slide1 n.
Download
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
Área de Normalización Lingüística Universidade de Vigo PowerPoint Presentation
Download Presentation
Área de Normalización Lingüística Universidade de Vigo

Loading in 2 Seconds...

play fullscreen
1 / 60

Área de Normalización Lingüística Universidade de Vigo - PowerPoint PPT Presentation


  • 97 Views
  • Uploaded on

ECOLINGÜISMO. Agradecemos a Pedro Lamas e a Xacobe Meléndrez a cesión das fotos. Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL). Área de Normalización Lingüística Universidade de Vigo. E aínda é nova a Terra

loader
I am the owner, or an agent authorized to act on behalf of the owner, of the copyrighted work described.
capcha
Download Presentation

PowerPoint Slideshow about 'Área de Normalización Lingüística Universidade de Vigo' - norman-mayer


An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript
slide1

ECOLINGÜISMO

Agradecemos a Pedro Lamas e a

Xacobe Meléndrez a cesión das fotos.

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)

Área de Normalización Lingüística

Universidade de Vigo

slide2

E aínda é nova a Terra

Os eidos II, UxíoNovoneyra (2010, Ano de UxíoNovoneyra)

slide3

ECOLINGÜISMO

Dende os anos setenta, en que o lingüista  EinarHaugeneusou por primeira vez este termo para referirse aoestudo das interrelacións entre as linguas e o seu contorno, vénsendo cada vez máis frecuente.

Hoxe, comezando o século XXI,  son moitos os que se dan de conta de que as linguas están influenciadas de maneira directa pola situación  social e psicolóxicana que viven e que por isounha gran cantidade delas, igual que outros seres vivos, corren perigo de desaparecer de non  implicármonosnasúa  preservación.

A diversidadelingüistica é un ben básico do ser humano e a perdadunhalingua é semellanteao que supón para o sistema a perdadunha planta oudun animal. As diversas linguas deben convivir nunhamesma zona de forma sostible, é dicir, nun contexto equilibrado. É obvio que existen linguas con gran número de falantes e outras que teñenpoucos pero o papel de todas elas é importante para manter o plurilingüismo, igual que existen animais  grandes e pequenosou que habitan grandes rexiónsouespazos reducidos pero todos son importantes porque se trata dunhacadea no que cada un é un elo  que cumpre a súa función.

slide4

ECOLINGÜISMO

Como un ecosistema, o multilingüismo sofretensións que o fan perigar por isounhaecoloxía lingüística é tan urxente como a biolóxica. Son cinco as razóns que, seguindoao experto David Crystal, adoitan usarse para xustificar esta necesidade de protección: Porque necesitamos a diversidade, porque as linguas expresan a identidade, son depositarias da historia, contribúenaocoñecemento humano e son interesantes por si mesmas“.

A preservación das linguas non é só un asunto lingüístico porque non se pode separar da loitapola democracia e os dereitos colectivos das persoas. As linguas non son dos falantes, ninsequera das comunidades que as usan, a perdadunhalingua aféctanos a toda a humanidade  e por iso todos e todas nos temos que responsabilizar nasúa conservación.

slide5

Nomes

Os ollos, as estrelas,

os paxaros, o millo

o  loureiro, a miñoca

cega, a cobra axexando

as augas no penedo

debulladas, o seme,

o ovario, o ventoxoven

que espalla e nos sementa.

Tamén o sanguemorto

do sol voltando á touba.

Os ollos, os oídos,

a boca, o bafo, os poros,

o recendo da terra.

As ásdestas palabras.

O universo. Unhalingua.

A.Domínguez Rey

slide6

ECOLINGÜISMO

1. A PERDA

slide7

A perda

Nunséculo, máis da metade das especies corren o risco de desaparecer. A maioríaerradicaransesen que fosen inventariadas ninestudadasbioloxicaninquimicamente. Non sabemos que activos teremos perdido, contra que enfermidadespoderiamos ter loitado. Un exemplo, a ra australiana (rheobatrachussp.) podería dar información para previr e tratar a úlcera péptica en humanos (as femias son capaces de incubar os ovos no seu estómago) pero non puido ser porque se extinguiron as dúas especies que existían.

