corre que chove n.
Download
Skip this Video
Loading SlideShow in 5 Seconds..
Corre que chove !!! PowerPoint Presentation
Download Presentation
Corre que chove !!!

Loading in 2 Seconds...

play fullscreen
1 / 22

Corre que chove !!! - PowerPoint PPT Presentation


  • 106 Views
  • Uploaded on

Corre que chove !!!. PALABRAS ENCHOUPADAS. Orballo . Chuvia miúda.

loader
I am the owner, or an agent authorized to act on behalf of the owner, of the copyrighted work described.
capcha
Download Presentation

PowerPoint Slideshow about 'Corre que chove !!!' - evan-mcpherson


An Image/Link below is provided (as is) to download presentation

Download Policy: Content on the Website is provided to you AS IS for your information and personal use and may not be sold / licensed / shared on other websites without getting consent from its author.While downloading, if for some reason you are not able to download a presentation, the publisher may have deleted the file from their server.


- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - E N D - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
Presentation Transcript
orballo chuvia mi da

PALABRAS ENCHOUPADAS

Orballo. Chuviamiúda

É unha palabra galega que se estendeu por toda a Península. Chamámoslleorballo á “chuviamiúda”, esa chuvia que “non molla pero empapa”, mais non quedamos aquí porque temosunhachea de maneiras de chamarlle a este tipo chuvia: babuña, babuxa, barbaña, barbuña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, breca, chuvisca, froallo, lapiñeira, mexadeira, mocalleira, morriña, morriñada, orballeira, orballada, parrumada, patiñeira, poalla, poalleira, zarzallo.

E aíndapoderíamosengadir: chuviñada, chuviscada “chuviamiúda e lenta que dura pouco tempo”. Fixémonos no matiz “que dura pouco tempo”.

“Son as seis da tarde dun día de outono. A vilavai-se mollandodunorballooubabuxeira fina que, xuntocoempardecer, axuda a anubiá-los recantos das prazas e rúas. A augaescorregasolermiña, queda, polaslousas da vilavella e polo asfalto da zona nova da vila.” Antón Tovar, A grande ilusión e outros contos, Galaxia, Vigo, 1989 (TILGA)

melura

PALABRAS ENCHOUPADAS

Melura

Neste caso imos facer algo de mestura, imos mesturar a augacoanéboa e así temos esta palabra que ten como significado: “Chuviamoi fina que se desprende da néboa”  Coma no caso anterior, aquítamén temos outras maneiras de chamarlle a esta realidade: meleada, molura.

Un exemplo do uso desta palabra na linguaxeliteraria:

“Casal do verme que no froito cava o agraz, a polpa de auga onde se enterra, e na melura, polasveigas, erra o can que morre e que aínda baba;”

Anos de viaxe (Poesía 1981-1987) Rodríguez Baixeras, Xavier, Ed.Xerais, Vigo, 1987 (TILGA)

chuvascada

PALABRAS ENCHOUPADAS

chuvascada

Imos aumentando a intensidade e a forza da chuvia, pero non a duración. O significado que esta palabraten é “Chuvia forte que dura pouco tempo” e tamén pode ter outros sinónimos como: basto, bátega, bategada, chaparrada, chuvasco, chuvieira, treixada. Entre a chuvascada e o trebón temos tamén outras palabras que podemos considerar case sinónimos das anteriores son: ballón, balloada “Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración.”

Velaquívarios exemplos:

“Co medo de que caese outra, chuvascada, tangueron o gandoaxiña para a casa.”

Raíces rurais, Rodríguez Troncoso, Manuel, Ed. O Castro, Sada, 1996(TILGA)

“Senprevio aviso caeu unha bategada de auga e refrescou o aire.”

Morning Star, Miranda, Xosé, Ed. Xerais, Vigo, 1998 (TILGA)

“Cando escampou, navegaba a enchente desatada polabáteganunha canoa.”

