1 / 20

PROENS - Guia rapida V2

PROENS: guu00eda ru00e1pida.

Download Presentation

PROENS - Guia rapida V2

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. GUÍA RÁPIDA PROENS

  2. Para atopar a aplicación, podemos teclear “proens” no noso navegador e escollemos o enlace que conteña a dirección edu.xunta.gal. Na miña captura xa vedes que é o primeiro.

  3. Para entrar na aplicación, identificámonos coa nosa conta corporativa (a do dominio edu.xunta.gal) CLICK AQUÍ

  4. Recordade escribir soamente o nome do usuario, é dicir, os caracteres que están antes da @. No meu caso (marcoscorbacho@edu.xunta.es) sería así: Se o contrasinal está caducado non poderemos entrar!

  5. Se todo foi ben, entraremos na aplicación. Así: Esto indícanos que nos identificamos ben como usuarios de edu.xunta.gal.

  6. A continuación, imos empezar coas nosas programacións. Click Click

  7. Agora, a aplicación debería amosar algo así:

  8. ACLARACIÓN Polo de agora, a aplicación só amosa o último curso (2021-2022). O vindeiro curso aínda non está dispoñible en PROENS. Para non esperar a que o estea sen facer nada, o noso compañeiro Raúl di que podemos crear a programación no curso 2021-2022 e cando estea dispoñible o 2022-2023, importala para este último curso.

  9. Continuamos. Agora imos buscar as nosas programacións: click no botón Buscar. Click

  10. Esto é o que aparce no meu caso: Neste intre cómpre outra aclaración.

  11. ACLARACIÓN Se no voso caso, PROENS non mostra todas as programacións que vos corresponden seguramente sexa debido a que no XADE non tedes asociadas as materias que vos tocaría impartir no vindeiro curso 2022-2023. O propio PROENS informa (no recadro azul): “Nesta pantalla poderá consultar as súas programacións. Poderá ver as programacións correspondentes ás materias que imparte en algún grupo (grupos nos que conste asociado en XADE).”

  12. O primeiro que hai que facer coa programación é creala. Facemos click no botón do +. Click Acabo de crear a programación de Plástica de 1º ESO.

  13. Click En tipo de versión, escollemos “de traballo”. Os demais parámetros son informativos e non os podemos cambiar. Fixádevos en que o PROENS xa calculou que vou ter 70 sesións anuais. Debo ter en conta este dato cando elabore as unidades didácticas e indique cantas sesións lle asigno a cada unha xa que se entre todas non suman 70 vai dar unha mensaxe de ERRO. Rematamos o proceso facendo click en no botón Crear.

  14. Pois aquí está a miña programación de Plástica de 1º ESO lista para que modifique. E como vedes abaixo, cada apartado ten dúas iconas: unha lupa (para ver ese apartado) e un lapis (para editalo). Click

  15. Na maioría dos apartados hai que cubrir o texto nos recadros e pulsar no botón “Validar e gardar” ao rematalo. Se o texto é longo ou facemos unha pausa convén pulsar en “Gardar” de vez en cando porque o programa pode pecharse se non detecta actividade e perderíamos os cambios.

  16. Na relación entre obxectivos e competencias parte xa están cubertas. Pódense engadir máis pulsando na casilla correspondente.

  17. No punto 3.1 hai que facer unha relación das unidades didácticas coa temporalización e o peso da unidade dentro da materia. Para crear unha unidade nova hai que pulsar no botón “Engadir” da parte inferior da páxina.

  18. O programa vai avisando dos erros atopados. Neste caso informa de que a suma de sesións de todas as unidades non coincide co total de sesións do curso e a suma de pesos non é 100. A pesar dos erros pódese seguir elaborando a programación, aínda que non se poderá pechar.

  19. A continuación hai que ralacionar os contidos e criterios de avaliación do currículo coas unidades didácticas creadas. O mesmo contido (ou criterio) pode traballarse en varias unidades.

  20. O botón + da dereita de cada contido permite desenvolvelo en subapartados. De facelo a redacción debe ser similar á do currículo.

More Related