1 / 32

A orde total da reacción é 1 + 2 = 3 a suma das ordes da reacción respecto aos reactivos

norris
Download Presentation

A orde total da reacción é 1 + 2 = 3 a suma das ordes da reacción respecto aos reactivos

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Nunha reacción do tipo aA + bB  productos, estudiada experimentalmente no laboratorio, obtivéronse os dados da táboa. Con eles calcula: 1.- A orde da reacción respecto de A e B. 2.-A orde total da reacción. 3.- A constante da velocidade. 4.-A ecuación da velocidade Con os valores dos experimentos 2 e 3 vemos que ao duplicarse o valor de [A] tamén se duplica o da velocidade o que nos indica que son directamente proporcionais A reacción é de orde 1 respecto a A Con os valores dos experimentos 1 e 2 vemos que ao duplicarse o valor de [B] o da velocidade aumenta cuadriplicándose; o que nos indica que a velocidade depende do cadrado da concentración de B. Corroboramos esta hipótese con os valores dos exp. 3 e 4, nos que comprobamos que 140,8.10-4 = 4 . 35,2.10-4A reacción é de orde 2 respecto a B A orde total da reacción é 1 + 2 = 3 a suma das ordes da reacción respecto aos reactivos

  2. Cinética (páx.:2) Resultando o valor da constante da velocidade k= 2,2.102 4.- A expresión da ecuación da velocidade para esta reacción será:

  3. Unha substancia A descomponse seguindo unha cinética de segundo orde. A 600K o valor da cte. de velocidade é k= 0,55 l.mol-1.s-1Calcula a velocidade de descomposición a esta Tª se A=3.10-3 mol.l-1Se a 625 K a constante de velocidade é k= 1,50l.mol-1.s-1, calcula a enerxía de activación no intervalo de temperaturas considerado Segundo a ecuación de Arrhenius Temos dúas incógnitas “A” e “Ea”, e tamén dous valores de K e a temperatura correspondente, o que equivale a dicir que temos dúas ecuacións con dúas incógnitas: Sistema compatible determinado Utilizamos logaritmos neperianos para simplificar o cálculo, resultando: Onde substituímos os valores de K e de T ; obtendo as ecuacións:

  4. cinética4 Restando as ecuacións eliminamos a incógnita A, e pasamos a ter unha ecuación con unha incógnita: Ea

  5. 1.-Un recipiente contén, en equilibrio, 3´6 moles deH2 , 13´5 moles de N2 e un mol de NH3 , a presión total de 1 atm. Calcular: a)Presión parcial de cada un dos gasesb) Kp e Kc a 25ºC para o equilibrio N2(g) + 3H2(g) 2NH3(g)

  6. 2.-Cando se quenta unha mestura gasosa de 9 moles de hidróxeno e 6 moles de iodo a 500ºC, fórmanse no equilibrio 10 moles de ioduro de hidróxeno.a) Calcula a composición do equilibrio se á mesma temperatura se mesturan 5 moles de hidróxeno e 5 de iodo.b) ¿Como actúan a temperatura e a presión sobre o posible desprazamento do equilibrio?.Razóao. H2 + I2 2 HI 9 6 0 moles iniciais 9-X 6-X 2X moles no eq. 4 1 10 moles no eq. H2 + I2 2 HI 5 5 0 moles iniciais 5-X 5-X 2X moles no eq. Resultando nH2 = n I2 = 5 - 25/7= 1,43 moles ; e nHI = 7,14 moles

  7. b) ¿Como actúan a temperatura e a presión sobre o posible desprazamento o equilibrio?.Razóao. H2 + I2 2 HI A influencia dos cambios na temperatura, no equilibrio químico, non se pode predicir sen coñecer o signo de ΔH Nas reaccións exotérmicas lnK diminúe ao aumentar a temperatura Nas endotérmicas lnK aumenta ao aumentar a temperatura Os cambios de presión no afectan ao equilibrio porque o número de moles gasosos de reactivos é igual ao número de moles gasosos de productos.