Cada ano morren 25 linguas en todo o mundo. Existen agora cinco mil linguas das dez mil que había haiuns cinco séculos. Dise que ao final do século XXI haberá a metade, unhas dúas mil cincocentaslinguasou incluso menos, se se acelera o proceso de desaparicións. Segundo a UNESCO unhalingua desaparece cando se extinguen os seusfalantesou cando estesdeixan de utilizala para expresarse noutra que, con frecuencia, está máisestendida e é falada por un grupo preponderante.

slide8

A perda

Para Claude Hagège“os idiomas son un reflexo da inmensidade dos costumes e das formas de vida que constitúen o mundo, son como ventás a través das cales as poboacións humanas poñen o universo en palabras. A perdadunhalingua significa, polo tanto, a perdadunha visión do mundo: un empobrecemento e un empequecenemento da intelixencia humana”.

Preservar a biodeversidade é darlle unha oportunidade ao futuro

slide9

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

Os pobos

slide10

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

Uns pobos son como flores.

Outroscoma pedrasquentesao sol.

Ollade o deserto,

este mar de roxosfresóns de pedra.

Alídormen pobos, mitos, imperios,

coma roseiras que ninguénviu caer.

As mulleres, cando raíñas,

daban tesouroslabourados por unhafrauta triste.

slide11

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

Outrospobos son de neve,

alongados no silencio do mundo:

os bosques muxen tremosos no vento.

Ao Leste a Rusia nace cunha flor de sangue no costado.

e ao Oeste,

o Americano da pradeira

ergue a mortesorrindosempre, impasíbel.

slide12

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

Maiseste pobo noso

dormenatráxicafesta da vida,

os pésnus no mar verdeceiro

a testa firme e triste, no ceo,

entre montañas.

Os deusesfuxiron das súasenciñeiras

Este pobo vello

baixoupolacorredoira do tempo,

rindo e chorando polo seu destino.

Eduardo Moreiras

slide13

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

Desaparecen do planeta 47 especies de flora e fauna cada día.

Calcúlase que no século XXI poden desaparecer aproximadamente entre 25 e 30 idiomas cada ano.

slide14

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

No ano 2009 existían 17.291 especies en perigo de extinción (flora e fauna), un 2,14% máis que en 2008 (16.928 especies), segundo a UICN (Unión Internacional para a conservación da Natureza).

Do mapa das linguas en perigo ou ameazadas de desaparición só queda fóra unha porcentaxe de entre o  5 e o 10% da actual diversidade lingüística.

slide15

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

A porcentaxe de galego-falantes caeu do 61 ao 32 % en só 12 anos; De 1992 ao 2004 en Galicia duplicouse o número de persoas que só se expresan en castelán (Mapa Sociolingüístico de Galicia).

Algunhas das moitas especies en perigo de extinción en Galicia son o mazarico real ou a  pita do monte.

slide16

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

Algunhas das moitas especies en perigo de extinción na Península ibérica son o lobo, o lince, a balea franca ou basca,  o cardo...

As linguas en perigo de extinción na Península, segundo a UNESCO,  son o astur-leonés (150.000 falantes), o  aragonés (10.000 falantes) e o aranés (4.700 falantes); en situación vulnerable está o éuscaro (660.000 falantes).

slide17

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

Algunhas das moitas especies en perigo de extinción no mundo son o tigre, o koala, o oso panda, o gorila...

