as mulleres na ciencia l.
Download
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
As mulleres na ciencia PowerPoint Presentation
Download Presentation
As mulleres na ciencia

Loading in 2 Seconds...

play fullscreen
1 / 53

As mulleres na ciencia - PowerPoint PPT Presentation


  • 119 Views
  • Uploaded on

As mulleres na ciencia . UNHA HISTORIA DE ATRANCOS, REPRENSIÓN, REPRESIÓN, EXCLUSIÓN, DESCONSIDERACIÓN, INVISIBILIDADE, DESAUTORIZACIÓN, MAIS. Nunca de pasivo victimismo.

loader
I am the owner, or an agent authorized to act on behalf of the owner, of the copyrighted work described.
capcha
Download Presentation

PowerPoint Slideshow about 'As mulleres na ciencia' - lynn


An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript
as mulleres na ciencia

As mulleres na ciencia

UNHA HISTORIA DE ATRANCOS, REPRENSIÓN, REPRESIÓN, EXCLUSIÓN, DESCONSIDERACIÓN, INVISIBILIDADE, DESAUTORIZACIÓN, MAIS...

nunca de pasivo victimismo

Nunca de pasivo victimismo

As mulleres desenvolveron múltiples estratexias para acceder á actividade científico-técnica mais, ¿cómo buscar as súas contribucións

as que accederon ciencia oficial mulleres invisibles
As que accederon á ciencia oficial: mulleres invisibles
  • Escribiron baixo seudónimo, non escribiron ou sobreviviron camuflándose
  • Se acadaron recoñecemeno oficial, foron desautorizadas pola historia posterior
  • Non puideron incorporarse ás institucións
  • As súas obras foron plaxiadas ou usurpadas por científicos varóns
as que traballaron f ra da ciencia oficial an nimas
As que traballaron fóra da ciencia oficial: anónimas
  • As súas contribucións non se recoñecen
  • Moitas foron acusadas de bruxería: queimadas ou duramente castigadas: menciñeiras, alquimistas
  • Non escribiron
  • Os seus coñecementos transmitíanse oralmente
m is problemas da investigaci n
Máis problemas da investigación
  • A historia das mulleres na ciencia non se pode construír cos mesmos parámetros cos que se caracterizan os períodos históricos
  • A Idade Media, o Renacemento, a Ilustración, o século XIX e a institucionalización da ciencia cuantitativa ...., non significaron o mesmo para os homes que para as mulleres
a necesidade de buscar unha xenealox a feminina
A necesidade de buscar unha xenealoxía feminina
  • Un claro exemplo:

Houbo moitas alquimistas pero ¿como localizalas se a propia alquimia é un paradigma desprestixiado?

  • Tampoco se trata de facer a historia das figuras heroicas porque este enfoque deixa as mulleres sen tradición, só hai excepcións
as metodolox as outro problema
As metodoloxías, outro problema
  • As correntes positivistas deíxannos sen pasado
  • A historia das ideas ou a das comunidades científicas non serve porque as mulleres foron excluídas das institucións ata o século XX
ademais
Ademais...
  • É preciso ter en conta:
  • O acceso das mulleres á educación
  • A opinión da sociedade e da ciencia sobre as mulleres e o significado de ser muller, que ten variado amplamente ó longo da historia: a muller luxuriosa e insaciable, o anxo do fogar, a muller submisa e pasiva, a superwoman....
a interpretaci n dos textos
A interpretación dos textos
  • Non se deben ler á luz dos coñecementos actuais
  • Tampouco cabe dicir, unicamente, que erraban nas súas conclusións
  • Que eran loucas, extravagantes ou hostéricas
  • Que, talvez, elas non escribiron os textos
onde podemos investigar
¿Onde podemos investigar?
  • Na ciencia oficial é ben difícil pero...
  • Podemos facelo nos saberes excluídos da ciencia oficial:

No ámbito do traballo doméstico e artesanal: agricultura, cerámica, alimentación, téxtil, medicina, botica...

