1 / 24

PROXECTO-GALICIA XXI MÚSICA PARA FRAUTA E PIANO DE COMPOSITORES GALEGOS

PROXECTO-GALICIA XXI MÚSICA PARA FRAUTA E PIANO DE COMPOSITORES GALEGOS.

mina
Download Presentation

PROXECTO-GALICIA XXI MÚSICA PARA FRAUTA E PIANO DE COMPOSITORES GALEGOS

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. PROXECTO-GALICIA XXIMÚSICA PARA FRAUTA E PIANODECOMPOSITORES GALEGOS

  2. Este proxecto nace coa idea de recompilar o repertorio para frauta e piano creado por compositores galegos de diferentes épocas e estilos, expoñendo a obra ao público, que ata o de agora non tivera a oportunidade de apreciala dun xeito global,  deixando constancia desa realidade en forma de arquivos impresos e sonoros. Outro dos aspectos interesantes do proxecto é o traballo de interpretación que sobre estas obras realiza o dúo, en moitos dos casos en colaboración directa cos compositores, (alguhas destas obras son estreas absolutas) asegurando o rigor interpretativo que as obras merecen e marcándose como obxectivo conseguir interpretacións que sirvan de referencia ás persoas que decidan achegarse a este repertorio. Por outra banda e para asegurar o millor dos entendimentos posibles, este proxecto inclue unha proxeción nunha pantaia no mesmo escenario de, fotos, datos biográficos e reflexións dos compositores durante a interpretación das súas respectivas obras. Poñer en valor as fontes creativas de vangarda no noso país é unha obriga que temos para asegurarnos un futuro como pobo, nun mundo que tende a globalizar ate o pensamento. 

  3. Luis Soto – Frauta Nace en Guláns, Ponteareas, en onde escomenza os seus estudios no seo da banda de música " A Unión de Gulans", proseguíndoos máis tarde en Madrid, París e Stuttgart, cidades nas que gañou diversos premios e concursos.
En Madrid recibe clases do solista da Orquestra Nacional de España, Antonio Arias.
En Paris estudiou no Conservatoire Superieur de Paris (CNR) Con Madeleine Chassang, no Conservatoire de Marne-la Vallee con Hubert de Villele, e especializouse no Frautín co solista da Orquestra da Ópera de Paris e profesor do CNSM Pierre Dumail.
Nesta cidade gaña o primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o Segundo premio no Lucien Wumser, ademáis de pertencer o cuarteto Catre et demi.
No Conservatoire de Marne-la Vallee gaña os primeiros premios de Frauta Travesa e Música de Cámara e no Conservatorio Superior de Paris o Segundo en Frauta e Repentización. En Stuttgart foi alumno da Musikhochschule für Musik und Darstellende Kunst na Clase do prestixioso mestre Jean-Claude Gerard.
O longo dos dous anos que viviu nesta cidade traballou en diversos grupos de cámara e diferentes orquestras xunto a membros da Berliner Philharmoniker, Münchner Philamoniker,Bach Collegium… Ao longo da sua carreira Luis Soto ten dado centos de concertos con moi diversas agrupacións en Europa e en América.
Realizou múltiples gravacións para a radio, televisión e CD, destacando a gravación da integral de Joaquín Rodrigo co guitarrista Carles Trepat para o selo EMI Clasic. Colaborou co grupo de teatro Matarile na obra escrita e dirixida por Ana Valles “Historia Natural” que o levou a actuar en teatros e festivais de toda xeografía española, Francia e Portugal.
Na actualidade ocupa o posto de Frauta-Frautín na Real Filharmonía de Galicia en onde tocou baixo as batutas de decenas de directores de gran prestixio asi como con solistas de renome internacional. Conciente da importancia do ensino musical no noso pais, Luis Soto está a piques de rematar a carreira de Ciencias da Educación Musical na Universidade de Santiago de Compostela.

