1 / 18

Rosalía de castro

Rosalía de castro. Índice:. 1.Biografía: 1.1.Infancia e xuventude 1.2.Formación 1.3.Madurez 1.4.Obra 1 .5.Últimos anos. 2.Cantares Gallegos: 2.1.Estructura e voces 2.2.Temática 2.3Métrica 2.4.Estilo 2.5.Intención 2.6.Lingua 2.7.Crítica.

monifa
Download Presentation

Rosalía de castro

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Rosalía de castro

  2. Índice: 1.Biografía: 1.1.Infancia e xuventude 1.2.Formación 1.3.Madurez 1.4.Obra 1.5.Últimos anos 2.Cantares Gallegos: 2.1.Estructura e voces 2.2.Temática 2.3Métrica 2.4.Estilo 2.5.Intención 2.6.Lingua 2.7.Crítica

  3. Rosalía de Castro(1837 - 1885) foiunha poetisa e novelista española que escribiu tanto en lingua galega coma en linguacastelá. Considerada naactualidade como un ente indispensable no panorama literario do século XIX, representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquezunha das figuras emblemáticas do Rexurdimentogalego, non sópolasúaachega literaria en xeral e polo feito de que os seusCantares Gallegossexan entendidos como a primeira grande obra da literatura galega contemporánea, senón polo proceso de sacralización ao que foi sometida e que rematou por convertela en encarnación e símbolo do pobo galego. Ademais, é considerada xunto con Gustavo Adolfo Bécquer, como a precursora da poesía española moderna. Rosalía sobresaíu no campo da poesía, a través da creación de: Cantares Gallegos, Follas Novas e En las Orillas del Sar. A primeira delas representa un canto colectivo, artisticamente logrado, que serviu de espello . Na década de 1880 , fixerondestes anos unha etapa clave no desenvolvemento da literatura galega, se ben a obra de Rosalía sempremantivounha posición predominante con respecto ao resto. Finalmente, en En las Orillas del Sarmaniféstase un ton tráxico que encaixa coas duras circunstancias que rodearon os últimos anos da vida de Rosalía, dignificante á comunidade galega aoempregarse a linguadesta. Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súascreacións literarias continúan sendoobxectodunha abundante bibliografía e recibindounha constante atención crítica, tanto no territorio español coma no estranxeiro. É tal a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo que nas últimas décadas os seus poemas foron traducidos a idiomas como o francés, o alemán, o ruso e o xaponés. 1.Biografía

  4. 1.2 formación Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e fillanesacidade. Alícomeza a formarse en torno á Sociedade Económica de Amigos del País. En Santiago recibe formación musical, artística e literaria; participounas actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos comovemento provincialista. As correntesideolóxicas que impregnarán a obra de Rosalía eran o socialismo e o republicanismo. No liceo coincidiría con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Juan Manuel Paz Novoa. 1.1.Infancia e xuventude Naceuo 24 de febreiro de 1837 nunha casa localizada namarxedereita do Camiño Novo. Filla natural do sacerdote José Martínez ViojoeMaría Teresa de la Cruz Castro e Abadía,foibautizada áspoucas horas do seunacementonaCapela do Hospital Real polo presbítero José Vicente Varela e Monteiro, cosnomesde María Rosalía Rita e figurando como filla de paisdescoñecidos. Ata cumprir os oito anos, Rosalía encontrousebaixo a custodia da súa tía paterna Teresa Martínez Viojona aldea de Castro de Ortoño. É nesta época cando a escritora toma conciencia da dureza da vida do labregogalego, así como tamén será nesta parte da súa vida cando teña coñecemento e vivencia do mundo rural propio de Galicia: a lingua, os costumes, as crenzasou as cantigas que tanto influíronnasúa obra titulada Cantares Gallegos.

  5. 1.4. Obras Rosalía de Castroescribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. En 1863foi publicado en Vigo o seuprimeiro grande libro, Cantares Gallegos, divulgado polo seu marido, Manuel Murguía, quenxestionou, sen o permiso da súamuller, a saída da imprenta dun poemario que fixa o comezodunha nova rolda para a poesía galega e que, sendúbida, é a base de todo o Rexurdimento literario e non literario da cultura galega. Moitos poemas do seu libro son glosas de cantigas populares, nelas Rosalía denuncia a miseria, a pobreza e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sendeixar de verter os seussentimentos e vivencias persoais. 1.3. Madurez En 1856, Rosalía trasladouse a MadridxuntoMaría Josefa Carmen García-Lugín e Castro. Un ano despois, Rosalía publicou un folleto de poesías escrito en linguacastelá: La flor. Posiblemente foi en Madridonde Rosalía coñeceu a Murguía, con quencasou o 10 de outubro de 1858naigrexa de San Ildefonso. Murguía foi o primeiro que animou a Rosalía no seuquefacer literario, sendo el o responsable de Cantares Gallegos. En 1859, Rosalía deu a luz á súaprimeirafilla, Alejandra. A esta seguironAura , os xemelgosGala e Ovidio, Amara,Adriano Honorato Alejandro  e Valentina. Todos os fillos de Rosalía de Castro naceron en Galicia. Dende1871, Rosalía  viviunasTorres de Lestrove, en Santiago de Compostela e Padrón, ondepracticamente se instala en 1875.