  • Mais, cando estes coñecementos pasan á industria, as aportacións das mulleres ocúltanse
a situaci n actual
A situación actual
  • Gran número de mulleres no ensino, nas universidades, nos grupos de investigación pero... non ocupamos postos relevantes e non estamos presentes nas porcentaxes debidas nos ámbitos de decisión, avaliación e asignación de recursos da actividade científico-técnica
informe etan 2000 da ue
Informe ETAN 2000 da UE
  • Alerta sobre a escaseza de mulleres en postos relevantes da ciencia e da investigación
  • Tenta establecer as causas desta situación
  • Desvela casos flagrantes de diferente valoración dos traballos científicos de homes e de mulleres
alg ns datos do informe etan
Algúns datos do informe ETAN
  • Porcentaxe de investigadoras en Europa: 23%
  • Profesoras titulares de universidade: 14%
  • Catedráticas: 5%
pioneiras na construcci n do co ecemento
Pioneiras na construcción do coñecemento

Desde a antigüidade á Idade Media

  • Filósofas nas escolas gregas
  • Alquimistas
  • Médicas
  • Boticarias
  • Escolas artesanais
as fil sofas s vii e viii a d e
As filósofas (s. VII e VIII a. d. e.)
  • Sabedoría ligada á relixión e á mitoloxía
  • Escolas filosóficas = comunidades político-relixiosas
  • As fillas de familias pertencentes a elas
  • Educadas nun ambiente culto e brillante
a escola pitag rica
A escola pitagórica
  • A paideia: mellora dos seres humanos a través da percepción dos sentidos, observando formas bellas, escoitando boas melodías e estudiando matemáticas
  • A muller debía ser intelixente e culta para desenvolver mellor o seu papel de esposa e nai
as pitag ricas
As pitagóricas
  • Teano, fillas e condiscípulas (Pitágoras)
  • Perictione (nai de Platón)
  • Phyntis
  • Melissa
  • Mya (filla de Pitágoras)
  • Aseara de Lucania

Consérvanse textos de todas elas pero tamén se sabe de dezasete máis cos seus nomes

escola c nica e xard n epic reo
Escola cínica e xardín epicúreo
  • Hiparquia
  • Temista
  • Leontio
hipatia de alexandr a 370 415
Hipatia de Alexandría (370-415)
  • Explicaba filosofía e matemática publicamente
  • Fixo escola de homes e de mulleres
  • Autoridade indicutible no seu tempo
  • Lapidada e descuartizada por unha multitude cristiana fanática alentada polo bispo Cirilo no seo dun conflicto entre este e o poder civil
  • Desde o século XIX ata hai 20 anos desapareceu da historia da ciencia
mulleres e ciencia na i media
Mulleres e ciencia na I. Media:
  • A partir do século XI, conxunción do cristianismo coa filosofía grega que produce o florecemento das escolas monacais e e catedralicias
  • Os avances tecnolóxicos comezan a poñer en dúbida a desconsideración do traballo manual
  • Os conventos son un refuxio de acceso á cultura para as mulleres
as abadesas hildegarda
As abadesas: Hildegarda
  • Hildegarda de Bingen (1098-1179)
  • Respectada, admirada e consultada por príncipes e papas
  • Viaxou predicando (transgresión)
  • Escritura mística-visións: ¿estratexia de autoridade?
  • Obras de medicina con atención especial ás enfermidades das mulleres
hildegarda
Hildegarda
  • Obras de historia natural segundo o paradigma hermetista da alquimia e da observación dos “mixtos”
  • Visión do universo
  • Preparación de remedios e medicamentos
m dicas e boticarias
Médicas e boticarias
  • Mosteiros femininos como centro destas actividades
  • A escola salernitana: Trótula (século XI)