  8. 3.-Introdúcense 2 moles de bromo nun balón de 2 litros e quéntanse a 1756 K, temperatura á que as moléculas de bromo se disocian en átomos do mesmo elemento.a) Escribe a ecuación para a constante de equilibrio referida ás concentracións.b) Se á citada temperatura, o 1% das moléculas de bromo se atopan disociadas en átomos, determina a composición do equilibrio.c) Determina o valor de Kc Br 2(g) 2Br (g) 2 0 moles iniciais c(1 - α) 2 c α onde c=1 e α=0,01 1(1 -0,01) 0,02 moles/litro no eq. Resultando a composición no equilibrio 0,99 M de Br2 , e 0,02 M de Br

  9. 4.- Nun balón de 5 litros de capacidade introdúcense 5.10-3 moles de H 2(g) e 10-2 moles de I 2(s). Quentamos a mestura ata 450ºC ( a esta Tª o iodo é gasoso) e permitimos que se acade o equilibrio entre estas especies e o ioduro de hidróxeno gas. Unha vez en equilibrio observamos que a concentración de HI é 1,8.10-3 M.a) Escribe a ecuación química do equilibrio que ten lugar e deduce a expresión da constante do equilibrio referida a concentracións molares.b) Determina a concentración das distintas especies no equilibrio.c) Determina o valor de Kc H 2(g) + I 2(g) 2 HI (g) 5.10-3 10-2 0 moles iniciais 5.10-3 – x 10-2– x 2x moles no eq. n = v.[HI] 2x=1,8.10-3 moles/litro . 5 litros 2x =9.10-3moles; x = 4,5.10-3 moles 0,5.10-3 5,5.10-3 9.10-3 moles no eq.

  10. 5.-Para determinar o valor de Kc para a reacción 2AB(g) 2A (g) +B 2(g) introducen 2 moles de AB nun recipiente de 2L de capacidade. Unha vez acadado o equilibrio o número de moles de AB existentes é 0,06.a) Determina a composición da mestura unha vez acadado o equilibrio b) Calcula o valor de Kc para o devandito equilibrio 2AB(g) 2A (g) + B 2(g) 2 0 0 moles iniciais Se quedan 0,06, disociáronse . . 2-0,06=1,94, formándose outros . . tantos de A e a metade e B 0,06 1,94 0,97 moles unha vez acadado o equilibrio .

  11. 6.-Nun recipiente, inicialmente baleiro, de 5 litros, que se mantén a 300ºC, introdúcense 261g de PCl5 e péchase. Cando se alcanza a presión de equilibrio esta é de 16,45 atm.A) Calcúlese o grao de disociación térmica en PCl3 e Cl2b) ¿Canto valen Kc e Kp ? PCl 5(g) PCl 3(g) + Cl2(g) 1,25-x x x moles no eq. O número total de moles no equilibrio cumprirá PV=nRT. Por tanto: O grado de disociación porcentuado será

  12. 7.- 10 moles de dióxido de carbono introdúcense nun balón de 224 litros e quéntanse ata 300ºC. A presión estabilízase a 2,5 atm. Calcula:a) Composición do equilibrio, sabendo que o CO2 se disocia en CO e O2b) Kc e Kpc) Se a temperatura se tivese elevado a 500ºC, ¿terían aumentado as constantes? ¿ Por que? • CO2 CO + ½ O2 • 0 0 moles iniciais • 10-x x x/2 moles no eq. Composición do equilibrio

  13. 7.-(continuación) b) Determinación das constantes • Un aumento na Temperatura implica unha diminución no número de moles xa que segundo a lei dos gases perfectos, son inversamente proporcionais. • Por tanto, a máis Tª o equilibrio desprázase cara á formación de reactivo: O valor das constantes diminuiría

  14. 8.-Nun matraz de 1 litro no que se fixo o baleiro, introdúcense 0,1724 moles de N2O4 e quéntase a 35ºC. Parte do N2O4 disóciase en NO2. Cando se acada o equilibrio a presión total é de 2,1718 atm. Calcular:a) O grado de disociación.b) As presións parciais no equilibrio.c) Kc V=1 litro T=308 K P=2,1718 atm Nestes datos hai un erro. Substitúeo por V=3 litros • N2O4 2 NO2 • 0,1724 0 • eq) 0,1724-x 2x Moles que reaccionaron , dos 0,1724 iniciais, o que implica un grado de disociación do 49%.