  6. En 1880 a escritora publicou unha antoloxía de poemas á que chamaría Follas Novas. O 40% dos poemas de Follas Novas teñen afinidade co texto publicado en 1863, mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser. En castelán publicaría La flor(1857), A mi madre(1863) e En las Orillas del Sar(1884) e as novelas La hija del mar(1859), Flavio(1861), El cardiceño(1863), Ruinas(1866), Las literatas(1867), El caballero de las botas azules(1867), El pimer loco (1881), El domingo de Ramos (1881), Padrón y las inundaciones (1881), todas elas encravadas no movemento romántico. Libro Follas Novas, de Rosalía de Castro.

  7. Casa museo Rosalía de Castro, Padrón. Rosalía de Castro coa súa familia: o seu home Murguía e os seus fillos: Alejandra, Aura , os xemelgos Gala e Ovidio e Amara.

  8. 1.5. Últimos anos Rosalía nunca gozoudunha boa saúde, parecendo predestinada dende a súaxuventude a unhamortetemperá. De feito, naspoucas cartas que se conservan e que esta enviouaoseu marido, con frecuencia se alude ás continuas doenzas que a atenazaban. Pouco tempo antes de falecer, a escritora decidiu pasar unhatempadaásbeiras do mar e por iso se trasladoua Santiago de Carril. Certo tempo despoisregresouao lugar de La Matanza, onde o cancro de útero que padecía se foi complicando progresivamente dende1883, minguando cada vez máis á xa de por si débil saúdeda escritora. Tras tres días de agonía faleceuo mércores 15 de xullo de 1885, nasúa casa de La Matanza, a consecuencia dunhadexeneración cancerosa do útero. O corpo inánime recibiu sepultura ao día seguinte no cemiterio de Adina, en Iria Flavia. Porén, o seu cadáver foi exhumando o 15 de maio de 1891 para ser levado solemnemente a Santiago de Compostela, ondefoinovamente sepultado no mausoleo creado especificamente para a escritora polo escultor Jesús Landeira, situado naCapela da Visitación do Convento de Santo Domingo de Bonaval, no presente Panteón de Galegos Ilustres. Cama onde finou Rosalía de Castro, La Matanza, Padrón.

  9. Tumba de Rosalía no Convento de Santo Domingo de Bonaval, Santiago de Compostela. Estatua de Rosalía de Castro no Parque da Alameda, Santiago de Compostela.

  10. 2.Cantares Gallegos Foi en 1863 cando Manuel Murguíafixo entrega ao impresor vigués Juan Compañel do manuscrito rosaliano de Cantares Gallegos, obra iniciadora do Rexurdimento. Para comprender a orixedesta, hai que ter presentes factores como a familiaridade da poetisa coa música popular, a reivindicación romántica das culturas tradicionais e das súasmanifestacións populares. Tal foi o éxito alcanzado pola obra que Rosalía de Castrofoi invitada a participar nos XogosFloraisde Barcelona, aínda que declinou o ofrecemento. Ademais, escritores lusos da xeración de 1865, como son Antero de Quentalou TeófiloBraga, manifestaron con prontitude a súa admiración polo libro, para en 1868 ser vertidos ao catalán dous dos poemas deste por parte de Víctor Balaguer. Libro Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.