  • Passionibus Mulierum Curandorum, Trotula Maior, Trotula Minor
  • Trotula Maior foi o libro mais copiado e transcrito daqueles tempos , pero a partir do século XIII se atribúe a autores masculinos
la sage femme ou a bruxa
La sage femme ou a bruxa
  • As mulleres foron as primeiras médicas, parteiras, antomistas da historia occidental; as primeiras farmacólogas no estudios e uso de herbas medicinais
  • Médicas sen título por transmisión oral
  • A partir do século XIII créanse as Primeiras Escolas de Medicina e o conflicto está servido
a caza de bruxas
A caza de bruxas
  • A Igrexa, as Universidades, o poder real, crean un conflicto de autoridade polo control da medicina
  • Nas universidades, vedadas ás mulleres, non se ensinaban saberes experimentais
  • Prohíbese ás mulleres o exercicio da medicina
  • Comeza a caza de bruxas ( acusadas de posuír unha sexualidade feminina, poderes máxicos, de estar organizadas e de ter a ousadía de curar)
a tradici n alquimista
A tradición alquimista
  • Buscaba a perfección material e a salvación espiritual
  • María a Hebrea (s. I e II)
  • Alambiques, aparellos de destilación, fornos de fundición para metais
  • O balneum Mariae, o tribikos, o kerotakis
  • Só se conservan fragmentos das súas obras
mar a a hebrea
María a Hebrea
  • Sentou moitas das bases da alquimia helenística
  • Amplamente citada por autores da tradición árabe e europea
  • ¡Ponse en dúbida a súa existencia!
  • DESAUTORIZACIÓN, UNHA VEZ MÁIS
marie meurdrac
Marie Meurdrac
  • Escribe: La Chymie charitable et facile en faveur des dames (1666)
  • Un dos doce tratados de química escritos no XVII desde a tradición alquímica
  • Receitas medicinais, principios, aparellos e técnicas de laboratorio, táboas de pesos... Traducida ó italiano e amplamente difundida
  • Esquecida pola historia da ciencia
maria sybilla merian 1647 1717
Maria Sybilla Merian (1647-1717)
  • Nacida en Francfort, filla dun artista e gravador famoso
  • Aprendeu pintura e gravado
  • Naturalista, trasladouse a Amsterdam despois de separar do seu marido
  • Ós 52 anos viaxou a Surinam (colonia holandesa) para observar a natureza
maria sybilla merian 1647 171731
Maria Sybilla Merian (1647-1717)
  • Publicou diversas obras con gravados en cobre, describindo os ciclos de bolboretas, escarabellos, abellas, moscas... As metamorfoses
  • Moveuse entre o obradoiro doméstico e a academia
  • As súas obras foron amplamente citadas na entomoloxía do XVIII, publicándose dezanove edicións delas
a desautorizaci n de merian
A desautorización de Merian
  • Prodúcese no ano 1834, en forma dunha edición das súas obras realizada polo reverendo Guilding, que afirma que o libro está cheo de erros, que os debuxos son “rudos” e que Merian se deixara engaiolar por uns “taimados negros”.
  • Até datas ben recentes non se recuperou o seu traballo pero o seu nome non aparece
o papel das mulleres na nova ciencia dos s culos xvii e xviii
O papel das mulleres na “nova ciencia” dos séculos XVII e XVIII
  • La “querelle des femmes”: Cristine da Pizzano (século XV)
  • A “ciencia moderna”
  • A ciencia ilustrada e as mulleres
  • As Academias, os salóns
  • O acceso das mulleres á ciencia (a botánica e a divulgación)
mulleres de ciencia do xvii e xviii
Mulleres de ciencia do XVII e XVIII
  • As astrónomas: E. Hevelius, C. Herschel
  • Lady Mary Montagu (1689-1762)