  4. Diego García – Piano  Nace en Escarabote (A Coruña). Realizou a  seus estudos musicais no Conservatorio Superior de Santiago de Compostela, diplomándose no 1996 na especialidade de piano. Os seus mestres máis destacados foron Corina Carregado, Ángel González e Nicasio Gradaílle.
Nese mesmo ano obten unha praza na clase do profesor Daniel Spiegelberg, no Conservatorio de Lausanne (Suiza), onde obterá no 1999 o “Diplôme Supèrieur” en piano e música de cámara. Tamén estuda con Chantal Mathieu e Edith Murano, tendo a ocasión de asistir ao ensino de grandes compositores contemporáneos coma Gyorgy Kurtag e Mauricio Kagel. Ao mesmo tempo, desenvolve unha importante laboura como pianista acompañante, froito do cal forma o dúo co tenor colombiano Humberto Ayerbe Pino, que o levará a tocar en Suiza e España. No 2001 prodúcese o seu debut como director de orquestra, nun programa do Ensemble “Kypris” de Lausanne, nun concerto con obras de Edison Denisow e retransmitido en directo pola RSR2 (canal clásico da Radio Suisse Romande), o cal o anima a optar a unha praza na prestixiosa clase de dirección de orquestra da “Hochschule für Musik” de Zürich  dirixida polo profesor Johannes Schlaefli, que obten en Xuño do 2003. Dende ese intre dirixe habitualmente en Suiza, República Checa  e Bulgaria, beneficiándose dos consellos de mestres da categoría de Pierre Boulez, Ralf Weikert, Peter Eötvos e Jesús López Cobos ademais de continua-la súa intensa actividade de pianista correpetidor. En Xuño do 2006 obten o “Diplom in Orchesterleitung”. Asemade traballa como asistente do director francés Nicolas Chalvin, co que colabora nas produccións operísticas “O Nariz” de D.Schostakovitch na Ópera de Nantes-Angers (Francia) (coa “Orchestre National des pays de la Loire”) e “Carmen” de G. Bizet na Ópera de Lausanne (coa Orchestre de Chambre de Lausanne, OCL), ambos espectáculos postos en escea por Patrice Caurier e Moshe Leiser. Foi invitado por la JONDE no cadro do seu encontro de xoves directores, pola OFM (Orquesta Filarmónica de Málaga), polo festival de Ópera de Vigo (“Rita” de Donizetti- 2007 / “La Verbena de la Paloma” de Bretón- 2008) e funda o Ensemble CONTRA .. do cal é director musical.  Dos seus próximos proxectos destacan o seu debut como director invitado coa Orchestre des Pays de Savoie (Chambery- Francia) ou monográfico adicado a Morton Feldman no MACUF de A Coruña co Ensemble do Conservatorio Superior de Vigo.

  5. Programa de Concerto  I Parte Paulino Pereiro Sonata para Frauta e Piano Op.20 (1986) I - Allegro II - Siciliano III - Scherzo IV - Adagio assai V - Rondeau Allegro Manuel Balboa.(1958 -2004) Habanera (1985 revisión de 1988) Andante plácido ma non tanto

  6. Jesús González.(1965) Por la Paz (2004) a Wissam Boustany Prólogo Song Epílogo

  7. II Parte Juan Durán  "Leviatán" Sonata para Frauta e Piano (1987) I - "Elógio de la soledad" II - "Signos de la lucha" III - "Aproximación a la muerte”

  8. Xoán Antón Vazquez .Casas "Morriña Galega" para Frauta e Piano (2001) Roxelio Groba Mímesis -ciclo (1981) para Frauta e Piano (12") I - Moderato rítmico II - Andante rubato III - Allegri molto rítmico

  9. Contacto Luis Soto E-Mail: luisoto@gulans.com Tlf: 00 34 680969434 Diego García E-Mail: diegogarciarodriguez@gmail.com Tlf: 00 34 666631444