Algunhas das 2363 linguas en perigo de extinción no mundo son o normando , en Francia; o frisón do norte, en Alemaña; o araona, en Brasil e Bolivia; o comanche , en EEUU; o ottawa, en EEUU e Canadá; o bangani , na India; o manchu, en China; o ongamo, en Kenia...

slide18

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

O 21% dos mamíferos coñecidos,  o 30% dos anfibios coñecidos, o 12 % das aves coñecidas, o 28 % dos réptiles, o 37 % dos peixes de auga doce, o 70% das plantas e o 35 % dos invertebrados avaliados ata agora están ameazados.

O 60% das linguas ten menos de 10.000 falantes e o 25% menos de 1.000. O 50% das linguas perde falantes na actualidade. A metade das linguas do mundo están moi ameazadas.

slide19

A perda

Preservar a biodeversidade é darlleunhaoportunidadeao futuro

No ano 2009 detectáronse 3325 especies en perigo crítico de extinción (UICN).

Un total de 199 idiomas contan con menos de 10 falantes (Atlas das linguas elaborado pola UNESCO).

slide20

ECOLINGÜISMO

2. A MESTURA

slide21

A mestura

A biodiversidade existe porque as diferentes especies adáptanseás distintas características xeográficas, climatolóxicas ... dunha zona. O ecosistema é un equilibrio de distintas especies de flora e fauna; cando se introducen especies foráneas ponse en perigo a supervivencia de especies autóctonas xa que compiten con estas polo alimento sen contar cos depredadores naturais que aquelas tiñan nasúa zona de orixesupoñendounha das principaisameazas  para a biodiversidadena zona en que son introducidas.

Outrodos graves problemas que afectan á naturezavén dada pola hibridación de especies, os transxénicos. Os produtostransxénicos proceden de organismos modificados xeneticamente, aos que se llesengadironxens de plantas, animais, bacterias oucalqueraoutro ser vivo co que nunca poderían cruzarse de xeito natural e que acheganao organismo unha característica que antes non tiñan. Un estudo revela que o millo modificado xeneticamente afecta á reprodución nos ratos.  Este traballo, que é un dos escasos realizados a longo prazo dos efectos dos transxénicosna alimentación, conclúe que a fertilidade dos ratos alimentados con millo modificado xeneticamenteviuse seriamente danada, xa que se reduciu a súa descendencia respecto aos ratos alimentados con millo convencional. O estudo,  feito público polo Goberno de Austria,  identifica graves ameazas para a saúde por consumo de organismos modificados xeneticamente.

slide22

A mestura

Todos oímos falar do spanglish, do portuñol e, por suposto, do castrapo. Cando dúas linguas entran en contacoprodúcenseunha serie de fenómenos que os  especialistas  deron en chamar “procesos de crioulización” é dicir, procesos nos que a partir da introdución de estranxeirismos (barbarismos porque fan desaparecer palabras que o idioma tiña de seu e que, polo tanto, adaptábanse á idiosincrasia do pobo) vaiseproducindounha mestura que poden terminar coa propia lingua.

Os préstamos entre linguas son habituais pero cando desprazan palabras que existen nalingua propia son innecesarios, convértense en interferencias lingüísticas que poden acabar co idioma propio. O falanterexeita a súalingua  (que non considera válida por vela chea de impurezas e polo tanto inadecuada) ou acepta que todo vale, e que a norma culta non é precisa e resulta artificial, degradando así a  lingua a unha situación inferior e restrinxindo o seu uso ao ámbito familiar.

O respecto polo alleo parte

do aprezo do propio

slide23

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

O nome

slide24

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

Porque hai palabras que viviron

só un intre

(a pía, na sombra,

i o altar luminoso

i o poeta revestido)

e tamén existen palabras mortas

i outras que viven nasoedade.

E palabras que palpitan

a través do sangue dos dedos duncego.

E palabras para pechar as pálpebras dos moribundos.

E palabras lixeiras

que as leva o vento.

[...]

Luís Pimentel

Praiso é o verso, o meu verso,

o dos poetas escolleitos.

Pralle dar eternidadeáscousas.

Eiquíestá, logo,

o seuverdadeironacemento.

