Palabra de Vida - PowerPoint PPT Presentation

slide1 n.
Download
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
Palabra de Vida PowerPoint Presentation
Download Presentation
Palabra de Vida

play fullscreen
1 / 28
Palabra de Vida
87 Views
Download Presentation
season
Download Presentation

Palabra de Vida

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript

  1. Palabra de Vida Marzo 2011

  2. “Velaquí a escrava do Señor. Cúmprase en min o que dixeches”(Lc 1, 38)

  3. Parece dicirnos: “Queres que faga de ti e da túa vida unha obra de arte? Sigue o camiño que che indico e serás quen sempre fuches no meu corazón,

  4. Tamén a nós, como a María, Deus quere desvelarnos o que pensou sobre cada un de nós, quere darnos a coñecer a nosa verdadeira identidade.

  5. Pois pensei en ti e ameite desde toda a eternidade, pronunciei o teu nome. Ao dicirche a miña vontade, revelo o teu verdadeiro eu".

  6. Por conseguinte, a súa vontade non é unha imposición que nos coarta,senón o modo de desvelar o seu amor por nós, o seu proxecto sobre nós; e é sublime como Deus mesmo, fascinante e cativador como o seu rostro: é El mesmo quen se dá.

  7. A vontade de Deus é un fío de ouro, unha trama divinaque tece toda a nosa vida terrea e a do máis alá; vai da eternidade á eternidade: primeiro na mente de Deus, logo nesta terra e, por último, no Paraíso.

  8. Pero para que o designio de Deus se cumpra plenamente,Deus pide o meu consentimento e o teu, como llo pediu a María.Só así se realiza a Palabra que pronunciou sobre min, e sobre ti. De modo que tamén nosoutros, como María, estamos chamados a dicir:

  9. “Velaquía escrava do Señor. Cúmprase en min o que dixeches“(Lc 1, 38)

  10. Sen dúbida, a súa vontade non sempre nos resulta clara. Como María, nós tamén teremos que pedir a luzpara comprender o que Deus quere.

  11. É necesario escoitar ben a súa voz dentro de nós,con absoluta sinceridade, e se é necesario, pedirlle consello a quen nos poida axudar. Pero unha vez que teñamos comprendido a súa vontade, digámoslle si de inmediato.

  12. Pois se temos comprendido que a súa vontade é o máis grande e fermoso que poida existir na nosa vida,non nos resignaremos a “ter que" facer a vontade de Deus,

  13. senón que nos alegraremos de "poder“ facer a vontade de Deus,de poder levar a cabo o seu proxecto, de modo que acontezao que El pensou para nós.É o mellor que podemos facer, o máis intelixente.

  14. Con todo, ás veces o que El nos pide pode parecernos absurdo. Pareceríanos mellor facer as cousas doutro xeito;quixermos levar nós as rendas da nosa vida.

  15. Incluso podemos ter ganas de aconsellar a Deus, de dicirlle qué facer e qué non.

  16. Pero se creo que Deus é amor e me fío del,sei que todo o que predispón para a miña vida e a dos queme rodean é polo meu ben, polo seu ben.

  17. Entón entrégomea El,abandónomecon plena confianzaá súa vontadee quéroacon todo o meu ser, ata identificarme con ela,pois sei que acoller a súa vontadeé acollelo a El, abrazalo a El,nutrirse del.

  18. Debemos crer que nada sucede por casualidade. Ningún acontecemento alegre, indiferente ou doloroso, ningún encontro, ningunha situación familiar, laboral, ou escolar,ningún estado de saúde física ou moral carece de sentido,

  19. senón que todo – feitos, situacións e persoas – nos trae unhamensaxe de parte de Deus, todo contribúe a que se cumpra o designio de Deus, o cal iremos descubrindo pouco a pouco, día a día, se facemos, como María, a vontade de Deus.

  20. As palabras de María – “Velaquí a escrava do Señor" – son, pois, a nosa resposta de amor ao amor de Deus. Esas palabras mantéñennos sempre orientados cara a El, á escoita, en actitude de obediencia, co único desexode facer a súa vontade para ser como el quere que sexamos.

  21. “Velaquí, a escrava do Señor. Cúmprase en min o que dixeches“(Lc 1, 38)

  22. Como vivir pois, esta Palabra? O noso si á Palabra de Deus significa concretamente facer ben, por completo, en cada momento,esa acción que a vontade de Deus nos pide.

  23. Estar plenamente concentrados nese labor, eliminando todo o demais, descartando pensamentos, desexos, recordos e accións que se refiran a outra cousa.

  24. Digámolo antes de cada acción: “Así sexa", “fágase". e completaremosmomento a momento, tesela a tesela,o marabilloso, únicoe irrepetible mosaico da nosa vida,que o Señorconcibiu desde sempre para cada un de nós.

  25. Ante calquera vontade de Deus - dolorosa, alegre ou indiferente - podemos repetir: “Fai comigo como dis", ou ben, como nos ensinou Xesús no Noso Pai:“fágase a túa vontade".

  26. “Velaquí a escrava do Señor. Cúmprase en min o que dixeches“.(Lc 1, 38) “Palabra de Vida” Texto de: Chiara Lubich, Publicada en Vida Nueva, decembro 2002.Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, tamén ao galego, alcanzando a varios millóns de persoas en todo o mundoa través da prensa, radio, TV e vía internet.

  27. Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2009-11: ““Comprendemos que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! E así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva. “A nosoutros non nos abonda con vivila cada un polasúaconta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.). Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vaiconstruíndo en vós desde ela. (podedesfacelo por correo electrónico:catequese@planalfa.es). www.sobrecatequesis.blogspot.com

  28. Santiago Apóstolo, Amigo, Testemuña e Enviado do Señor FELIZ e EVANXÉLICO ANO 2011 Oitavo centenario da consagración da nosa catedral de Santiago de Compostela Só “Cristo é a Porta, o Camiño, a Verdade e a Vida”