Ganga, Lopo, Antón, EdiciónsXerais de Galicia, 2001 (CORGA)

treb n

PALABRAS ENCHOUPADAS

trebón

Imos “in crescendo” e agora temos o trebón que é unha “Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración.”, ademais de chuvia, agora imos ter vento, pero non nos asustemos que é de “pouca duración”. Obviamente coma no resto das palabras das que estamos falando, esta tentamén, como é de esperar, diferentes sinónimos ou variantes dialectais como son: treboada, torboada, torbón, trebón, tromba, tromba de auga. Incluso unha palabra como farrapada coaacepción de “Golpe de vento e chuvia”, nos pode dar idea das mil e unha variantes que esta realidade cultural-meteorolóxica dá de si na nosa terra.

Algúns exemplos de uso:

“Inda bruase o trebón, o fríoentalase os dedos e verteranauga as nubes cal se baleiraranxerros pra afogá-la humanidade naquela tarde do inferno...”

Enredadas, Tettamancy Gastón, Francisco, Tipografía La Constancia, Coruña, 1901 (TILGA)

“Bo é que te deches conta a tempo e antes de rompe-la treboadapuxeches todo benarranxado.”

O soño perdido de Elvira M., Heinze, Ursula, EdiciónsXerais de Galicia,1982

(CORGA)

arroiada

PALABRAS ENCHOUPADAS

arroiada

Chegamos ao punto de que a auga “caedirectamente a xerros”, “a cachón” ou como queiramos dicir, pero isto xa é chover encondicións. A arroiada é unha “Chuvia forte e abundante”. Outras maneiras de diciloseríandiluvio, dioivo, decembra. Pero se ademais de chuvia, queremos vento forte, como é de esperar tamén temos outras palabras para chamarlle: cebra, cebrina, ondada, zarracina.

“A chuva caía entónenarroiada turbulenta”.

Bretaña Esmeraldina, MéndezFerrín, Xosé Luís, Ed. Xerais, Vigo, 1987(TILGA)

“Amañeceuundía de verdadeiro dioivo e o máis cativo dos raparigosnonpoido ir á escola”.

Andrómenas. Contos pra o pobo, Fernández-Oxea, Xosé Ramón (Ben-Cho-Shey), Ed. Monterrey, Vigo, 1953 (TILGA)

sarabia

PALABRAS ENCHOUPADAS

sarabia

Agora imos conxelarnosun pouco, que vén de cheo o inverno. Comezamospolasarabia “Chuviaconxelada que caeen forma de gransmáis ou menos grandes”. Esta mesma definicióntémola para outros sinónimos, variedades que son as que lledan riqueza ao noso léxico: graínzo, pedra, pedrazo, salpedrés. Ao respecto como somos unterritoriomoi variado, hai lugares onde se distingue sarabia dos seus sinónimos pedra e pedrazo, segundo o tamaño do gran. Normalmente, a pedra e o pedrazorefírense ao granmáis groso, mentres que a sarabiafaialusión ao máis pequeno.

“E traballara, aguantando vendavais, chuvias, sarabia, nevazón e xeadas.”

Latitude austral, Alcalá, Xavier, Editorial Galaxia, 1991 (CORGA)

“O trebón fixo abalar o pazo e, abrindo as cataratas do ceo, guindou na terra o chuvasco de pedrazo que destroza os agros i esnaquiza os corazóns dos labregos.”

Vaosilveiro, López Abente, Gonzalo, Editorial Nós, A Coruña, 1929 (TILGA)

xistra

PALABRAS ENCHOUPADAS

xistra

Para rematarmos este Setestrelochuvioso, entraremos xa no territorio da neve, porque aínda que nonsexamos unha terra de neves perpetuas, tamén nos toca o noso.

En concreto xistra, a palabra da que estamos a falar, fai referencia á “Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido.” Outras maneiras de referirse a esta realidade son: brea, cifra, ciobra, rebelaxe.

“Si o sol ás vecesloce, nonquenta; corre tal xistra, que as maus degresa.”

Montañesas, Noriega Varela, Antonio, Ed. Mondoñedo, 1910 (TILGA)

“Foi dunha destas veces que empezou a vir un vento de cifra que deixaba a uncallado(...)”