  15. 8 continuación Cálculo das presións parciais no equilibrio Cálculo de Kc Sempre supoñendo que V=3 litros

  16. 9.-A constante de equilibrio Kc para a reacción Br 2(g) 2Br Vale 1,04.10-3 , a 1285ºC. Un recipiente de 200 cm3, en equilibrio, contén 4,5.10-2 moles de Br2a) ¿Cantos moles de Br están presentes no matraz?b) Se a reacción é endotérmica, ¿Que podes facer para aumentar a cantidade de Br? Br2(g) 2Br eq) 4,5.10-2 n Kc=1,04.10-3 T=1558 K V=0,2 l O número de moles de Br é b) Subindo a Temperatura, as reaccións endotérmicas desprazan o equilibrio, favorecendo a formación de productos, neste caso de Br. Para aumentar a cantidade de Br, aumentaría T

  17. 10.- Nun recipiente de 10 litros a 800 K introdúcense 1 mol de CO e 1 mol de H2O. Cando se acada o eq. CO (g) + H 2O (g) CO 2(g) + H 2(g)se atopan presentes 0,665 moles de CO2 e 0,665 moles de H2.a) ¿Cales son as concentracións dos catro gases no equilibrio?b) ¿Cal é o valor de Kc para a devandita reacción a 800 K? CO (g) + H 2O (g) CO 2(g) + H 2(g)i) 1 1 0 0 moles eq) 1-x 1-x x=0,665 x=0,665 moles Son as concentracións molares dos catro gases durante o equilibrio O valor de Kc a 800 K será:

  18. 11.- Con respecto ao seguinte equilibrio en fase gasosa 2A (g) B (g) + C (g) Comenta as seguintes afirmacións, indicando de forma razoada se che parecen correctas, ou corrixíndoas no seu caso. a) O número de moles de C increméntase ó diminuír o volume do recipiente que contén aos gases. Falso: As variacións de volume non desprazan ao equilibrio por haber o mesmo número de moles de producto que de reactivo b) O número de moles de B increméntase o engadir unha nova cantidade de C á mestura en equilibrio Falso: Engadindo C ao equilibrio, favorécese a formación de A, en detrimento do número de moles de B c) O número de moles de C e de B increméntase se engadimos un catalizador Falso: O catalizador modifica a velocidade da reacción, para acadar o equilibrio. Unha vez en equilibrio, o catalizador non inflúe.

  19. Ao medir a velocidade da reacción de descomposición do N2O5 en función da concentración e seguindo a reacción: 2N2O 5 4NO2 + O2, resultaron os datos da táboa. Determina a orde de reacción e a constante da velocidade Por ser a velocidade de reacción directamente proporcional á concentración, podemos decir que se trata dunha reacción de primeira orde. Para determinar K utilizamos unha parella de datos

  20. Da análise da reacción: CO + NO2 CO2 + NO, a 270ºC, resultaron os datos da táboa. Determina a) a orde de reacción b)a constante de velocidade a 270ºCc) a velocidade cando a concentración dos dous reactivos é 2.10-4 M Nas exp que [NO2] é constante , vemos que v é directamente proporcional a [CO] Nas exp que [CO] é constante , vemos que v é directamente proporcional a [NO2] V = k[CO][NO2]. É de orde 2 Para calcular a constante utilizamos os valores dunha das experiencias V = k[CO][NO2]. 2,28.10-8= k (3.10-4)(0,4.10-4) ; k = 1,9L.mol-1.h-1. Para calcular a velocidade: V = k[CO][NO2] = 1,9 L.mol-1.h-1. (2.10-4)(2.10-4) =7,6.10-8 M.h-1.

  21. Introdúcense 1,5 moles de pentacloruro de fósforo (g) nun recipiente de 3 litros. Ao acadar o equilibrio, a 390 K e 25,6 atm., o pentacloruro está disociado nun 60% en tricloruro de fósforo (g) e cloro molecular (g). Calcula Kc e Kp. PCl5 PCl3 + Cl2 i) 1,5 0 0 mol iniciais eq) 1,5(1-α) 1,5α1,5α mol no equilibrio eq) 0,6 0,9 0,9 mol no eq.

  22. Unha mestura gasosa constituída inicialmente por 3,5 mol de hidróxeno e 2,5 mol de iodo quéntase a 400ºC, acádase o equilibrio obtendo 4,5 mol de HI , sendo o volume do reactor 10 litros. Calcula a) Kc e Kp. b) a concentración dos compostos se o volume se reduce a metade, mantendo a temperatura H2 + I2 2 HI i) 3,5 2,5 0 mol iniciais eq) 3,5-x 2,5-x 2x mol no eq. eq) 1,25 0,25 4,5 mol no eq. Segundo o ppo de Le Châtelier ao diminuír o volume desprázase o equilibrio cara a onde haxa menos moles gasosos. Neste caso ∆n=0 así que non cambia o número de moles presentes no eq. Resultando

