1 / 20

OS ORZAMENTOS DE 2012

OS ORZAMENTOS DE 2012. FORTES RECORTES PARA O EMPREGO O EMPREGO NON É UNHA PRIORIDADE PARA O PP. RAJOY REDUCE O ORZAMENTO DE PRESTACIÓNS. No cadro macroeconómico o goberno prevé: Unha diminución do emprego de 631.100 postos de traballo fronte os 356.500 de 2011

kemal
Download Presentation

OS ORZAMENTOS DE 2012

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. OS ORZAMENTOS DE 2012 FORTES RECORTES PARA O EMPREGO O EMPREGO NON É UNHA PRIORIDADE PARA O PP

  2. RAJOY REDUCE O ORZAMENTO DE PRESTACIÓNS • No cadro macroeconómico o goberno prevé: • Unha diminución do emprego de 631.100 postos de traballo fronte os 356.500 de 2011 • Un aumento da taxa de paro de 2,7 puntos fronte aos 1,5 de 2011 • Pese a elo diminúe o orzamento de prestacións en 1.637 millóns de euros, un 5,4%

  3. DADA A EVOLUCIÓN DO GASTO EN PRESTACIÓNS NON É DE ESPERAR A SÚA DIMINUCIÓN

  4. EN GALICIA XA LEVA CRECENDO O GASTO EN PRESTACIÓNS DENDE XUÑO DO ANO PASADO

  5. A REFORMA LABORAL VAI AUMENTAR O GASTO • En xaneiro aumentaron os EREs de extinción nun 91% e o total nun 45%; sen requirir autorización, aumentarán moito máis. • O abaratamento do despido fará que moitas empresas, que non o facían polo custe, se desprendan dos traballadores con salarios máis altos. • Nas Oficinas de emprego xa se nota un aumento de parados afectados pola Reforma Laboral

  6. O PP RECORTARÁ AS PRESTACIÓNS CO PRETEXTODE MANTELO DEFICIT • Se haberá máis paro que en 2011 • Se se destruirán máis postos de traballo • Se está aumentando o gasto en prestacións • Como van diminuír nun 5,4% as prestacións? Rajoy recortará a duración, a contía ou ambas cousas das prestacións por desemprego coa escusa de mantelo obxectivo do déficit. Xa negaron que foran facer outras cousas: subir os impostos, abaratar o despido …

  7. QUEN XESTIONA AS POLÍTICAS ACTIVAS?

  8. ORZAMENTOS DE 2012PARA O EMPREGO EN GALICIA A METADE QUE EN 2009 CON UN TERZO MAIS DE PARADOS 200 MILLÓNS MENOS CON 65.000 PARADOS MAIS, DE MOMENTO

  9. ORZAMENTOS DA CONSELLERÍA SEGUNDOA ORIXE DOS FONDOS

  10. CAE O INVESTIMENTO POR DEMANDANTENON OCUPADO

  11. ORZAMENTOS DA CONSELLERÍA SEGUNDO AORIXE DOS FONDOS • Feijóo reducíu os fondos da Xunta en 77,8 millóns de euros, un 49,5% menos. • Rajoy presenta nos orzamentos de 2012 unha diminución de 121,8 millóns, un 52% menos. • Dos fondos do FSE destinaron a outros fins 2,3 millóns, un 7,9% menos. • Deixan 1 de cada 3 euros que se investían. O investimento por cada demandante non ocupado cae de 1.822 euros a 698 euros, un 62%.

  12. AUSTERIDADE NOS RECORTES? Con menos persoal (Capítulo I), menos transferencias correntes e de capital (Cap. IV e VII), menos investimentos reais (Cap. VI), menos activos financeiros (Cap. VIII), que aumenten os gastos correntes (Cap. II) diminuíndo os demais, non é un despilafarro?

  13. QUEREN ELIMINAR OS SERVIZOS PÚBLICOS DE EMPREGO • Reducen ata o 30 de xuño os contratos de 1.500 promotores que reforzan as Oficinas de emprego, cando prevén un aumento de 600 mil parados. • En Galicia, 109 promotores que traballan nas Oficinas de emprego serán despedidos o 30 de xuño. • Para Modernizar os Servizos Públicos de Emprego recortan 63,4 millóns de euros, 5,2 en Galicia. Facer que as ETT xestionen ofertas e reducir 1.500 traballadores do seu persoal técnico cando prevén que o paro medre nun 21% é deteriorar aos Servizos Públicos.