Loita e morte, Laxe Freire, Manuel Anxo, Editorial Xerais, Vigo, 1986 (TILGA)

chuvia mi da e fina

PALABRAS galegas para a chuvia

Chuviamiúda e fina

14. borrallada

15. Breca

16. chuviñada

17. chuviñeira

  • 18. chuvisca19. chuviscada
  • 20. froallo
  • 21. lapiñeira
  • 22. marmaña
  • 23. mera
  • 24. morriña
  • 25. morriñada
  • 26. orballada

1.    babuña

2.    babuxa

3.    barbaña

4.    barbuña

5.    barbuza

6.    barrallo

7.    barrufa

8.    barrufo

9.    barruñeira

10. barruzada

11. barruzo

12. bátega

13. borralla

27. orballeira

28. orballiscada

29. orballo

30. patiñeira

31. patumeira

32. poalla

33. poallada

34. poallo

35. poalleira

36. salseiro

37. zarapallada

38. zarzallo

chuvia forte

PALABRAS galegas para a chuvia

Chuviaforte
  • 12. chaparrada
  • 13. chaparrazo
  • 14. chuvascada
  • 15. chuvasco
  • 16. chuvieira
  • 17. chuviñeira
  • 18. cifra
  • 19. ciobra
  • 20. coriscada
  • 21. corisco
  • 22. decembra

1.    arroiada

2.    ballón

3.    balloada

4.    basto

5.    bátega

6.    bategada

7.    brea

8.    calistro

9.    cebra

10. cebrina

11. cebrisca

23. diluvio

24. dioiva

25. dioivo

26. torba

27. torbada

28. torboada

29. torbón

30. treboada

31. trebón

32. xistra

33. zarracina

slide11

PALABRAS galegas para a chuvia

  • Chuviacon néboa
  • barruzo
  • breca
  • mera
  • salseiro

Chuvia con moito aire

1.    brea

2.    cebrina

3.    cebrisca

4.    chuvascada

5.    chuvasco

6.    cifra

7.    ciobra

8.    coriscada

9.    corisco

10. zarracina

Chuvia con neve

1.    calistro

2.    cebrina

3.    cebrisca

4.    coriscada

5.    corisco

6.    torba

7.    xistra

sustantivos en galego para a chuvia

Sustantivos en galego para a chuvia

1.    arroiada: choivaforte e intensa

2.    babuña: chuviamiúda e pouco intensa

3.    babuxa: chuviamiúda e pouco intensa

4.    ballón: tromba de augaforte e intensa

5.    balloada: chuvia intensa que se prolonga

varios días seguidos, : chuvia repentina, intensa e curta

6.    barbaña: chuviamiúda e pouco intensa

7.    barbuña: chuviamiúda e pouco intensa

8.    barbuza: chuviamiúda e pouco intensa

9.    barrallo: chuviamiúda e pouco intensa

10. barrufa: chuviamiúda e pouco intensa

11. barrufo: chuviamiúda e pouco intensa

12. barruñeira: chuviamiúda e pouco intensa

13. barruzada: chuvia fina e persistente

14. barruzo: chuviamiúda e pouco intensa, mesturada con néboa

15. basto: chuvia repentina, intensa e curta

sustantivos en galego para a chuvia1

Sustantivos en galego para a chuvia

16. bátega: chuvia repentina, intensa e curta

17. bategada: tromba de auga forte e intensa, : chuvia repentina, intensa e curta

18. borralla: chuvia miúda e pouco intensa

19. borrallada: chuvia miúda e pouco intensa

20. boubizo: chuvia miúda e pouco intensa

21. brea: chuvia forte e con vento

22. breca: chuvia miúda e pouco intensa, mesturadaconnéboa

23. cairo: chuvia forte e, normalmente, de duracion breve

24. calistro: trebón de augafríacon vento ou neve miúda

25. cebra: chuvia repentina, intensa e curta  .. acompañada de vento

26. cebrina: temporal de chuvia e neve con vento forte

27. cebrisca: temporal de chuvia e neve con vento forte. Sarabiada forte

28. chaparrada: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta

29. chaparrazo: choiva forte e intensa, tromba de auga forte e intensa, chuvia repentina, intensa e curta