¡Ou, a angustia de bautizarte,

á agarda de que chegue,

a palabra precisa!

E, daquela, esa delor,

o ardentepracer

de facer eterno o tempo da agarda.

Elavirásen o seunome,

espida, por antre o silencio.

¡Ou, angustia de bautizarte,

o  glorioso milagre de atopar o teunome!

slide25

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

A toxina que producen algunhas plantas transxénicas contra determinadas pragas de insectos poden afectar a outras insectos beneficiosos; así o millo Bt, resistente ao “taladro”, provocou a morte de exemplares dunha especie de bolboreta.

Palabras como Bueeno, grifo,... aínda que estean moi estendidas son alleas ao galego; aceptar a súa introdución supón condenar formas propias á desaparición.

slide26

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

A introdución de especies exóticas con comportamento invasor está considerado pola UICN como a segunda causa de extinción de especies.

Unha das principais causas da extinción de linguas é a asimilación lingüística.

slide27

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

A corta de árbores, a súa substitución por eucaliptais ou piñeirais, a construción de infraestruturas sen estudos ambientais (minicentrais hidroeléctricas, estradas,...) e os incendios ameazan os nosos bosques e fragas.

A  presión de especies alleas provoca efectos patóxenos nos idiomas que pode levar á substitución total da especie lingüistica propia.

slide28

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

Segundo a UICN o perigo que representan as especies invasoras do hábitat aumenta co comercio e a globalización.

A asimilación lingüística implica unha perda da visión propia do mundo porque cada lingua nace da necesidade que teñen os seus falantes de comprender  o universo e a natureza  que os rodea

slide29

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

Segundo algúns expertos cada día viaxan polo mundo unhas 3000 especies de organismos nas augas de lastre dos barcos que poden chegar, polo tanto, a hábitats moi diferentes dos seus.

Algúns idiomas viviron  unha expansión que os levou a ocupar espazos onde existían outras linguas que viron relegado o seu uso: o  97% da poboación mundial fala hoxe só o 4% das linguas.

slide30

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

  • As especies invasoras expándense por todo o mundo, mesmo en Sudamérica, onde se atopa entre o 75 e o 85 % da flora e fauna mundial; no Río da Prata o mexillón dourado pasou en dous anos de 4 ou 5 individuos por metro cadrado a 150.000.

No Atlas Lingüístico constátase que estados como India, Estados Unidos, Brasil, Indonesia e México, con gran diversidade lingüística, son ao mesmo tempo os que teñen máis linguas en perigo, porque unha imponse sobre as demais, que nin sempre é autóctona.

slide31

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

As políticas de subvención á reforestación con especies alleas como o eucalipto producíronse durante anos debido ao seu rápido rendemento económico; hoxe esta especie foránea cobre o 27% do monte arborado (máis da cuarta parte) en Galicia.

Nalgúns casos o impulso por parte do estado dunha das linguas locais leva a situacións como a de Francia na que hai 26 idiomas en perigo.

slide32

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

A expansión masiva de eucaliptos é un grave problema que provoca unha notable diminución da diversidade biolóxica, a propagación dos incendios e pode ocasionar a desecación de terreos.

Cando utilizamos só formas coincidentes coas do castelán (orgullo) renunciamos a formas propias (fachenda) e empobrecemos o idioma.

slide33

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

Na maioría dos casos a introdución de especies foráneas ten a súa causa na intención humana que por razóns ornamentais ou económicas achega novos especimes que alteran o medio natural.

Unha das causas da introdución de linguas alleas  é a homoxeneización, que en moitos casos se fixo a través do sistema educativo: alfabetización dos indios en América, alfabetización en castelán en todos os territorios do Estado español (Real Cédula de Aranjuez, Lei Moyano, etc)....

slide34

A mestura

O respecto polo alleo parte do aprezo do propio

Nalgunhas comunidades o prexuízo contra o propio leva a admirar o alleo sen comprender o que de bo hai no de un.

slide35

ECOLINGÜISMO

3. A RECUPERACIÓN

slide36

A recuperación

CONSUMO RESPONSABLE

Os recursos do planeta son limitados. Dos nososactos depende en boa parte a

súa perdurabilidade.

