1 / 1

Valores Éticos: guión para comentario

Valores u00c9ticos: Guiu00f3n para facer un comentario dunha imaxe.

Download Presentation

Valores Éticos: guión para comentario

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. GUIÓN PARA O COMENTARIO DE IMAXES EN VALORES ÉTICOS ● A HISTORIA DETRÁS DA IMAXE Aquí deberás completar a información que mostra a fotografía para que se entenda o que aparece nela. É dicir: - Marco espazo-temporal da fotografía (cando e onde sucedeu o que aparece na foto). - Contexto histórico. Describe a grandes rasgos o feito histórico no que transcurriu a acción captada na foto. - Motivos. Se na imaxe aparecen persoas facendo algo indica que motivos tiveron para facelo. ● REFLEXIÓNS ÉTICAS QUE PLANTEXA A IMAXE Fíxate no título deste apartado: reflexións, en plural. Se escolliches unha boa imaxe seguro que podes facer varias reflexións sobre ela. Por eso, a selección da imaxe é unha parte importante deste exercicio. As que seguen son só unhas das poucas reflexións que podemos facer pero pode haber moitas máis. - Na fotografía que escolliches... - móstrase un comportamento xeneroso, cruel, exemplar, malvado, indigno, etc? - vese a violación de algún dos Dereitos Humanos? - podemos ver persoas que se comportan e viven de forma moi diferente á nosa? (diversidade cultural). Son discriminadas por eso? - plantéxase un dilema sobre o que está ben ou mal? - A inxustiza que mostra a foto. É algo superado hoxe en día? Ou aínda segue a pasar? - Mira a imaxe desde varios puntos de vista. Por exemplo, se a foto mostra un agresor e a súa vítima non te centres soamente na maldade do agresor ou na inocencia da vítima. Vai máis alá e ponte no lugar do agresor e fai de avogado do demo. Trata de averiguar os seus motivos. Non se trata de xustificar o que fixo senón de comprender por que se comportou así. - Busca os matices. A vida non é en branco e negro. Na vida non hai só bos e malos, vítimas e agresores. Tamén hai cómplices, os que animan ao agresor. Ou os que ven unha agresión pero miran para outro lado. Reflexiona sobre os que están na zona gris.

More Related