1 / 14

LITURXIA da EUCARISTÍA

LITURXIA da EUCARISTÍA. SAÚDO INICIAL. CELEBRANTE: No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. POBO : Amén C. A gracia do noso Señor Xesucristo, o amor do Pai e a comunión do Espírito Santo sexan con todos vós. P. E contigo tamén. ACTO PENITENCIAL

makani
Download Presentation

LITURXIA da EUCARISTÍA

An Image/Link below is provided (as is) to download presentation Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author. Content is provided to you AS IS for your information and personal use only. Download presentation by click this link. While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server. During download, if you can't get a presentation, the file might be deleted by the publisher.

E N D

Presentation Transcript


  1. LITURXIA da EUCARISTÍA

  2. SAÚDO INICIAL • CELEBRANTE: No nome do Pai e do Fillo e do Espírito Santo. • POBO :Amén • C. A gracia do noso Señor Xesucristo, o amor do Pai e a comunión do Espírito Santo sexan con todos vós. • P.E contigo tamén.

  3. ACTO PENITENCIAL • C. Irmáns, para celebrarmos dignamente os santos misterios, recoñezamos que somos pecadores. Eu confésome pecador diante de Deus omnipotente e tamén diante de vós, meus irmáns, pois teño pecado moito de pensamento, de palabra, de obra e de omisión. Pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña grandísima culpa. Por iso lle pido á benaventurada Virxe María, a tódolos Anxos e Santos do ceo e a vós tamén, meus irmáns, que roguedes por min a Deus, o noso Pai.

  4. PERDÓN C. Ti que fuches enviado a salva-los corazóns arrepentidos : Señor, ten piedade de nós P.Señor, ten piedade de nós. C. Ti que viñeches chamar ós pecadores : Xto, ten piedade de nós. P.Cristo, ten piedade de nós. C. Ti que estás á dereita do Pai para intercederes por nós: Señor, ten piedade de nós. P.Señor, ten piedade de nós. C. Deus omnipotente teña piedade de nós, nos conceda o perdón dos nosos pecados e nos leve á vida eterna. P.Amén.

  5. GLORIA Gloria a Deus no ceo, e paz ó seu pobo na terra. Noso Señor Deus, rei do ceo, Deus Pai todopoderoso; Louvámoste, bendecímoste, adorémoste, glorificámoste e dámosche gracias, pola túa inmensa gloria. Señor, Fillo único, Xesucristo, Señor Deus, Año de Deus, fillo do Pai. Ti, que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós. Ti, que quíta-lo pecado do mundo, escoita a nosa oración. Ti, que estás á dereita do pai, ten piedade de nós; porque Ti é-lo único Santo, Ti, o único Señor, Ti, o único Altísimo Xesucristo, co Espírito Sto. na gloria de Deus Pai. Amén.

  6. DESPOIS DAS LECTURASLECTOR Lectura de… Palabra do SeñorPOBOGracias a Deus. EVANXELIO • C. O Señor sexa convosco. • P.E contigo tamén. • C. Lectura do Santo Evanxelio según San… • P.Gloria a Ti, Señor Xesús. • C. (…….) Palabra do Señor • P.Louvámoste, Cristo.

  7. CREDO Creo en Deus, Pai Todopoderoso. Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, o noso Señor que foi concebido por obra e gracia do Espíritu Santo, naceu de Santa María a Virxe. Padeceu baixo o poder de Poncio Pilato. Foi crucificado, morto e sepultado. Descendeu ós infernos, ó terceiro día resucitou de entre os mortos. Ascendeu ós ceos e está sentado á dereita de Deus, Pai Todopoderoso. Dende alí virá a xulgar a vivos e mortos. Creo no Espíritu Santo, a Santa Igrexa Católica, a comunión dos Santos, o perdón dos pecados, e a vida eterna. Amén.

  8. PRESENTACIÓN DO PAN • C. Bendecímoste, Señor, Deus do universo. Da túa bondade recibimos este pan, que é froito da terra e do traballo dos homes. Presentámoscho agora para que se nos converta no pan de vida. • P.Bendito sexa Deus, agora e sempre. PRESENTACIÓN DO VIÑO C. Bendecímoste, Señor, Deus do universo. Da túa bondade recibimos este viño, que é froito da vida e do traballo dos homes. Presentámoscho agora para que se nos converta na bebida de salvación. P.Bendito sexa Deus, agora e sempre. C. Pregade,irmáns, para que este sacrificio meu e voso sexa ben aco-llido por Deus Pai omnipotente. P.O Señor acolla das túas mans este sacrificio, para louvanza e para gloria do seu nome, para ben noso e de toda a súa Santa Igrexa. C. Pedímoscho a ti, que vives e reinas por sempre eternamente. P.Amén.

  9. PREGARIA EUCARÍSTICAC.O Señor sexa convosco.P.E contigo tamén.C.Erguede os corazóns.P.Témolos postos no SeñorC.Deámoslle gracias ó Señor, noso DeusP.É digno e de xusticia. SANTO Santo, Santo, Santo es ti, Señor, Deus do universo. Enche-lo ceo e maila terra coa tua gloria ¡Hosanna no ceo! Bendito o que vén no nome do Señor ¡Hosanna no ceo!

  10. DESPOIS DA CONSAGRACIÓN C. Velaquí o misterio da nosa fe. P.Anunciámo-la túa morte, proclamámo-la túa resurrección, ¡ven , Señor Xesús! C.Por El. con El e en El …por sempre eternamente. P.Amén

  11. NOSO PAI C. Guiándonos polos consellos do Salvador e seguindo a súa doctrina, atrevémonos a dicir: Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome. Veña o teu Reino e fágase a túa vontade aquí na terra coma no ceo. Danos hoxe o noso pan de cada día; perdoa as nosas ofensas, como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido; e non nos deixes caer na tentación, mais líbranos do mal.

  12. C.Líbranos, Señor, de tódolos males e dáno-la paz nos nosos días. Fai que, axudados pola túa misericordia, vivamos sempre libres de pecado e amparados de toda desgracia. Mentres esperámo-la salvación e a volta gloriosa do noso Señor Xesucristo.P. Pois teus son o reino, o poder e maila gloria por sempre eternamente. A PAZ C. Señor Xesucristo,Ti dixéche-los teus Apóstolos: “Déixovo-la miña paz, dóuvo- la miña paz”. Non míre-los nosos pecados senon a fe da túa Igrexa; dígnate darlle a paz e maila unión de acordo coa túa vontade. Pedímoscho a ti, que vives e reinas por sempre eternamente. • P.Amén. • C. A paz do Señor sexa sempre convosco. • P.E contigo tamén. • C. Dádevo-la paz coma irmáns.

  13. AÑO DE DEUSAño de Deus que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós.Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nósAño de Deus que quíta-lo pecado do mundo, dáno-la paz. COMUNIÓN • C. Este é o Año de Deus que quita o pecado do mundo. Felices os convidados á cea do Señor. • P.Señor, eu non son merecente de que entres no meu fogar, mais unha palabra túa abonda para me salvar

  14. DESPEDIDA • C. O Señor sexa convosco. • P.E contigo tamén. • C. Bendígavos Deus Todopoderoso: Pai, Fillo e Espírito Santo. • P.Amén. • C. Podedes ir en paz, e que o Señor vos acompañe. • P.Deámoslle gracias a Deus.

More Related