  23. A constante de equilibrio Kc da reacción N2O4 2NO2 vale 0,671 a 45ºC. Calcule a presión total no equilibrio nun recipiente que se encheu con N2O4 a 10 atmosferas e a temperatura referida.Datos R= 0,082 atm.l.mol-1.K-1. Selectivo Xuño 97. Madrid N2O4 2NO2 i) n 0 conc. inicial eq) n-x 2x conc. de equilibrio N2O4 2NO2 i) c 0 conc. inicial eq) c(1-α) 2c α conc. de equilibrio Nos dous casos temos dúas incógnitas e o problema resulta irresoluble. Teríamos que supor un valor para o volume.

  24. Para unha certa cantidade de pentacloruro de fósforo á presión de 2atm e 473K de temperatura, a metade das súas moléculas están disociadas. Determina Kp. PCl5 (g) PCl3(g) + Cl2(g) n0 0 0 mol iniciais n0(1-α) n0αn0α mol no eq. nT= n0(1+ α) A presión parcial de cada unha das especies, no equilibrio é:

  25. Nun recipiente de un litro de capacidade se introduce amoníaco a 20ºC e 14,7 atm. A continuación , quéntase o recipiente a ta 300ºC e aumenta a presión a 50 atm. Determina o grado de disociación do amoníaco 2 NH3 (g) N2 (g) + 3 H2 (g) n0 0 0 mol iniciais n0-2x x 3x mol no eq. nT= n0+2x

  26. A constante de equilibrio Kp da reacción N2O4 2NO2 vale 1,74.10-1 a 27ºC. Calcule o valor de kp a 327ºC. Sendo ∆H0= 57.1kJ mol-1 N2O4 2NO2

  27. Dada a reacción N2(g) + O2(g) 2NO(g). Calcula Kp a 25ºC. Datos: ∆H0f[NO(g)] =90,2kJ.mol-1; S0[N2(g)]=191,5J.mol-1K-1 ; S0[O2(g)]=204,8J.mol-1K-1 ; S0[NO(g)]=210,5J.mol-1K -1. A relación entre kp e os valores termodinámicos é N2 + O2 2NO

  28. Na descomposición de carbonato de calcio en óxido de calcio mais dióxido de carbono, calcula a constante do equilibrio Kpa 25ºC; e a presión parcial do dióxido de carbono no equilibrio.Datos: ∆G0f [CO2(g)]= -394,4kJ.mol-1. ∆G0f[CaCO3(s)]= -1128,8kJ.mol-1. ∆G0f [CaO(s)]=- 604,1kJ.mol-1 CaCO3(s) CO2(g) + CaO(s) Dado que dúas substancias están en fase sólida: Kp=pCO2 Presión parcial do dióxido de carbono 2,16.10-23atm

  29. Nun recipiente de 1l introdúcense 2 moles de N2 e 6 moles de H2 a 400ºC, establecéndose o equilibrio N2 (g) + 3 H2(g) 2NH3(g). Se a presión do gas no equilibrio é 288´2 atm, calcule o valor de Kc e Kp a esa temperatura.Selectivo Xuño 97. Madrid

  30. Fanse reaccionar 5 moles de aluminio metal con cloruro de hidróxeno en exceso para dar tricloruro de aluminioe hidróxeno gas(a) ¿Que volume de hidrçoxeno medido en condicións normais , se obtén?(b) Se todo o hidróxeno pasa sobre monóxido de cobre, en exceso, producíndose cobre metal e auga. ¿Que cantidade de cobre metal se obtén se o rendemento da reacción é do 60%? Selectivo Sept 97.

  31. Nunha reacción A+B == AB , en fase gasosa, a constante Kp vale 4,3 á temperatura de 250ºCe ten un valor de 1,8 a 275ºC. (a) Enuncie o principio de Le Chatelier (b) Razoe se a devandita reacción é exotérmica ou endotérmica.(c) En que senso se despraza a reacción ao aumentar a temperatura Selectivo Xuño 04.

  32. PAAU 2004 Nunha Reacción A + B AB en fase gasosa, a constante Kp vale 4,3 á temperatura de 250ºC e ten un valor de 1,8 a 275ºC. (a) Enuncie el Principio de Le Chatelier.(b) Razoe se a devandita reacción é exotérmica ou endotérmica. (c) ¿En que senso se despraza o equilibrio ao aumentar a temperatura?

More Related