  10. Prensa Estreno de Proxecto Galicia 21El flautista Luis Soto y el pianista Diego García fundan un grupo para divulgar la obra de compositores gallegosJOSÉ LUIS ESTÉVEZ - Santiago - 23/09/2008  El afán de dos músicos por tocar composiciones de autores gallegos para flauta y piano les ha llevado a crear el grupo Proxecto Galicia 21, una formación que se presentó por primera vez este verano dentro del festival Via Stellae y que hoy celebra su segundo concierto en la sede de la SGAE de Santiago. "Estamos invitando a los compositores gallegos a crear piezas para que podamos interpretarlas e incluirlas en nuestro repertorio, junto a las ya existentes de autores como Rogelio Groba, Paulino Pereiro, Manuel Balboa o Juan Durán", señala Luis Soto, flautista de la Real Filharmonía de Galicia, que se ha embarcado en este original proyecto junto al pianista Diego García. "Uno de nuestros principales objetivos", explica Soto, "es el de conseguir que pueda llegar a editarse la obra de los compositores gallegos que escriban para este tipo de formación y que los jóvenes puedan estudiar su obra en los conservatorios". Con el fin de promover un mayor conocimiento de los compositores cuyos temas interpretan, Proxecto Galicia 21 acompaña sus actuaciones con diapositivas en las que se ofrece información y fotografías de estos autores, todavía bastante desconocidos.La nueva formación musical nace con vocación de continuidad y con la idea de poder llevar la obra de los compositores gallegos a otros lugares. Los dos componentes de Proxecto Galicia 21 tienen una amplia experiencia musical, con formación tanto en Galicia como en el extranjero.Soto mantiene como actividad principal su trabajo en la Real Filharmonía, mientras que García apuesta por desarrollar su carrera como director de orquesta aunque, al mismo tiempo, sigue actuando como pianista. El flautista espera que la creación del grupo anime a los compositores gallegos a crear más piezas para un tipo de formación musical que se convirtió en habitual en la segunda mitad del siglo XX. "La mayoría de los autores trabaja por encargo y por eso es lógico que no haya muchas piezas para este tipo de formación. Esperemos que ahora puedan crearse más piezas que podrán presentarse en directo", apunta Soto.

  11. Achegarse ao público 12 de Xullo 2008 O Via Stellae incorpora un ciclo que dá a coñecer o traballo dalgúns dos mellores intérpretes e compositores galegos de música contemporánea M. DOPICO . SANTIAGO O dúo de frauta e piano Luís Soto e Diego García, que actúa hoxe en Compostela, dedícase a recompilar e divulgar pezas de compositores galegos O dúo de frauta e piano Luís Soto e Diego García, que actúa hoxe en Compostela, dedícase a recompilar e divulgar pezas de compositores galegos "Somos exiliados na nosa terra. A nosa música non está editada, non se ensina nos conservatorios, ten pouca presenza nas programacións culturais...". O músico Rogelio Groba denuncia deste xeito a certa indiferenza coa que, moitas veces, o traballo dos compositores galegos é recibido no seu propio país. Son escasas as iniciativas que tentan mudar esta situación. E entre elas atópase o ciclo 20/21 que, no seo do Festival Via Stellae 2008, está a achegar ao público, da man de intérpretes galegos, algunhas obras dos mellores compositores de música contemporánea de Galiza e do mundo. Hoxe mesmo, Luís Soto e Diego García ofrecerán, ás 12:30 horas na Igrexa da Universidade, en Compostela, un repertorio de obras para frauta e piano de Rogelio Groba, Paulino Pereiro, Juan Durán, Manuel Balboa, Jesús González e Xoán Antón Vázquez. "Queremos facer xustiza aos nosos creadores. O descoñecemento, a falta de interese dos responsables, a apatía do público pola música do noso tempo, o feito de non saber vender o noso... fan que a música galega teña moi pouca presenza. Nós promovemos a creación por parte de compositores galegos de novo repertorio para frauta e piano, e a súa gravación e edición en partitura ", explicou Soto. Continúa….