  11. O libro está enmarcado entre os poemas 1 e 36, sendoprólogo e epílogo respectivamente. Ademaismanifestaunhaestrutura circular ao iniciarse cunha composición na que toma a voz unha moza a quen convidan a cantar e ao finalizar coa mesma voz da rapaza que se desculpapolasúa falta de habilidade para cantar as belezas de Galicia.Deste modo, os poemas restantes quedan enmarcados polos que abren e pechan o discurso lírico e transformándose nunharecreación da artista popular. O número 25 e 33faise evidente un “eu” lírico que pode entenderse como un método que Rosalía emprega coa intención de aparecer como un personaxe popular máis, deixándose patente a súapertenza á comunidade rural. 2.1. Estrutura e voces

  12. En Cantares Gallegos encóntranserecollidos4 núcleos temáticos fundamentais, que son o costumismo, o amor, o intimismo e en último lugar, o social-patriotismo. -Temática costumista: nun considerable número de composicións predomina a descrición e a narración para presentar crenzas, romarías, devociónsoupersonaxes característicos da cultura popular galega que Rosalía defendía fronteaosestereotipos colonizadores. -Temática socio-patriótica: neste núcleo temático englóbanseaquelascomposiciónsnas que a emigración, o abandono ao que Galicia está condenada e a explotación dos galegos en terrasestranxeiras son os motivos aos que se recorre para criticar a situación dun pobo galego maltratado e reivindicar uns valores universais de xustiza social. -Temática amorosa: Estes poemas móstrannos, dendeunha óptica popular, o xeito de vivir o sentimento amoroso diferentes personaxes do pobo en distintas circunstancias e situacións. -Tematica intimista: Inclúense aquí "Campanas de Bastabales" e "Como chovemiúdiño". A voz da propia autora expresa os seussentimentos. 2.2.Temática

  13. 2.3.Métrica En Cantares Gallegos achamosmanifestacións de dous sistemas métricos distintos: o puramente rítmico, baseadonaacentuación e o fundado no conto das sílabas. Pertencen en principio aoprimeiro as composicións número 1, 27, 30, 32, que utilizan o verso chamado de muñeira. Dentro do sistema de sílabas contadas dominan as formas populares de arte menor: romances de versos de 8, 7, 6 e 5 sílabas; cantar popular; triadas e seguidillas. 2.4.Estilo En Cantares aparece un sistema no que predominan as formas populares de arte menor (romances sobre todo). O verso de arte maior redúcese ó hendecasílabo. Unha excepción é o caso da "Alborada", composición polimétrica por esixencia da melodía á que se adapta. Dous dos procedementosmáis importantes utilizados por Rosalía nestasúa obra, ademais da antítese, son a repetición e o paralelismo, os cales son de carácter moi variado. Libro de Cantares Gallegos

  14. 2.5.Intención Cantares Gallegos non foron escritos cunhafinalidade puramente estética, son produtodunha mera actitude sentimental ounostalxiaante o país nativo. A intención que persegue a autora é a apoloxía da súaterra e da súalingua.Proponse demostrar que a paisaxe e os costumes de Galicia son encantadores e que o seu idioma non é o que groseiramente parodian. 2.6. Lingua A lingua galegadeixara de ser unha lingua literaria e reduciuse ao uso oral. Nos documentos oficiais tamén foron deixando de empregarse, non por imposición do castelán como lingua oficial, senón como consecuencia da invasión do país pola nobreza estranxeira. Coa intervención da potestade real para poñer fin ás loitas feudais, acentúase a presenza en Galicia de autoridades e escribáns casteláns. O idioma que tiñan á súa disposición os iniciadores do Renacemento romántico era unha lingua dialectal empobrecida. Nesa lingua, escribiu Rosalía, é unha lingua viva pero non pura, influída polo castelán.

  15. 2.7. Crítica A crítica, española e estranxeira, aceptaron unanimamente osCantaresGallegos coma unha obra mestra. Os CantaresGallegosincúbanseno clima do realismo nacente, aínda non desprendido duncerto realismo romántico. Este clima persistiuna literatura galega ata o final da primeiraGuerra Mundial. Rosalía proxectaba os seusCantares Gallegoscoma o reflexo poetizo da súaterra. O libro preséntanos con gran riqueza a vida aldeá, que Rosalía coñecíamoi ben. Os CantaresGallegos non son fundamentalmente lírica senónmáis ben épica, unhaepopeia popular de ambiente, con heroes populares individuais que reflexan diversas facetas do heroe que é a Galicia labrega. Trátasedunhaépica democrática, da que está proscrita a clase señorial. Libro Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.

  16. Busto de Rosalía de Castro, no Parque Independencia de Rosario, Santa Fe, Argentina. Estatua de Rosalía de Castro, Rianxo, Galicia. Monumento a Rosalía de Castro na Plaza de Galicia, Montevideo, Uruguay.  Monumento de Rosalía de Castro, Ferrol, Galicia.

  17. “Non importa que os soñossexanmentira, xaque ao cabo é verdadeque é venturoso o que soñando morre, infeliz o que vive sen soñar”. Rosalía de Castro

  18. FIN Cristina SenínProupín Jeny Teo Loy 1º DE BACHARELATO A

More Related