30. choiva: precipitaciónen forma de pingas, chuvia

sustantivos en galego para a chuvia2

Sustantivos en galego para a chuvia

31. chuiva: variante dialectal de chuvia

32. chuva: variante dialectal de chuvia

33. chuvascada: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte

34. chuvasco: precipitación intensa e abundante, acompañada case sempre de vento forte

35. chuvia: precipitaciónen forma de pingas, choiva

36. chuvieira: chuvia forte e intensa, tromba de auga forte e intensa

37. chuviñada: chuvia miúda e pouco intensa

38. chuviñeira:  chuvia repentina, intensa e curta

39. chuvisca: chuvia miúda e pouco intensa

40. chuviscada: chuvia miúda e pouco intensa

31. cifra: chuvia forte e con vento

42. ciobra: chuvia forte e con vento

43. coriscada: trebón de augafríacon vento ou neve miúda

44. corisco: trebón de augafríacon vento ou neve miúda

45. decembra: chuvia forte e prolongada habitual endecembro

sustantivos en galego para a chuvia3

Sustantivos en galego para a chuvia

46. diluvio: chuviamoi  abundante e intensa

47. dioiva: chuviamoi  abundante e intensa

48. dioivo: chuviamoi  abundante e intensa

49. escarabana: augamoi fría con sarabia

50. froallo: chuviamiúda e pouco intensa

51. lapiñeira: chuviamiúda e pouco intensa

52. marceada: tempo con claros e chuvias propio de marzo

53. marmaña: chuviamiúda e pouco intensa

54. mera: chuviamoi fina que se desprende da néboa mesta

55. morriña: chuviamiúda e persistente

56. morriñada: chuviamiúda e persistente

57. orballada: chuviamiúda e de pouca duración

58. orballeira: chuviamiúda e de pouca duración

59. orballiscada: orballomoi fino, que case non chove nada

60. orballo: chuvia fina e persistente,

sustantivos en galego para a chuvia4

Sustantivos en galego para a chuvia

61. patiñeira: chuvia fina e persistente

62. patumeira: chuvia fina e persistente

63. poalla: chuviamiúda e pouco intensa,

64. poallada: chuviamiúda e pouco intensa

65. poallo: chuviamiúda e pouco intensa

66. poalleira: chuviamiúda e pouco intensa

67. salseiro: pingas de auga que producen unhanéboa mesta provocada polo ventona superficie do mar

68. seca-fría: un pequenotorbón que cae moi raras veces co aire norte ousarandón e que non chega case nin a mollar a terra pero, iso si, é moi frío

