E N D
Horario de titoría. Atención personalizada ( atenderanse casos particulares). Martes de 17.30-18.30.Pedir cita • O grupo • Nº de alumnos/as • Comportamento, actitude. Control ( reiterativo, mandarase aviso). • Nivel de traballo • Obxectivos • Familia-escola • Valorar a importancia de aprender • Valorar o esforzo • Potenciar e reforzar conductas positivas • Fomentar hábitos de hixiene, alimentación e consumo • Mostrar interese polo traballo realizado • De aula para o trimestre • Acadar e superar os contidos curriculares • Adquirir responsabilidade do seu traballo escolar, autonomía • Organizar o tempo de traballo • Coidar as presentacións, cadernos … • Varios • Ausencias. Xustificantes: recoller aos/ás alumnos/as nos cambios de clase. • Hixiene ( olores, piollos…) Titoría
Avaliación. Mínimos esixibles para Quinto Curso INSTRUMENTOS E PROCEDEMENTOS PARA AVALIACIÓN
MÍNIMOS EXIXIBLES POR MATERIAS PARA SUPERAR O 5º NIVEL DE EP
MATEMÁTICAS • Escribir cantidades representadas en el sistema de numeración romano. • Descomponer, leer, escribir, comparar, ordenar, operar y resolver problemas con números (naturales, decimales). • Reconocer, representar, comparar, efectuar operaciones y problemas de la vida real con fracciones, así como hallar fracciones equivalentes y saber comprobarlas. • Calcular aumentos y disminuciones porcentuales muy sencillas. • Reconocer y relacionar los euros y los céntimos de euro con las partes de un número decimal teniendo en cuenta el valor posicional de las cifras. • Aplicar las equivalencias, escribir y transformar en forma compleja e incompleja unidades de longitud, masa y capacidad, y resolver problemas de la vida cotidiana en los que intervengan medidas de longitud, masa y capacidad. • Conocer las unidades de tiempo, sus relaciones, las unidades del sistema sexagesimal, realizar transformaciones con unidades de tiempo de forma compleja a incompleja, y viceversa. • Localizar y situar puntos en el plano mediante sistemas de coordenadas. • Reconocer, diferenciar y dibujar diferentes tipos de rectas (paralelas, secantes y perpendiculares), semirrectas y segmentos. • Conocer la idea de ángulo, su clasificación y su unidad de medida. • Conocer y distinguir los polígonos y sus elementos, y clasificarlos según su regularidad, su número de lados y la amplitud de sus ángulos interiores. • Emplear diferentes estrategias para calcular el perímetro y el área de un polígono. • Reconocer la circunferencia, el círculo y las principales figuras circulares identificando sus elementos y hallar la longitud de la circunferencia y el área del círculo. • Determinar la frecuencia y la media de una información dada. • Conocer e interpretar de forma simple distintos tipos de gráficos estadísticos.
LINGUAS • Comprender producións orais (conferencias, exposicións, explicacións), provenientes de diferentes medios. Ter capacidade para facer unha síntese tamén oral a partir das ideas principais que se expuxeron. • Participar activamente nas conversacións da clase e utilizar unha linguaxe comprensible para as funcións básicas, por exemplo relacionarse, aprender, expresar experiencias vividas, imaxinar. Así mesmo, ten que saber escoitar os outros e respectar as quendas de palabra. • Expoñer temas de produción propia oralmente (exposicións, procesos, comentarios de actualidade, entre outros) con preparación previa, e adaptando a entoación, o ton de voz ou o xesto á situación comunicativa. Utilización de material gráfico. • Comprender autonomamente textos escritos (contos, poemas, artigos, folletos informativos…) e audiovisuais (películas, anuncios, informativos). • Saber responder e formular preguntas referidas aos textos e libros de literatura que se leron ou miraron e saber facer unha valoración global. • Escribir textos funcionais, narrativos, literarios e audiovisuais coherentes —á man e facendo uso das TIC—, con riqueza de linguaxe, partindo do proceso de pensar, escribir ou elaborar e revisar e atendendo á corrección ortográfica e gramatical. • Aplicar a acentuación gráfica na maioría dos casos nos textos de produción. • Coñecer os mecanismos da lingua para crear significado, composición, sentido figurado e todos os traballados durante o curso. Aplicación nos textos de produción propia. • Coñecer a terminoloxía gramatical básica e a función de cada elemento nun enunciado. • Mostrar progresiva autonomía na aprendizaxe: reflexión sobre o proceso, organización e planificación do traballo, aceptación dos erros, autocorrección e autoavaliación de todo o proceso. • Coñecer e valorar a diversidade lingüística e cultural de Galicia, de España e do mundo, con actitude de respecto cara ás persoas que falan outras linguas e interese por comprendelas.
