slide1 n.
Download
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
Letras galegas 2008 PowerPoint Presentation
Download Presentation
Letras galegas 2008

Loading in 2 Seconds...

play fullscreen
1 / 35

Letras galegas 2008 - PowerPoint PPT Presentation


  • 110 Views
  • Uploaded on

Letras galegas 2008. Xosé María Álvarez Blázquez. Biblioteca CEIP San Francisco Xabier. Naceu en Tui, nunha familia numerosa, era o terceiro de seis irmáns. Seu pai, médico de profesión foi fusilado ao comezo da guerra e el mesmo estivo suspendido de emprego e soldo.

loader
I am the owner, or an agent authorized to act on behalf of the owner, of the copyrighted work described.
capcha
Download Presentation

PowerPoint Slideshow about 'Letras galegas 2008' - mimi


An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript
slide1

Letras galegas 2008

Xosé María Álvarez Blázquez

Biblioteca CEIP San Francisco Xabier

slide2

Naceu en Tui, nunha familia numerosa, era o terceiro de seis irmáns. Seu pai, médico de profesión foi fusilado ao comezo da guerra e el mesmo estivo suspendido de emprego e soldo.

Casou con María Luísa Cáccamo e foron pais de seis fillos. A súa filla maior, María Luísa de nome pero chamada por todos Colorín, inspiroulle un fermoso libro de poemas.

Foi mestre, poeta, editor, membro da Academia Galega, xornalista, crítico literario... un home polifacético que deixou unha enorme pegada na cultura de Galicia.

slide3

Le con atención estes feitos da biografía de Álvarez Blázquez e sitúa o ano en que aconteceron

Nace en Tui un 4 de febreiro.

Escribe os seus primeiros poemas en galego.

Casa con María Luísa Cáccamo Frieben o 10 de decembro

O 12 de marzo morre a súa filla Colorín, a quen dedicará o seu libro "Roseira do teu mencer"

Morre o día 2 de marzo.

O 30 de xuño a Academia Galega decide dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2008

2007

1928

1985

1970

1946

1915

slide5

Hai moitos anos naceu en Vigo unha nena que non tiña nome. Os seus pais, que andaban a rir, ao vela tan colorada de alegría e cos ollos azuis como auga dunha fonte, souberon que se chamaba Colorín. E así a chamaron sempre os seus pais, os seus irmáns e os seus amigos.

Cando a nena tiña un ano, o pai escribiu este libro para contar como chegara Colorín voando co vento.

... de súpeto, entrou por debaixo da porta un arrecendo de rosas. Era Colorín, que viña de non se sabe. Acababa de nacer.

Xosé María Álvarez Cáccamo ( fillo do poeta e irmán de Colorín)

slide6

RELACIONA ESTES DATOS DO LIBRO

Título

Xerais

Autor

Manolo Uhía

Merlín

Ilustrador

Editorial

Xosé María Álvarez Blázquez

Colección

Roseira do teu mencer

slide7

Este é o primeiro poema do seu libro "Roseira do teu mencer". Complétao coas imaxes. Se o queres escoitar cantado preme aquí.

Era un airiño suave

que se ergueu pola mañán

e viña de non se sabe.

Era un recendo de ..........................

da roseira de ningures,

que se meteu pola ..........................

Era unha cantiga leda

que nacía non sei onde

e petaba na .....................................

Era unha gracia sutil

que baixaba das .........................

Eras ti!

slide8

Imos agora a copiar a Xosé María Álvarez Blázquez inventando estrofas semellantes:

Era unha ................... núa

que soñaba cos seus froitos

e durmía baixo a .................

Era un ..................... amarelo

que brillaba no horizonte

e quentaba o .................. enteiro.

Era un .................. de cores

que voaba baixo as nubes

e se pousaba nas ......................

slide9

Imos ler esta poesía entre todos e todas. Todo o grupo lerá os versos en azul e un neno ou nena lera os versos en vermello.

Voa maruxiña,

e tórnate axiña,

que xa me pesa na man

a túa carga levián.

Maruxiña voa, voa,

que eí che vén o verderol

enfeitado coa coroa

do circo roxo do sol.

Voa maruxiña,

e tórnate axiña.

Maruxiña voa, voa,

que eí che vén o papafigo

cunha carga de boroa

e unha presa de pantrigo.

Que xa me pesa na man

a túa carga levián.

Maruxiña voa, voa,

que eí che vén o cuco-rei

e non fala cousa boa

co bico de mala lei.

Voa, maruxiña,

e tórnate axiña.

Maruxiña voa, voa,

que eí che vén o ferreiriño

e se estás coma unha estoa

vaiche levar pra o seu niño.