69. torba: auga de chuvia mesturada con neve fina

70. torbada: tromba de augaforte e intensa, tormenta

71. torboada: tromba de augaforte e intensa, tormenta

72. torbón: tromba de augaforte e intensa, tormenta

73. treboada: tromba de augaforte e intensa, tormenta

74. trebón: tromba de augaforte e intensa, tormenta

75. xistra: chuvia e neve con ventomoi frío

76. zarapallada: chuviamiúda e pouco intensa

77. zarracina: chuvia abundante con moitovento

78. zarzallo: chuviamiúda e pouco intensa

verbos galegos para a chuvia

Verbos galegos para a chuvia

1.    arroiar: choverforte e intenso

2.    baballar: caer chuviamiúda, fina

3.    babuñar: caer chuviamiúda, fina

4.    babuxar: caer chuviamiúda, fina

5.    barbañar: caer chuviamiúda, fina

6.    barbuñar: caer chuviamiúda, fina

7.    barbuzar: caer chuviamiúda, fina

8.    barrallar: caer chuviamiúda, fina

9.    barrufar: caer chuviamiúda, fina

10. barruñar: caer chuviamiúda, fina e persistente

11. barruzar: caer chuviamiúda, fina

12. bategar: chover de xeito repentino e intenso por pouco tempo

13. brecar: caer chuviamiúda, fina

14. cebriscar: caer nevemiúda con moitovento

15. Chorrear: choverforte e intenso

16. Chover: caer auga das nubes en forma de pingas

17. Chuviñar: caer chuviamiúda, fina

verbos galegos para a chuvia1

Verbos galegos para a chuvia

17. Chuviñar: caer chuviamiúda, fina

18. Chuviscar: caer chuviamiúda, fina

19. Cifrar: soar o vento e choverforte

20. Coriscar: chover con frío ou caer nevemiúda

21. Decembrar: choverforte e seguido, típico de decembro

22. Diluviar: chovermoito e seguido

23. Froallar: caer chuviamiúda, fina

24. Lapiñar: caer chuviamiúda, fina

25. Marcear: facer un tempo de marzo con claros e chuvias

26. Marmañar: caer chuviamiúda, fina

27. Merar: desprenderse unhachuviamoi fina da néboa mesta

28. Orballar: caer chuviamiúda, fina

29. Orballiscar: orballarmoi suave

30. Patiñar: caer chuviamiúda, fina

31. Poallar: caer chuviamiúda, fina

32. Xistrar: caer augamoi fría con neve

33. zarzallar: caer chuviamiúda, fina

adxectivos galegos sobre a chuvia

adxectivosgalegos sobre a chuvia

1.    babuxado: terreohumedecidopolachuvia fina

2.    babuxento: tempo húmido no que chove moito

3.    barrucento: tempo húmido no que chove moito

4.    barralloso: dise do tempo en que caechuvia miúda

5.    barrucento: tempo húmido no que chove moito

6.    chuviñento: dise do tempo en que chove moito ou ameazachuvia

7.    chuviñoso: dise do tempo en que chove moito ou ameazachuvia

8.    chuvioso: dise do tempo en que chove moito ou ameazachuvia

9.    corisqueiro: dise do tempo no que chove confrío ou cae neve miúda

10. corisquento: dise do tempo no que chove confrío ou cae neve miúda

11. froalleiro: dise do tempo non que caechuvia miúda seguido

12. froallento: dise do tempo non que caechuvia miúda seguido

13. morriñenta: dise da chuvia miúda e persistente

14. orballento: dese do tempo no que cae unha chuvia fina e persistente

15. orballisqueiro: dise do tempo no que orballafrecuentemente

16. poallento: dise do tempo no que caechuvia fina e miúda

frases que din que chove moito
Frases que din que chovemoito

1.    chover a arroiar

2.    chover a ballón

3.    chover a cachón

4.    chover a caldeiradas

5.    chover a canados

6.    chover a ceo aberto

7.    chover a chapuzos

8.    chover coma quen a envorca

9.    choveráscuncas

10. chover a Deus dala

11. chover a Deus dar

12. chover a manta

13. chover a mares

14. chover a varrer

15. chover a xerros

16. chover o mar chovido

17. chove que arrepía

18. chove que mete medo

ditos sobre o chover
Ditos sobre o chover

1. Chover sobre mollado: sucede algo malo despois de outra cousa mala xa acontecida

2.    chova que neve!: pase o que pase

3.    chóvelle na cabeza: está tolo

4.    coma quenve chover: nonfacer caso, deixalopasar

5.    nunca choveu que nonescampase: todo tenremedio

6.    por min que chova!: tanto me ten

7.    xa choveu!: haimoito tempo

8. chóvelle no fallado: ten problemas mentais

9.    unhas pingan e outras mollan: todo é o mesmo 

11. Sentar a ver chover... Deporte tradicional galego

refr ns sobre a chuvia
Refráns sobre a chuvia
  • Abril  para ser abril ten que vir conaugas mil
  • Abril augas mil, se non é no comezo ó medio ou á fin: sempre ha chover moitoen abril
  • Augade mediodía, auga de todo o día: choverá todo o día
  • Augade trebónnunha parte dá e noutra non: como vén forte nuns sitios estraga e noutros é beneficiosa
  • Augade xaneiro, cada pinga vale diñeiro: enxaneiro pouca auga vale moito
  • Augaenfebreiromellorcaenxaneiro
  • Augamiúda, vendaval que dura: moitas veces a chuvia fina acabará en forte vendaval.
  • Auga/chuviamañanceiranon é duradeira: cando chove moi cedo non dura
  • Candochove e fai vento, pecha a porta e estatedentro