  12. Ademais, este dúo tenta achegarlle ao público " un repertorio complexo, que abarca todo tipo de linguaxes do século XX", -aclarou Soto-, co apoio dunha proxección auidovisual na que amosan fotografías e datos sobre os compositores. A música galega é tamén motivo de inquedanza para Natalia Méndez -piano- e Saúl Canosa -clarinete-, que actuarán o día 22 ás 20:30 horas en San Domingos de Bonaval, así como para Carlos Méndez, -contrabaixo- que tocará, unha hora despois, no mesmo lugar e o mesmo día. "Nós fixemos hai pouco, co apoio da Fundación Paideia, a primeira gravación da Sonata do compositor galego Bal y Gay, unha obra de 1947 que foi estreada nos Estados Unidos pero aquí nin se coñecía nos conservatorios. O noso concerto do día 22 estará centrado na música do século XX: Bal y Gay, Miguel Yuste e Poulanc. O Via Stellae é para nós unha oportunidade moi boa. Son case inexistentes os concertos de música de cámara nos festivais e ciclos galegos. Coa creación da Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia e de novos conservatorios, a formación mellorou moito, pero segue fallando a programación", comentou Natalia Méndez. "A música contemporánea é arriscada como opción para os programadores, pois pode resultar máis difícil de comprender. Eu creo que a cuestión é esa, máis que o feito de se é ou non música galega. Por iso, hai que facer un esforzo por crear un público. Agora a Real Filharmonía volve facer concertos de música de cámara, despois duns anos de baleiro. Outros programas desapareceron, como o que había no CGAC", matizou Saúl Canosa. Carlos Méndez incluirá no seu concerto a estrea dunha obra para contrabaixo -un instrumento, segundo cre, "infravalorado" e "pouco utilizado a nivel solístico", - de Juan Durán, Variacións sobre un tema de Paganini. "Estaría ben que nos valorasen máis, pero eu non me queixo. Creo que a tendencia a valorar máis o de fóra é algo que pasa en toda España. Para a formación foi bo que viñesen profesionais de fóra e animasen aos galegos e estudar e tocar noutros países con máis tradición musical. Por iso os intérpretes galegos acadaron a día de hoxe un bo nivel", pensa. OPINIÓNS "Non é talento o que nos falta" O pianista Nicasio Gradaille dedicará o seu concerto, o 19 de xullo ás 12:30 horas na Igrexa da Universidade, á música para piano preparado do americano John Cage -un piano manipulado ao que lle facía sonar como un grupo de percusión pequeno-. "Non é fácil que se programe música galega e contemporánea porque non ten moita aceptación polo público. A música galega si está, ademais de no Via Stellae, no Aremore de Vigo e no Festival de Música de Corpus de Lugo. Tamén nalgún ciclo concreto que se organiza, pero falta un circuíto estable. E talento hai", comentou. Obras dalgúns dos mellores compositores actuais de todo o mundo centrarán o concerto do cuarteto de saxofóns S@X21, o día 17 ás 21:00 horas no Salón Teatro. O ciclo Via Stellae 20/21 comezou cos concertos do Grupo Instrumental Século XX e de Ensemble s21, outras dúas agrupacións de intérpretes comprometidos coa difusión das creacións dos compositores galegos.

  13. PATIO DE VECINOSUna pareja en busca de repertorioConcha Pino Concha.Pino@Lavoz.Es 23/9/2008 Los intérpretes de música sinfónica no se conforman con la ejecución de un único repertorio. Las horas de ensayo a que los obliga su pertenencia a una formación orquestal aún les deja tiempo para diversificar su capacidad musical. Es el caso de Luís Soto Amil , flautista de la Real Filharmonía de Galicia desde su creación en el año 1996, que hace menos de un año estrenó con el pianista y director de orquesta Diego García la agrupación Galicia XXI, con el objetivo de interpretar obras de compositores gallegos para flauta y piano. Esta noche actúan por segunda vez en Compostela, en el programa de Arteria Noroeste destinado a promover la música sinfónica gallega contemporánea, para ofrecer un concierto con piezas de Manuel Balboa , fallecido prematuramente hace unos cuatro años, de Paulino Pereiro , Xesús González , Juan Durán , Xosé Antonio Vázquez Casas y Rogelio Groba . Luís Soto, que nació en una familia de músicos en Guláns, Ponteareas, explica que él y Diego, natural de Boiro y profesor en el Conservatorio de Vilagarcía, tratan de conseguir que se cree una editora gallega para partituras «e que dese modo se poida gravar para que haxa un repertorio ao alcance de intérpretes e alumnos dos conservatorios». Por eso este dúo busca a autores gallegos que compongan obras para flauta y piano para interpretarlas y así darles visibilidad. Por lo de pronto han recopilado todo lo que hay escrito por músicos gallegos para crear un repertorio que se proponen ofrecer en Galicia y en otras latitudes. Están muy ilusionados con la posibilidad de que el Instituto Cervantes cuente con ellos para dar conciertos allí donde exista interés por la cultura gallega.