  14. EN GALICIA XA DERON VARIOS PASOS • Eliminaron os mecanismos de análise dos mercados locais e de planificación das políticas activas. • Segue sen facerse a clasificación dos demandantes, pese o compromiso de que estaría feita fai un ano. • Reduciron a plantilla e non se cubren as vacantes. • Haberá en xuño 109 técnicos menos nas Oficinas, ademais dos 34 recortados sobre 2009: 143 técnicos menos para cen mil parados mais. Sen análise, planificación nin personal mal pode executar as súas funcións o Servicio Público de Emprego. Xustificarán así a intervención das ETT.

  15. DESAPARECE OS MECANISMOS DE INTERVENCIÓN NAS POLÍTICAS DE EMPREGO • A Xunta eliminou todos os seus fondos de orientación e programas experimentais (1,4 millóns) e o Estado reduciunos ao 32% (8 millóns menos). • Desaparecen practicamente os axentes de emprego. Dos 16,5 millóns de 2009, a Xunta eliminou os 10,2 que aportaba e o Estado reduciu os 6,3 millóns do 2011 a 94 mil euros. • Eliminase deste xeito a intervención da administración local na planificación e dinamización das políticas de emprego • Os axentes sociais e as entidades sen ánimo de lucro quedan tamén sen ese persoal técnico. O PP elimina a todas as institucións que deben intervir na planificación, análise e avaliación das políticas de emprego ao eliminar aos seus técnicos.

  16. ELIMINAN OS FONDOS PARA CONTRATAR PARADOS • A Xunta eliminou o 96% dos seus fondos (8,1 millóns) e o Estado o 99% (84 millóns). • Non poderá contratarse a case ningún dos 113 mil demandantes non perceptores de prestacións. • Nas ordes xa publicadas están comprometidos 64,8 millóns de euros, de onde sairán? • Os concellos e entidades galegas non poderán contar con traballadores financiados pola Xunta. O PP elimina os fondos para contratar parados non perceptores coa vista posta nos programas de colaboración social.

  17. FOMENTAN O EMPRENDEMENTO… SEN FONDOS • A Xunta reduciu 10,6 millóns os seus fondos para emprendedores e o Estado 10,4 millóns. • Hoxe hai 21 millóns menos que en 2009, un 68% menos de fondos para investimento en activo fixo, en cotas da Seguridade Social, … • O emprendemento está recoñecido por todos como un instrumento válido para facer fronte á situación actual. O PP fai unha vez mais política de imaxe: crea unha desgravación fiscal de 3.000 euros a bombo e platillo e elimina os fondos existentes que tiñan maior contía.

  18. ESQUILMAN Á FORMACIÓN DOS DESEMPREGADOS • Feijóo xustificou os recortes dicindo que impartir formación supoñía ter parados mellor formados, pero parados. • A Xunta diminuíu os fondos do programa de formación de desempregados de 7,5 millóns a soamente 400 mil. • Nestes orzamentos o Estado destina 10,7 millóns menos á formación dos parados galegos • Os 65,6 millóns de 2009, convértense en 51,9 millóns; os 310 euros por parado quedan reducidos a 187 euros. Se en 2009 puidéronse formar 20.147 parados, ¿cántos en 2012? As bases dun novo sistema produtivo e a saída a sectores saturados (construción, téxtil, …) pasa pola formación dos parados. Estes recortes déixannos sen alternativa.

  19. A FORMACIÓN DOS OCUPADOS TAMÉN SE RESINTE • En relación cos ocupados, Feijóo dirá algo parecido: “será ter ocupados, mellor formados, pero ocupados”. • O investimento de 2009, 32,2 millóns de euros, queda reducido nun 56%. En 2012 destínanse 14,2 millóns. • Redúcese os fondos transferidos pero aumentan os destinados a devolver as cotas de formación. • A formación para o emprego que abarca necesidades mais amplas, redúcese deste xeito ao posto de traballo. A formación para o emprego dos ocupados destinábase mais aos traballadores e as cotas aos directivos; é claro que implica aumentar os fondos de cotas.

  20. MENOS EMPREGO, MAIS PARO E MENOS POSIBILIDADES DE SAÍDA DA CRISE • Feijóo reducíu os fondos da Xunta para o emprego nun 49,5% e Rajoy os do Estado nun 52%. Unha coincidencia ou unha decisión política de partido? • Menos instrumentos de intervención no mercado laboral é o resultado dunha ideoloxía neoliberal. Desaparecen case todos • O meirande recorte se fixo en políticas activas de emprego, tanto na Xunta como no Estado. Teñen de común ser do PP. • Menos contratacións, menos apoio ao emprendemento, menos formación... En definitiva, menos futuro As políticas activas de emprego, nas que non cre o PP, son o instrumento básico para saír da crise cun novo modelo produtivo. O recorte nestas políticas, ademais do que implica de falta de sensibilidade social, perpetuará unha economía mais especulativa que produtiva, o que parece ser o seu modelo.

More Related