1 / 29

ESPAZOS NATURAIS Costa de Vela

ESPAZOS NATURAIS Costa de Vela. Situado no extremo Sur-Leste da Península do Morrazo, limitando coa ría de Vigo polo Sur.

wayne
Download Presentation

ESPAZOS NATURAIS Costa de Vela

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. ESPAZOS NATURAIS Costa de Vela

  2. Situado no extremo Sur-Leste da Península do Morrazo, limitando coa ría de Vigo polo Sur. Comprende os cantís da Costa da Vela, desde a punta Couso, co espazo marítimo situado fronte a eles, o Cabo Home, a punta Subrido e as praias e sistemas dunares de Melide e Barra. Ten un gran valor biolóxico (en especial os fondos mariños), xeolóxico, paisaxístico e botánico. Pódense atopar ecosistemas diversos: costa rochosa e areosa, areais e dunas, bosque de piñeiros, cantís e monte baixo. EXTENSIÓN: 1.384,81 ha CONCELLOS: Cangas PROTECCCIÓN: LIC, ZEPVN VALORES NATURAIS: cantís, fondos mariños

  3. A Costa da Vela está formada por rochas graníticas con cantís de ata 150 m de altura. O punto máis alto é o Monte Facho ou Vixía, con 184 m.

  4. Cantís de Punta Vixía

  5. Cabo Home e Illas Cíes

  6. Donón, Cabo Home, Ría de Vigo e Illas Cíes, desde o cume do Facho.

  7. Cabo Home.

  8. No Cabo Home o aspecto dos cantís cambia bruscamente debido á presenza de rochas metamórficas (gneis) que forman parte dun complexo que vai desde Malpica ata o Sur de Galicia. A cor dos gneis escura contrasta co gris craro dos granitos e a disposición dos estratos en distintas orientacións con fallas e pregues da lugar a formas erosivas característicos.

  9. Arco no cantil do Cabo Home

  10. Punta Robaleira

  11. O fondos rochosos desta costa están poboados por algas que proporcionan alimento e refuxio a unha gran diversidade de animais. Na faixa intermareal das rochas atópanse boas colonias de percebes e nos fondos moluscos, crustáceos e peixes de rocha. Nos cantís hai herba de namorar, centáureas, macela mariña, fento mariño, pirixel do mar, anxélica e diversos tipos de liques. Nas zonas de monte domina o mato de toxo, as xestas, as carpazas e os piñeiros.

  12. Poza de marea con mexillóns, lapas, arneiróns, chuponas, ourizos… e as algas calcáreas que tapizan o fondo

  13. Os percebes (Polycipes cornucopia) son crustáceos coloniais que viven apegados ás rochas da zona mediolitoral e infralitoral das zonas de mar batido.

  14. Liques nas rochas dos cantís

  15. Herba de namorar (Armeria pubigera). Un endemismo do NW da Península Ibérica.

  16. Uvas de lagarto (Sedum…). Desenvólvense nas pequenas áreas de solo que se forma entre as rochas.

  17. Cardo (Cisium filipendulum), un endemismo ibérico que florece a comezos do verán en lugares algo húmidos. Forma parte habitualmente da flora das costas rochosas.

  18. Escaravello Edemerido sobre unha macela brava. As flores do monte atraen a numerosos insectos.

  19. Xesta nos cantís da costa da Vela.

  20. A parte de costa areosa atópase na entrada da Ría de Vigo, praias de Melide, Barra e Nerga. Conservan un amplo sistema dunar sobre o que se asenta a flora típica (cebola das gaivotas, tomelo bravo, feo, correola da praia, leiteiras, alhelís, arenarias, paxariños, musgos, liques) e un bosque de piñeiro manso.

  21. Praia de Melide con dunas fixadas por un bosque de piñeiros bravos e de Monterrei.

  22. A praias de Barra e Nerga están situadas ao leste do Cabo Home. Forman un areal de 2 km de lonxitude con dunas fixadas por un bosque de piñeiro manso. A zona das dunas de Barra ten un gran interese micolóxico. Un estudo revelou a existencia de 140 especies de macromicetes, das cales 26 son primeiras citas para Galicia: Fuligo cinerea, Hohenbuenhelia geogenia, Sistrotrema confluens, Sarcosphaera crassa, Paxina leucomela....

  23. Carrasco ou tomelo bravo (Helichrisum picardii). Vive nas dunas móbiles e fixadas dos areais da costa oeste da Península Ibérica. Chama a atención polas numerosas inflorescencias e polo olor que desprende.

  24. Cebola das gaivotas (Pancratium maritimum). É unha planta común en dunas e areais na que sobresaen, polo seu tamaño, as flores brancas.

  25. A eiruga da avelaíña Brithys crini está intimamente ligada á cebola das gaivotas, da que se alimenta case exclusivamente.

  26. Montaxe: Adela Leiro Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta

More Related