slide1
Download
Skip this Video
Download Presentation
Avelaira abraira (Corylus avellana) avellano hazel noisetier aveleira

Loading in 2 Seconds...

play fullscreen
1 / 14

Avelaira abraira (Corylus avellana) avellano hazel noisetier aveleira - PowerPoint PPT Presentation


  • 146 Views
  • Uploaded on

Avelaira abraira (Corylus avellana) avellano hazel noisetier aveleira. CLASE Anxiospermas ORDE Fagales FAMILIA Betuláceas.

loader
I am the owner, or an agent authorized to act on behalf of the owner, of the copyrighted work described.
capcha
Download Presentation

PowerPoint Slideshow about 'Avelaira abraira (Corylus avellana) avellano hazel noisetier aveleira' - fern


An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript
slide1
Avelaira

abraira

(Corylus avellana)

avellano

hazel

noisetier

aveleira

slide2
CLASE

Anxiospermas

ORDE

Fagales

FAMILIA

Betuláceas

slide3
Pode ser unha árbore pequena de copa densa ou un arbusto que bota ponlas desde a base. Acada ata os 8-10 m de altura. Gosta de solos soltos e frescos, silíceos ou calcários, en zonas de abundantes chuvias.

É orixinaria de Europa, Asia Menor e Norte de África. En Galicia é máis común nas zonas de media e alta montaña. Nas zonas costeiras atópanse exemplares illados ou formando pequenos grupos.

slide4
TALO

Curto e dereito, coa tona gris-vermella, lisa e brillante cando é nova e máis escura e gretada canto mái vella.

slide5
FOLLAS

Caedizas, simples, alternas, de forma acorazonada na base, lixeiramente apuntadas, de 7 a 10 cm de lonxitude, coa beira dobremente serrada, de cor verde e con peliños polo dereito.

slide6
FLORES

Unisexuais e nacen no mesmo pé, antes que as follas. As masculinas son amentos longos de ata 9 cm de lonxitude. As femininas son ovais, de cor parda, rodeadas por escamas dos que sobresaen os estigmas de cor vermella. Florecen de xaneiro a abril.

slide7
FROITO (avelá)

É un aquenio duro, de forma esférica-apuntada e cor castaña, cunha semente grande que se come. Os froitos están envoltos por 3 profilos parcialmente fusionados axeito de campá coas beiras recortadas.

slide9
Pode aparecer formando parte dos sotobosques nas fragas e bosques mixtos asociado ás zonas húmidas ou formar abeledas en barrancos e valgadas sombrizas sobre ladeiras empinadas, formacións densas e cunha rica diversidade botánica.
slide13
USOS

Aprovéitase a semente, que é comestible, e as varas para cestería e tonelería.

A tona (especialmente a das raíces) emprégase en medicina tradicional como astrinxente, o pole como sudorífico e as follas como vasoconstrictoras.

slide14
Bailemos nós ja todas tres, ai amigas,

so aquestas avelaneiras frolidas,

e quen for velida como nós, velidas

se amigo amar,

so aquestas avelaneiras frolidas

verrá bailar.

Airas Nunes (Século XII)

RIBA da auga tecida

fraira d’a abraira florida.

Riba da auga trenzada

flaira d’abraira granada.

Uxío Novoneyra (OS EIDOS)

MONTAXE: Adela Leiro

FOTOS: Adela Leiro

Mon Daporta

ad