Que xa me pesa na man

a túa carga levián!

slide10

Pon xunto a cada animal o seu nome:

formiga

vagalume

abella

caracol

bolboreta

escarabello

araña

mosca

xoaniña

cempés

slide11

E agora un poema para saudar ao día...

Imos ao campo, isca da cama,

que a mañán nova fóra nos chama

cos asubíos, dende moi cedo

dos estorniños no abeledo.

Imos ao campo, miña pequena,

que a mañanciña xa nos acena

coas mans lixeiras dos ameneiros

que andan á roda polos regueiros

slide12

Coloca cada froito xunto á árbore que o dá

abeleira

nogueira

cerdeira

amendoeira

figueira

plataneiro

castiñeiro

limoeiro

pexegueiro

maciñeira

pereira

plataneiro

slide13

Un conxunto de...

figueiras é un ...

laranxeiras é un ...

limoeiros é un ...

maceiras é un ...

palmeiras é un ...

castiñeiros é un ...

abeleiras é un ...

amendoeiras é un ...

bidueiros é un ...

ameneiros é un ...

limoeiral

abelanedo

souto

figueiral

laranxal

amendoal

amieiral

pomar

palmeiral

bidueiral

slide14

A este poema escapáronlle algunhas palabras. A ver se podemos poñelas no seu sitio.

papel

Ti e mais eu, miña ......................,

andamos a brincar

ás ................... na praia

e aos ................... no mar.

As casas son de ..................,

os barcos de ........................,

e ti e mais eu seremos

feitos de nacre inxel.

...

Que ............. é, miña nena,

traballar para res,

facer .............. de cunchas

e ................... de papel.

cuncha

navíos

casiñas

nena

ledo

barcas

casas

slide15

No rego do prado

canta a cotovía

-paxariño amado

que che ben quería-.

No ramo frolido

o merlo a cantar

-paxaro belido

para o teu ollar-.

No verde loureiro

troba o reiseñor

-paxaro lixeiro

para o teu amor-.

Busca nesta sopa de letras o nome de oito paxaros

C A Ñ I R O D N A X

L O O P H M O P C O

D L T S A p I E V L

V E M O C M I G A P

R O P U V C S A A O

A O P O M I R U L M

D O P N S E A S O B

P A R D A L S A L A

P I O O U C S A R B

R O Ñ E S I E R E B

S G A I V O T A M M

C N M I O B D A C E

PARDAL

PEGA

POMBA

ANDORIÑA

COTOVÍA

REISEÑOR

GAIVOTA

MERLO

slide16

Es capaz de relacionar agora cada paxaro co seu nome?

COTOVÍA

MERLO

GAIVOTA

ANDORIÑA

POMBA

REISEÑOR

PARDAL

PEGA

slide17

O año pitaño

vai no paraño.

A cabuxa luxa

marchou onda a bruxa.

O gato cegato

fuxiu ao buraco.

O coello vello

anda no cortello.

O galo ralo

rubiuse no valo,

e a galiña tiña

está na cociña.

Anda, neniña,

déixaos estar,

e imos brincar

cas cunchas do mar.

Coloca cada animal xunto á súa definición

Mamífero carniceiro, de cabeza redonda, lingua áspera e patas curtas.

Femia do galo

Ave con cabeza adornada cunha crista de cor vermella.

Mamífero rumiante que nos dá la e carne.

Mamífero rumiante moi áxil e con cornos enroscados cara atrás.

Mamífero de pelo espeso, xeralmente gris, orellas longas e patas posteriores máis longas cá anteriores.

slide18

Se lembras o poema anterior, daraste conta de que os animais están mal colocados. Ponos no seu sitio.

O pitaño

vai no paraño.

O vello

anda no cortello.

A luxa

marchou onda a bruxa

O ralo

rubiuse no valo.

A tiña

está na cociña.

O cegato

fuxiu ao burato.

slide19

...

Un barco por cada anceio,

un barco que corre e voa

coma un paxariño ledo.

Deixa o barco navegar

que hoxe che vai traguer

un peixiño de cristal

slide20

Textos de Gloria Sánchez

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Viaxan nun banco

e non se sentan.

Non teñen cu e teñen rabo.

slide21

Se vai á festa

córtanlle os brazos

e cómeno en anacos.

slide22

Neno dos mares,

brincando, xogando;

golfiño che din.

Que mal lles fas ti?

slide23

Polo mar,

cabalo crecho;

o rabo preso,

rebirichado.

Fuciño agudo

de trompeteiro

pasea engorde

cabalnadando.

slide24

Anda polos mares fríos,

non é peixe nin navío.

Ten chafariz

non é fonte.

