1 / 6

O Enterro do Conde Orgaz

O Enterro do Conde Orgaz. FICHA TÉCNICA DO CADRO :. NOME _ O Enterro do Conde Orgaz AUTOR _ O Greco (Domenikos Theotokopoulos ) ESTILO _ Manierista DATA _ 1586-1588 LOCALIZACIÓN _ Igrexa de Santo Tomé (Toledo) DATOS TÉCNICOS _ Óleo sobre tea, 4.80 x 3.60 m. DESCRIPCIÓN:

vashon
Download Presentation

O Enterro do Conde Orgaz

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. OEnterrodoConde Orgaz

  2. FICHA TÉCNICA DO CADRO : • NOME _ O Enterro do Conde Orgaz • AUTOR _ O Greco (Domenikos Theotokopoulos ) • ESTILO _ Manierista • DATA _ 1586-1588 • LOCALIZACIÓN _ Igrexa de Santo Tomé (Toledo) • DATOS TÉCNICOS _ Óleo sobre tea, 4.80 x 3.60 m

  3. DESCRIPCIÓN: •              Este gran cadro está dividido en dúas grandes zonas, por un lado na parte alta se observa unha zona celestial onde aparecen Cristo, a Virxe, ánxeles, santos e outros personaxes xa falecidos. Na parte inferior, a terrenal, se representa un enterro rodeado de personaxes, uns eclesiásticos e outros civiles. • ORIXE DO CADRO: •              A orixe do cadro hai que situala no encargo que Andrés Nuñez de Madrid (Párroco de Santo Tomé) realiza ao Greco en 1586 para que pinte un lenzo que ia a ir situado nunha capilla lateral da citada igrexa parroquial. •              Ese cadro tería que representar o milagre que en 1323 ocorreu naquela igrexa cando se ia enterrar a Gonzalo Ruiz de Toledo, señor de Orgaz: Nese momento baixan do ceo San Agustín e San Esteban e o enterran eles mesmos coas súas propias mans. Polo tanto o cadro ha de representar esta escena co fin de informar ao visitante o feito extraordinario que ocurreu nese lugar, á vez que lle recorde que certas virtudes como a caridade ou o rezo aos santos son razóns de peso para poder acadar a vida eterna, motivo por outra parte de que se produxera o milagre. •              As razóns de que este encargo se realizase en 1586 habreía que buscar o pleito que anos atrás mantivo o párroco Nuñez cos veciños de Orgaz ao negarse estos a continuar beneficiando á igrexa de Santo Tomé, tal e como o deixara escrito seu señor antes de morrer; este pleito é gañado por Nuñez, quen a partir dese momento decide levantar unha capilla sobre a tumba, encargar un epitafio ao humanista Alvar Gómez de Castro co fin de recordar dunha maneira mais directa á fel a necesidade da caridade para lograr a salvación, e encargar da mesma forma un lienzo que rememorase o feito milagroso e a lectura que se ha de extraer del. ·  O Greco polo tanto ten que representar unha pintura conforme ao contrato e encargo de Nuñez, orixe mais directo da obra, pero ademais o pintor ten outras fontes como son a obra de Pedro de Alcocer o de Hierónymo Román de onde extraer elementos ou inspirarse.   

  4. ANÁLISE FORMAL DA OBRA: A obra ten unha serie de características que a sitúan dentro do estilo Manierista da pintura. Este estilo nace da crise, dunha parte o ambiente de optimismo, equilibrio e confianza do Humanismo, se ve ameazado cos problemas económicos, políticos e relixiosos que culminaron no “Saco di Roma”. Doutra parte a presenza de grandes mestres na Arte, semella pechar aos mais novos as posibilidades de creación independente, limitándoos a un papel de seguidores que pronto reinterpretarán habida conta da liberdade pictórica que heredaron dos grandes mestres, isto unido ao novo interese arqueolóxico (descubrimento de El Laoconte, da Domus Aurea o de Las Bodas Aldobrantinas) e ao proceso altamente intelectualizado co que se quere realizar as representacións artísticas, sentan as bases do desenrolo deste novo estilo. Estas características da nova Arte que podemos observar na obra que estamos a comentar serán: ·   Luces de apariencia artificial: Fenómeno que indica a artificiosidade e intelectualidade que se aplica na obra, está tomado de toda a tradición manierista en xeral polo que non se pode falar dunha influencia dun pintor en concreto.Na obra polo tanto podemos observar como a parte celestial ten unha luz diáfana que non emana dunha fonte en concreto, ou como na parte terrenal parecen o corpo do señor de Orgaz e os santos mais iluminados que o resto así como as caras dos personaxes representados. Esta iluminación non pertence á observación natural, se fora así as antorchas que portan algúns individuos houberan modificado a luminosidade do cadro creando uns contrastes entre  luces e sombras. O Greco polo tanto utiliza este recurso  dunha forma artificial que inquieta ao espectador e lle fai atraer a mirada hacia unhas escenas determinadas. ·  O alongamento das figuras:  Recurso amplamente utilizado polo pintor en todos os seus lienzos hasta tal punto que este se tomou como característico da súa obra. Este recurso o tomará de Miguel Ángel tralo seu paso por Roma e en segundo lugar de Tintoretto e Parmigianino da escola Veneciana. Consiste no alongamento voluntario das formas buscando nel unha beleza das formas a través da estilización de estas, existe polo tanto unha inspiración goticista, pero tamén unha

  5. intencionalidade de poñer en cuestión unhas regras e modelos nados no Alto Renacemento e que á altura do siglo XVI son considerados como caducos. É por este motivo que os tratadistas se farán eco da nova situación argumentando que o corpo non se pode medir obxetivamente, e ha de ser o ollo e non as regras as que marquen a composición dunha figura. O Greco coñece a obra de Miguel Ánxel trala súa estancia en Roma, coñece aos demais manieristas, e tamén sabemos que na súa biblioteca gardábanse algúns tratados ao respecto onde anotou a súa conformidade con estos postulados. Así non é de extrañar a estilización das figuras que aparecen na obra que comentamos.  ·  Figuras cortadas:  É outro dos recursos manieristas utilizados na pintura, algo impensable dentro do Renacemento que postula a armonía, o equilibrio, a composición dentro da obra, pero que o Manierismo ao romper coas normas non ten en conta, buscando así uns efectos maiores no cadro. Exemplo de todo isto o podemos atopar nas figuras recortadas que aparecen nos laterais do lienzo. ·  Figuras serpentinatas:   É outro dos recursos manieristas utilizados polo Greco. Consiste na elaboración de figuras retorcidas  que buscan extraños escorzos. Esta idea nace de Miguel Ánxel que quere con isto imprimir na figura unha expresión non acadada anteriormente, idea que cedo é aceptada e desenrolada polos manieristas. Exemplo de isto o podemos atopar na figura d ánxel que conduce a alma do señor de Orgaz ao ceo e en menor medida na posición de outros ánxeles da escena celestial. ·        Estudo anatómico dos corpos:   Característica de influencia Miguelanxelesca, que vía nos estudos e representacións anatómicas dos corpos unha forma de poder representar a beleza. Esta circunstancia a podemos observar nos desnudos que aparecen na parte celestial da obra.

More Related