Consumir é inevitable. Para vivir temos que consumir mais debemos facelo con

responsabilidade. O consumo responsable é aquel que permite a sustentabilidade

ecolóxica e procura ao mesmo tempo a xustiza social; polo tanto debemos

intentar mercar produtos da zona ou o máis achegados posible para evitar intermediarios, que fosen cultivados senaxentes contaminantes e deixando os

menos residuos posibles.

Outra forma de consumir responsablemente é reducir o impacto dos residuos

que xeramos. Para isto é fundamental concienciarnos da importanciadalgunhas

prácticas como a reutilización e a reciclaxe.

Tamén a lingua é unben e, aínda que os seus recursos non son limitados, a súa

perdurabilidade depende dos nososactos.

slide37

A recuperación

É o compromiso individual, a utilización e reutilización que fagamos da lingua o

que permite a súa vitalidade. Recíclate, pásate ao galego!!!!

Segundo GorettiSanmartín:

Temos que superar esas barreiras entre galegofalantes e neofalantese constituírmonos todas as persoas en neofalantes que renovan día a día o seu compromiso coa lingua. Porque todos os días (re)negociamos a(s) lingua(s) que utilizamos e os modelos de lingua que empregamos.

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

slide38

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

[...]

Nomearás calquera cousa

-árbore, cabalo, pedra-

e veralos nacer coa súa vida máis íntima

cos seus contornos máis puros.

[...]

              Luis Pimentel

slide39

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

O uso dunha lingua ameazada ou en perigo de extinción reduce un chisco o risco da súa perda

  • A reutilización de papeis usados e o emprego de papel reciclado reduce a necesidade de plantar eucaliptos para producir papel.
slide40

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

A biodiversidade e conservación de especies autóctonas depende  en boa parte do mantemento  de usos agrícolas que a sabedoría dos pobos foi transmitindo de xeración en xeración

O intento de uso correcto do idioma contribúe a non perder formas autóctonas creadas polo xenio histórico dun pobo.

slide41

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Os bosques autóctonos son o hábitat de moitas especies de fauna e flora. O aproveitamento ecoloxicamente adecuado é compatible coa súa conservación e contribúe ao noso benestar.

Revitalizar unha lingua, patrimonio histórico dun pobo, contribúe ao plurilingüísmo e polo tanto ao enriquecemento da cultura humana.

slide42

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

A separación de residuos supón un custo inicial pero é útil e beneficiosa para o ecosistema porque axuda á

reciclaxe.

O uso dunha lingua sempre

custa un esforzo ao principio

pero ademais de ser útil

para ampliar a túa cultura,

compénsase o ecosistema lingüístico e aproxímate á realidade na que vives.

slide43

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Consumindo produtos locais e de tempada reduciremos o impacto ambiental ao minimizarmos o transporte e melloramos a economía do contorno (pequenos produtores).

Se ao viaxarmos nos interesamos pola lingua da xente que visitamos, conseguiremos o seu aprezo porque nós amosarémoslle respecto  pola súa cultura,  e aprenderemos un pouquiño máis do mundo.

slide44

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

A nosa capacidade para reutilizar será maior canto maior sexa a nosa experiencia no tema; reutilizar é tamén reparar, remendar e restaurar.

Canto maior sexa o noso dominio de linguas maior, será a nosa capacidade para adquirir outras novas; non deixes de lado linguas próximas á túa, descubrirás que as podes entender mellor do que pensas

.

slide45

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Os problemas ecolóxicos globais devoran o planeta. Con pequenos actos, aparentemente insignificantes, nós podemos axudar a crear un novo futuro ambiental.