Canta cancións de amor

que se oen desde lonxe

slide25

Completa coas palabras definidas e sairache na diagonal unha palabra do título do libro de poemas de Álvarez Blázquez

1. Verme que vive en terreos húmidos; utilízase para pescar.

2. Río pequeno.

1

3. Día da semana posterior ao luns.

2

4. Mananciais de auga que brotan da terra.

3

5. Montaña que bota lume

6. Mover o corpo ao son da música.

4

5

6

slide26

Polo laranxal

tres avelaíñas andan a voar.

unha, dúas, tres,

de présa que voan, vense e non se ven.

Polo laranxal

tres avelaíñas andan a chuchar.

Polo frío ...............................

tres .................................. andan a .......................

Unha, dúas, tres,

de présa que .........................., vense e non se ven.

Polo frío ......................

tres .................................. andan a ..........................

Atreveste a completar este poema?

slide27

E ESTES?

Polo verde ............................

tres ....................... andan a .......................

Unha, dúas, tres,

tres ........................ vense e non se ven.

Polo verde ..................

tres ...................... andan a ..........................

Polo ....................

tres ............... andan a ..................

Unha, dúas, tres,

tres ................ vense e non se ven.

Polo ....................

tres ................. andan a ...................

slide28

Arco da vella

vaite de aí

que as nenas bonitas

non son para ti

slide29

Forma a segunda e a terceira estrofa deste poema cos versos escritos en negro.

Arco da vella

vaite de aí

que as nenas bonitas

non son para ti.

.........................................................

.........................................................

..........................................................

..........................................................

...........................................................

...........................................................

...........................................................

...........................................................

Ai, miña neniña, nena,

non se vai o arco da vella!

Vaite néboa, vaite vento,

fuxe roda de color

vaite cara de mal tempo

coas areas do areal.

polas areas do ler.

que a neniña quer brincar

que a neniña quer correr

Fuxe chuvia, fuxe sol,

slide30

Onde colocarías os versos escritos en negro?

Sorrir, sorrir!

Todos a xuntar

...................................

Correr, correr!

Imos a pintar

...............................

Á frol, á frol...!

Imos apañar

as bágoas do sol.

Andar, andar!

Todos a coller

a luz do luar.

Ao sol, ao sol!

Todos a gardar

..................................

Soñar, soñar!

Imos recoller

..................................

lúas de papel

a chuvia de abril

a luz do solpor

as ondas do mar

slide31

Ordena agora estes versos e formas estrofas semellantes ás anteriores:

Volver, volver!

a luz do mencer

Imos a pintar

Imos a plantar

Abril, abril!

Cala. cala!

as casas da vila

a area da praia

flores no xardín

Imos a pisar

Imos a mirar

Mira, mira!

slide32

Unha fermosa cantiga de berce para a súa nena que di así

Anda, neniña,

pequerrechiña,

durme, que xa durmen

os años na curtiña.

Dúrmete axiña...

Se non te durmes, vén o morcego

manto de crego,

vén a curuxa

cara de bruxa,

vén o vencello

pernas de vello

...

slide33

Imos agora a continuar inventando pareados a esta cantiga de berce

Se non te durmes, vén a

..............................................................................,

vén o

...............................................................................,

vén a

...............................................................................,

vén o

................................................................................,

vén a

................................................................................

slide34

E agora a escoitar e cantar un poema de Álvarez Blázquez "Romance do pescador-peleriño" musicado por Suso Bahamonde.

Para escoitalo preme no barco

slide35

Andivo todos os mares

baixo o corazón da vela.

Mariñeiro era por gala

dos mariñeiros da terra,

pescador nas outas augas

onde aboian as estrelas,

atal que brancas alfoias

para enfeitar as sereas.

Ninguén escoitou a voce,

acolá na noite pecha,

co mar bruando arredor

ladaíñas agorentas:

-¡Líbrame, Señor Sant-Yago,

pescador da Galilea;

meu Sant-Yago navegante

en branca dorna de pedra!

Si me librares, Señor,

irei verte a Compostela,

descalciño dos dous pés,

no meu peito unha vieira.

El navegar, navegaba

unha dorna mariñeira;

nos ollos sempre un relanzo

de escumas cantaroleiras

¡Ai Dios Santo!-

no corazón unha arela.

Escoitar, ben escoitara

Sant-Yago feito de pedra.

Vel ahí vai o peleriño

polas valgadas da terra;

sobor das cangadas costas

a crus de remos lle beila.

Nos ollos sempre un relanzo

de escumas cantaroleiras;

no corazón ¡ai Dios Santo!-

no corazón unha vela.

( El gobernar, gobernaba

unha dorna mariñeira.)