CIENCIAS SOCIAIS • Explicar como é e de que forma se orixinou o Universo e os seus principais compoñentes. • Describir as características principais do Sistema Solar identificando diferentes tipos de astros e as súas características, incluídos os movementos da Terra e da Lúa e as súas consecuencias. • Explicar as distintas representacións da Terra e interpretar tanto a linguaxe cartográfica como as linguaxes icónicas e simbólicas para mellorar a comprensión da realidade. • Diferenciar entre tempo atmosférico e clima, e analizar a importancia das predicións meteorolóxicas. • Identificar os factores que inflúen no clima e explicar como actúan para adquirir unha idea básica do clima, así como dos factores que o determinan. • Explicar os trazos máis destacados das temperaturas e das precipitacións dos climas de España e de Galicia, e identificar as paisaxes características de cada zona climática. • Explicar a importancia que ten a Constitución para o funcionamento do Estado español, así como os deberes, os dereitos e as liberdades que recolle. • Identificar as principais institucións autonómicas galegas. • Describir a división territorial do Estado. • Explicar que é a UE, os países que a compoñen e explicar algunhas vantaxes derivadas do feito de formar parte dela. • Interpretar a evolución e a distribución demográfica galega, española e europea a partir de pirámides de poboación, gráficos de barras e diagramas circulares
CIENCIAS NATURAIS • Coñecer o uso dos recursos naturais da Terra, identificar algúns dos empregados na vida cotiá e adquirir conciencia da necesidade de conservalos e de evitar a contaminación. • Coñecer algúns tipos de máquinas e aparellos que se empregan na vida cotiá, así como a utilidade que teñen. • Coñecer o funcionamento do corpo humano en canto a células, tecidos, órganos, aparellos, sistemas (localización, forma, estrutura, funcións, coidados etc.). • Adoptar estilos de vida saudables, sabendo as repercusións para a saúde do seu modo de vida, tanto na escola como fóra. • Coñecer a estrutura e a fisioloxía das plantas, así como as características principais da fotosíntese e a súa importancia para a vida dos seres vivos. • Coñecer as características e os elementos que compoñen un ecosistema, así como os seres vivos que o habitan e as súas relacións. • Relacionar determinadas prácticas do ser humano co coidado e co respecto polo medio natural, adoptando hábitos consecuentes tanto no colexio como fóra e coñecer as repercusións que ten para a vida no planeta. • Explicar como os cambios (por fenómenos naturais e pola actividade humana) no medio natural poden afectar a compoñentes vivos e inertes, e variar o equilibrio.
Libros dixitais. EVA MODOS DE ACCESO Sen wifi Explorador Wifi
CO EXPLORADOR. Necesítase conexión a internet. Nos netbooks, só na aula eva.edu.xunta.es Nome de usuario Contrasinal Acceso
SEN CONEXIÓN. Só cos netbooks Dous tipo de acceso: Eva offline e visor Eva
O interior dos textos Índice do tema Actividades para realizar na libreta ou online Teoría
Os equipos informáticos son propiedade da Consellería de Educación e O.U. da Xunta de Galicia • O alumnado ao que vai dirixido deberá cumprir e respectar en todo momento a normativa de uso incorporada no Regulamento de Réxime Interno do Colexio, sabendo que o incumprimento da mesma, conlevará, ademais da perda dos privilexios de uso, calquera das sancións que se estabelecen no devandito Regulamento e mesmo sancións económicas, se chegara o caso. • A cada alumno ou alumna de 5º nivel de Educación Primaria asignaráselle unha computadora portátil (netbook) do que será responsábel mentres estea matriculado/a no colexio. • Cada alumno/a (e a súa familia) é totalmente responsable do uso que faga da súa computadora portátil (netbook) • Os equipos poderán levarse aos domicilios, sempre e cando se asine o impreso de CONVENIO DE EMPRÉSTEMO. Regulamento de utilización do material Abalar
O Colexio participa no proxecto E-DIXGAL da Xunta de Galicia para o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación, o cal require a posta a disposición do alumnado do Colexio de computadoras para a realización das súas tarefas escolares. • O alumnado levará o ordenador ao seu domicilio para estudar e realizar as tarefas encargadas polo seu profesorado. Non se poderá empregar o citado equipo para ningún outro uso persoal ou profesional sen a expresa autorización do Colexio. Ademais non poderá cederse a terceiras persoas. A utilización non permitida do equipo será recolleita como falta no Regulamento de Réxime Interno do Colexio. • O alumnado e a súa familia non poderán realizar manipulacións na computadora nin no software nel instalado. Deberá informarse ao profesorado titor do curso de calquera desperfecto observado no equipo no menor prazo posible. • O alumnado e a súa familia comprométense a levar todos os días o ordenador ao Colexio coa batería completamente cargada. • A computadora deberá ser devolta ao rematar o curso e cando o colexio o solicitare para realizar actualizacións, tarefas de mantemento, constatar o seu estado, etc. • As familias responsabilízanse do correcto coidado e uso do equipo, respondendo da perda da computadora ou do seu mal uso. Isto non inclúe as avarías que poidan producirse na utilización diaria do equipo e estean recolleitas na súa garantía. Cláusulas de empréstemo do equipo
OS NOSOS BLOGS http://abalando.enredo.eu/ http://espazodelectura.blogspot.com.es/ CONTACTO 5º A abalara1@gmail.com 5º B abalarB@gmail.com