galega en Longa noite de pedra e logo en Viaxe ao país dos ananos. Compáraos tematicamente e apunta as túas conclusións. • 3. Neste bloque cítase a escritores como Méndez Ferrín, X.Mª Álvarez Bláquez ou Manuel María. Nun dicionario de autores ou na rede apunta as súas principais obras e unhas liñas do seu perfil biográfico. • 4. Que son os heterónimos? Cantos coñeces que usou CEF? • 5. Sintetiza nunhas liñas que supuxo “Voces ceibes” para a música galega e apunta o nome dalgúns dos seus integrantes.

  43. ACTIVIDADES 6.Le o poema de abaixo. Nun diálogo con Moraima fala das experiencias que el tivo coa morte. Revísaas e fainas cadrar coas súas distintas épocas vitais que coñeces até agora. Agosto 1972 A min non me importa que o pazo da morte estea ahí enfrente. A.S. Sabes, Moraima, a morte é unha soia criatura, pro ten moitas caretas diferentes e gadañas ubicuas. Un día olléina, con figura de peixe, nadando pola febre dun neno enfermo. Dempóis trocóuse nun escuro trebón agallopando a chaira. Vestida de mapoula vina outra vez poñendo letras macabras nos muros brancos. Viva eu, escribía, viva eu, escramaba a morte mesma. E nun vello mosteiro miréina retratada de vampiro nos ollos centinelas que gardaban a seiscentos prisoeiros. Co nome de Xosefa vina outra vez pedindo o sangue dos inocentes pra apagar o seu odio de Némesis ouscena. E voltéi a topala nas Asturias de Oviedo vestida de soldado, disfrazada de lóstrego, envolta en poo e chumbo, asubiando unha estrana melodía. E tornéi a mirala nas rúas de Caracas, cando a terra tremeu con espasmos xeolóxicos e a cidade bradaba coma besta ferida. A derradeira vez que me atopéi con ela foi dentro dun Volkswagen –¿lémbraste?– pro esa é outra historia.

  44. O RETORNO: MADRID

  45. A primeiros de 1973 retorna a España con destino a Madrid logo de que Álvaro Gil o contrata para traballar na revista Tribuna médica, da que era presidente do consello de administración. De novo son moitas as portas se lle pechan en Galicia. Dedícase tamén ao AteneoCientífico, Literario y Artístico de Madrid, no que desempeñará o cargo de Director da Aula de Cultura na sección de Literatura Galega dende o primeiro de xullo de 1974, desenvolvendo unha intensa actividade cultural, non exenta de certas polémicas posteriores ao seu nomeamento. Ateneo de Madrid

  46. Unha delas, causada por manterse no seu posto, non remunerado, tras unhas declaracións de Carmen Llorca, marca a súa ruptura coa UPG, á que pertencía desde a súa fundación. No plano político ingresará no Partido Socialista Galego, desde o que se presentará nunha candidatura unitaria no ano 1977 a senador, non saíndo elixido por poucos votos. No Día da Patria Galega de 1977 en Compostela.

  47. Contra o final da súa vida, no seo dun colectivo do PSG, ingresará como militante no PSOE coa intención de galeguizar o partido. Publica en edición bilingüe, impreso por Editora Nacional, Onde o mundo se chama Celanova (1975), o poemario máis intimista do autor, marcado pola temática amorosa e evocadora da infancia en Celanova entendida como paraíso perdido, poemario que lle valeu Premio da Crítica de Poesía Galega en 1976.

  48. Publica Al César enano (1975) baixo o pseudónimo de Stow Kiwotto Lumen con versos antifranquistas do poeta escritos entre 1961 e o momento da súa publicación. Dá a coñecer en Ediciós Castrelos A taberna do Galo (1978), que non son unhas «memorias nun senso estricto, senón que se trata dunhas memorias maxinadas baseadas en feitos reais». En realidade, este libriño recolleu o que era o primeiro capítulo dunhas inacabadas Memorias de nunca.

  49. Publica unha versión corrixida da biografía sobre Curros (en Júcar, 19973) e Curros Enríquez: Obra poética completa (1977), mais Cementerio privado (1974) para as Ediciones Expediente de Caracas. Edita a súa propia Antología (1977) bilingüe para Plaza y Janés de Barcelona (única escolma esta xunto coa portuguesa Autoescolha poética (1954-1971), de 1972); e supervisa os primeiros volumes das súas Obras completas (1975, vols. I e II, en 1981 aparecería o vol. III) para Akal.

  50. Participa, xunto con Carlos Velo e Méndez Ferrín, na homenaxe mexicana a León Felipe en 1973 e representa as letras galegas en congresos literarios de Venecia (1976), Almería (1979) ou Canarias (1979); tamén acode a Salamanca a unha homenaxe que se lle tributa a A. Machado. Acolle durante uns días na súa casa, ao poeta Ernesto Cardenal. Colabora no xornal ABC coa sección «Mirador Literario: Escrito en Gallego», na que ía dando conta das novidades literarias galegas. Con Ernesto Cardenal Con Basilio Losada

More Related