70 likes | 218 Views
Movemento Bravú. Lara Lagoa Patiño 2º ESO B. O Bravú é un movemento musical e cultural que agroma en Galiza a principios dos noventa.
E N D
Movemento Bravú Lara Lagoa Patiño 2º ESO B
O Bravú é un movemento musical e cultural que agroma en Galiza a principios dos noventa. Nesta década xorden numerosos grupos musicais de gustos heteroxéneos, que comparten tanto a fachenda pola súa cultura como a admiración por figuras do movemento antiglobalización como Manu Chao ou Fermín Muguruza. Definición e introdución Lara Lagoa Patiño 2º ESO B
Aínda que encadrado ideolóxicamente na esquerda, a maior parte do movemento nunca estará tan implicado políticamente como as súas influencias, posiblemente pola dependencia de axudas e estruturas culturais do goberno galego, nese momento nas mans da dereita. Coa axuda de experimentos anteriores coma Os Resentidos, Fuxan os ventos, The Pogues, The Clash, Mano Negra ou Negu Gorriak as novas xeracións de roqueiros galegos ademáis de amosar unha ampla cultura musical deixan acantoados vellos complexos como utilizar o galego para o rock. Canalizan deste xeito unha rebeldía inherente ao sector máis creativo da mocidade contra un ambiente socio-político que consideraban paifoco e alasante. Introducen nas súas cancións os probleams cotiáns da mocidade da época: paro, obxección ao servizo militar, o sexo, os problemas da aldea e os caciques. Políticamente e nomes destes grupos
Liderados por artistas como Xurxo Souto (foto) ou Antón Reixa, agrupáronse no chamado Rock Bravú, cuxos principios chegou a formular o escritor Xavier Valiño no libro "A paixón que queima o peito". En esencia, o bravú é un rock "sen capar" (en palabras dos seus membros) que comezou a xerarse «cando as guitarras chegaron ás aldeas». Os comezos… Lara Lagoa Patiño 2º ESO B
O rock “de barrio” • Formulado dende a periferia da Galiza, o mundo rural, este movemento é a expresión propia dos fillos de campesiños e pescadores, así como da mocidade das barriadas urbanas: insurxente, marcado por un son bravío e sen aditivos, non ten reparos en facerlle as beiras ó heavy (música de barrio á fin e ó cabo) e ós latexos caribeños. • Unha identidade que mira, así mesmo, as tradicións populares máis auténticas: sexan orquestra de verbena, gaitas de romaría, pandereteiras, charangas, cantos de traballo, lemas sindicais ou slogans futbolísticos. • Non en van, os siareiros do Dépor acostuman levar nas súas saídas ó exterior música de grupos senlleiros do bravú, como Os Diplomáticos de Monte-Alto (foto), Heredeiros da Crus e Os Skornabois. Outros grupos destacados desta época son Xenreira, Skárnio, Os Papaqueixos, Túzaros, O Caimán do río Tea, Kaos, Ruín Bois, Os Impresentables... Lara Lagoa Patiño 2º ESO B
A caída do Bravú • O auxe e a caída do bravú coincide coa segunda fase da explosión do denominado novo folk galego, unha posta ao día da música popular que viñan dende hai vinte anos espallando por todo o mundo formacións tan carismáticas como Milladoiro. • Precisamente a caída na comercialización e a falta de compromiso político desa corrente musical será a que impulse a novos creadores a buscar camiños autóctonos noutras vías, afastándose do esencialismo musical de raíz e trocándoo polos estilos unidos dos pobos oprimidos do mundo. • Nese sentido é destacábel como algúns grupos, en especial Os Diplomáticos de Monte-Alto comezaron a reivindicar a galeguidade da música popular de charangas e orquestras e de grupos como Los Tamara. A figura do crooner Pucho Boedo sería convertida nunha icona do grupo, de xeito similar ao que Negu Gorriak fixera con Luís Mariano. • Outros grupos como Xenreira volveron a súa vista a escasa canción de autor dos setenta na Galiza, en especial o grupo Fuxan os ventos, que empregaba o folc dun xeito militante, todo o contrario do que farían grupos como Milladoiro. Lara Lagoa Patiño 2º ESO B
Conclusión final • Aínda que o bravú foi un movemento maiormente musical, tamén tivo apoios. • Autores como o propio Xurxo Souto e Santiago Jaureguízar contribuíron á apoiar o movemento en determinadas da súas obras. • Tamén Manuel Rivas se identificou en determinados aspectos coa xeración dos novos, e o xornalista Xosé Manuel Pereiro creou e dirixiu a Revista Bravú, unha publicación sen periodicidade fixa que serviu como punto de expresión artística a moita xente vinculada co fenómeno. • A Revista Bravú acompañou varias veces as súas entregas con discos recopilatorios dos grupos, servindo como unha plataforma para dalos a coñecer. Na foto unha páxiña da revista Bravú Lara Lagoa Patiño 2º ESO B