boas pr cticas na elaboraci n de materiais para o ensino do galego como nova lingua n.
Download
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
Boas prácticas na elaboración de materiais para o ensino do galego como nova lingua. PowerPoint Presentation
Download Presentation
Boas prácticas na elaboración de materiais para o ensino do galego como nova lingua.

Loading in 2 Seconds...

play fullscreen
1 / 33

Boas prácticas na elaboración de materiais para o ensino do galego como nova lingua. - PowerPoint PPT Presentation


  • 83 Views
  • Uploaded on

Boas prácticas na elaboración de materiais para o ensino do galego como nova lingua. Inmaculada Mas Álvarez Luz Zas Varela DiSeLi Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012. 1. Presentación do grupo DiSeLi 2. Obxectivos e puntos de partida 3. Competencias e TIC (EDI)

loader
I am the owner, or an agent authorized to act on behalf of the owner, of the copyrighted work described.
capcha
Download Presentation

Boas prácticas na elaboración de materiais para o ensino do galego como nova lingua.


An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
    Presentation Transcript
    1. Boas prácticas na elaboración de materiais para o ensino do galego como nova lingua. Inmaculada Mas Álvarez Luz Zas Varela DiSeLi Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2012

    2. 1. Presentación do grupo DiSeLi 2. Obxectivos e puntos de partida 3. Competencias e TIC (EDI) 4. Exemplo dos materiais Guión da exposición

    3. Liñas de innovación: - Investigación-acción en competencias lingüísticas básicas: ensino primario, secundario e superior. - Ensino de segundas linguas en contextos multilingües. - Deseño de materiais implementados coas TIC no ensino de segundas linguas. - Materiais para o ensino do galego como segunda lingua e como lingua de instrución. DiSeLi: Grupo de innovación docente da USC

    4. Ana Leirós Davila (Lingua galega. IES Rodeira) Inmaculada Mas Álvarez (Lingua española. USC) Gloria Rivas Rodríguez (Filosofía en inglés. IES Virxe do Mar) Carme Silva Domínguez (Lingua galega. USC) Beatriz Tourón Torrado (Lingua española. IES A Sangriña) Belén Vázquez Álvarez (Lingua inglesa. IES Cangas) Luz Zas Varela (Lingüística xeral. USC) Integrantes

    5. Elaboración de materiais sobre galego como segunda lingua - deseñar un conxunto de actividades destinadas á súa implementación no encerado dixital interactivo (EDI) - elaboración duns materiais polivalentes (A2-B1), para desenvolver as competencias de expresión e comprensión escrita e oral en galego. O conxunto global das actividades está dirixido a unha tarefa final auténtica ―elaborar unha revista dixital― e o alumnado destinatario é o procedente do estranxeiro e que descoñece o galego como lingua de instrución. No que estamos a traballar

    6. Contexto global: movementos migratorios e diversidade A aprendizaxe de linguas acrecenta o repertorio comunicativo das persoas, preciso para participar na sociedade. Se falamos de repertorios, entendemos a comunicación como un concepto dinámico, xa que as linguas forman parte da historia das persoas e das comunidades. O recoñecemento e a valoración das linguas e as variedades lingüísticas presentes na comunidade, nos textos escritos, orais e nos medios de comunicación audiovisuais permítenos reflexionar sobre os diferentes repertorios comunicativos.

    7. Preguntas e respostas sobre as linguas e a linguaxe • Estereotipos e simplificación estrema • Reproducimos unha das “20 Láminas para descubrir la ciencia” dun dos tradicionais libros-xogo educativos, tan de moda nos anos 60 e 70 (Explorer Educa).

    8. Preguntas e respostas sobre as linguas e a linguaxe

    9. A ficción da homoxeneidade • A pesar de que o máis frecuente na vida real é o multilingüismo, en forma de moi diversas linguas e de diversade de variedades, o que presenciamos no día a día da escola adoita manifestar en ocasións unha tendencia á uniformización excesivamente ríxida, unha ficción de monolingüismo —ou ás veces bilingüismo— que agacha as linguas e variedades empregadas, por exemplo, no seo da familia.

    10. Estratexias e marco europeo Estratexia inclusiva do multilingüismo que debe centrarse nos seguintes ámbitos: • Multilingüismo para o diálogo intercultural e a cohesión social. • Multilingüismo e prosperidade. • Aprendizaxe permanente. • Medios de comunicación, novas tecnoloxías e a tradución. • Multilingüismo e dimensión internacional.

    11. Obxectivos da escola cara a diversidade • Poñer de manifesto que a diversidade social e cultural é un feito natural. • Evidenciar que a diversidade social e cultural é un feito complexo. • Facer ver que a diversidade social e cultural é unha vantaxe para a sociedade. • Facilitar a vivencia non problemática da identidade. • Establecer un contexto no cal as interaccións sexan igualitarias. • Evidenciar a natureza política dos conflitos presuntamente culturais.