Mira de interesarte pola lingua que pode extinguirse: verás que é útil e necesaria, e contribuirás á reforestación lingüística.Escribir ou falar unha lingua de moitos falantes non é ningunha garantía de ser escoitado. En cambio, falar coma os que temos máis á beira é facernos sentir.

.

slide46

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Usemos especies autóctonas aínda que non produzan redemento económico a curto prazo porque é a forma adecuada de manter o equilibrio do ecosistema.

Non impoñas linguas dominantes, replanta linguas ameazadas; non uses castelán en Portugal, fala en galego que nos achega máis e fainos máis próximos; non te distancies, achégate.

slide47

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Os gobernos teñen que adoptar medidas para a protección dos ecosistemas a través de leis que garantan e melloren o medio e eviten a contaminación.

Os poderes executivos e lexislativos están obrigados por lei a  desenvolver medidas para a potenciación da lingua propia e evitar a súa desaparición.

slide48

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Para manter a biodiversidade débense potenciar as axudas para a reforestación con especies propias (castiñeiro, carballo) e evitar o abandono do monte.

Para manter a lingua propia hai que normalizar o seu uso, é dicir,  facer que  exista a posibilidade de vivir nela  en todos os ámbitos.

slide49

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Entre as medidas para a protección de especies están os parques naturais (como o Complexo dunar de Corrubedo), os parques nacionais (como o Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas), os monumentos naturais (como a Praia das Catedrais), as reservas da biosfera (como os Ancares lucenses)...

Entre as medidas para desenvolver a normalización lingüística están a súa potenciación nos medios de comunicación, na empresa... e no ensino.

slide50

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Desde o ano 1994 estableceuse o día 22 de maio como o Día mundial da diversidade biolóxica.

A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias é un tratado europeo adoptado no ano 1992 polo Consello de Europa para axudar á maioría de linguas minorizadas de Europa.

slide51

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

As linguas, sobre todo as pouco faladas ou pouco estendidas, crean lazos invisibles, son sinais de benvida, transforman a un alleo nun veciño. Axuda aos demais a aprendelas e úsaas sempre que poidas. O idioma é un pasaporte que non caduca: contribúe a obtelo para sempre.

A vitalidade do idioma depende da actitude e compromiso de cada persoa coa súa propia lingua, co seu propio medio.

slide52

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

A canción do retorno

slide53

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Voltaremosaos bosques por amor,

Á fondura do ar.

slide54

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Voltaremosao brinco do veado,

ás arañas que tecen labirintos de orballo,

aoscorpos alagados que nassilveiras cantan.

slide55

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Voltaremosao húmido zarcillo que gavexa polo muro cantando

ao ímpeto da luz ao se doar,

aos élitros insomnes da nacente alborada.

Reanudaremos o baño nos regatos

E o mordisco prohibido namazá.

Colleremos as amoras en vellascuncas de barro e o viño en toscos xarros.

slide56

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

Falaremosdecote de libélulas e astros.

Beberemos naverza a auga da fontana.

Asistiremos áschuviasesponsais, á construción das colmeas, á loucura da lesmabébeda de humidade.

Voltaremos a sacar a cadeiraaolimiar e a danzarmos á sombra do castiñeirovenerábel.

Reaprenderemos co canto do pintasilgo e a lisura mortífera do arco.

Perpetuaremos unhasementa de espiga e unhacodia de boroa candente en cada man.

slide57

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

E alíonde o vendaval arranca as árbores

e as ondas embaten contra o xordo rancor do acantilado,

slide58

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

alíondexermina un canto senconsolonunha luz sen esperanza

e o sol outorgaao horizonte

o derradeiro abrazo,

slide59

A recuperación

As linguasconstrúense, enriquécense e renóvansecoseu uso

alíergueremos a morte con alento de vida,

alícumpriremos a vida con vocación de canto.

                            X. Seoane

slide60

ECOLINGÜISMO

Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)

Área de Normalización Lingüística

Universidade de Vigo