  14. PROXECTO GALICIA XXIPartituras de vangardaLuis Soto e Diego García reclaman a creación dunha editorial pública de música que saque á luz o repertorio dos compositores galegos contemporáneos Os músicos Luis Soto e Diego García están á espera de que a Consellería de Cultura lles comunique se editará o repertorio dunha decena de compositores galegos contemporáneos. Así llo propuxeron hai uns meses como parte do proxecto Galicia XXI, unha proposta pioneira no país que está a recoller os apoios dos compositores galegos que ven nela unha oportunidade de visibilizar o seu traballo. Na Escola de Música Berenguela, Luis Soto e Diego García ultimaban onte os ensaios do concerto que hoxe ofrecerán a partir das 20.00 horas na nova sede da SGAE en Santiago, cun repertorio de pezas escritas por Rogelio Groba, Juan Durán, Paulino Pereiro, Jesús González, Octavio Vázquez, Manuel Balboa e X.A. Vázquez Casas.A teima destes dous músicos galegos non fica só en recompilar o repertorio de compositores do país senón tamén en impulsar a creación de máis música e en que esta se acabe editando para que estea a disposición tanto dos estudantes dos conservatorios galegos como dos músicos que queiran tocala ou escoitala."A nosa inquedanza é provocar que se cree novo repertorio: a iso xa se sumaron compositores galegos como Fernando Buide del Real, que está agora en Philadelphia, Octavio Vázquez ou Xavier de Paz, que reside en Madrid", sinala Luis Soto, quen logo de estudar en Madrid, París e Stuttgart, na actualidade é membro da Real Filharmonía de Galicia.Ademais, con este proxecto, ambos músicos comprometéronse a "apoiar a Asociación Galega de Compositores para que se cree unha editorial de música galega". Ao ver de Soto, esta iniciativa é "a única maneira de poñer a disposición dos estudantes dos conservatorios e dos plans de estudos este repertorio, descoñecido para a maioría, xa que ás veces, só escoitaron falar de Rogelio Groba. A nosa intención é que a música se edite, previo paso aos concertos, e tentar que se grave este repertorio para que o alumno tamén poida escoitala", sinala Soto."A nosa idea é recompilar e facerlle chegar á xente esta música para que poida opinar se lle gusta máis un ou outro compositor. A nós gústanos o contacto cos compositores e facer posible a escolla do público", engade Diego García, pianista e director de orquestra que traballou en Suíza, República Checa ou Bulgaria. Reuníronse con Luis Bará pero non recibiron respostaPara iso, reuníronse hai meses co director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, ao que lle propuxeron a iniciativa de editar este repertorio, pero aínda non recibiron resposta. "Dende a Asociación Galega de Compositores levan moito tempo loitando para que se cree unha editora pública de música galega porque, para que un alumno do conservatorio poida acceder a unha partitura, ten que estar en papel. Nós corriximos o repertorio e pódese editar xa agora. Queremos concienciar da necesidade de que nos plans de estudo dos conservatorios exista este repertorio, para que sexa obrigatorio coñecelo e que nas fins de carreira se encarguen obras para que, á vista de dez ou vinte anos, se cree un repertorio galego. Ademais, unha composición é patrimonio galego", reitera Soto.Por iso, piden a implicación das institucións públicas para que o repertorio dos compositores galegos contemporáneos non fique descoñecido. Pódese ampliar información na súa web: www.galicia21.net.

  15. PROXECTO GALICIA XXIPartituras de vangardaLuis Soto e Diego García reclaman a creación dunha editorial pública de música que saque á luz o repertorio dos compositores galegos contemporáneos "Falta formación musical no público""A miña impresión, como membro da Filharmonía, é que moitas veces toquei música de mala calidade pero que non era galega. E iso significa que á música do país non se lle dá a oportunidade de tocala. Iso vén polas políticas conservadoras á hora de programar", considera Luis Soto. Na súa opinión, ao público galego fáltalle formación musical. "Incluso aos propios músicos nos falta", asegura. "E tampouco houbo un interese especial en que a houbera por parte das institucións", engade Diego García. Ademais, "realmente é difícil vivir só da composición -asegura Soto-, os únicos que o fan son Octavio Vázquez, Buide, Xavier de Paz ou Soutullo. E non digamos vivir como director de orquestra, case imposible".

  16. COMPOSITORES Manuel Balboa.(1958 -2004) Paulino Pereiro Roxelio Groba

  17. Jesús González Fernando Buide del Real Octavio Vazquez

  18. Jorge Berdullas del Río Juan Durán Javier María Lopez X. A. Vazquez .Casas

  19. Para máis información poden visitar: www.galicia21.net

More Related