1 / 3

Cambio da estrutura varietal dos soutos para revalorizar a produción da IXP Castaña de Galicia

Código expediente: FEADER 2010/2 Entidade solicitante: Consello Regulador IXP Castaña de Galicia Entidade colaboradora: Centro de Investigación Forestal de Lourizán Período: 2010-2013. Cambio da estrutura varietal dos soutos para revalorizar a produción da IXP Castaña de Galicia.

mead
Download Presentation

Cambio da estrutura varietal dos soutos para revalorizar a produción da IXP Castaña de Galicia

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. Código expediente: FEADER 2010/2Entidade solicitante: Consello Regulador IXP Castaña de GaliciaEntidade colaboradora: Centro de Investigación Forestal de LourizánPeríodo: 2010-2013 Cambio da estrutura varietal dos soutos para revalorizar a produción da IXP Castaña de Galicia Os soutos galegos están constituidos por un número elevado de variedades de distribución moi local en mixtura con árbores silvestres, e a súa produción de castaña, orientada maiormente ó autoconsumo, evolucionou moi pouco para adaptarse ós usos actuais, que son maiormente o pelado en industria e a venda en fresco. Para ambas finalidades é precisa a produción de lotes uniformes en cantidades importantes. O obxectivo do proxecto que presentamos é elexir as variedades coas mellores características para os diferentes usos, así como os seus polinizadores, considerando tamén a productividade. Para a elección das variedades se considerará a experiencia das empresas comercializadoras e produtores e a caracterización varietal realizada en Galicia. Os polinizadores potenciais serán elexidos entre variedades produtoras de pole que son as que contan con amentos lonxiestaminados e mesoestaminados. Xa que grande parte das variedades teñen unha distribución moi local, é preciso ampliar a área de cultivo das variedades seleccionadas e incluso cultivalas en áreas diferentes das tradicionais. A adaptabilidade das variedades nas novas zonas de cultivo pódese prever a partir da caracterización climática da área de orixe, buscando áreas de clima similar noutras zonas de Galicia. OBXECTIVOS: 1. Elección das variedades interesantes. 2. Selección dos polinizadores das variedades elexidas 3. Adaptabilidade das variedades elexidas e dos seus polinizadores en diferentes zonas da IXP da Castaña de Galicia

  2. A IXP Castaña de Galicia agrupa a produtores, comercializadores e almacenistas en fresco e industrias de procesado que traballan para prestixiar unha marca de calidade. Galicia é unha potencia na elaboración e comercialización de castañas, pois as principais industrias transformadoras e envasadoras están nesta Comunidade e moven un volume de negocio de máis de 30 millóns de €. Os vellos soutos salvagardan un número elevado de variedades que se deberán conservar. Sen embargo para abastecer o mercado necesítase un produto homoxéneo, con características definidas (1, 2) e grandes producións pois, coa actual estrutura varietal, aínda producindo máis da metade da castaña de España, entre o 30% e o 40% do produto que se procesa ten que vir de fóra da Comunidade. A integración de produtores e sistema agroindustrial é primordial para a mellora da competitividade e desenvolvemento de novos produtos. Debido ás moitas variedades existentes en moitos dos soutos - de tres a cinco -, os lotes comerciais da castaña non son homoxéneos nas súas características de forma, calibre, pelado, dureza, etc. Ademais as variedades cultivadas son diferentes de comarca en comarca. No inventario de variedades de castaña realizado en Galicia nos anos oitenta se identificaron 143 denominacións varietais3. Polo tanto é vital ter priorizadas as variedades que maior beneficio reporten aos axentes implicados. O Centro de Lourizán realizou a caracterización in situ de 70 variedades4. No ano 1997 se instalou a Colección de Variedades Tradicionais de Castiñeiro que conta con 55 clons diferentes5, entre eles os das variedades Parede, Garrida, Negral, Famosa, Longal, etc. na que se realizou a avaliación empregando os principais descriptores de identificación e agronómicos6.

  3. Grande parte das variedades de castaña presentan esterilidade masculina máis ou menos acusada. A inclusión nas plantacións de variedades polinizadoras é interesante xa que un dos motivos da baixa produción é a falta de polinizadores, que poden, ademais, influir no tamaño da castaña. A presenza de insectos polinizadores é tamén un factor importante na produción dos soutos. Consideramos que os coñecementos sobor da polinización do castiñeiro pódense mellorar moito. Posto que as variedades de castiñeiro son variedades de distribución moi local, orixinadas na selección por parte dos agricultores nas poboacións locais silvestres, temos evidencias da súa adaptación ás condicións nas áreas de cultivo pero non fóra delas. Algúns dos factores que poden ser limitantes para as variedades son as xeadas de primavera, as temperaturas durante o período de floración e especialmente a seca estival. Convén valorar o efecto destes factores no cambio da área de cultivo das variedades elixidas como variedades obxectivo. 1 Fernández, J. 1984. Situación actual y perspectivas de los castañares tradicionales gallegos. Congreso Internacional sobre el castaño. Lourizán, Pontevedra: 105-119. 2 Fernandez López J. 1987. El castaño de fruto y las necesidades de divulgación, experimentación e Investigación. Fruticultura profesional, 11,109-114. 3 Fernández López J., Pereira Lorenzo S., 1993. Inventario y distribución de los cultivares tradicionales de castaño (Castanea sativa Mill.) en Galicia. Monografía INIA, 87, Madrid. 4 Pereira-Lorenzo, S., Fernandez López, J.,1997. Los cultivares autóctonos de castaño (Castanea sativa Mill.) en Galicia. Monografías INIA, 99, Madrid. 5 Furones Pérez, Mª P., 2010. Origen, distinción, uniformidad y estabilidad de los principales cultivares gallegos tradicionales de castaño (Castanea sativa Miller) mediante marcadores genéticos y caracteres fenotípicos. Tesis doctoral. Universidad de Vigo. 6Furones Pérez, Mª P., Fernández López J.,2009. Morphological and phonological description of 38 sweet chestnut cultivars (Castanea sativa Miller) in a contemporary collection. Spanish Journal of Agricultural Research, 7 (4), 829-843.

More Related