    12. A paisaxe lingüística

    13. MCERL • […] a finalidade da educación nunha lingua queda profundamente modificada. Xa non se entende como o simple logro do “dominio” dunha ou dúas, ou mesmo de tres linguas, cada unha considerada de forma illada, co falante nativo ideal como modelo fundamental. No canto disto, o obxectivo é o desenvolvemento dun repertorio lingüístico no que estean implicadas todas as capacidades lingüísticas. Isto supón, naturalmente, que as linguas que se ofrecen nas institucións educativas teñen que diversificarse e que aos alumnos debe dárselles a posibilidade de desenvolver unha competencia plurilingüe […]. (Consello de Europa, 2005: 31-32)

    14. O multilingüismo nos dispositivos móbiles

    15. Modelo tradicional no ensino de linguas a) Enfoque en la nación-estado y en la lengua de la nación como fuente de identidad. b) El plurilingüismo es un problema para la sociedad. c) El bilingüismo y la procedencia de una cultura diferente son silenciados. d) La educación bilingüe en la escuela se ve como un problema. Los niños deben ser instruidos en la lengua nacional para estudiar otras lenguas posteriormente. e) Los hablantes de otras lenguas son “foráneos”. f) Aprender otras lenguas es difícil. g) Adquirir un nivel de lengua casi como la de un nativo es el objetivo final.

    16. Modelo tradicional no ensino de linguas • h) La enseñanza/aprendizaje se centra casi exclusivamente en objetivos lingüísticos. La cultura no se contempla o se presenta de forma estereotipada. • i) La enseñanza/aprendizaje se centra en una sola lengua. No se pueden aprender a la vez dos o más lenguas. • j) El aprendizaje de lenguas tiende a ser elitista y problemático para la mayoría. • Mercé Bernaus (2004): “Un nuevo paradigma en didáctica de la lengua”, Glosas didácticas, nº 11

    17. Novo modelo no ensino de linguas a) Énfasis en la ciudadanía europea y en la diversidad lingüística. b) El plurilingüismo enriquece a la sociedad. c) El bilingüismo y la procedencia de una cultura diferente son bien acogidos. d) La educación bilingüe o plurilingüe se apoya porque puede favorecer el aprendizaje de lenguas diversas paralelamente y al mismo tiempo. e) Los hablantes de otras lenguas forman parte de nuestra comunidad. f-i-j) Aprender otras lenguas es normal. g-h) Se valoran los niveles de competencia comunicativa más básicos en diversas lenguas, adquiridos a lo largo de la vida.

    18. “Trabalhar a compêtencia plurilingue é, também, trabalhar a elasticidade e flexibilidade cognitiva no sentido da acquisição de uma consciência metalinguística, metacomunicativa e metacognitiva. A compêtencia plurilingue diz repeito à capacidade de cada falante activar capacidades e conhecimentos que possui, ou seja, o conjunto do repertório lingüístico de que dispõe de forma de ser capaz de comunicar e compreender mensagens numa dada situação de comunicação que se constrói pela presença de mais de uma língua” (A. I. Andrade e H. Araújo: Imagens das línguas em contextos de educação e formação lingüística, Universidade de Aveiro, 2006) Competencia plurilingüe

    19. Proxecto Galauda

    20. O concepto de competencia Capacidade de poñer en práctica de forma integrada, en contextos e situacións diversos, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas. O concepto de competencia inclúe: Saberes, habilidades e actitudes

    21. Competencias básicas A inclusión das competencias básicas no currículo ten varias finalidades: - integrar as diferentes aprendizaxes, incorporadas ás diferentes áreas ou materias, - permitirlle a todo o alumnado integrar as súas aprendizaxes, poñelas en relación con distintos tipos de contidos e utilizalas de xeito efectivo cando lle resulten necesarias en diferentes situacións e contextos, - orientar o ensino, ao permitir identificar os contidos e os criterios de avaliación que teñen carácter imprescindible.

    22. Competencias no marco europeo No marco da proposta realizada pola Unión Europea, identificáronse oito competencias básicas: 1. Competencia en comunicación lingüística. 2. Competencia matemática. 3. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. 4. Tratamento da información e competencia dixital. 5. Competencia social e cidadá. 6. Competencia cultural e artística. 7. Competencia para aprender a aprender. 8. Autonomía e iniciativa persoal.

    23. Competencia en comunicación lingüística Refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, de representación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento (LI) e de organización e autorregulación do pensamento das emocións e da conduta.

    24. Compentencias galego (L2) 1. Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social, cultural e académica. 2. Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente,creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural, adoptando mediante o diálogo actitudes de respecto e de colaboración cos demais. 3. Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente,creativo e adecuado aos distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.

    25. Competencias galego 4. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e mais para escribir e falar con adecuación e coherencia. 5. Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado español, de Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e entender as situacións que provoca o contacto de linguas.

    26. Competencias galego 6. Comprender os diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos clasistas ou sexistas. 7. Consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo. 8. Aproximarse ao coñecemento do patrimonio literario e valoralo como un xeito de simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos histórico-culturais.

    27. PARA DESTACAR Uso das TIC para elaborar textos escritos ben presentados e adecuados ao contexto, aproveitando as posibilidades dos procesadores de textos, correctores ortográficos e recursos na rede.

    28. Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico(Villamanín, León 1895 - Ferrol 1975)

    29. Materiais innovadores para o ensino da lingua

    30. Programa mediante tarefas Céntrase no interese do estudante e en como este chega a ser capaz de usar a lingua en diversos usos sociais. A tarefa é a unidade de actividade na aula. Metodoloxía do enfoque comunicativo

    31. “El concepto de tarea es único: actividad dirigida a un aprendizaje significativo de la lengua mediante la práctica de la comunicación; es —o debe ser— a un mismo tiempo comunicativa, discente y didáctica”. (J. Zanón: La enseñanza del español mediante tareas, Madrid, Edinumen, 1999) Metodoloxía do enfoque por tarefas

    32. Colaborando nunha revista dixital • Seccións: • Crítica de cine. • Artigo de viaxes. • Artigo científico. • Publicidade. • Cartas á dirección. • Evento deportivo. • Receitas. • Entrevista. • Descrición.