Filósofas, físicas e matemáticas:

  • Gabrielle Émilie du Breteuil, marquise du Châtelet (1706-1749)
  • Laura Bassi (1711-1778) Bologna
o s culo xix
O SÉCULO XIX
  • “O ANXO DO FOGAR”
  • Mary Sommerville (1780-1872)
  • Ada Byron Lovelace (1815-1852)
  • Sofia Kovalevskaia (1850-1891)
o s culo xx pioneiras en ciencia nuclear
O século XX: pioneiras en ciencia nuclear
  • Factores que propiciaron o acceso femino:
  • Mantiveron contactos persoais e científicos (probados na correspondencia que mantiveron)
  • Contribuíron a darse e recoñecerse autoridade
papel dos grandes personaxes
Papel dos grandes personaxes
  • Propiciaron o acceso das mulleres : M. Curie (1867-1934); Rutherford (1871-1937)
  • Tiveron unha actitude tolerante ou paternalista: Thomson (1856-1940) ou Soddy (1877-1956)
  • Obstaculizaron o seu acceso e traballo: Fischer(1852-1919); Planck (1858-1947), Otto Hahn (1879-1968)
maria g ppert mayer 1906 1972
Maria Göppert-Mayer (1906-1972)
  • Despois de Marie e Irène Curie...
  • Estudou matemáticas e física en Gottingen
  • Petenceu ó círculo intelectual de Fermi, Oppenheimer (director do proxecto da bomba atómica), Pauling e Teller (pai da bomba de hidróxeno)
  • Casou e trasladouse a EEUU por mor do traballo do seu home
maria g ppert mayer 1906 197239
Maria Göppert-Mayer (1906-1972)
  • Investigou a separación de isótopos do uranio e utilizou a teoría cuántica nas súas investigacións
  • Traballou nunha institución que contribuiu ó proxecto Manhattan pero parece que as súas contribucións non foron decisivas para a fabricación da bomba atómica
maria g ppert mayer 1906 197240
Maria Göppert-Mayer (1906-1972)
  • Traballou tamén no Laboratorio Nacional dp Dpto de Enerxía atómica de EEUU
  • Realizou investigacións sobre a utilización pacífica da enerxía nuclear
  • Desenvolveu un novo esquema de clasificación dos núcleos atómicos e das súas propiedades máis importantes
m is sobre g ppert mayer
Máis sobre Göppert- Mayer
  • En 1936 recibiu o Premio Nobel de Física con Hans Jensen polo modelo de capas do núcleo atómico
  • En 1959 accedeu, por primeira vez, a un posto académico remunerado como profesora de física
  • A Sociedade Americana de Física instituiu un premio que leva o seu nome para premiar a mulleres relevantes no campo da Física
lise meitner 1878 1968
Lise Meitner (1878-1968)
  • Nacida en Viena, de orixe xudía
  • Conseguiu entrar na Univ. de Viena en 1901, dous anos despois da apertura desta ás mulleres, para estudiar física e matemáticas
  • En 1905 consigue doutorarse en Física (a segunda muller en Viena)
lise meitner
Lise Meitner
  • Despois de moitas penurias, de vencer as resistencias de Fischer que sentía aversión polas mulleres no laboratorio, obtivo unha praza de axudante de Planck na Universidade de Prusia
  • En 1918 foi nomeada codirectora con Otto Hahn dun Departamento do Instituto Kaise Wilhelm de Berlín
lise meitner44
Lise Meitner
  • Traballa na sección de Física nuclear
  • En 1938 ten que fuxir da Alemaña nazi e trasladouse a Suecia onde ensinou no Instituto Nobel de Estocolmo
  • Mantén correspondencia con Hahn e Strassmann sobre as investigacións do bombardeo de uranio con neutróns
lise meitner45
Lise Meitner
  • Suxírelle ós seus colegas a interpretación da que ela denominou fisión do uranio
  • En 1943 rexeita participar no proxecto Manhattan pois pensaba na utilización da fisión para fins pacíficos
  • En 1944, Otto Hahn recibe el Nobel de Química polo descubrimento da fisión nuclear; nin unha soa mención a Lise Meitner
lise meitner46
Lise Meitner
  • Despois de 1949 foi admitida en diversas sociedades científicas de prestixio
  • Recibiu premios e honores, pero...
  • Aínda que foi proposta dúas veces para o premio Nobel polas súas contribucións nunca chegou a conseguilo
  • Desautorización, apropiación, desconsideración....
ida tacke noddack 1896 1979
Ida Tacke Noddack (1896-1979)
  • Alemana educada en Berlín. Estudou Enxeñería Química
  • Descubriron o elemento Renioç
  • Postulou a fisión do Uranio pero nin Otto Hahn nin Lise Meitnertiveron en conta esta proposta
  • Investigou sobre os elementos transuránidos
wu chien shiung 1912 1997
Wu Chien-Shiung (1912-1997)
  • Nacida nunha familia china de ideas progresistas, estudou na Universidade de Nanjing
  • En 1936 trasladouse a EEUU e investigou no laboratorio de radiación da universidade de California
  • Traballou no Proxecto Manhattan
wu chien shiung
Wu Chien-Shiung
  • Investigou sobre a desintegración  dos núcleos radiactivos e deseñou experimentos para investigar os electróns que atravesaban láminas de espesor uniforme
  • Confirmou diversas teorías gracias ós seus experimentos
wu chien shiung50
Wu Chien-Shiung
  • Lee e Yang recibiron o Premio Nobel de física polos seus traballos sobre o comportamento de partículas subatómicas, pero aínda que o deseño, realización e confirmación experimental destes debeuse a Wu, nunca recibiu o Nobel
wu chien shiung51
Wu Chien-Shiung
  • Foi amplamente galardoada
  • Aplicou o seu traballo á medicina
  • Chegou a ser catedrática da Univ. de Columbia
  • Preocupouse do papel das mulleres nas ciencias e impartía conferencias animando ás mozas a estudiar carreiras científicas
un cami o por andar
Un camiño por andar
  • As organizacións científicas son masculinas por tradición
  • Unha muller soa é presa fácil
  • A muller activa e intelixente é unha ameaza
as pois precisamos
Así pois, precisamos:
  • A recuperación da xenealoxía feminina
  • Constituír redes de mulleres
  • A solidariedade entre mulleres nas institucións e nos centros de traballo