1 / 8

A lenda do dragón : A Coca

A lenda do dragón : A Coca.

emilie
Download Presentation

A lenda do dragón : A Coca

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. A lenda do dragón: A Coca Redondela é unha vila mariñeira do sur de Galicia, situada entre Vigo e Pontevedra, con moita historia, a vila dos viadutos, dos chocos, do mariñeiroXanCarallas e da Coca.No s. XVI , non se sabe a data exacta, na desembocadura do ríoAlvedosa, cara a ría de Vigo, uns rapaces miraron como se no río, debaixo da auga, estivese fervendo unha ola do cocidoxigante.

  2. Quedaronabraiadoscon aquilo, correndo polocamiño da portela cara a vila e mirando de reollo como, o que parecia unha ola do cocidoxigante fervendo, seguia enmovemento. Candochegaron á rampla que había fronte á ribeira do peixe xahabía unha morea de xenteasustada, rezando os seus rosarios e pensando que aquilo era a fin do mundo.

  3. Algo empezou a xurdir do fondo do río; era un dragón enorme,de color verdosa, e con un limo que lle esvaraba polo corpo, con unhasás, máis ben pequeniñas para o corpo que tiña, e un rabo longo acabado en punta, como a punta que ten a vara de pescar carallotesounavallas.Quedaron todos paralizados polo medo mirando semellante aparición.

  4. O dragóncomezou a subir polarampla bufando e movendo a cabeza a dereita e a esquerda, como se estivese buscando algo. De repente, colleu unha rapazacoa boca, meteuse no río e desapareceu. Coma se nonpasara nada, os veciños, resignados, marcharon para as súas casas; e, dendeese momento, todos os anos pola mesma data ( a do Corpus Christi ) deixábase unha moza na rampla para que o dragón (A coca) quedase satisfeito.

  5. Ata que os rapaces novos da vila non aguantaron máis, aquilo non podía seguir así. Xuntándose todos foron á Forxa de Baldomero e fixeron espadas para matar o dragón. Todos a unha acabarían con el e deixaría de levar as mozas da vila.

  6. Agardaron a noite e cando o dragón apareceu botáronse contra delcravándolle as espadas e acabando coasúa vida.

  7. Celebrouse unha gran festa, os mozos bailando coas espadas ainda ensanguentadas, as mullerescollían as mozaspoñéndoasenriba dos seus ombreiros dando voltas ó son das gaitas. Os mariñeiros da vila sacaronviño e peixe seco con pan para todos....

  8. Dende ese día en Redondela celebrase a Festa da Coca, onde a danza das espadas, os cabezudos e as penlas son a gran celebración.

More Related